Se tes de 45 a 60 anos (inclusive) e buscas emprego acompañámoste no proceso.
Desde a Cámara de Comercio analizaran as túas necesidades e intereses para participar no Programa Talento 45+.
O programa Talento +45 das Cámaras de Comercio consiste nun itinerario formativo á túa medida.
A súa finalidade é mellorar as competencias dixitais/profesionais, co obxectivo de favorecer as túas posibilidades de inserción laboral.
Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación 2014-2020 (POEFE).
REQUISITOS:
Residir na provincia de Pontevedra, concellos da demarcación da Cámara de Comercio PVV
Estar en situación de desemprego
Ter máis de 45 anos e ata 60
Dispoñibilidade para formación presencial de entre 120 e 150 horas (5 horas diarias)
