Sección: Outros consellos

  • FERRAMENTAS 2.0, CLAVES NA PROCURA DE EMPREGO

    FERRAMENTAS 2.0, CLAVES NA PROCURA DE EMPREGO

    ferramentas20

    OS PORTAIS DE EMPREGO:

    Dentro dos portais de emprego temos principalmente, dous tipos, os que xestionan ofertas de emprego propias, e dicir captan as empresas interesadas en ofrecer emprego; e os que aglutinan ou centralizan ofertas de emprego doutros portais, neste caso cando atopamos unha oferta de interese, o habitual é que teñamos que darnos de alta no portal onde a oferta foi colocada orixinalmente.

    Practicamente todos os portais de emprego comparten unhas características comúns máis alo das súas funcionalidades esenciais; sempre que nos deamos de alta en algún deles, precisamos:

    • Ter o Curriculum Vitae actualizado pois teremos que introducir a nosa traxectoria profesional.
    • Coñecer as datas en que realizamos ou tivemos distintas ocupacións xa que pode que nos requiran dende que ano ata que ano ou dende que data exacta ata que data exacta. Se non podemos recuperar o día exacto, poderemos especificar o dia 1 ou 15 do mes en cuestión.
    • Dispor dunha vida laboral actualizada, nos axudará a cumprimentar os datos anteriores.
    • Non é requisito, pero si recomendable ter feito un DAFO persoal pois nalgúns casos o portal si nos preguntará polas nosas capacidades, intereses ou principais habilidades.

    A maioría dos portais de emprego, tamén comparten funcionalidades, sendo as máis habituais:

    • Rexistro do noso curriculum vitae; algúns deles permiten ter almacenadas varias versións.
    • Filtraxe de ofertas de emprego por distintos parámetros: xeográficos, funcionais, etc.
    • Seguimento das ofertas nas que nos inscribimos, para poder estar ao tanto da situación da nosa candidatura. O seguimento depende do «bo facer» da empresa que emitiu a oferta xa que é ela a que ten que cambiar o estado de cada unha das candidaturas.
    • Alertas de empregos relacionados con palabras clave segundo os nosos intereses profesionais.

    INSTITUCIÓNS DE ÁMBITO ESTATAL

    O portal do SEPE (Servicio Público de Empleo Estatal) é o portal de referencia en canto ao emprego xa que dende esta estrutura estatal se deseñan algunhas accións e medidas que son executadas posteriormente nas distintas CC.AA. Como seguro xa sabes, o SEPE está adscrito, actualmente, ao Ministerio de Trabajo y Economía Social.

    A páxina do SEPE (http://www.sepe.es/) está estruturada en tres grandes bloques de información:

    Persoas:

    • Prestacións

    Información relacionado coas distintas situacións sobre a solicitude e a obtención dunha prestación por desemprego. O apartado presenta exemplos de distintas situacións (ERE, traballadores e traballadoras do campo, victima de violencia, etc.) asi como a posibilidade de descargar os impresos necesarios ou realizar os trámites de xeito electrónico.

    ACCESO

    • Formación

    Destacan, neste apartado, as seguintes opcións:

    Catálogo de espcialidades formativas: que nos permite atopar centros homologados nos distintos certificados de profesionalidade.
    Certificados de profesionalidade: Información relacionada coas familias proesionales, normativa asociada aos certificados de profesionalidade.
    Certifica tu experiencia laboral: Facilitanos o acceos a plataforma RECEX para poder acreditar as competencias adquieridas durante o noso desenvolvemento profesional.

    • Encontrar traballo

    Una das opcións máis relevantes deste portal, as opcións que te recomendamos que revises en primeiro lugar son:

    Axencias de colocación: Acceso á rede de axencias de colocación que colaboran co servizo público de emprego.
    Orientación profesional: información sobre a carteira común de servizos do Sistema Nacional de Emprego e vídeos de axuda para a procura de emprego.
    EURES: Encontrar empleo en Europa: ofertas de emprego, proxectos e información dos diferentes países europeos.
    Emprego para persoas con discapacidade: Se queres coñecer que é o emprego con apoio, comeza por esta opción.
    Ofertas de traballo: ligazon especial ao portal de emprego empléate, aglutinador de ofertas de emprego dos distintos servizos de emprego das CC.AA. ademais doutros portais colaboradores. (Falaremos deste portal un pouco máis adiante).

    Empresas:

    Dende aquí podes consultar os modelos de contrato vixentes así como os distintos tipos de axudas dispoñibles e profesións de dificil cobertura.

    ACCESO

    Emprendedores e Autónomos:

    Tes nesta opción, información para:

    – Avaliar o teu perfil emprendedor.
    – Elaborar un plan de empresa.
    – Consultar as axudas dispoñibles para inciar a túa empresa.

    ACCESO

    Podes acceder directamente ao portal de emprego xestionado polo SEPE, dende https://www.empleate.gob.es. O funcionamento é moi sinxelo, terás que comezar na opción Crear conta (etiquetada como 1, na imaxe seguinte) e logo Alta persoa

    Comprobarás que, a orde e un dos aspectos principais á hora de empregar espazos e ferramentas para a procura de emprego, ter toda a nosa documentación laboral ordenada e localizable é fundamental para poder especificar datas, funcións desempeñadas, nomes de empresas, etc.

    Unha vez o CV da persoa interesada este de alta no portal, independentemente deste, é importante destinar un tempo a coñecer as principais ferramentas. No caso de empleate, estas son as súas funcionalidades principais:

    • Buscar ofertas : Opción dispoñible en todos os portais de emprego e a súa razon de ser. Practicamente en todos os portais atoparemos distintas posibilidades de filtraxe, entre outras, por data de publicación, provincia ou sector profesional.
    • Mis ofertas: Funcionalidade que nos permite realizar un seguimento das ofertas nas que nos temos inscrito. Segundo o portal indicará os distintos estados polo que a nosa oferta pasa: revisado o perfil, en proceso, descartado, etc.
    • Me recomienda:  Listaxe de ofertas recomendadas do portal.
    • Me gustan: Listaxe de ofertas de emprego que tes marcadas como interesantes e sobre as que fas seguemento.
    • Le interesas a: Empresas que teñen marcado o teu perfil como de interese.

