Sección: Programa Integrado Emprego

  • O PLAN INTERGRADO PARA O EMPREGO A ESTRADA ACTIVA 2016/17 INSERTA NO MERCADO LABORAL A 26 PERSOAS EN MENOS DE SEIS MESES

    Desde o Programa integrado para o emprego A Estrada activa 2016/2017, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado pola Fundación Cultural da Estrada, continuamos coas accións formativas programadas no cronograma do proxecto, dirixidas a conseguir o obxectivo do 40% de inserción laboral. Ata o día de hoxe levamos a cabo as seguintes accións:

    Diagnóstico ocupacional (currículo e carta de presentación):
    Actividade imprescindible ao inicio do programa para que cada participante se defina profesionalmente e saber de que quere traballar. Unha vez que temos o(s) perfís profesionais, comezamos coa realización de currículos específicos para cada posto de traballo e coa realización de cartas de presentación. A metodoloxía que utilizamos para realizar esta formación é moi dinámica e participativa, baseada en técnicas de coaching grupal e individual.

    Curso básico en prevención de riscos laborais (60h):
    O obxectivo desta formación foi capacitar as persoas asistentes para o desempeño das funcións no nivel básico de prevención de riscos laborais, que a lei esixe a todas as empresas, coñecendo os dereitos e os deberes das persoas traballadoras e do empresariado en materia preventiva, así como a regulamentación básica aplicable nos respectivos postos de traballo.

    Curso teórico-práctico de operador/a de carretilla:
    Realizamos esta formación para as persoas participantes no programa integrado que queiran traballar na construción, nun almacén ou como operarias de loxística. Este curso proporciónalles as habilidades e destrezas para empregaren cunha carretilla.

    Obradoiros de entrevistas:
    Talleres fundamentais para adquirir a suficiente confianza, corrixir os erros e practicar tanto a comunicación verbal como a non verbal antes de enfrontarse verdadeiramente á entrevista na empresa.

    Inglés:
    Clases tanto a nivel básico como avanzado tódalas semanas, nas cales, entre outros temas, se practican entrevistas en inglés, conversas telefónicas, cartas e correos electrónicos formais …

    Plataforma de formación online:
    A dispoñibilidade de 600 cursos pon ao alcance das persoas usuarias unha formación máis personalizada en función da súa orientación laboral.

    Información e asesoramento en competencias dixitais, acreditación e recoñecemento da experiencia profesional:
    Xornadas nas que se informou da convocatoria e asesoramento no proceso a seguir.

    Atención ao cliente e vendas:
    Actividade práctica na venda de produtos en determinados sectores, prestando especial atención na atención ao cliente.

    Continuamos coas accións individuais con todas as persoas participantes, definindo o itinerario personalizado de inserción e encamiñándoas na procura de emprego.

    Continuamos coa visita a empresas e coa intermediación laboral, xa que nos parece unha parte fundamental do programa integrado para o emprego; é onde vemos as necesidades que teñen co obxectivo de encaixar a oferta coa demanda.

    Unha ferramenta que temos no plan é a posibilidade que teñen as persoas usuarias de realizaren prácticas profesionais non laborais en empresas, coa intención de que adquiran unha experiencia laboral que non teñen ou para que o empresariado vexa as destrezas que posúen para un determinado posto de traballo. Acolléronse a este período de prácticas oito participantes.

    En canto ás insercións laborais, vinte e seis persoas das que comezaron este plan de emprego xa están traballando actualmente en diferentes sectores como a carpintaría de aluminio, a hostalaría, o comercio, a fábrica, as telecomunicacións e a telefonía, a agricultura e os matadoiros.

  • A ESTRADA INICIA O SEU NOVO PLAN DE EMPREGO

    O Programa Integrado para o Emprego “A Estrada Activa II 2016/2017” subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado pola Fundación Cultural de A Estrada comeza de novo, sendo o segundo ano consecutivo, despois de rematar o anterior cuns resultados moi satisfactorios.

    Vaise a traballar pola inserción laboral e o fomento de emprego no noso concello, levando a cabo diferentes actividades de información, orientación e asesoramento, formación transversal e novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a procura de emprego.

    Traballarase tanto a nivel individual como colectivo, con accións de diferente tipo:

    – Habilidades socio laborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial, emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes, formación específica para o emprego, prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico-práctico das accións formativas e mobilidade laboral.

