Se hai unha palabra que se repite ultimamente, esa é aranceis. Moitas persoas saben que teñen moito que ver con guerras comerciais e aduanas, pero non saben exactamente en que consisten eses aranceis que están tan de actualidade.
Que son os aranceis?
Os aranceis aduaneiros son tarifas que determinan os dereitos que deben pagarse polas importacións de mercadorías. En esencia, son impostos que se aplican a bens fabricados no estranxeiro. Así, cando un produto cruza unha fronteira ten que pagar os aranceis aduaneiros que estableceu o país ao que entra.
Isto significa que as mercadorías pagan a súa entrada cada vez que acceden a un país. Tamén existen outros tipos de aranceis, por exemplo, os que se pagan a profesionais por certos servizos, como notarios ou procuradores.

OPOSITAR: GUÍA RÁPIDA
Estás pensando en OPOSITAR pero non sabes como comezar; onde buscar as convocatorias, os temarios, os prazos, cómo inscribirse…. Explicámosche como!
O goberno pon á túa disposición dentra da «CARPETA CIDADÁ» un buscador que che permitirá FILTRAR A TÚA BUSCA EN FUNCIÓN DOS TEUS INTERESES.
1) Vaite a: https://administracion.gob.es/pagFront/empleoBecas/empleo/buscadorEmpleo.htm
2) Verás que podes atopar INFORMACIÓN DIVERSA:
a) CONVOCATORIAS desglosadas por:
a.1) Administración Xeral das Estado
a.2) Comunidades Autónomas
a.3) Administración Local: Concellos de capitais de provincia: As convocatorias de Concellos recóllense só se se publican no Boletín Oficial do Estado e é esa publicación a que abre o prazo de presentación de solicitudes.
a.4) Unión Europea Postos no exterior de organismos nacionais
b) SEGUIMENTO DAS CONVOCATORIAS:
Recóllense os seguimentos das convocatorias publicados nos diarios oficiais e aqueloutros que os órganos convocantes e/o tribunais remiten a esta Subdirección Xeral de Transparencia e Atención ao Cidadán. Non se recolle o seguimento das convocatorias pertencentes á Administración Local.
c) Probas de CAPACITACIÓN PROFESIONAL:
Recóllense tamén as probas de capacitación profesional, que se convocan no ámbito da Administración Xeral do Estado e os seus organismos públicos vinculados ou dependentes, co obxecto de habilitar / facultar o exercicio de determinadas profesións, tales como: vixiantes de seguridade, xestores administrativos, profesores de autoescola, etcétera.
3) Cómo usar o BUSCADOR:
O buscador permite unha PROCURA RÁPIDA e unha PROCURA AVANZADA.
Para realizar unha procura avanzada, pulsa «mostrar máis opcións de procura».
Para volver á procura rápida, pulsa «ocultar opcións de procura».
Para realizar unha nova procura, pulsa «limpar».
En ningún dos dous tipos de procura é necesario encher ningún dos campos.
O buscador non discrimina entre maiúsculas, minúsculas ou palabras acentuadas.
Podes exportar a excel ou xml o resultado das túas procuras.
OPOSITAR AO CONCELLO DA ESTRADA
No caso da nosa administración local, tes toda a información sobre os PROCESOS SELECTIVOS que temos en marcha aquí: https://aestrada.gal/?lang=es
Tes que ir a TRÁMITES e no despregable a CONTRATACIÓN DE PERSOAL, atoparás dúas opcións:
1) PROCESOS SELECTIVOS EN PROCESO
2) PROCESOS SELECTIVOS FINALIZADOS
Desde a páxina de emprego do Concello da Estrada tamén poderás acceder á todas as convocatorias que publicamos; tanto dos nosos propios procesos selectivos como dos de outros concellos e administracións: preme en https://www.emprego.aestrada.gal/ vaite a EMPREGO, no despregable a OPOSICIÓN E CONCURSOS E PREME NO QUE CHE INTERESE. No enunciado atoparás o organismo convocante e o nome da praza a cubrir: https://www.emprego.aestrada.gal/index.php/about-us/testimonials
ONDE ATOPAR A LEXISLACIÓN PARA FACER OS TEMARIOS:
Se entras no BOE, poderás obter toda a documentación e lexislación que precisas para elaborar os teus propios temas.
1) Vai a: https://www.boe.es/
2) TODO EL DERECHO- LEGISLACIÓN
3) Preme en LEGISLACIÓN CONSOLIDADA. Deste xeito estarás seguro/a de que a lexislación que estás a ver é a última; con todas as modificación que puidesen haber tido lugar