    INSTITUCIÓNS DE ÁMBITO AUTONÓMICO

    Na nosa Comunidade é a Consellería de Emprego e Igualdade a responsable da función orientadora e baixo esta atopase o servizo público de emprego de Galicia (Emprego Galicia) que aglutina os servizos en materia de emprego dentro da nosa comunidade autónoma.

    O portal do servizo público de emprego de Galicia, atópase na dirección https://emprego.xunta.gal e se estrutura nos apartados xerais seguintes:

    • Demandantes

    Agrupa servizos relacionados coa procura de emprego e a formación relacionada.

    • Empresas

    Información e servizos de interese para as empresas, dende programas e incentivos para contratación de determinados perfís ata información máis detallada sobre as Oficinas de apoio ao empregdor ou a xestión de ofertas.

    • Emprendemento

    Especial información sobre as formas de emprendemento baseadas na economía social, o emprendemento de base tecnolóxica e o emprego autónomo. Ademais, atópanse recursos de axuda para as persoas emprendedoras.

    • Quen somos

    Descrición do Servizo Público de Emprego de Galicia e as Políticas Activas de Emprego.

    • Oficina virtual

    Acceso aos servizos electrónicos relacionados coa demanda de emprego, a orientación laboral e a formación para o emprego.

    Dende este espazo, podemos empregar os servizos relacionados coa orientación e o emprego dende dúas perspectivas, a informativa, na que poderemos consultar a información, e a participativa, dende a que poderemos interactuar, de xeito persoal, cos servizos ofertados.

    Revisamos en primeiro lugar os servizos dispoñibles (previa identificación) e aglutinados baixo a OFICINA VIRTUAL. Para empregar este servizos é necesario que a persoa demandante de emprego obteña un acceso privado (na súa oficina de emprego), xa que accederá a datos persoais relacionados coa súa actividade de procura de emprego. Tamén pódese acceder mediante DNI-e ou certificado dixital. Premendo no enlace OFICINA VIRTUAL, accedemos á pantalla de identificación.

    Unha vez identificados, accedemos á unha pantalla intermedia de información sobre a Protección de Datos, a continuación, prememos na lapela Demandantes da parte superior da pantalla para acceder aos servizos asociados á nosa situación.

    Na pantalla de servizos, podemos acceder e xestionar accións relacionadas con:

    • Situación e renovación da tarxeta de demandante de emprego: Nesta zona, amósase información da situación administrativa actual da nosa demanda de emprego, cando temos que renovala e incluso a posibilidade de imprimir unha copia da nosa tarxeta de demandante.

    Se te fixas, esta é a opción que aparece marcada por defecto arriba a dereita, no bloque Datos persoais

    • Datos persoais:

    Dende este bloque, ademais da posibilidade de renovar a demanda, podemos:

    – Acceder e axustar algúns dos nosos datos persoais.
    – Acceder aos nosos datos profesionais e engadir ou xestionar a información facilitada nalgúns dos bloques do noso historial profesional.
    – Imprimir o noso Curriculo Viate, cos datos que temos facilitados ao SPEG. Esta información é fundamental para coñecer e completar os datos que forman parte das procuras de emprego das empresas interesadas.

    • Orientación laboral: Funcionaliade para solicitar unha atención persoalizada por parte do persoal orientador. Os obxectivos deste servizo están realcioandos coas accións:

    – Mellorar a presentación do teu CV.
    – Mellorar o teu proceso de busca de emprego.
    – Pór en valor o teu CV e a túa candidatura.
    – Ampliar as túas oportunidades laborais.

    Ofertas de emprego: Un dos espazos clave do servizo, xa que dende aquí podemos buscar as ofertas de emprego activas da nosa provincia. Premendo sobre cada unha delas atoparemos unha pequena descrición, ademais dun botón para inscribir a nosa candidatura no posto ofertado. Fíxate no aviso de confirmación, xa que é necesario confirmar a dispoñibilidade, como persoa candidata, para que a túa candidatura sexa incorporada definitivamente á oferta.

    Ademais de consultar as ofertas activas, podemos acceder ao noso historial de candidaturas, tanto activas, como xa pechadas.

    Como noutros portais, de tipo privado, a Oficina Virtual de Emprego, tamén nos permite engadir ata 3 currículos diferentes para asocialos aos diferentes tipos de ofertas de emprego que sexan do noso interese, é unha oportunidade xa que podemos potenciar os noso currículo en función do tipo da necesidade principal da oferta.

    • Formación para o emprego: Buscador oficial para os cursos de formación preferente para persoas en situación de busca de emprego. Posúe un buscador que nos permite realizar filtraxes por provincias, localidades e especialidades; cando atopemos un curso do noso interese, só temos que premer sobre el para amosar a descrición e condicións de impartición e premer no botón de pre-inscrición.

    Ademais de buscar cursos tamén podemos solicitar un curso concreto do catalogo de certificados de profesionalidade, atopar obradoiros de emprego ou realizar o seguimento dos cursos nos que temos realizada a pre-inscripción.

    Se aínda non dispoñemos dun acceso persoal, podemos consultar a información dispoñible nesta páxina, dende a opción do menú principal, Demandantes, dende a que podemos acceder á algunha da información descrita anteriormente pero para poder inscribirse nunha oferta de emprego, pre-inscribirse nun curso, ou renovar a nosa demanda, seremos redirixidos á oficina virtual.

    Non deixes de consultar a información relacionada cos certificados de profesionalidade e os outros servizos da Consellería a demandantes; dende este último, poderás acceder a informes do Instituto Galego das Cualificacións sobre o mercado laboral en Galicia.

