Sección: Outras axudas e subvencións

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS NIÑO DURANTE OS ANOS 2022,2023, 2024 E 2025

    Consellería de Política Social

    ORDE do 15 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2022, 2023, 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

    Poderán ser beneficiarias destas axudas para poñer en marcha unha casa niño as persoas físicas que se establezan como empresarias autónomas e as cooperativas de traballo asociado que reúnan os seguintes requisitos:

    a) Estar en posesión, ou contar cando menos cunha persoa socia que o estea no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera das titulacións que se recollen a continuación, ou equivalentes, ou da formación ou experiencia seguintes:

    1º. Técnico/a superior en educación infantil.

    2º. Grao en mestre/a de educación infantil/educación primaria.

    3º. Grao en pedagoxía, psicoloxía ou educación social.

    4º. Diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou o curso de formación complementaria para futuros/as profesionais das casas niño impartidos pola Xunta de Galicia.

    5º. Formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís ou experiencia profesional acreditada neste ámbito.

    b) Residir nun núcleo rural no que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou facelo con anterioridade á posta en marcha do proxecto.

    c) Contar cun inmoble nun núcleo rural no que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou dispoñer del con anterioridade á posta en marcha do proxecto.

    O dito inmoble estará dotado cos seguintes recursos, para os cales poderá pedir esta axuda:

    1º. Sistema de calefacción que cubra todas as estancias dedicadas ao desenvolvemento da iniciativa e conte coa protección dos elementos calefactores precisa para evitar as queimaduras por contacto, os atrapamentos ou outros riscos para a integridade das e dos menores.

    2º. Unha sala con iluminación e ventilación naturais directas e un mínimo de 20 metros cadrados, distribuída e organizada con criterios de flexibilidade para dar resposta ás distintas necesidades das nenas e nenos de 0-3 anos.

    3º. Dúas zonas, unha para o descanso e outra para a hixiene infantil. A zona de descanso e, se é o caso, o mesado cambiador poderán estar integrados na sala principal.

    4º. Unha zona para a preparación, almacenamento e conservación de alimentos dotada, cando menos, dun mesado, frigorífico, vertedoiro e microondas.

    5º. Elementos de protección como enchufes de seguridade infantil sempre que se sitúen por debaixo de 1,5 metros, protectores de dedos nas dúas caras das portas, seguros de ventás, barreira de seguridade con porta en zonas con diferentes alturas ou escaleiras e extintor/es para a protección contra incendios.

    6º. Un mobiliario e equipamento básico para a atención das nenas e nenos, que incluirá, como mínimo, un cambiador de cueiros, berces, sabas, mantas, colchóns, contedor de cueiros, ouriñais, tronas, hamacas, adaptadores de inodoro e materiais didácticos e de xogo axeitados para as idades dos nenos e nenas e con marcación CE.

    Tipos de axuda e contías

    1. As axudas para gastos de investimento consistirán nunha subvención de ata o 100 % dos gastos realizados, cun límite máximo global por casa niño de 15.000 euros.

    2. A axuda polo desenvolvemento da actividade do proxecto consistirá nunha achega económica de 21.560 €/ano en forma de prima destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora no inicio da súa andadura. Este importe minorarase proporcionalmente en función dos meses efectivos de desenvolvemento.

    O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220302/AnuncioG0425-160222-0001_gl.pdf

  • CONSELLERIA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS PARA REPOSICIÓN DOS ANIMAIS EN EXPLOTACIÓNS DO GANDO BOVINO , OVINO E CABRÚN, COMO CONSECUENCIA DO SACRIFICIO OBRIGATORIO DE GANDO EN EXECUCIÓN DE PROGRAMAS OFICIAIS DE ERRADICACIÓN DE ENFERMIDADES

    Consellería do Medio Rural

    ORDE do 31 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR553A, MR553B e MR550A).

    Esta orde regulará, dentro destas axudas do número 1, dous procedementos que se atopan na sede electrónica da Xunta de Galicia, e que se corresponden cos dous períodos de tempo nas axudas:

    a) Axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún: período de baleiro. Código de procedemento MR553A.

    b) Axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún: período de postautorización á reintrodución. Código de procedemento MR553B.

