Inicia o programa formativo Medrando Xuntas, da Consellería de Emprego e Igualdade , e que xa vai pola súa sexta edición.
O programa está dirixido a todas as mulleres de entidades de economía social e ten como finalidade promocionar o talento feminino nestas entidades, visibilizar as potencialidades da economía social para o seu desenvolvemento profesional e ofrecer un curso específico enfocado para apoderar as mulleres.
O programa conta con dous itinerarios diferentes:
Medrando Xuntas directivas, para mulleres con responsabilidades de goberno e dirección.
Medrando Xuntas socias, para socias e traballadoras.
En ambos os casos os contidos están organizados en áreas temáticas vinculadas á xestión das organizacións e ás habilidades persoais, adaptados aos diferentes perfís das destinatarias.
A formación é gratuíta e desenvolverase no primeiro semestre en modalidade mixta, presencial (se a situación sanitaria o permite) e dixital a través da plataforma ZOOM.
Tamén contará con titorías online individuais para a mellora do desenvolvemento profesional das participantes. Ao finalizar o programa desenvolverase o V Foro participativo aberto ás mulleres da economía social galega.
Toda a información relativa a ambas as dúas formacións pode consultarse na páxina web da Rede Eusumo, nesta ligazón https://lnkd.in/dCFV6Dfe.
As inscricións poden realizarse a través de:
Formularios web (para directivas https://lnkd.in/dHzUJ-2i e socias https://lnkd.in/desHih77)
No enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
document.getElementById(‘cloake58054bab790c4d7fb22f90c4a20e85c’).innerHTML = »;
var prefix = ‘ma’ + ‘il’ + ‘to’;
var path = ‘hr’ + ‘ef’ + ‘=’;
var addye58054bab790c4d7fb22f90c4a20e85c = ‘medrandoxuntas.emprego’ + ‘@’;
addye58054bab790c4d7fb22f90c4a20e85c = addye58054bab790c4d7fb22f90c4a20e85c + ‘xunta’ + ‘.’ + ‘gal’;
var addy_texte58054bab790c4d7fb22f90c4a20e85c = ‘medrandoxuntas.emprego’ + ‘@’ + ‘xunta’ + ‘.’ + ‘gal’;document.getElementById(‘cloake58054bab790c4d7fb22f90c4a20e85c’).innerHTML += ‘‘+addy_texte58054bab790c4d7fb22f90c4a20e85c+»;
No teléfono 605 545 606.
O prazo para inscribirse remata o 21 de febreiro de 2022.