    • Outras informacións e servizos de interese relacionada cos ámbitos empresarial e o ecosistema emprendedor, podes atopalas dende as opcións:

    (Empresas) Xestiona ofertas

    Información ás empresas dos recursos dispoñibles para realizar unha oferta de emprego a través do SPEG.

    (Empresas) Xestiona formación

    Información relacionada coa formación con compromiso de contratación e as prácticas non laborais.

    (Empresas) Apoio á contratación

    Información dos incentivos dispoñibles para fomentar a contratación de distintos tipos de perfís.

    (Empresas) Colectivos de interese

    Información sobre a contratación de persoas incluidas nos colectivos de especial interese.

    (Emprendemento)

    Apoio ao emprendemento

    Canle con información relacionada coas necesidades do colectivo emprendedor dende o que podemos obter información relacionada coa capitalización da prestación por desemprego, acceder a manuais e formacióne específica ou coñecer as Iniciativas Locais de Emprego (ILE) ou as Iniciativas de Emprego Rural (IER).

    Economía Social

    Unha das formulas para apoiar e potencia a colaboración como punto fundamenta dun proxecto empresarial. Dende este espazo se presentan os modelos de emprendmento cooperativo e as sociedades laborais.

    Emprego autónomo

    Acceso á Oficina Virtual do Emprego Autónomo, unha canle especial que a Consellería pon en marcha para apoiar este modelo de desenvolvemento profesional.

    IEBT

    Accións especiais relacionadas con ideas de negocio do ámbito innovador ou tecnolóxico.

    PORTAIS DE EMPREGO XENERALISTAS

    Revisamos as principais funcionalidades de Infojobs, un dos portais de emprego xeralistas que máis difusión teñen acadado actualmente.

    É un dos portais considerados xeneralistas xa que as ofertas de emprego son de tipo horizontal, e dicir, non están centradas nun ámbito laboral específico.

    O procedemento de alta da nosa traxectoria profesional segue as mesmas pautas que o portal xa referido (empléate) así que comentaremos algunhas das súas principais funcións a partires do noso rexistro neste portal de emprego.

    • Logo Infojobs: É a posición de entrada cando nos identificamos no portal. Na parte inferior desta pantalla atópase unha zona informativa:

    – Novas ofertas relacionadas coas túas procuras.
    – Número de empresas que atopan o teu CV no portal. Dende este bloque tamén podemos acceder aos nosos CV.
    – Número de candidaturas activas, é dicir, número de candidaturas nas que te inscribiches e que seguen activas ou tiveron algún axuste na súa situación.

    • CV: Unha das zonas fundamentais do espazo, xa que nos permite dar de alta varios currículos e tamén ter varias cartas de presentación dispoñibles para achegar a máis axeitada segundo a oferta na que nos vaiamos a inscribir.

    Ademais da alta, poderemos actualizar o noso CV, tanto en novas achegas sobre experiencia profesional, formación ou outros aspectos. Se te fixas, na columna da dereita podes actualizar a data do teu CV, unha forma de indicar que segues activo ou activa na túa procura de emprego>

    • Mis ofertas: Acceso ás últimas candidaturas nas que formalizamos a nosa inscrición e a súa situación. Esta opción permítenos estar ao tanto da súa evolución, aínda que a información deste espazo depende da interactividade da empresa respecto á candidatura. A información pode reflectir distintos estados: «Proceso cerrado», «Inscrito», «Sigues en el proceso» ou «Descartado».
    • Quién me ve: Interesante opción, xa que nos permite coñecer que tipo de empresas teñen interese no noso perfil e cales son os termos que estas introducen no buscador de Infojobs a través dos que o noso perfil aparece. Isto nos permite investigar no tipo de empresas, a súa actividade, as súas ofertas de emprego habituais.

    PORTAIS DE EMPREGO PARA PERSOAS AUTÓNOMAS

    O funcionamento destes espazos é diferente, respecto aos portais de emprego xeralistas, aínda que comparte os pasos de darse de alta e cumprimentar o noso historial profesional; ademais – algúns – permiten referenciar os nosos traballos para facilitar a decisións das empresas que ofrecen proxectos.

    Nos portais para profesionais autónomos non se ofertan empregos, ofértanse proxectos e case todos seguen os mesmos patróns de funcionamento:

    • A empresa publica un proxecto
    • Os e as freelances ofrécense
    • A empresa elixe a proposta máis axeitada
    • O traballo abóase tras a entrega e validación
    • O portal actúa como intermediario

    Ademais das funcionalidades propias deste tipo de portais, estes actúan como escaparate fronte a posibles contratacións xa que, como comentabamos temos a posibilidade de enlazar ou subir mostras das nosas creacións (obviamente en función da nosa actividade profesional).

    Actualmente, en España, a plataforma referente e freelancer https://www.freelancer.es (que no ano 2016 comprou a española Nubelo, especializada en emprego para freelancers).

    Podemos consultar o funcionamento do portal a través do enlace https://www.freelancer.es/info/how-it-works. Se a comparas co funcionamento do portal Twago, outro portal especializado en emprego autónomo, verás que son practicamente idénticos: https://www.twago.es/how-it-works/.

    Twago é outro dos referentes en canto os servizos de emprego autónomo, de orixe alemán e cun ámbito de aplicación europeo (tamén comprou, no 2016, unha plataforma española adTriboo, centrada no emprego autónomo).

    APPS PARA O EMPREGO

    Algúns servizos de procura de emprego teñen asociada unha App móbil para estar ao tanto do que acontece sobre as ofertas de emprego nas que estamos inscritos ou sobre as alertas que temos definidas e que algúns dos portais de emprego nos permiten definir.

    Habitualmente, as App actúan dun destes xeitos:

    • Asociado a un portal de emprego: moitos dos portais que ofrecen emprego, poñen a disposición das persoas candidatas aplicacións móbiles (apps) para estar ao tanto das novidades relacionadas coas súas candidaturas e as ofertas que poidan xurdir relacionadas co seu perfil. Ademais dende estas aplicacións, normalmente, pódese xestionar o noso perfil e as nosas preferencias.
    • O requisito para poder empregalas e que teñas o teu CV ou perfil, introducido no servizo asociado.
    • Agregadores de ofertas: as apps deste tipo compórtanse como recompiladores de ofertas, igual que algún dos portais que xa temos comentado.
    • Servizos independentes: son apps que non teñen versión dispoñible noutras plataformas, e dicir, so son operativas a través do móbil.