    As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morresen neses marcos sanitarios oficiais citados, e os casos de morte/sacrificio deses animais como consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

    Poderán ser persoas beneficiarias das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se sacrificase ou destruíse de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación.

    Poderán ser persoas beneficiarias das axudas para a compra de animais de reposición as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se ordenase o sacrificio obrigatorio de animais existentes nelas, como consecuencia do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación, así como as persoas ou entidades titulares daquelas explotacións onde morresen ou se practicase a eutanasia de animais das ditas especies, por mor dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación ou por mor dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

    As persoas ou entidades solicitantes das axudas establecidas nesta orde, para seren beneficiarias delas, deberán ter a condición de pemes, de acordo co disposto no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

    O prazo para a presentación de solicitudes e, se é o caso, da correspondente documentación complementaria, será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 30 de novembro de 2022.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220222/AnuncioG0426-080222-0001_gl.pdf

  • CONSELLERIA DE EMPREGO E IGUALDADE CONVOCA AXUDAS DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS CUALIFICADAS DE INICIATIVAS DE EMPREGO DE BASE TECNOLÓXICA (PROGRAMA II)

    Consellería de Emprego e Igualdade

    ORDE do 27 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e o Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (código de procedemento TR340E), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022.

    Obxecto e finalidade

    Coa finalidade de impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia, este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2022 dos incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

    As axudas destínanse a sufragar as accións, gastos e pagamentos establecidos en cada modalidade, que se produzan e realicen entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022, dentro do período dun ano desde o inicio da actividade da empresa, coas particularidades que se establezan neste programa para cada modalidade.

    Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.

    As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas:

    a) Subvención á creación directa de emprego estable.

    b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.

    c) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.

    d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

    O prazo de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas do programa regulado nesta orde finalizará o 30 de setembro de 2022.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220221/AnuncioG0599-040222-0002_gl.pdf

  • CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE CONVOCA AXUDAS PARA O FOMENTO E CONSILIDACIÓN DO EMPREGO A TRAVÉS DO PROGRAMA I PARA AS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN (TR807I)

    Consellería de Emprego e Igualdade

    ORDE do 27 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación (código de procedemento TR807I), e o Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (código de procedemento TR340E), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022.

    Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación.

    A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

    Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste programa as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:

    a) Que sexan empresas de nova creación.

    b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.

    c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.

    d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

    e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.

    f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.

    g) Que, como mínimo, o 50 % do seu capital social sexa de titularidade das persoas promotoras e que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

    Poderán ser beneficiarias as persoas promotoras para a axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

    Tipos de axuda

    O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas:

    a) Subvención á xeración de emprego estable.

    b) Subvención para formación.

    c) Subvención para o inicio da actividade.

    d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

    O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas neste programa comezará o día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria e finalizará o 31 de xullo de 2022.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220221/AnuncioG0599-040222-0002_gl.pdf

  • AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA CONVOCA AXUDAS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA DE INCENTIVOS 6 VENCELLADO Á REALIZACIÓN DE INSTALACIÓN DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS NO SECTOR RESIDENCIAL

    Axencia Instituto Enerxético de Galicia

    RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M).

    BENEFICIARIOS/AS

    a) Persoas físicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.

    b) Entidades ou organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro, ou persoas xurídicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, que acrediten a posta á disposición de colectivos vulnerables de vivendas sociais, sen que tal actividade, no caso de xerar algún rendemento económico, se poida considerar actividade económica para os efectos da aplicación da normativa europea de axudas de Estado, sen prexuízo da aplicación do resto de disposicións tanto de dereito nacional como da Unión Europea, particularmente as que se aproben no ámbito da execución e xestión tanto do Mecanismo de recuperación e resiliencia como do Plan de recuperación, transformación e resiliencia 

    c) As persoas físicas que realicen algunha actividade económica, pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, caso en que deberán estar dados de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria, e as axudas que perciban estarán sometidas aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

    d) Comunidades de propietarios, reguladas pola Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, que terán que cumprir co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro.

    e) As entidades locais e do sector público institucional de calquera Administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, cando se poida excluír a existencia de axuda de Estado. Considerarase que se pode excluír a existencia de axuda de Estado cando estas non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, estean considerados servizos de interese económico xeneral, ou cando as medidas carezan de impacto sobre o comercio entre Estados membros ao teren un impacto puramente local. Nestes casos, só poderán recibir axudas destinadas á realización de instalacións de xeración de enerxía térmica con fontes renovables en vivendas que sexan de propiedade pública. A dita propiedade pública deberá manterse inalterada durante, polo menos, cinco anos desde a resolución de concesión de axuda correspondente.