    Durante este ano vaise apostar pola inserción laboral acompañando aos desempregados nun itinerario formativo que lles permite formalos con todas as ferramentas dispoñibles no mercado actual.

    Axudarase a todas as persoas, portadoras dunha idea de negocio, a desenvolver elevar a cabo o seu proxecto na nosa comarca a través de diferentes xornadas específicas para eles.

    Participan neste programa integrado 60 persoas desempregadas que forman parte de diferentes colectivos, a maioría son menores de 30 anos sen cualificación, pero tamén hai persoas perceptoras de RISGA, mulleres vítimas de violencia de xénero e persoas con discapacidade.

    O longo deste ano vanse impartir diferentes talleres e actividades en grupo adecuadas ao posto de traballo que queiran buscar, tales como (entre outras) formación en:

    – Prevención de riscos laborais
    – Carretilla e aparatos elevadores
    – Alfabetización informática e teleformación

    – Manipulación de alimentos
    – Técnicas de procura de emprego
    – Habilidades sociais e comunicativas
    – Información e asesoramento sobre o recoñecemento e acreditación da experiencia profesional, sobre as competencias clave, certificados de
    profesionalidade, ESO de adultos e formación profesional
    – Inglés
    – Intelixencia emocional, motivación e coaching na procura de emprego
    – Atención ao cliente e técnicas de venda
    – Xestión da calidade e mellora continua

    Ademais, algo fundamental neste Plan é a intermediación laboral e a prospección empresarial, xa que o contacto coas empresas da zona e arredores permítenos coñecer de preto as necesidades de contratación de persoal que teñan para encaixar as ofertas de emprego coas demandas.

    Deste xeito, moitos dos usuarios do Programa de Emprego teñen a opción de formar parte dos procesos selectivos e das entrevistas realizadas polos empresarios e finalmente asinar un contrato de traballo.

    Outra parte importante deste Programa Integrado de Emprego é a posibilidade que teñen as persoas participantes de realizar prácticas profesionais non laborais en empresas.

    Co Programa Integrado para o Emprego “A Estrada Activa 2016/2017” recentemente comezado xa contamos con cinco usuarios que realizaron prácticas e once altas na seguridade social, en diferentes sectores:

    – Comercio
    – Sistemas de aluminio
    – Hostalería
    – Xestión de residuos
    – Telecomunicacións
    – Comercial/venda
    – Envasado e manufacturado de alimentos
    – Gandería

  • ¿QUERES PARTICIPAR NO PRÓXIMO PLAN INTEGRADO DE EMPREGO 2016/2017?

    A Consellería de Economía, Emprego e Industria acaba de notificar a concesión dun novo Programa Integrado de Emprego á Fundación Cultural de A Estrada que comezará o vindeiro mes de setembro ata agosto de 2017, onde se traballará con 60 persoas desempregadas, unha gran parte delas menores de 30 anos sen cualificación, cun compromiso de inserción laboral do 40%.

    As persoas interesadas en participar no vindeiro Plan de Emprego que vai levar a cabo a Fundación Cultural de A Estrada teñen que estar inscritos na oficina de emprego da Estrada no epígrafe de “programas experimentais” e logo serán seleccionados a través dunha entrevista persoal ó longo do mes de setembro.

    O PIE é un programa para acadar a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego do Concello da Estrada mediante varias accións, entre outras, cabe destacar as seguintes:

    a) Información, orientación e asesoramento.
    b) Formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas.
    c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
    d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
    e) Fomento da capacidade emprendedora.
    f) Prospección empresarial.
    g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
    h) Formación específica para o emprego
    i) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico-práctico das accións formativas.
    l) Mobilidade laboral.