    Esta son algunhas das apps actuais, (lembra que a actualización das apps é moi frecuente e por tanto algunhas das funcionalidades indicadas poden ter cambiado, desaparecido ou mellorado).

    Infojobs: Dispón dunha aplicación para dispositivos IOS e Android, ambas de balde.

    Permite localizar ofertas de traballo e inscribirse nelas, gardar ofertas do teu interese para unha análise posterior ou seguir ofertas de interese e compartilas a través de espazos sociais. Se tes activadas as alertas, calquera novidade sobre as túas candidaturas a recibirás no teu dispositivo móbil.

    Eures: App creada pola Rede Europea de Ofertas de Emprego dende a que poderás acceder ás ofertas de traballo de toda Europa así como xestionar os trámites relacionados con cada unha das ofertas publicadas.

    A app tamén permite localizar á túa «conselleira ou conselleiro eures» máis próximo para poder obter asistencia personalizada a través do posicionamento do teu dispositivo móbil.

    Dispoñible para IOS e Android.

    Jobandtalent: É unha app de recrutamento.

    Dende a súa app, facilitan o desenvolvemento de todas as xestións administrativas relacionadas co proceso de contratación.

    Job Today: App de procura de emprego que nos permite contactar de xeito directo coa empresa que publica a oferta mediante servizo de chat, de xeito que podemos coñecer os pormenores da oferta, dende o primeiro momento. Os obxectivos da startup creadora da app, son: simplificar o proceso de selección e contratación ao máximo posible e acadar que cada oferta estea cuberta en 24 horas.

    MOBEM:  é unha aplicación que permite acceder aos servizos ofrecidos polo Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) ás persoas demandantes de emprego, complementa os servizos ás persoas demandantes a través do seu dispositivo móbil xa que permite: renovar a demanda de emprego, consultar as datas marcadas na nosa axenda como demandante, modificar os datos de usuario, ou consultar a situación nas ofertas nas que sexamos demandantes.

    É requisito para poder utilizar o MOBEM estar inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia como persoa demandante de emprego e ter a demanda en situación administrativa de alta.

    A aplicación está dispoñible para dispositivos IOS e Android

    *Fonte: CIXUG

  • ESTÁS BUSCANDO EMPREGO, PERO MOITAS VECES NON SABES A ONDE DIRIXIRTE…. FAI PROSPECCIÓN

    ESTÁS BUSCANDO EMPREGO, PERO MOITAS VECES NON SABES A ONDE DIRIXIRTE…. FAI PROSPECCIÓN

    busqempre

    Se estás a procura de emprego pero non sabes onde podes presentar o teu currículo; en qué empresas poderías encaixar etc… bótalle unha ollada a este artigo elaborado polo CIXUG 

    Fontes de información para a prospección

    Sendo o medio principal Internet, dispomos dos seguintes recursos:

    Entidade Estatal de Solo permite localizar polígonos industriais, industrias e información sobre eventos empresariaishttps://www.sepes.es/

    Solo industrial en Galicia con información sobre os diferentes polígonos industriais así como un apartado de novas destacadas para estar ao tanto das novidades que xurdan en cada un dos parques empresariais. http://www.igape.es/es/component/k2/item/516-chan-industrial

    Instituto Galego da Vivenda e Solo. http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada

    Solo Empresarial do Atlántico. http://www.seasuelo.com/

    Xestur Galicia. Xestión de Solo Urbano. Con información sobre polígonos industriais así como novos proxectos en curso. Dispoñible para A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Actualmente trátase dunha sociedade de ámbito autonómico fusionada mediante as 4 provinciais. https://www.xesturgalicia.com/

    Xestión de Polígonos Industriais www.gestiondepoligonos.com con información de todas as provincias mediante un buscador.

    – Directorios de empresas. Exemplos:

     http://empresas.galiciadigital.com/

    https://www.paginasamarillas.es/

    Directorios de Cámaras de Comercio, Asociacións Empresariais, Sindicatos, Institutos de estatística, Institutos de fomento e apoio empresarial, Concellos e outros organismos públicos. Os anuarios constitúen un recurso bastante sistematizado e fiable para obter información sobre as empresas (sector, actividade, número de traballadores, etc.) e datos de contacto.

    www.camaracompostela.com

    https://www.camarapvv.com/

    www.camaracoruna.com

    – Entidades promotoras ou organizadoras da prospección (Concellos, Comunidades Autónomas…) as cales dispoñen de listaxes de empresas, bases de datos, etc.

    Revistas, diarios locais, gremiais, de asociacións empresariais, etc. Moi a miúdo aparece información sobre as empresas da zona. Esta información achega coñecementos da contorna económica e o tecido produtivo local e permítenos identificar posibles contactos. A parte, estas revistas poden servir para coñecer a dinámica local, coñecendo aquelas empresas que son un referente no contexto económico, empresarios/as con capacidade de influencia, etc… Estas revistas, sobre todo se son dixitais, permítennos estar ao corrente de acontecementos socioeconómicos que teñen lugar no municipio ou concello, por exemplo, feiras, exposicións, etc. Estes actos son útiles para que os/as técnicos/as prospectores poidan dar a coñecer entre os/as empresarios/as o proxecto de prospección.

    Guías telefónicas, de servizos, etc. Recurso facilmente accesible para a obtención de datos de contacto, sobre todo a versión dixital.

    Observación directa. Trátase dunha opción fiable e razoablemente eficaz, sobre todo en zonas pequenas. Consiste na observación directa nos polígonos industriais, zonas de comercio… O/a profesional pódese dirixirse á empresa, presentándose como tal e solicitar os datos de contacto da persoa responsable, coa que despois establecerá devandito contacto previo.

