Sección: Axudas municipais

  • CONCELLO DA ESTRADA: CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO ESCOLARIZACIÓN CURSO 2025/2026 (2)

    CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO ESCOLARIZACIÓN CURSO 2025/2026

    O obxecto da convocatoria é regular o procedemento para a concesión de subvencións a familias residentes no concello de A Estrada, para o financiamento dos gastos derivados da escolarización dos membros da unidade familiar para o curso 2025/2026 en centros educativos sostidos con fondos públicos, relativos a:

    • Adquisición de libros de texto e material escolar curricular dos/as nenos/a matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil.

    • Servizo de comedor das/os alumnas/os matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria.

    Estas axudas van dirixidas prioritariamente a menores de familias en situación de desvantaxe social e con menor poder adquisitivo.

    TIPOS DE AXUDAS.

    • Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para a 2ª etapa de Educación Infantil. No concepto de material escolar inclúese todo o material preciso para o desenvolvemento do curso académico en función das obrigas de cada centro educativo e as súas técnicas de aprendizaxe.

    • Axudas para o pago do comedor escolar (de setembro a xuño, ambos incluídos) para alumnas/os matriculadas/os nos niveis de Educación Infantil,Educación Primaria e Educación Secundaria.

    Serán destinatarias da convocatoria as unidades familiares empadroadas no Concello da Estrada que teñan menores ao seu cargo, escolarizados no curso académico 2025/2026 na segunda etapa de educación infantil, Educación Primaria ou Educación Secundaria nalgún centro de ensino público ou sostido con fondos públicos da Estrada.

    En cada unidade familiar só un dos seus membros terá a condición de persoa beneficiaria das axudas, e poderanse conceder tantas axudas como número de menores utilicen o servizo de comedor e/ou estean matriculados na 2ª etapa de educación infantil.

    A contía das axudas en cada unha das modalidades para o curso 2025/2026 son:

    1.- Axuda para o pago de material escolar

    • O importe máximo da axuda e de 100 euros por alumno/a. As axudas abonaranse en función do gasto realizado e xustificado, dando lugar, se é o caso, a unha minoración da contía inicialmente concedida.

    2.- Axuda para o pago do comedor escolar

    Segundo a puntuación total acadada na valoración das solicitudes conforme os criterios de valoración e baremación establecidos no apartado 9 o importe da axuda para pago de comedor escolar a conceder segundo o intervalo da puntuación acadada será seguinte:

    • De 0 a 5 puntos: 30% do gasto

    • De 6 a 10 puntos: 50 % do gasto

    • De 11 a 15 puntos: 75% do gasto

    • De 15 a 20 puntos: 100% do gasto

    O importe da subvención a pagar será a porcentaxe que corresponda sobre o gasto xustificado, deducindo o importe de outras axudas ou/outras subvencións recibidas. Cun importe máximo da axuda de 1000 euros por unidade familiar.

    O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao día seguinte da publicación das Bases da Convocatoria no Boletín Oficial de Provincia de Pontevedra e permanecerá aberto ata 20 días hábiles seguintes: 3 DE SETEMBRO

    https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/08/05/2025055165

    Máis información: Diríxete aos SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DA ESTRADA; chamando aos teléfonos: 986 677 691 ou 986 677 696

  • CONCELLO DA ESTRADA CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA EVENTOS E ACTIVIDADES CULTURAIS MEDIANTE LIBRE CONCORRENCIA 2025 (2)

    BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA EVENTOS E ACTIVIDADES CULTURAIS MEDIANTE LIBRE CONCORRENCIA 2025

    O obxecto desta convocatoria é a promoción e impulso de eventos e actividades culturais nas parroquias do Concello da Estrada e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentando a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo de este xeito a impulsar a democratización da sociedade e fomentando a defensa dos valores de igualdade de xénero e a linguaxe inclusiva.

    Beneficiarios/as

    Entidades privadas sen ánimo de lucro, concretamente as asociacións legalmente constituídas, inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia e no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello da Estrada, que teñan o seu domicilio social e desenvolvan as súas actividades no Concello da Estrada.

    Só se poderá presentar unha solicitude por parroquia e terá que ser presentada pola Asociación de Veciños, Asociación de Mulleres Rurais ou pola Comisión de Festas debidamente constituída.

    https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/06/04/2025040259

  • CONCELLO DA ESTRADA CONVOCA O PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS 2025

    BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DO ANO 2025 DO PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS

    A presente disposición ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar as axudas municipais para o fomento da creación de empresas no Concello da Estrada para o ano 2025.