    Se desexas obter máis información contacta co departamento de emprego da Fundación Cultural no 986 57 09 97

  • O PLAN INTEGRADO UNHA OPORTUNIDADE PARA A FORMACIÓN E A INSERCIÓN LABORAL

    Dende o Programa Integrado para o Emprego A ESTRADA ACTIVA subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado pola Fundación Cultural da Estrada seguimos traballando pola inserción laboral coa realización de accións formativas que se programaron no cronograma do proxecto. No mes de abril levamos a cabo as seguintes accións:

    – Inglés: Continuación coas clases, tanto o nivel básico como avanzado tódalas semanas, nas cales, entre outros temas, practícanse entrevistas en inglés, conversacións telefónicas, cartas e correos electrónicos formais…

    – Clases de apoio a E.S.O. e Competencias Clave Dúas persoas pertencentes ao Plan Integrado a Estrada Activa comezaron a E.S.O. no réxime de adultos no mes de novembro. Dado que a matrícula se realizou dous meses despois de comezar as clases e que un dos usuarios ten estudos primarios se están a impartir estas clases de apoio para acadar que rematen a educación secundaria obrigatoria e se poidan presentar as competencias clave de nivel III.

    – Técnicas de procura de emprego: Taller para tódalas persoas usuarias do Programa Integrado que estaban interesadas en como procurar emprego a través da rede de internet, revisando as webs máis empregadas así como os boletíns semanais de emprego.

    – Módulo de creación de empresas: Seis sesións de traballo nas que se axudou a desenvolver un plan de negocio para unha usuaria do Plan que pretende poñer a súa empresa en marcha, aportándolle ideas e diferentes puntos de vista para o seu proxecto.

    Unha das labores fundamentais deste Programa Integrado para o Emprego é a intermediación laboral e prospección coas empresas.

    Contactouse ata a actualidade con 164 empresas, nas que imos vendo as necesidades que teñen e os perfís dos usuarios do Plan co obxectivo de encaixar a oferta coa demanda.

    Realízanse accións formativas “á carta”, dirixidas a dar unha cobertura a medida aos postos de traballo vacantes ou de nova creación.

    Faise un seguimento das ofertas de traballo e interacción cos equipos de RRHH facilitando a información e o asesoramento técnico.

    No que levamos de Programa Integrado 31 persoas incorporáronse ao mercado laboral en sectores como: panadería, peixería, carnicería, comercio, empresas de aluminio, perruquería, cociña, coidado de persoas maiores, oficinas e despachos.

    Destes trinta e un usuarios:

    -Doce realizaron un período de prácticas previamente a ser contratadas.
    -Trece, comezaron xa cun contrato de traballo e
    – Seis atoparon un traballo pola súa propia iniciativa

    Actualmente nove persoas atópanse realizando prácticas en empresas, con posibilidades reais en moitos casos de converterse en contrato laboral ao remate das mesmas.

    Dende o Concello da Estrada, xa estamos a traballar na procura dun novo Plan Integrado de Emprego.

  • DAS 85 PARTICIPANTES NO PLAN INTEGRADO DE EMPREGO DESTE ANO 53 XA ACADARON UN EMPREGO

    O Programa Integrado de Emprego A Estrada Activa III é un programa subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado pola Fundación Cultural A Estrada que se puxo en marcha o 1 de decembro de 2017 e que rematará o próximo 30 de novembro de 2018.

    O programa ten como obxectivo a inserción laboral das persoas participantes.

    Nos nove primeiros meses deste programa realizáronse diferentes actividades formativas tanto a nivel individual como colectivas. Así, ao comezo do programa realizouse un diagnóstico ocupacional de cada un dos participantes para coñecer os seus perfís profesionais e, en base a eles, axudarlles a elaborar currículums e cartas de presentación específicos para cada posto.

    Para iso desenvolvéronse sesións seguindo técnicas de coaching grupal e individual.

    As persoas participantes interesadas tamén recibiron formación básica sobre prevención de riscos laborais de 60 horas de duración. Ademais, o programa ofreceu un curso teórico-práctico de operador de carretilla, talleres de preparación de entrevistas de traballo e dinámicas grupais, clases de niveis básico e avanzado de inglés, informática e manipulador de alimentos, habilidades sociolaborais, xestión de emocións e motivación, taller de cooperativas, entre outros.

    Por outra banda, as persoas inscritas neste programa poden completar o seu CV cunha plataforma de formación en liña na que se ofertan máis de 600 cursos.

    O programa continúa coas accións individuais de todos os participantes, coa realización de visitas a empresas e co sistema de intermediación laboral levado a cabo desde a Fundación Cultural A Estrada, que permite adaptar a oferta á demanda laboral.