    WEBS DE INTERESE 

    Observatorio ocupacional Universidade da Coruña

    https://www.udc.es/observatorioocupacional/

    Observatorios autonómicos:

    https://www.observal.es/2015/institutos-agencias

    Indicadores do mercado de traballo en Galicia

    http://emprego.xunta.es/cualificacions/10sibila_gl.html

    Xestión de solo e polígonos industriais en Galicia (SEPES-SIGALSA, IGVS, XESTUR e SEA por distintos concellos, deputacións, etc.)

    http://www.gestiondepoligonos.com/poligonos-industriales-A-Coru%C3%B1a

    http://www.gestiondepoligonos.com/poligonos-industriales-Pontevedra

    http://www.gestiondepoligonos.com/poligonos-industriales-Lugo

    http://www.gestiondepoligonos.com/poligonos-industriales-Ourense

    Mercado de traballo en España

    https://www.sepe.es/HomeSepe/que-es-el-sepe/observatorio.html

    Perfís profesionais:

    Instituto Galego das Cualificacións

    http://emprego.xunta.es/cualificacions

    Outros portais:

    http://www.oficinadetreball.gencat.cat/

    http://www.lanbide.net/

    fontes de información:

    http://emprego.xunta.es/cmspro/contido/botones/ofertasEmpleo/

    Guía de prospección de Empregos. Iniciativa Comunitaria Emprego – Horizon. Fondo Social Europeo. Zeharo – Grupo Gureak. Ehlabe Adapei-Gironde

    https://sid.usal.es/idocs/F8/FDO1978/Guiaprospeccion.pdf

  • CONSELLOS PARA SUPERAR UNHA ENTREVISTA DE TRABALLO

    CONSELLOS PARA SUPERAR UNHA ENTREVISTA DE TRABALLO

    entrevista

    Antes da Entrevista

    • Coñece todo o que poidas da empresa
    • Estuda as túas aptitudes, a túa experiencia e a túa educación
    • Leva o currículo e coñéceo perfectamente, xa que se basearán nel
    • Fai unha relación dos teus puntos débiles e prepara argumentos para defendelos
    • Se te citan por escrito, o correcto é que chames para confirmar a túa asistencia
    • Non acudas con lentes escuras
    • Comproba a túa aparencia (evita roupa rechamante; ben vestido/a, limpo/a e afeitado)
    • Vaite só/a
    • Chega pronto (5 minutos antes)
    • Prepara a entrevista, o/a seleccionador/a vai facelo tamén

    Durante a Entrevista
    Crea unha boa impresión. As primeiras impresións son de gran importancia. Moitos/as empresarios/as consideran que tras ver entrar pola porta a un candidato/a, observar a forma de dar a man e sentar, son capaces de decidir sobre a súa valía

    • Saúda ao entrevistador/a cunha fórmula convencional: Boas tardes Sr. Ruiz
    • Séntate dereito/a, nin ao bordo da cadeira (inseguridade), nin repantingado/a (falta de respecto)
    • Non sexas o/a primeiro/a en estender a man
    • Saúda cun apertón de mans e sorrí, mirándolle aos ollos
    • Non te sentes ata que cho digan
    • Non tutees se non cho indican
    • Estáte atento/a e simpático/a 
    • Evita poñerte nervioso/a e os xestos que o indiquen como morderche as uñas, golpear co bolígrafo na mesa, axitarche no asento…
    • Non fumes
    • Non interrompas
    • Mira ao entrevistador/a aos ollos, pero sen intimidar
    • Deixa que él/ela tome a iniciativa
    • Non fales demasiado, nin demasiado pouco
    • Coida a túa linguaxe
    • Non peques de agresivo/a nin de sensiblón/a 
    • Non te aproximes moito a él/ela
    • Non poñas os cóbados encima da mesa do entrevistador
    • Non cruces os brazos, pode parecer que estás á defensiva
    • Se che ofrecen unha bebida podes aceptar pero, que non sexa alcohólica

    Pensa antes de contestar

    • Responde clara e brevemente
    • Di sempre a verdade
    • Se che preguntan sobre ti mesmo/a, salienta a túa formación, experiencia e resultado dos teus traballos
    • Non uses palabras rebuscadas
    • Non respondas con evasivas ou dúbidas
    • Non esperes demasiado tempo para responder, podería parecer síntoma de distracción
    • Mostra entusiasmo polo traballo, pero non o supliques
    • Non fales mal das empresas nas que traballaches
    • Non te negues a responder preguntas
    • Se che fan preguntas de tipo como: se vai de viaxe co seu noivo/a que piden unha ou dúas habitacións?; responde que na túa opinión ese asunto é irrelevante para deducir a túa idoneidade para o posto ao que optas. Dio con seriedade pero non con agresividade. Estas preguntas valoran o teu control emocional

    Pensa positivamente

    • Non pidas o posto coma se fose unha esmola
    • Non digas que necesitas terriblemente o traballo
    • Non critiques a pasados empresarios Exemplo: Non digas, «acabo de terminar os meus estudos e non teño experiencia profesional» enfocado doutra maneira a resposta correcta sería «estou dispoñible para traballar e disposto/á poñer en práctica todos os coñecementos que adquirín nos meus estudos

    Fai preguntas

    • Sobre as posibilidades de promoción, a empresa ou o posto de traballo
    • Expresa o teu agradecemento

    Despois da Entrevista

    Analiza os resultados, anota puntos fortes e débiles…pode servirche para unha segunda entrevista ou para próximas entrevistas noutras empresas.

