CONCELLO DE CUNTIS: CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN, POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN LIBRE, DE PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA PARA A COBERTURA DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVA/O

CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN, POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN LIBRE, DE PERSOAL FUNCIONARIO DE CARREIRA PARA A COBERTURA DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVA/O

 As instancias solicitando participar no proceso dirixiranse ao señor Alcalde do Concello de Cuntis e presentaranse, debidamente cubertas, no Rexistro Xeral de Documentos do Concello de Cuntis, ben presencialmente nas oficinas situadas na Praza da Constitución, número 4, 36670 Cuntis, Pontevedra, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, ou ben a través da sede electrónica do Concello (https://concellodecuntis.sedelectronica.gal) ou ben por calquera das outras formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas (en adiante LPAC), no prazo máximo de vinte (20) días naturais contados desde o de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2026/04/01/2026024430