O servizo de asesoramento e axuda en capacitación tecnolóxica e dixital da Deputación de Pontevedra, SmartPeme volve a toparse activo en todas as súas oficinas: Vigo, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra, Barro, Cambados e Lalín. De igual xeito, o servizo seguirá prestando atención na vila de A Estrada todos os segundos e últimos mércores de cada mes en horario de mañá (9.00 a 14.00h).
Este servizo, de balde para negocios e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra, axuda a que persoas autónomas, emprendedoras e pequenas e medianas empresas poidan mellorar os seus recursos dixitais e ser máis eficientes no seu día a día grazas á dixitalización.
Cales son as vantaxes do servizo?
- Axuda en creación de páxinas web ou modificación de webs xa creadas
- Axuda e orientación nas tendas en liña ou comercio electrónico
- Asesoramento e axuda en posicionamento en buscadores
- Axuda para mellorar redes sociais e mellorar o seu rendemento
- Axuda en imaxe corporativa
- Axuda e asesoramento tanto en marketing convencional coma en marketing dixital
- Axuda co email marketing
- Axuda e asesoramento en intelixencia artificial para automatizar procesos sinxelos
O asesoramento é totalmente personalizado. A través de sesións individuais, abordanse necesidades específicas relacionadas coa transformación dixital, competitividade e innovación do negocio.