    Posibles preguntas que che poden expor na entrevista
    Personalidade

    • Fálame de ti mesmo
    • Cóntame unha anécdota da túa vida na que resolveses con éxito unha situación problemática
    • Que gaña a empresa se che contrata a ti en lugar da outro candidato?Que elemento diferencial achegas?
    • Se foses ti o encargado de realizar esta selección e eu fose o candidato, que cualidades gustaríache que eu reunise?
    • Gústache traballar con xente ou prefires traballar só?
    • Considéraste como un/ha líder ou como un/ha seguidor/a? Por que?
    • Cal foi a decisión máis importante que adoptaches no pasado?
    • Defínete a tí mesmo/a con cinco adxectivos cualificativos. Xustifícaos.
    • Que aprendiches dos teus erros?
    • Acabas o que empezas?
    • Pensa en……un profesor, un amigo, o teu noivo/a. Se eu lle preguntase como es ti, que crees que contestaría?
    • Se todos os traballos tivesen a mesma remuneración e a mesma consideración social que é o que realmente che gustaría facer?
    • Describe a túa escala de valores
    • Que persoas te sacan de couzón?
    • Dormes ben?
    • Como reaccionas habitualmente fronte á xerarquía?
    • Comote inseres nun equipo de traballo?
    • Que impresión crees que saquei de ti tras esta entrevista?

    Formación

    • Por que estudaches arquitectura, dereito, económicas………?
    • Como decidiches estudar………….?Que outras carreiras atraíanche?
    • Quen influíu máis en ti á hora de elixir a túa carreira?
    • Que materias gustábanche máis/menos e en cales sacabas mellores/peores notas?
    • En que medida as túas cualificacións débense ao teu esforzo persoal e en que medida á túa intelixencia?
    • Que cambios introducirías no plan de estudos da túa Facultade ou Escola, se puideses?
    • Cal foi a experiencia máis gratificante durante a túa vida como estudante?
    • Pensas proseguir ou ampliar os teus estudos dalgunha maneira?
    • Se volveses empezar os teus estudos, que farías de modo diferente?
    • Na túa formación complementaria, que seminarios ou cursos de curta duración realizaches?Que che motivou a realizalos?
    • Tiveches algún posto representativo durante o teu tempo de estudante? (Delegado de curso, membro da Tuna…?

    Traballos anteriores

    • Fálame das túas actividades á marxe dos teus estudos
    • Realizaches algún traballo de «estudante» (clases, traballos de verán, de prácticas…)?
    • Que aprendiches durante os teus traballos anteriores? Que funcións desempeñabas? Canto cobrabas?
    • Debías supervisar o traballo de alguén?
    • Cal dos teus traballos previos gustouche máis/menos? Por que?
    • Cal é o teu proxecto ou solución máis creativa?
    • Como te levabas cos teus compañeiros, cos teus xefes, cos teus subordinados?
    • Cal foi a situación máis desagradable en que che viches?Como lle fixeches fronte?
    • Describe o mellor xefe que tiveses. E o peor
    • Descríbeme un día típico no teu traballo anterior
    • Como conseguiches ese traballo, esa práctica…?

    Emprego

    • Que sabes acerca da nosa empresa?
    • Que che atrae dela?
    • Que ambiente de traballo prefires?
    • Prefires un traballo previsible ou un traballo cambiante?
    • Que relacións pensas debe haber entre un xefe e o seu colaborador inmediato?
    • Estarías disposto/á trasladarte a vivir a outra cidade, a outro país, ou a viaxar con frecuencia?
    • Tes algunha preferencia xeográfica?
    • Cal crees que pode ser para ti a maior dificultade ao pasar da vida de estudante á vida do traballo?
    • Que departamento (márketing, financeiro, produción, comercial…) che atrae máis?
    • Cales son os teus puntos fortes e os teus puntos débiles para este posto?
    • Que che ves facendo dentro de cinco, de dez anos?
    • Cales son os teus obxectivos a longo prazo?Como crees que poderás logralos?
    • Como che decataches da existencia deste posto?
    • Por que pensas que vas ter éxito neste traballo?
    • Con que tipo de xefe gustaríache traballar?
    • E con que tipo de xefe crees que acabarías por chocar?
    • Estarías disposto/á a realizar un curso de formación a cargo da empresa, antes de ser contratado/a?
    • Canto queres gañar agora ( e dentro de cinco anos)
    • Prefires traballar nunha empresa grande, mediana, pequena, pública, privada…?Por que?
    • Gústache a previsibilidad dun traballo cuxa hora de comezo coñeces, así como a hora de finalización, ou prefires un traballo no que hoxe non sabes exactamente o que farás mañá?
    • Cando poderías incorporarche ao traballo?
    • Que persoas das empresas en que traballaches anteriormente poden darnos referencias de ti?
    • Participas noutros procesos de selección?
    • Que opinas de…..a unión monetaria, o terrorismo, o feminismo, os políticos, os sindicatos………?
    • Comentas cos teus pais-esposa/ou-noiva/ou as incidencias do teu traballo?

    Vida privada

    • Con quen vives?
    • A que se dedica a túa familia?
    • Tes noiva/ou – esposa/ou? Que opina deste traballo?
    • Que fas no teu tempo libre?
    • Cales son as túas afeccións favoritas?
    • Cal é último libro que liches? que che pareceu?

    Fonte: CIXUG

  • CÓMO ELABORAR UN BO CURRÍCULO

    CÓMO ELABORAR UN BO CURRÍCULO

    cv1

     

    • O Curriculum Vitae

    O currículo vitae é a ferramenta fundamental para a procura de emprego. Trátase dunha ferramenta creativa, é dicir, que máis aló dos diferentes modelos que se poidan utilizar, é importante permitir á persoa usuaria que está capacitada para facelo, que o faga de forma verdadeiramente propia.

    Un exercicio recomendado antes de empezar a realizar o currículo é a reflexión propia sobre a súa historia profesional e sobre o seu obxectivo laboral. Nesta reflexión hai que tratar que aspectos lle convén explicar e cales non, de forma que poida decidir que tipo de currículo se adapta máis á súa situación, ordenar a información e decidir que se inclúe e que non en cada caso.

