O Concello da A Estrada clausurou o Taller de Emprego que emprendeu a reforma do Edificio de Usos Múltiples para crear a Casa da Música.
A Secretaria Xeral de Emprego, Covadonga Toca, acompañada do Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e do Alcalde da Estrada, Xosé López Campos, participaron no acto.
O obxetivo dos obradoiros de emprego e escolas taller é combinar a formación co traballo para deste xeito acceder ao mercado de traballo formado nun oficio.
A Estrada ven de solicitar dous novos obradoiros para continuar a obra de creación da Casa da Música e para facilitar a formación e a inserción laboral dos demandantes de emprego da Estrada.