MINISTERIO DE XUSTIZA CONVOCA A PROBA DE AVALIACIÓN DA APTITUDE PROFESIONAL PARA O EXERCICIO DA DA PROFESIÓN DA AVOGACIA

MINISTERIO DA PRESIDENCIA, XUSTIZA E RELACIÓNS COAS CORTES

Orde PJC/274/2024, do 23 de marzo, pola que se convoca a proba de avaliación de aptitude profesional para o exercicio da profesión da avogacía para o ano 2024.

Convócase a proba de avaliación para a acreditación da capacitación profesional para o acceso á profesión da Avogacía, dirixida a comprobar a formación suficiente para o exercicio da profesión, o coñecemento das respectivas normas deontolóxicas e profesionais, así como, en particular, a adquisición das competencias previstas nos cursos de formación impartidos por universidades ou escolas de práctica xurídica debidamente acreditadas.