    • Obxectivos do currículo

    Un currículo serve «para atopar traballo». Trátase dunha ferramenta de comunicación escrita que se converte, na maioría dos casos, na primeira toma de contacto coa empresa. É un documento frío, un papel, esquemático que debe conter de forma esquemática a traxectoria profesional e formativa, de tal forma que poña de manifesto a idoneidade da persoa candidata ao posto. O obxectivo, como diciamos, é conseguir unha entrevista de traballo, e por tanto debe suscitar interese. É unha ferramenta de mercadotecnia persoal, e como tal, algúns autores falan a importancia da estratexia AIDA aplicada a este documento, o cal debe:

    Chamar a… Atención

    Suscitar o… Interese

    Fomentar o… Desexo

    Conseguir a… Acción

    Trátase dun documento que debe atraer a atención da persoa que o está lendo (seleccionador/a), debe suscitar interese pola persoa espertando o seu interese por coñecelo e finalmente mobilizándoo para a convocatoria á entrevista de traballo.

    • Estrutura do currículo

    Existen uns bloques, máis ou menos fixos, que debe conter un currículum vitae, e outros apartados optativos, os cales a persoa mesma debe decidir se incluír ou non:

    Apartados comúns

    • Datos persoais: neste apartado indicaremos un teléfono de contacto onde nos localizen, un correo electrónico con nome profesional, indicar si se dispón de páxina web, blogue ou calquera ferramenta 2.0. Existen datos que non son estritamente necesarios indicalos, como o número do DNI, estado civil ou data de nacemento. Para persoas estranxeiras aconséllase que indiquen o número do NIE ou sinalen que dispoñen de permiso de traballo en vigor.
    • Formación: é convinte diferenciar a formación regrada da non regrada ou complementaria. Tamén deben sinalarse as datas de inicio e fin, así como as horas de duración dos cursos no caso da formación complementaria. Tamén se recomenda indicar o nome do centro onde se cursaron os estudos.
    • Experiencia profesional: trátase dun dos apartados fundamentais de calquera currículo. Débense destacar as empresas onde se traballou, posto e funcións. É importante sinalar as datas de inicio e fin de cada unha das experiencias laborais. É importante sinalar que neste apartado indicaremos todas aquelas experiencias de que dispoñamos, sexan en traballo remunerado ou non (con contrato laboral ou non). Debemos sinalar que a experiencia sen contrato será difícil de demostrar en caso que nolo pidan mediante documento formal (por exemplo un certificado de vida laboral), pero igualmente é interesante que conste toda a experiencia laboral desenvolta. 
    • Idiomas: un dos aspectos máis valorados é o coñecemento de varios idiomas. Debemos destacar todos aqueles que coñezamos, indicando o nivel e os posibles certificados ou títulos oficiais dos que dispoñamos.
    • Informática: trátase dun dos requisitos máis demandados hoxe en día e por tanto é necesario poñer un apartado diferenciado no currículo. Destacaremos o coñecemento dos diferentes programas informáticos, sistemas operativos e aplicacións web, así como calquera titulación referente aos mesmos.

    Apartados opcionais

    • Obxectivo laboral: trátase da afirmación concreta e concisa sobre o tipo de traballo que se quere levar a cabo. É unha forma de facilitar o traballo ás persoas seleccionadoras. Recoméndase utilizalo cando a persoa ten claro o seu obxectivo e este coincide coa vacante que se ofrece. No caso de que se queira optar a máis dun posto, non recomendariamos este apartado posto que a persoa candidata limita as súas posibilidades.
    • Competencias clave: de querer ir máis alá na explicación da experiencia laboral, incluiremos as competencias clave das que dispoñemos e que foron adquiridas ao largo da nosa traxectoria persoal e profesional.
    • Referencias: é importante dispoñer de referencias positivas sobre os traballos realizados, para xerar confianza nas empresas que ofertan un posto. Recomendamos que a partires de agora, cando se conclúa a relación laboral se soliciten referencias á empresa. Mesmo, agora, con ferramentas como linkedIn, pódense solicitar de forma online e engadir ligazón no currículo para que accedan a elas de forma directa.
    • Logros: explicar as funcións realizadas nun posto de traballo e os obxectivos alcanzados tanto de forma cuantitativa como cualitativa. Indicalos de forma esquemática e entendible é un factor diferencial que pode achegar máis valor á candidatura.
    • Voluntariado: faise especialmente relevante destacar este apartado en persoas que dispoñen de experiencia neste eido e queren dedicarse ao ámbito social, aínda que se recomenda mostrar este tipo de información en calquera perfil profesional, sobre todo se ten relación co posto ao que se aspira.
    • Afeccións: pódense facer constar aquelas afeccións que reforcen a candidatura, que estean relacionadas co posto de traballo en si ou que amosen competencias valoradas na empresa ou oficio.
    • Publicacións, relatorios, bolsas ou premios: de dispor de experiencia que se relacione co posto nestes aspectos ou que se poidan valorar de forma satisfactoria por parte da empresa, é importante indicalos de forma esquemática e simple, pero entendible.

    Modelos de currículo Vitae
    Existen infinidade de modelos e formas de realizar o currículo. Non hai unha forma única e exclusiva de realizalo nin un modelo ideal ao que acudir. Trátase de que cada persoa cree a súa ferramenta sendo esta persoal e propia, requisito fundamental do currículo.

    A. Currículo cronolóxico

    Consiste en ordenar toda a información en base ás datas de realización (tanto a formación como a experiencia), de tal forma que a persoa vai indicando a información de xeito progresivo, empezando pola máis antiga ata chegar á máis recente.

    VER EXEMPLO

    B. Currículo cronolóxico inverso

    Trátase dunha versión do anterior no que se ordenan as datas por orde cronolóxica inversa, destacando as experiencias e/ou formacións máis actuais ás máis afastadas.

    Trátase dun modelo de utilización moi frecuente pero a miúdo non é o modelo máis indicado para as persoas, sobre todo en casos onde faga moito tempo no que non se traballa ou en traxectorias profesionais con amplos baleiros temporais de non actividade. Neste tipo de situacións recomendamos a utilización do outro tipo de currículos.

    C. Currículo Funcional

    Tamén denominado temático, destaca por tratarse dun modelo de currículo no que destacamos as áreas profesionais en lugar da variable tempo, como nos anteriores.