    Por outra banda, cabe lembrar que unha ferramenta que está a funcionar moi ben é a realización de prácticas profesionais non laborais en empresas, coa intención de que adquiran unha experiencia laboral da que as persoas participantes do PIE poden carecer e/ou para que a persoa empresaria coñeza as súas destrezas ante un posto de traballo determinado.

    No que levamos de programa, realizaron prácticas en empresas un total de 17 persoas (1 a día de hoxe) das que quedaron contratadas un total de 9.

    En canto ás insercións laborais, tras nove meses de programa alcanzouse un índice de inserción do 62,35%. Un total de 53 das 85 persoas que iniciaron este programa de emprego incorporáronse ao mercado laboral en empresas de diferentes actividades, como a limpeza, o aluminio, a hostalería, o comercio, a administración, a fábrica, as telecomunicacións e a asistencia telefónica, a gandeiría ou a alimentación, entre outros. 21 persoas usuarias traballaron por conta allea alomenos 3 meses, estando en expectativa de acadar ese período mínimo outras 8 máis en vindeiras datas.

    Cabe resaltar que 4 das persoas participantes puxeron en marcha o seu propio proxecto empresarial apoiándose no asesoramento en materia de emprendemento que se lles facilitou.

    Cando as persoas participantes amosan un interese real e, con axuda do programa, a inserción acaba sendo un feito.

  • O PLAN INTEGRADO DE EMPREGO ALCANZA UN 57,29% DE INSERCIÓN LABORAL EN TAN SÓ SETE MESES DE FUNCIONAMENTO

    O Programa Integrado de Emprego A Estrada Activa III é un programa subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado pola Fundación Cultural da Estrada que se puxo en marcha o 1 de decembro de 2017 e que rematará o próximo 30 de novembro de 2018.

    O programa ten como compromiso a inserción laboral do 31% das persoas inscritas; un obxectivo que se agarda acadar.

    Estamos, na actualidade, nas cifras semellantes ás dos anos anteriores, cando o primeiro programa pioneiro na Estrada logrou conseguir emprego a 45 dos 60 participantes no período comprendido entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de agosto de 2016, no seguinte chegouse a 51 de 60 no período
    entre o 1 de setembro de 2016 e o 31 de agosto de 2017.

    Cando as persoas participantes amosan un interese real e, con axuda do programa, a inserción acaba sendo un feito.

    Nos seus sete primeiros meses de funcionamento, o programa realizou diferentes actividades formativas tanto a nivel individual como colectivas. Así, ao comezo do programa realizouse unha diagnose ocupacional de cada unhas das persoas participantes para coñecer os seus perfís profesionais e, en base a eles, axudarlles a elaborar currículos e cartas de presentación específicos para cada posto. Para iso desenvolvéronse sesións seguindo técnicas de coaching grupal e individual.

    As persoas participantes interesadas tamén recibiron formación básica sobre prevención de riscos laborais de 60 horas de duración. Ademais, o programa ofreceu un curso teórico-práctico de operador de carretilla; talleres de preparación de entrevistas de traballo e dinámicas grupais; clases de niveis básico e avanzado de inglés; informática; manipulador de alimentos,; habilidades sociolaborais e motivación, entre outros. Por outra banda, as persoas inscritas neste programa poden completar o seu CV cunha plataforma de formación en liña na que se ofertan máis de 600 cursos.

    O programa continúa coas accións individuais de todos/as os/as participantes, coa realización de visitas a empresas e co sistema de intermediación laboral levado a cabo desde a Fundación Cultural A Estrada, que permite adaptar a oferta á demanda laboral.

    Por outra banda, cabe lembrar que unha ferramenta que está a funcionar moi ben é a realización de prácticas profesionais non laborais en empresas, coa intención de que adquiran unha experiencia laboral da que as persoas participantes do PIE carecen, para que o/a empresario/a coñeza as súas destrezas ante un posto de traballo determinado.

    No que levamos de programa, realizaron prácticas en empresas un total de 16 persoas (4 a día de hoxe) das que quedaron contratadas un total de 9.

    En canto ás insercións laborais, tras sete meses de programa alcanzouse un índice de inserción do 57,29%. Un total de 47 das 85 persoas que iniciaron este programa de emprego incorporáronse ao mercado laboral en empresas pertencentes a diferentes actividades, como a limpeza, o aluminio, a hostalería, o comercio, a administración, a fábrica, as telecomunicacións e a asistencia telefónica, a gandeiría ou a alimentación, entre outros, segundo informaron hoxe os técnicos responsables do programa.

