Sección: Outras axudas e subvencións

  • INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA CONVOCA AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR DAS EMPRESAS GALEGAS (CON FINANCIACIÓN FONDOS FEDER)

    Instituto Galego de Promoción Económica

    RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta Empresas 2022), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014- 2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG622A).

    As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais.

    Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

    a) Que cumpran coa definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.

    b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que teñan no devandito centro, antes da solicitude de axuda, polo menos tres traballadores por conta allea.

    c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013.

    A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

    d) Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.

    e) Que teñan capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

    O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220317/AnuncioO92-080322-0001_gl.pdf

  • AXENCIA TURISMO DE GALICIA CONVOCA AXUDAS A PROXECTOS DE PROMOCIÓN E DINAMIZACIÓN DO XACOBEO 21-22 DENTRO DO PROGRAMA O TEU XACOBEO

    Axencia Turismo de Galicia

    RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 21-22 dentro do programa O teu Xacobeo, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento TU300A).

    Esta resolución ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria anual, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a proxectos de promoción e dinamización con motivo da conmemoración do Ano Santo Xacobeo 21-22 que se celebren entre o 1 de maio e o 31 de outubro de 2022, co obxectivo principal de colaborar na programación sociocultural do Xacobeo 21-22 para a promoción e potenciación de Galicia, así como para o reforzo á dimensión internacional do Camiño de Santiago e da propia Comunidade Autónoma, tales como: exposicións, mostras, intervencións, exhibicións, concertos, feiras e festivais, publicacións, creacións audiovisuais, talleres, xornadas de formación, conferencias, charlas, encontros, foros, actividades deportivas dirixidas, torneos, mostras gastronómicas, catas e degustacións, actividades de formación e intercambio, e outras (código de procedemento TU300A).

    As subvencións obxecto destas bases divídense en dúas categorías ou liñas, en atención ás entidades solicitantes:

    Liña 1. Persoas físicas (traballadores autónomos) e persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que están comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme).

    Liña 2. Entidades sen ánimo de lucro: entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro.

    Teñen a consideración de gastos subvencionables, que terán que xustificarse polas persoas ou entidades beneficiarias de conformidade co disposto nestas bases reguladoras, aqueles gastos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen desde o 1 de maio ata o 31 de outubro de 2022. O custo da adquisición dos gastos subvencionables non poderá ser superior ao valor de mercado.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220316/AnuncioG0256-110322-0001_gl.pdf

  • DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA: PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE, ANO 2022

    Aprobar as bases reguladoras da sexta edición dos Premios Provinciais á Xuventude, co fin de promover o seu talento e o seu potencial nas categorías recollidas na base segunda.

    Segunda. Categorías e premios

    Os premios que se convocan están dotados cun importe de trinta e dous mil (32.000,00) euros nas seguintes categorías:

    1.—Iniciativa social: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    2.—Iniciativa empresarial: 4.000,00 euros

    • Primeiro premio: 2.000,00 euros

    • Segundo premio: 1.250,00 euros

    • Terceiro premio: 750,00 euros

    3.—Educación en valores: 4.000,00 euros

    • Primeiro premio: 2.000,00 euros

    • Segundo premio: 1.250,00 euros

    • Terceiro premio: 750,00 euros

    O importe do premio deberase destinar na súa totalidade á adquisición de material, saídas educativas, proxectos escolares, bolsas para o alumnado ou calquera outra actividade que teña relación directa coa programación do centro.

    4.—Investigación: 4.000,00 euros

    • Primeiro premio: 2.000,00 euros

    • Segundo premio: 1.250,00 euros

    • Terceiro premio: 750,00 euros

    5.—Contido audiovisual: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    6.—Traballo musical: 4.000,00 euros

    6.1 Música clásica: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    6.2 Outros xéneros: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    7.—Traballo literario breve: 4.000,00 euros

    7.1 Narrativa: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    7.2 Poesía: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    8.—Banda deseñada: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    9.—Fotografía orixinal: 4.000,00 euros

    9.1 Serie fotográfica: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    9.2 Fotografía: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    10.—Deseño e moda: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    O prazo de inscrición será de dous (2) meses e comezará a partir do día seguinte ao da súa publicación.

    https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/03/14/2022014679

  • DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA CONCURSO REACCIÓN POLO CLIMA, ANO 2022

    Aprobar as bases reguladoras da terceira edición do concurso Reacción polo Clima, que ten como finalidade promover a loita contra o cambio climático a través de manifestacións artísticas visuais nas que se denuncie a situación do planeta e se propoñan actuacións para combater a contaminación, entre outros aspectos, e, deste xeito, potenciar o talento da xuventude e mostrar as súas reivindicacións neste ámbito.

    Poderán optar a estes premios as persoas físicas e xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

    • Persoas físicas

    — Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos na data de presentación da solicitude

    — Estar empadroadas en calquera concello da provincia de Pontevedra

    • Persoas xurídicas

    — Ser entidades que teñan a súa sede fiscal na provincia de Pontevedra

    — Que polo menos o 50 % das persoas administradoras ou membros da xunta directiva sexan persoas físicas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos

    O prazo de presentación das solicitudes e proxectos será de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

    https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/03/14/2022014628

     

  • MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE CONVOCA AXUDAS PARA A MODERNIZACIÓN DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS DO SECTOR DO LIBRO

    MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE

    Orde CUD/1533/2021, do 30 de decembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas públicas para a modernización das pequenas e medianas empresas do sector do libro e pola que se aproba a convocatoria correspondente ao ano 2022 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

    As axudas obxecto desta orde teñen como finalidade o financiamento de proxectos de investimento para mellorar a competitividade do sector do libro, mellorar a súa resiliencia e impulsar a súa transición dixital. 

  • MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE CONVOCA AXUDAS PARA A DIXITALIZACIÓN DE CONTIDOS EDITORIAIS

    MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE

    Orde CUD/1532/2021, do 30 de decembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas públicas para dixitalización de contidos editoriais e pola que se aproba a convocatoria correspondente ao ano 2022 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

    As axudas obxecto desta orde teñen como obxecto o financiamento de proxectos de investimento para mellorar a competitividade do sector do libro, mellorar a súa resiliencia e impulsar a súa transición dixital.

  • MINISTERIO DE DEREITOS SOCIAIS E AXENDA 2030 CONVOCA AXUDAS INJUVE PARA A CREACIÓN MOZA

    MINISTERIO DE DEREITOS SOCIAIS E AXENDA

    Orde DSA/158/2022, do 2 de marzo, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das Axudas Injuve para a Creación Nova.

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión das Axudas Injuve para a Creación Nova, en diante Axudas, cuxa finalidade é fomentar a actividade creadora e investigadora dos mozos, facilitar a promoción e a difusión das súas creacións, á vez que propiciar a súa incorporación ao ámbito profesional, mediante a axuda a proxectos a desenvolver, con proxección supraautonómica, nacional ou internacional.

  • DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES DE CARÁCTER TURÍSTICO DURANTE O ANO 2022

    BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS, EN CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA ACTIVIDADES DE CARÁCTER TURÍSTICO DURANTE O ANO 2022

    Constitúe o obxecto destas bases a regulación da concesión de subvencións públicas destinadas a promover actividades de carácter turístico durante o ano 2022 coa finalidade de colaborar no fomento do turismo e na profesionalización do sector da provincia de Pontevedra, segundo os principios de concorrencia competitiva, obxectividade e publicidade.

    Poderán ser obxecto de subvención as actividades de fomento do turismo que teñan como fins, entre outros, os seguintes:

    — Promoción e estímulo dun sector turístico competitivo, de calidade, accesible e sustentable

    — Promoción dos seguintes recursos turísticos da provincia: a natureza, o medio ambiente e a paisaxe; as festas e tradicións populares; o patrimonio cultural e lingüístico; a gastronomía e a enogastronomía; a saúde, o benestar e o termalismo.

    Poderán solicitar estas subvencións as persoas xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

    — Non ter a condición de Administración Pública.

    — Carecer de fins de lucro.

    — Ter o domicilio social na provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra desta cando a actividade para a que se solicita a subvención teña interese para a provincia.

    — Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e coa facenda autonómica da Xunta de Galicia (ATRIGA).

    — Non ter débedas coa Deputación de Pontevedra.

    — Estar ao corrente do pagamento da Seguridade Social.

    — Non estar incursa en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

    — Non ter pendente de xustificación subvencións anteriores pagadas anticipadamente pola Deputación de Pontevedra.

    O importe máximo da subvención para cada proxecto non poderá exceder do 70% do seu orzamento e non superará o importe de 5.500,00 euros por proxecto.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

    https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/03/07/2022013062

     

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS, ASÍ COMO A SELECCIÓN DAS ENTIDADES COLABORADORAS

    Axencia Instituto Enerxético de Galicia

    RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2022 (códigos de procedemento IN414B e IN414C).

    Electrodomésticos subvencionables

    Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

    Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

    Lavadora A, B ou C Lavalouza A, B ou C

    Placas de cociña de indución total (soamente tecnoloxía de indución, non mixtas)

    Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

    1. Na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

    2. No teléfono: 981 54 15 00

    Procedemento de adhesión de entidades colaboradoras (código de procedemento IN414B)

    1. Requisitos, condicións e solvencia. Para os efectos desta resolución, poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

    a) Poderán ser entidades colaboradoras todos aqueles establecementos comerciais que se dediquen de forma total ou parcial á venta de electrodomésticos e, particularmente, aqueles cuxa actividade se enmarque nun ou varios dos epígrafes seguintes correspondentes ás tarifas do imposto sobre actividades económicas, aprobado por Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro:

    – Epígrafe 653.2. Comercio polo miúdo de material e aparellos eléctricos, electrónicos, electrodomésticos e outros aparellos de uso doméstico accionados por outro tipo de enerxía distinta da eléctrica.

    – Epígrafe 661.1. Comercio en grandes almacenes, que ofrecen un repertorio amplio e, en xeral, profundo, de varias gamas de produtos.

    – Epígrafe 661.2. Comercio en hipermercados, establecementos que ofrecen principalmente en autoservizo un amplo repertorio de produtos alimenticios e non alimenticios de gran venda. – Epígrafe 662.1. Comercio polo miúdo de toda clase de artigos en economatos e cooperativas de consumo.

    – Epígrafe 662.2. Comercio polo miúdo de toda clase de artigos, en establecementos distintos dos especificados no grupo 661 e na epígrafe 662.1.

    b) As entidades colaboradoras actuarán en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión desta.

    O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución e rematará o 30 de xuño de 2022 e para solicitar a súa adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).

    O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 23 de marzo de 2022 ás 9.00 e rematará o 30 de setembro de 2022 ou cando se esgoten os fondos

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220301/AnuncioG0474-160222-0002_gl.pdf