    Consiste en agrupar as diferentes experiencias profesionais segundo áreas de actividade e/ou funcionais. Trátase dun tipo de currículo moi adecuado para persoas que queiran cambiar de emprego ou reorientar a súa traxectoria profesional. Desta, a persoa debe destacar toda aquela experiencia máis relacionada co novo obxectivo.

    É recomendable para persoas que dispoñan de ampla experiencia en períodos curtos de tempo ou con moitos períodos de inactividade. Tamén pode ser recomendable para persoas que realizasen o mesmo tipo de tarefas en diferentes empresas , para mostralas de forma agrupada e máis sintética.

    D. Currículo por Competencias

    Caracterizado por remarcar de forma destacada as competencias adquiridas pola persoa na súa traxectoria laboral, formativa e persoal. Trátase de acreditar as competencias adquiridas asociándoas coas tarefas e/ou responsabilidades exercidas.

    Está especialmente indicado para aquelas persoas que queiran cambiar de ámbito profesional ou sector e que poden extrapolar todas aquelas competencias que adquiriron a outro tipo de traballo.

    Actualmente recoméndase realizar un tipo combinado de currículo de tal forma que pode ser cronolóxico ou funcional, engadindo as competencias adquiridas.

    E. Currículo Europass

    Para aquelas persoas que queiran ampliar posibilidades e buscar ofertas na Unión Europea, existe o formato Europass. Este tipo de currículo vitae caracterízase por dispoñer de 5 documentos:

    – O currículo vitae europass
    – Pasaporte de linguas Europeas
    – Suplemento Europass ao Título/ Certificado
    – Suplemento Europeo ao Título Superior
    – Documento de Mobilidade Europass

    Para obter o currículo Europass persoal e máis información sobre este documentos, podedes consultar a páxina web de Europass aquí

    Outras ferramentas máis innovadoras:
    A través das novas tecnoloxías da Información e a comunicación estamos a ver a aparición de numerosas ferramentas innovadoras, cada vez máis utilizadas, que poden servir para facer a candidatura máis interesante:

    Videocurrículo

    Trátase dun currículo gravado en vídeo onde é a propia persoa candidata quen explica as súas calidades para un posto de traballo determinado. É unha ferramenta visual, viva e moito máis dinámica que un currículo sinxelo. Require dunha coidada elaboración do mesmo, así que é imprescindible que si se utiliza, o faga de forma asesorada e non mediante a improvisación.

    Algúns consellos para a elaboración do videocurrículum:

    • O valor engadido do videocurrículo é a dinamización da ferramenta e a transmisión da propia imaxe persoal, por tanto é fundamental mostrar unha boa imaxe profesional.
    • Pode ser unha ferramenta demostrativa, polo que debemos mostrar as destrezas e competencias técnicas no mesmo videocurrículo. Por exemplo: falar en inglés se dispoñen de destreza neste idioma, mostrarse elaborando un prato culinario se o seu obxectivo profesional é ser cociñeiros…
    • É importante que a calidade do vídeo sexa adecuada. Un videocurrículo mal gravado é contraproducente e dá imaxe de deixamento e falta de coñecemento e dominio das TIC. Por tanto, mellor non facelo que facelo de mala calidade.
    • A duración do mesmo non pode exceder de 2-3 minutos. Nese tempo a persoa debe mostrar todos os seus argumentos de venda, é dicir, as súas competencias, habilidades, aptitudes e (algo que diferenza ao videocurrículum do currículo tradicional), as súas actitudes.

    Nun inicio do xurdir da ferramenta esta recomendábase a perfís exclusivamente artísticos, deseñadores ou audiovisuais. Actualmente recoméndase a todo tipo de perfís, sendo unha ferramenta innovadora e que presenta numerosos beneficios a quen se anima a realizala. Trataríase dunha ferramenta complementaria, non substitutiva do currículo actual. Pode engadirse a URL do mesmo ao currículo en formato papel, ou mencionar a existencia do mesmo nunha entrevista de traballo, como dato adicional.
    Actualmente están a xurdir portais de ofertas de emprego que dispoñen dun apartado dedicado a colgar o videocurrículo xa editado ou mesmo portais que facilitan a elaboración do mesmo a través do propia web. Isto denota a tendencia que se aprecia no videocurrículo, sendo posiblemente unha ferramenta moi utilizada e xeneralizada nun futuro moi próximo.

    Currículo Creativo

    O videocurrículo non deixaría de ser un currículo creativo, pero existen outras formas de plasmar a creatividade a través desta ferramenta de procura de traballo. Na rede circulan numerosos exemplos moi visuais de persoas candidatas que mostraron a súa aptitude e competencia a través da ferramenta fundamental.

    Neste caso si recomendamos a súa utilización a perfís claramente relacionados con actividades creativas, profesións nas que unha das súas principais competencias sexa xustamente o deseño e a creatividade por encima doutros requisitos complementarios. En profesións como deseñador/a gráfico, publicista, debuxante, fotógrafo/a… é altamente recomendable a utilización do mesmo.

    Ferramentas con soporte 2.0

    Trátase de todas aquelas ferramentas que nos facilita o contorno web 2.0 e que poden facilitar unha boa imaxe profesional a calquera persoa candidata que se anima a utilizalas.

    Trátase de ferramentas para fomentar a mercadotecnia profesional, darse a coñecer na web e mostrar as competencias propias, promocionar a súa actividade, difundir creacións, publicacións, impresións, opinións, etc.

    Podemos atopar ferramentas como:

    Portafolios dixitais
    Infografías
    Páxina web profesional
    Blogue profesional

    Trátase de ferramentas escaparate que facilitan a difusión do traballo propio do/da profesional. Unha forma útil e dinámica de darse a coñecer e un reflexo da actividade e capacidade profesional.

    EXEMPLOS DE VIDEOCURRICULO

    VIDEOCURRICULO CREATIVO

    *Fonte: CIXUG