O Plan VEXO é un sistema de axudas de ata 100 euros por persoa ao ano para a adquisición de lentes ou lentes de contacto.
No caso das lentes de contacto, contémplase que a axuda poida cubrir as unidades e o líquido necesarios para un ano.
Se o custo do produto é inferior a esa cifra, a familia non terá que pagar nada.
Se o custo é superior, a familia deberá abonar a diferenza.
A axuda estará dispoñible ata o 31 de decembro de 2026, inclusive.
Persoas beneficiarias e requisitos
Nenos, nenas e adolescentes ata 16 anos (inclusive) cun problema de refracción diagnosticado e con dereito á atención sanitaria con cargo a fondos públicos.
As persoas con 16 anos ou menos con aseguramento privado a través das mutualidades de MUFACE, MUGEJU e ISFAS tamén poden acceder ás axudas do Plan Vexo.
Como solicitar a axuda
A solicitude da axuda realizarase unicamente de forma presencial nun establecemento de óptica participante no Plan Vexo, non é posible realizar a súa tramitación en liña por parte das persoas beneficiarias.