    ESTA AXUDA TRAMÍTASE A TRAVÉS DAS ENTIDADES COLABORADORAS COA XUNTA DE GALICIA

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211109/AnuncioG0474-281021-0004_gl.pdf

  • AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA CONVOCA AXUDAS CORRESPONDENTES AOS PROGRAMAS DE INCENTIVOS 4 E 5 VENCELLADOS AO AUTOCONSUMO E O ALMACENAMENTO NO SECTOR RESIDENCIAL

    Axencia Instituto Enerxético de Galicia 

    Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K).

    Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:

    Programa de incentivos 4: realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable no sector residencial, Administración publica e no terceiro sector, con ou sen almacenamento.

    Programa de incentivos 5: incorporación de almacenamento en instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, xa existentes no sector residencial, Administración pública e no terceiro sector.

    Tamén se consideran actuacións subvencionables, dentro dos anteriores programas de incentivos, as instalacións illadas da rede non reguladas no Real decreto 244/2019, do 5 de abril, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo de enerxía eléctrica, realizadas nos sectores de aplicación de cada un deles.

    BENEFICIARIAS/OS

    a) Persoas físicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.

    b) As entidades locais e o sector público institucional de calquera Administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, este último sempre que non realice ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.

    c) As persoas xurídicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, incluíndo as entidades ou organizacións do terceiro sector, entendendo como entidades ou organizacións do terceiro sector as entidades ou organizacións privadas sen ánimo de lucro que non realicen ningunha actividade económica, pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.

    d) As persoas físicas que realicen algunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, en cuxo caso deberán estar dados de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

    e) As comunidades de propietarios, reguladas pola Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, que terán que cumprir co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro.

    f) As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía, segundo a definición da Directiva 2018/2001, do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables, e da Directiva 2019/944, do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xuño de 2019, sobre normas comúns para o mercado interior da electricidade e pola que se modifica a Directiva 2012/27/UE, respectivamente, así como do artigo 4 do Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica, cando non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.

    ESTA AXUDA TRAMÍTASE A TRAVÉS DAS ENTIDADES COLABORADORAS COA XUNTA DE GALICIA

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211109/AnuncioG0474-281021-0003_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL PARA AS PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS E OS/AS SEUS FILLOS/AS RESIDENTES NO EXTERIOR

    Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

    RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan axudas de emerxencia social para o ano 2022 (código de procedemento PR935A).

    Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as persoas emigrantes galegas e os/as seus/súas fillos/as, que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior, de acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras desta convocatoria.

    O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de novembro de 2022.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220217/AnuncioG0595-130122-0004_gl.pdf

  • AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA CONVOCA AXUDAS CORRESPONDENTES AOS PROGRAMAS DE INCENTIVOS 1,2 E 3 VENCELLADOS AO AUTOCONSUMO E AO ALMACENAMENTO NO SECTOR SERVIZOS E NOUTROS SECTORES PRODUTIVOS ( PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA

    Axencia Instituto Enerxético de Galicia

    RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas incentivos 1, 2 e 3 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector servizos e noutros sectores produtivos, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo (código de procedemento IN421W).

    A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente as anualidades 2021-2023, para os programas 1, 2 e 3 de incentivos de autoconsumo e almacenamento de acordo coas bases reguladoras previstas no Real decreto 477/2021 publicado no BOE núm. 155, do 30 de xuño de 2021 (código de procedemento IN421W).

    Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:

    Programa de incentivos 1: realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, no sector servizos, con ou sen almacenamento.

    Programa de incentivos 2: realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, noutros sectores produtivos da economía, con ou sen almacenamento.

