Conscientes da importancia de fomentar unha actitude positiva cara ao autoemprego e o mundo do emprendemento, estrutúrase o traballo en tres fases de actividade para acadar a ocupación total dos espazos ofertados no Viveiro.
1. Fase previa (de creación)
Comeza co desenvolvemento das primeiras actividades de formación e divulgación e remata coa posta en marcha do proceso de selección e admisión dos primeiros «viveiristas».
- ▸Imaxe corporativa: Estandarización e implementación en todos os soportes, sinalética do edificio e comunicacións.
- ▸Gabinete de comunicación: Divulgación da oferta de servizos nos medios de ámbito local.
- ▸Conferencias e micro-obradoiros: Organización de charlas sobre emprendemento para persoas potencialmente interesadas.
- ▸Visita guiada: Xornada de portas abertas para que os potenciais usuarios coñezan as instalacións e servizos.
- ▸Xornadas de dinamización económica: Formación sobre novas oportunidades de negocio, con profesionais do IGAPE e do sector privado. Orientada a emprendedores, empresas e alumnado de secundaria e FP.
- ▸Enquisa sobre actitude emprendedora: Estudo entre xuventude, estudantes de secundaria, FP e universitarios para adaptar a oferta á demanda.
- ▸Campaña publicitaria: Difusión en medios impresos, audiovisuais e dixitais para dar a coñecer o Viveiro.
2. Fase operativa (de funcionamento)
Comeza coa ocupación do Viveiro por parte das empresas seleccionadas. As actividades teñen como finalidade divulgar a actividade e acadar a ocupación plena dos espazos.
- ▸Gabinete de comunicación: Comunicación da resolución do proceso de selección, presentación das empresas, fitos de xestión e balances de emprego xerado.
- ▸Inauguración formal: Evento para darlle visibilidade ás empresas e aos seus obxectivos comerciais.
- ▸Páxina web: Informar das condicións de acceso, dar a coñecer a oferta de espazos e servizos, e promocionar a actividade comercial dos viveiristas.
- ▸Servizos de información, formación e asesoramento continuo para os viveiristas.
3. Fase de impulso (de dinamización)
Comeza ao mesmo tempo que a fase operativa. Actividades a medio e longo prazo (1 a 3 anos) para conseguir a rotación de empresas no Viveiro.
- ▸Gabinete de prensa: Mantemento continuo do labor de comunicación.
- ▸Escola Municipal de Emprendedores: Formación presencial para emprendedores con idea de negocio. Obxectivos: instruír para elaborar un plan de negocio realista e reforzar o coñecemento da iniciativa empresarial para minimizar o risco.
- ▸Premio ao Emprendemento na Estrada: Contribuír á dinamización do emprendemento apoiando e dándolle visibilidade e recoñecemento público ás empresas locais de nova creación con proxectos innovadores, sostibles e con potencial de mercado.