MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE CONVOCA AXUDAS PARA A MODERNIZACIÓN DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS DO SECTOR DO LIBRO

MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE

Orde CUD/1533/2021, do 30 de decembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas públicas para a modernización das pequenas e medianas empresas do sector do libro e pola que se aproba a convocatoria correspondente ao ano 2022 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

As axudas obxecto desta orde teñen como finalidade o financiamento de proxectos de investimento para mellorar a competitividade do sector do libro, mellorar a súa resiliencia e impulsar a súa transición dixital.