    Programa de incentivos 3: incorporación de almacenamento en instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, xa existentes no sector servizos e noutros sectores produtivos. Tamén se consideran actuacións subvencionables, dentro dos anteriores programas de incentivos, as instalacións illadas da rede non reguladas no Real decreto 244/2019, do 5 de abril, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo de enerxía eléctrica, realizadas nos sectores de aplicación de cada un deles.

    De conformidade co disposto nas bases reguladoras, as persoas destinatarias últimas das axudas, que terán a cualificación de beneficiarias para os efectos desta convocatoria, son as seguintes:

    a) Persoas xurídicas e agrupacións de empresas ou de persoas físicas, con ou sen personalidade xurídica, que realicen unha actividade económica pola que ofrezan bens ou servizos no mercado, incluíndo, entre outros:

    1º. Os xestores de polígonos industriais, de natureza pública ou privada.

    2º. As empresas explotadoras, arrendatarias ou concesionarias de actuacións no ámbito da enerxía.

    3º. As empresas de servizos enerxéticos (ESE), ou provedores de servizos enerxéticos definidas no Real decreto 56/2016, do 12 de febreiro, polo que se traspón a Directiva 2012/27/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de outubro de 2012, relativa á eficiencia enerxética, pola que se modifican as directivas 2009/125/CE e 2010/30/UE, e pola que se derrogan as directivas 2004/8/CE e 2006/32/CE, no referente a auditorías enerxéticas, acreditación de provedores de servizos e auditores enerxéticos e promoción da eficiencia da subministración de enerxía.

    b) As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía, segundo definición da Directiva 2018/2011 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables, e da Directiva 2019/944 do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xuño de 2019, sobre normas comúns para o mercado interior da electricidade e pola que se modifica a Directiva 2012/27/UE, respectivamente, así como do artigo 4 do Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará as 9.00 horas do día 21 de outubro de 2021 e rematará o 31 de decembro de 2023.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211006/AnuncioG0474-270921-0004_gl.pdf

  • ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DO PROGRAMA EXPERIENCIAS TURISMO ESPAÑA

    O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo abriu o prazo para optar ás axudas do programa Experiencias Turismo España, financiado na súa primeira convocatoria con 26 millóns de euros procedentes dos fondos de recuperación Next Generation EU.

    As solicitudes poderán presentarse ata o próximo 15 de marzo.

    Para a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, «o Programa Experiencias Turismo España vai mellorar a oferta experiencial que España pon ao dispor dos seus visitantes e atraer turismo de calidade.

    Este novo programa vai potenciar o valor do noso rico patrimonio material e inmaterial relanzando a autenticidade dos territorios e as súas poboacións para a súa promoción internacional.

    Unha aposta pola calidade e a excelencia do noso modelo turístico que reforza a España como líder turístico a nivel internacional».

    Cun orzamento total de 100 millóns de euros ata 2023, esta iniciativa persegue aumentar e mellorar as experiencias que compoñen a oferta turística de España, impulsando iniciativas innovadoras e transformadoras de experiencias de ámbito nacional ou que se desenvolvan polo menos en tres comunidades autónomas, co fin de facilitar a súa promoción en mercados internacionais.

    Atención especial ao Xacobeo

    Do primeiro montante de 26 millóns de euros, cinco millóns reservaranse a proxectos que teñan relación co Ano Xacobeo.

    A contía máxima por cada axuda será de dous millóns de euros, e a mínima, de 200.000 euros.

    De acordo ás bases reguladoras da convocatoria, publicadas no Boletín Oficial do Estado o pasado 11 de xaneiro, estas axudas diríxense a asociacións, fundacións, agrupacións de interese económico, empresas turísticas ou pemes, e entidades públicas que actúen como entes de cooperación turística. As solicitudes presentaranse no rexistro electrónico do Ministerio, ao que se pode acceder a través da seguinte ligazón.

    Para axudar aos posibles interesados na presentación das súas solicitudes elaborouse unha Guía do Participante, así como un documento de preguntas frecuentes.

    Desde a publicación da orde de bases que regula esta convocatoria, está operativo a caixa de correos Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., desde o que se atenden dúbidas dos posibles beneficiarios.