  • O PROGRAMA INTEGRADO PARA O EMPREGO A ESTRADA ACTIVA III LOGRA UN 43% DE INSERCIÓN NO SEU PRIMEIRO SEMESTRE.

    O Programa Integrado para o Emprego A Estrada Activa III 2017-2018 chega ao seu ecuador cun índice de inserción do 43,53%. Un total de 37 das 85 persoas que iniciaron este programa de emprego están actualmente traballando en empresas pertencentes a diferentes actividades, como a limpeza, o aluminio, a hostalería, o comercio, a administración, a fábrica, as telecomunicacións e a telefonía, a agricultura ou a alimentación, entre outros, segundo informaron hoxe os técnicos responsables do programa.
    Trátase dun programa subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado pola Fundación Cultural da Estrada que se puxo en marcha o 1 de decembro de 2017 e que rematará o próximo 30 de novembro de 2018. O programa ten como compromiso a inserción laboral do 31% dos inscritos, un obxectivo que os seus técnicos de inserción, Ana María Porto Magán e Pablo Penide Requeijo prevén cumprir.

    Estamos nas cifras semellantes aos dos anos anteriores, cando o primeiro programa pioneiro na Estrada logrou conseguir emprego a 45 dos 60 participantes no período comprendido entre o 1 de setembro de 2015 e o 31 de agosto de 2016, no último chegouse a 51 de 60 no período entre o 1 de setembro de 2016 e o 31 de agosto de 2017. Cando as persoas participantes amosan un interese real e, con axuda do programa, a inserción acaba sendo un feito.

    Nos seus seis primeiros meses de funcionamento, o programa realizou diferentes actividades formativas tanto a nivel individual como colectivas. Así, ao comezo do programa realizouse un diagnóstico ocupacional de cada un dos participantes para coñecer os seus perfís profesionais e, en base a eles, axudarlles a elaborar currículums e cartas de presentación específicos para cada posto. Para iso desenvolvéronse sesións seguindo técnicas de coaching grupal e individual.

    As persoas participantes interesadas tamén recibiron formación básica sobre prevención de riscos laborais de 60 horas de duración. Ademais, o programa ofreceu un curso teórico-práctico de operador de carretilla, talleres de preparación de entrevistas de traballo e dinámicas grupais, clases de niveis básico e avanzado de inglés, informática e manipulador de alimentos. Por outra banda, os inscritos neste programa teñen á súa disposición unha plataforma de formación en liña cunha oferta de 600 cursos e recibiron información e asesoramento sobre a acreditación e recoñecemento da súa experiencia profesional e das competencias dixitais.

    O programa continúa coas accións individuais de todos os participantes, coa realización de visitas a empresas e co sistema de intermediación laboral levado a cabo desde a
    Fundación Cultural A Estrada, que permite adaptar a oferta á demanda laboral. Por outra banda, cabe lembrar que as persoas usuarias do programa teñen a posibilidade de realizar prácticas profesionais non laborais en empresas, coa intención de que adquiran unha experiencia laboral da que carecen, para que o empresario coñeza as súas destrezas ante un posto de traballo determinado, aspecto que está a resultar moi eficiente.

  • UNHA EXCELENTE FERRAMENTA PARA A INSERCIÓN LABORAL

    O Programa Integrado A Estrada Activa 2015/2016 subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado pola Fundación Cultural da Estrada nace coa intención de converterse nun referente no tratamento integrado da inserción laboral e o fomento do emprego do noso concello, abranguendo actividades de información, orientación e asesoramento,formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas,técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea,habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial, emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes, formación específica para o emprego, prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico-práctico das accións formativas e mobilidade laboral.
     
    O programa integrado desenvolvese, dentro dun plan de emprego dirixido pola Fundación que leva parexas diferentes actividades formativas para desempregados e emprendedores, de xeito que o desenvolvemento do emprego non quede soamente como unha iniciativa puntual, senón que exerza unha función verdadeiramente dinamizadora e continuada no tempo.
     
