SMARTPEME ESTÁ DE VOLTA NA ESTRADA (2)

O servizo de asesoramento e axuda en capacitación tecnolóxica e dixital da Deputación de Pontevedra, SmartPeme volve a toparse activo en todas as súas oficinas: Vigo, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra, Barro, Cambados e Lalín. De igual xeito, o servizo seguirá prestando atención na vila de A Estrada todos os segundos e últimos mércores de cada mes en horario de mañá (9.00 a 14.00h). 

Este servizo, de balde para negocios e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra, axuda a que persoas autónomas, emprendedoras e pequenas e medianas empresas poidan mellorar os seus recursos dixitais e ser máis eficientes no seu día a día grazas á dixitalización.

 Cales son as vantaxes do servizo?

  • ​Axuda en creación de páxinas web ou modificación de webs xa creadas
  • Axuda e orientación nas tendas en liña ou comercio electrónico
  • Asesoramento e axuda en posicionamento en buscadores
  • Axuda para mellorar redes sociais e mellorar o seu rendemento
  • Axuda en imaxe corporativa
  • Axuda e asesoramento tanto en marketing convencional coma en marketing dixital
  • Axuda co email marketing
  • Axuda e asesoramento en intelixencia artificial para automatizar procesos sinxelos

​​

asesoramento é totalmente personalizado. A través de sesións individuais, abordanse necesidades específicas relacionadas coa transformación dixital, competitividade e innovación do negocio.