    Para a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, «o Programa Experiencias Turismo España vai mellorar a oferta experiencial que España pon ao dispor dos seus visitantes e atraer turismo de calidade.

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DE APOIO AO PECHE DO LECER NOCTURNO AO ABEIRO DOS FONDOS DE RECUPERACIÓN EUROPEOS

    Consellería de Emprego e Igualdade

    ORDE do 14 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de apoio ao peche do lecer nocturno, financiado con fondos REACT‑UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR750A).

    O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras de concesión de subvencións para minimizar o impacto económico e apoiar o mantemento do emprego nos establecementos de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia que permaneceron pechados desde as 0.00 horas do día 31 de decembro de 2021 ata as 3.00 horas do día de 3 xaneiro de 2022, tal e como se establece no punto sétimo da Orde da Consellería de Sanidade do 29 de decembro de 2021 (código de procedemento TR750A).

    Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas e entidades, físicas e xurídicas (persoas autónomas, microempresas e pemes), con domicilio fiscal en Galicia que desenvolvan a actividade económica dun establecemento de lecer nocturno e que se acolleron ao peche opcional desde as 0.00 horas do día 31 de decembro de 2021 ata as 3.00 horas do día de 3 xaneiro de 2022, nos termos establecidos na orde da Conselleria de Sanidade do 29 de decembro de 2021.

    Para estes efectos, entenderase por establecementos de lecer nocturno as discotecas, pubs, cafés espectáculo e salas de festas, de conformidade coa definición que destes establecementos se prevé no punto III.2.7 do anexo único do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Ademais, incluiranse as salas de concertos que desenvolvan as súas actividades de forma análoga aos anteriores, de conformidade coa definición deste establecemento contida no punto III.2.4.5 do anexo único do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, e todos aqueles que non teñan o seu título habilitante adaptado ás tipoloxías anteriores pero que poidan ser asimilables tendo en conta a actividade que desenvolvan conforme o disposto nas definicións especificadas no Decreto 124/2019, do 5 de setembro.

    Para estes efectos, os establecementos que aínda teñan a consideración de café concerto, café teatro, café cantante e tablado flamenco entenderanse encadrados no Catálogo aprobado polo Decreto 124/2019, do 5 de setembro, como cafés espectáculo.

    Os beneficiarios e as beneficiarias das axudas deben reunir os seguintes requisitos:

    a) Ter domicilio fiscal en Galicia.

    b) Atoparse de alta na actividade económica como mínimo desde o 1 de novembro de 2021 e, no caso de persoas autónomas, estar de alta non RETA desde a mesma data.

    c) O establecemento de lecer nocturno debeu permanecer pechado desde as 0.00 horas do día 31 de decembro de 2021 ata as 3.00 horas do día 3 de xaneiro de 2022 e non ter adiantado ou atrasado a outras datas as festas ou eventos, nos termos recollidos na Orde da Consellería de Sanidade do 29 de decembro de 2021.

    d) Realizar a comunicación previa conforme o previsto no punto sétimo da Orde da Consellería de Sanidade do 29 de decembro de 2021.

    e) Non atoparse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da persoa interesada.

    f) Non tratarse de empresas ou autónomos que estivesen en crise en 31 de decembro de 2019.

    O importe da axuda determinarase por establecemento de lecer nocturno e en función dos metros cadrados do local conforme a seguinte escala:

    – Establecemento de lecer nocturno de menos de 100 metros cadrados: 2.500 €.

    – Establecemento de lecer nocturno de máis de 100 e ata 250 metros cadrados: 5.500 €.

    – Establecemento de lecer nocturno de máis de 250 e ata 500 metros cadrados: 9.000 €.

    – Establecemento de lecer nocturno de máis de 500 e ata 700 metros cadrados: 14.000 €.

    – Establecemento de lecer nocturno de máis de 700 e ata 2.000 metros cadrados: 27.000 €.

    – Establecemento de lecer nocturno de máis de 2.000 metros cadrados: 45.000 €.

    O período de referencia para as axudas reguladas nesta orde será desde o 30 de decembro de 2021 ata o 30 de xuño de 2022.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220215/AnuncioG0599-140222-0002_gl.pdf