    Aposta pola inserción laboral acompañando os desempregados nun itinerario formativo que permita armalos con todas as ferramentas dispoñibles no mercado actual. 
     
    Axuda a toda persoa, portadora dunha idea de negocio, a desenvolver e levar a cabo o seu proxecto na nosa comarca través de diferentes xornadas especificas para eles.
     
    O emprendedor  pode atoparse con numerosas dúbidas ou temas ás que se enfronta por primeira vez durante o proceso de creación e posta en marcha dun proxecto empresarial.
     
    A situación de partida de cada emprendedor é tamén diferente, e pode ir dende un punto inicial no que se dispón da motivación para crear a empresa, ou xa se está a buscar a idea empresarial ou se quere realizar un plan de negocio para determinar a viabilidade técnica, comercial, económica e financeira da mesma.  Facilitar que este percorrido dende a idea ao proxecto empresarial, se realice coa maior garantía de éxito, a través da capacitación dos emprendedores, o asesoramento e o acceso a información do seu interese.
     
    O número de participantes do programa integrado é de 60 persoas que tiñan que estar inscritas como demandantes de emprego.
    Dende o remate da primeira fase de selección de participantes que finalizou o 29 de setembro do 2015 comezamos coa fase de formación e de intermediación laboral. 
     
    En canto a formación realizamos a seguintes accións colectivas:
     
    – Información e asesoramento do Plan Integrado:  Presentación das accións a realizar durante este ano 2015 e entrega do material necesario para asistir a formación e planificar a procura de emprego. Neste senso entregamos carpeta, folios, bolígrafos, lápiz con goma e axenda 2015-2016.
     
    -Formación en Orientación Laboral: Diagnóstico ocupacional. Currículo e carta de presentación. Esta formación é imprescindible ao inicio da procura activa de emprego para que cada persoa se defina profesionalmente elixindo un ou varios perfís profesionais, é dicir, saber de que vou a procurar traballo. Unha vez temos definidos o/os perfís profesionais comezamos coa realización de currículos específicos para cada posto de traballo e a realización de cartas de presentación. A metodoloxía que utilizamos para realizar esta formación e moi dinámica e participativa basada en técnicas de coaching grupal e individual.
     
    – Dúas Edicións do curso básico en Prevención de Riscos Laborais. (60h). O obxectivo desta formación é capacitar as persoas asistentes para o desempeño das funcións no nivel básico de prevención de riscos laborais que e Lei esixe a tódalas empresas coñecendo os dereitos e os deberes dos traballadores e empresarios en materia preventiva, así como a regulamentación básica aplicable nos respectivos postos de traballo.
     
    -Emprender baixo a fórmula cooperativa. Programáronse tres xornadas de cooperativismo dirixidas aos sectores de  agricultura, limpeza e coidado de persoas que se realizaron os días 18, 20 e 24 de novembro de 2015.  O obxectivo é coñecer a fórmula cooperativa , amosar as particularidades, características e vantaxes  deste modelo empresarial cos seguintes contidos: modelo cooperativo: características, recursos e ferramentas para por en marcha unha cooperativa, axudas económicas e subvencións, tipos de cooperativas, como xestionar unha cooperativa de maneira eficiente.
     
    -Alfabetización informática e teleformación.  A formación realizouse do 19 ao 23 de outubro. O obxectivo é  acadar unha formación suficiente para desenvolverse coas TIC en calquera ámbito profesional dun xeito autónomo e multidisciplinar.
    Curso práctico de xestión laboral e contratación, contabilidade e práctica contable e actualización fiscal co sofware  e  e
     
    Once dos 60 usuarios cos que traballamos teñen como obxectivo profesional traballar como administrativ@. O principal obstáculo co que se atopan é que están desactualizados en contabilidade, fiscalidade ou contratos é nóminas; para solventalo estamos a realizar talleres de 30 horas cun software de xestión moi solicitado nas ofertas de emprego A3 Asesor.
    Curso de Gesl@n ERP, ferramenta de xestión empregada en moitas empresas para de planificación de recursos empresariais  que son sistemas de información xerenciais que integran e manexan moitos negocios asociados coas operación de produción e dos aspectos de distribución  dunha compañía na produción de bens e servizos. 
     