    Poderán acollerse a estas axudas o empresariado individual e as pequenas e medianas empresas (pemes), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024 (enténdese por inicio da actividade a alta no imposto de actividades económicas -IAE-).

    Requisitos xerais:

    1. Que a empresa teña o seu domicilio fiscal e social na Estrada.

    2. Que a empresa sexa viable técnica, económica e financeiramente.

    3. Que sexa unha empresa de nova creación dentro dos tres sectores produtivos. Considéranse incluídos neste concepto os traspasos de negocios que non teñan vinculación familiar.

    4. Que nin a empresa nin ningunha das súas persoas socias teñan débedas coa Seguridade Social, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) nin co Concello da Estrada.

    As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa. O importe máximo destas axudas é de 2 000 € por empresa e a axuda non poderá superar a contía total do investimento inicial realizado polas persoas promotoras.

    O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

    PRAZO: 2 DE MAIO

    BASES: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/04/15/2025022959

    Se precisas axuda para resolver algunha dúbida ou tramitar a subvención, ponte en contacto co departamento de emprego chamando ao teléfono 986 677 740 ou pasándote directamente polas nosas oficinas, sen necesidade de cita previa, en horario de 9.00 a 14.00 horas

    ANEXO I

    ANEXO II

    ANEXO III

    ANEXO IV

    ANEXO V

     

  • CONCELLO DA ESTRADA CONVOCA AS AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS 2024: APERTURA PRAZO

    PRAZO DE SOLICITUDE: Do luns 27 de maio ao venres 7 DE XUÑO de 2024 (ámbolos dous inclusive)

    Empresas beneficiarias

    Poderán acollerse a estas axudas o empresariado individual e as pequenas e medianas empresas (pemes), independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023 (enténdese por inicio da actividade a alta no imposto de actividades económicas -IAE-).

    Requisitos xerais que deben cumprir as empresas beneficiarias

    1. Que a empresa teña o seu domicilio fiscal e social na Estrada.

    2. Que a empresa sexa viable técnica, económica e financeiramente.

    3. Que sexa unha empresa de nova creación dentro dos tres sectores

    produtivos. Considéranse incluídos neste concepto os traspasos de negocios que non teñan vinculación familiar.

    4. Que nin a empresa nin ningunha das súas persoas socias teñan débedas coa Seguridade Social, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) nin co Concello da Estrada.

    5. Non poderán obter a condición de beneficiarias o empresariado e as pemes que concorran nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10, apartados 2 e 3, da Lei 9/2007, d o 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 13 da Lei 38/2003 , do 17 de novembro, xera l de subvencións.

    Tipo, contías das axudas e gastos subvencionables

    As axudas son a fondo perdido e a súa finalidade é subvencionar parte dos gastos da posta en marcha e do funcionamento da empresa.

    O importe máximo destas axudas é de 2.000 € por empresa/autónomo e a axuda non poderá superar a contía total do investimento inicial realizado polas persoas promotoras.

    O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

    ANUNCIO BOP: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/05/24/2024033518

     BASES

    ANEXOS SOLICITUDE:

    ANEXO I

    ANEXO I ODT

    ANEXO II

    ANEXO II ODT

    ANEXO III

    ANEXO III ODT

    ANEXO IV

    ANEXO IV ODT

    ANEXO V

    ANEXO V ODT

     

    OBTENCIÓN CERTIFICADOS DÉBEDAS SEN NECESIDADE DE MEDIOS DE IDENTIFICACIÓN TELEMÁTICA:

    – SEGURIDADE SOCIAL: https://sp.seg-social.es/PGIS/Login

    –  AEAT: Precisarás estar rexistrado/a en cl@ve mobilhttps://www2.agenciatributaria.gob.es/wlpl/BUCV-JDIT/AutenticaDniNieContrasteh?ref=%2Fwlpl%2FBUCV-JDIT%2FPasarelaC31h&fbclid=IwZXh0bgNhZW0CMTAAAR2sIkFm97b4qahcgWx9r9MDOgRlYZ9nXA2yIB9k9CdqOANv16-7e8wcdM4_aem_AUgFusWeHgiDvgxUAmOOUTlizWcVQpaewPSuC1Hls0X-av5LIKoWKVyoalemkZGnF9TsvX91Ia3yw4aRZG7camLY