    -INGLÉS.  O programa comeza a formación en idiomas no mes de outubro con cinco grupos, dous de nivel básico nos que contamos que ao remate do Plan Integrado de Emprego os alumnos poidan presentarse as probas para acadar o B1, un de nivel avanzado que prepara para poder pasar as probas do nivel B2, e dous grupos de inglés para administrativ@s, un de nivel básico e outro de nivel avanzado. As clases realízanse todos os sábados de nove da maná ata a unha e media na aula Cemit da Fundación Cultural.
     
    -Manipulador de alimentos, carne imprescindible e obrigatorio para traballar en calquer sector de alimentación, polo que se impartiu a vinte un participantes do Programa Integrado o xoves 19  de novembro na aula multimedia da Fundación Cultural.
     
     
    – Máster de dinamización e atención sociosanitaria en institucións xeriatricas, curso en modalidade on line para tres persoas do Plan integrado que xa teñen a titulación de Atención sociosanitaria e esta formación é complementaria para mellorar o seu currículo.
    – Formación de adultos, temos persoas do Programa que están matriculados na Educación Secundaria Obrigatoria e necesitan clases de apoio, polo que están recibindo sesión diarias de formación para reforzar o aprendido na aula.
    – Dúas edición do Curso teórico-práctico de Operador de Equipos de Traballo: a maior parte dos participantes no Programa realizou este curso, polo que fixeron falta dúas edicións, no cal obtiveron a formación específica de  Operador de Aparatos Elevadores de 6 horas e ademais 24 horas de formación en varios equipos de traballo como son as carretillas elevadoras, plataformas elevadoras móbiles de persoal, grúa autocargante sobre camión e transpaleta eléctrica; diplomas que lle van a ser validos para desempeñar o seu traballo en diferentes empresas como almacéns, supermercados, fábricas, etc.
     
    – Curso de Montador de andamios: fixemos este curso para un usuario de PIE, que sempre traballou no sector da construción e impartíuselle esta formación teórica e práctica necesaria para poder montar, desmontar andamios con eficacia e seguridade. Desta maneira ten unha certificación cada vez máis demandada polas empresas de construción e de estruturas que é obrigatoria para traballar en obra e aumentan as súas posibilidades de atopar un emprego neste sector..
    – Xornadas de solicitude da acreditación da experiencia profesional e Recoñecemento da experiencia profesional, para todas aquelas persoas participantes do Programa Integrado que cumprisen os requisitos habilitouse unha aula con ordenadores para axudarlles a solicitar a acreditación das competencias adquiridas a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais dentro do prazo establecido na orde correspondente e nas familias profesionais que saíron convocadas. Deste xeito as persoas que teñen experiencia laboral ou formación non acreditada poden acadar dunha forma sinxela parte dun título de formación profesional que lle facilitará a inserción ou continuidade no mercado laboral
     
    Aparte das acción colectivas tamén se levaron a cabo varias accións individuais con tódolos participantes encamiñadas á elaboración dun currículo vitae que é a primeira ferramenta indispensable para presentar a unha oferta de traballo ou a unha empresa, practicáronse entrevistas de traballo e xestionáronse varias ofertas de emprego tanto on line como de maneira presencial.
     
    Outra parte fundamental que se está facendo dende o Programa Integrado A Estrada Activa  é a intermediación laboral con 100 empresas que levamos visitado tanto do noso Concello como de Concellos limítrofes de diferentes sectores como pescadería, panadería, supermercados, carpinterías de aluminio, carpinterías de mobles, comercios, seguros, perruquerías, farmacias… para ver as posibles ofertas de emprego así como a posibilidade de realizar prácticas non laborais e non remuneradas co obxectivo  de que os participantes adquiran unha experiencia máis para o seu currículo e teñan a posibilidade real de traballar nunha empresa relacionada co seu fin profesional.
    Con todo isto feito ata o momento levamos 28 persoas que atoparon un traballo en sectores como:
     
    Panadería
    Perruquería
    Comercio de roupa
    Restaurante
    Empresa de electricidade
    Pescadería
    Soldador
    Centro de ocio infantil
    Supermercados
    Empresas de aluminio
    Empresas de novas tecnoloxías
     
     E 8 persoas que están no período de prácticas en empresas nos seguintes sectores: .
    Supermercado.
    Empresa de madeira.
    Panadería