    – FACENDA GALEGA: Precirás ter a CHAVE 365: https://ovt.atriga.gal/#!/categoria/?Cidad%c3%a1ns/11609730/4127328

     

    PARA TRAMITAR A AXUDA TELEMÁTICAMENTE: Debes entrar na SEDE ELECTRÓNICA DO CONCELLO DA ESTRADA: https://aestrada.sedelectronica.gal/info.0 

    1) PREMER EN INSTANCIA XERAL: https://aestrada.sedelectronica.gal/?x=S*98nBOV1hIgHqOFYFiOjIbOnmdwnUZ*t7*IGXcJatfYB7J3xj1z-ehX6W4S4GN02DRdBqyB9aZr*cQPJEz-vyKvAFLsjqwbetUabi8VzA8qx7y3gVvDzZ5NylWhSCjQ8zFLAFDTR81wlMafGmLPykJt3NwtGHDWsUHsP*ujmMpd7HfO862JErq8YoVB9lcvErH2etlJgaRaYdsI3ou4PA

    2) TRAMITACIÓN ELECTRÓNICA: https://aestrada.sedelectronica.gal/?x=S*98nBOV1hIgHqOFYFiOjIbOnmdwnUZ*t7*IGXcJatfYB7J3xj1z-S4kBivDAzG8i99yVzlIHLFweVzXqz7jc0ccCZTy7P6US*vQJGUa1DR3bqR3DvcE49MbO5ZHq2mHag7r2X5qzdQ

    3) CUBRES TODOS OS DATOS E ADXUNTAS OS ANEXOS E DEMAIS DOCUMENTACIÓN SOLICITADA NAS BASES.

    RECOMÉNDASE O USO DE GOOGLE CHROME.

    Se tes calquera dúbida podes contactar co departamento de emprego do Concello da Estrada, chamándonos ao teléfono 986 677 740 po pasándote directamente polas nosas oficinas sen necesidade de cita previa en horario de 9.00 a 14.00 horas.

  • CONCELLO DA ESTRADA CONVOCA AXUDAS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2023-2024 (2)

    BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2023/2024.

    As axudas de apoio á escolarización dirixidas a familias en situación de dificultades socio-económicas contémplanse como unha prestación social no marco das Axudas de Emerxencia Social polo seu carácter extraordinario e finalista.

    O obxecto da convocatoria é regular o procedemento para a concesión de subvencións a familias residentes no concello da Estrada, para o financiamento dos gastos derivados da escolarización dos membros da unidade familiar para o curso 2023/2024 en centros educativos sostidos con fondos públicos, relativos a:

    — Adquisición de libros de texto e material escolar curricular dos/as nenos/a matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil.

    — Servizo de comedor das/os alumnas/os matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria.

    2ª TIPOS DE AXUDAS.

    — Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para a 2ª etapa de Educación Infantil. No concepto de material escolar inclúese todo o material preciso para o desenvolvemento do curso académico en función das obrigas de cada centro educativo e as súas técnicas de aprendizaxe.

    — Axudas para o pago do comedor escolar (de setembro a xuño, ambos incluídos) para alumnas/os matriculadas/os nos niveis de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria obrigatoria.

    A contía das axudas en cada unha das modalidades para o curso 2023/2024 son:

    1.- Axuda para o pago de material escolar

    — O importe máximo da axuda e de 100 euros por alumno/a. As axudas abonaranse en función do gasto realizado e xustificado, dando lugar, se é o caso, a unha minoración da contía inicialmente concedida.

    2.- Axuda para o pago do comedor escolar

    Segundo a puntuación total acadada na valoración das solicitudes conforme os criterios de valoración e baremación establecidos no apartado 9 o importe da axuda para pago de comedor escolar a conceder segundo o intervalo da puntuación acadada será seguinte:

    — De 0 a 5 puntos: 30% do gasto

    — De 6 a 10 puntos: 50 % do gasto

    — De 11 a 15 puntos: 75% do gasto

    — De 15 a 20 puntos: 100% do gasto

    O importe da subvención a pagar será a porcentaxe que corresponda sobre o gasto xustificado, deducindo o importe de outras axudas ou/outras subvencións recibidas.

    O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao dia seguinte da publicación das Bases da Convocatoria no Boletín Oficial de Provincia de Pontevedra e permanecerá aberto ata 20 días hábiles seguintes.

    Máis información nos Servizos Sociais do Concello da Estrada: 986 677 696

    https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2023/08/08/2023052035