COMO PRESENTAR O DAR PARA RENOVAR O SUBSIDIO POR DESEMPREGO PARA PERSOAS MAIORES DE 52 ANOS
QUERES SER PROVEEDOR DA FUNDACIÓN ACCIÓN CONTRA A FAME NO DESENVOLVEMENTO DOS SEUS PROXECTOS (AGORA TAMÉN NA ESTRADA)
Se queres ser proveedor da Fundación Acción Contra el Hambre segue lendo;
Desde Acción contra a fame en España tense intención de asinar Acordos Marcos con diversos provedores para a subministración de servizos de consultoría, asesoramento e formación para o fomento da empregabilidade das persoas participantes dos programas Vives Emprega Saudable, Vives Aprende e Itinerarios Individualizados, especificamente nos seguintes ámbitos:
Orientación Sociolaboral e Procura Activa de Emprego
Competencias transversais
Hábitos de vida saudable
Formación técnica de calidade
As propostas completas deben enviarse por email coa referencia seguinte no asunto do mail: “PROPOSTA POOL_Nome da persoa/empresa” ás persoas indicadas nos Termos de Referencia.
As propostas deben incluír os seguintes documentos:
Formato de presentación de candidatura
Anexo de Regulación de Boas Prácticas
Anexo Cuestionario RSC (Só para empresas)
Cuestionario avaliación de tratamento de datos
Copia do modelo 036 de declaración censual de alta, ou modelo 037 no seu caso
Preme da seguinte ligazón para descargar os modelos: https://accioncontraelhambre.org/es/licitaciones-tenders-appel-doffres
O límite de recepción de propostas será non máis tarde do 15 de xaneiro de 2025 ás 23:59
Tes toda a información sobre os pasos a seguir aquí: https://accioncontraelhambre.org/es/licitaciones-tenders-appel-doffres

COÑECES TODOS OS SERVIZOS QUE O CONCELLO DA ESTRADA CHE BRINDA SE ESTÁS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO?
Desde o Concello da Estrada non deixamos de traballar en prestar á nosa veciñanza a maior cantidade de servizos aos que acudir cando unha persoa se atopa en situación de desemprego. Deste xeito, ademáis dos servizos que prestamos directamente desde a nosa administración, temos asinados varios convenios de colaboración con outras entidades para botarche unha man; pasamos a recordarchos!!!
1) DEPARTAMENTO DE EMPREGO MUNICIPAL:
– Recibirás asesoramento en todo o que ten que ver co teu CURRÍCULO; preparación de entrevista; rexistro en portais de emprego…
– Asesoramento en materia de AUTOEMPREGO; trámites administrativos, axudas, e recursos dispoñibles
– Información sobre AXUDAS E SUBSIDIOS
– Tramitación do IMGRESO MÍNIMO VITAL
– Xestión de citas con outras administracións
– Tramitación de BOLSAS
CONTACTO: 986 677 740
2) ORIENTADOR LABORAL MUNICIPAL:
– Podes ser derivado/a polo Servizo Galego xe Emprego ou ser atendido sen necesidade de derivación.
– Recibirás asesoramento en todo o que ten que ver co teu CURRÍCULO
– Asesoramento nas INSCRICIÓNS DAS LISTAXES LABORAIS DA XUNTA DE GALICIA
– Asesoramento en COMPETENCIAS CLAVE
– Intermediación laboral e acompañamento
CONTACTO: 986 677 788
3) FUNDACIÓN INSERTA- ONCE:
O Concello da Estrada ten asinado un convenio de colaboración en virtude do cal, todos os martes poderás acollerte a este servizo, tanto se estás empadroado/a na Estrada coma se non.
O único requisito é ter unha discapacidade ou incapacidade.
Para pedir esta cita, as persoas interesadas poden facelo a través de varias canles:
a) A través do departamento de emprego do Concello da Estrada, chamando ao teléfono 986 677 740
b) Chamando á Fundación Inserta- Once, no 981 554 483
c) A través do portal de inserta: https://www.portalento.es/
4) ASOCIACIÓN AMICOS:
O Concello da Estrada ten asinado un convenio de colaboración en virtude do cal te podes beneficiar dos servizos de asesoramento que prestan na Estrada todos os días. Teñen un técnico especilizado que te atenderá nas oficinas do viveiro de empresas.
O único requisito é ter unha discapacidade ou incapacidade.
CONTACTO: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
674 073 048 / 981 865 716

COMO RENOVAR A ALTA A DEMANDA DE EMPREGO SEN NECESIDADE DE ACUDIR DE MANEIRA PRESENCIAL A UNHA OFICINA
Se queres RENOVAR A TÚA ALTA COMO DEMANDANTE DE EMPREGO, non é preciso acudir de maneira presencial á oficina, salvo que, QUEIRAS ACTUALIZAR OS DATOS DO TEU CURRÍCULO, o cal é moi recomendable.
Para darte novamente de altas; tes que:
1) ENTRAR EMPREGO GALICIA: https://emprego.xunta.gal/portal/es/21-quen-somos/quienes-somos-sp/362-oficina-virtual-acceso-con-usuario-es.html
2) ENTRAR NA SÚA OFICINA VIRTUAL: https://emprego.xunta.gal/openampro/UI/Login?goto=https://emprego.xunta.gal/ofivir/group/speg_inicio/home
3) Se non tes ou non lembras os teus datos de indentificación, preme en: «OLVIDASTE TU CONTRASEÑA?»
4) Introduce o teu CORREO ELECTRÓNICO e con iso xa poderías activar a demanda.
Lembra!!! Para poder solicitar a PRESTACIÓN POR DESEMPREGO, é preciso que antes realices a inscrición como demandante de emprego.

COMO SOLICITAR A TARXETA SANITARIA EUROPEA

COMO SOLICITAR A TARXETA SANITARIA EUROPEA (2)

RENDA DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA: RISGA (2)
A renda de inclusión social de Galicia é unha prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, así como a acadar progresivamente a súa autonomía e integración social e laboral, mediante o dereito e o deber de participar en procesos personalizados de inserción con apoio técnico e financeiro do Sistema galego de servizos sociais e do Sistema público de emprego de Galicia.
A renda de inclusión social de Galicia, en canto prestación económica, terá carácter alimenticio, persoal e non transmisible, e non poderá ser obxecto de embargo ou retención nin darse en garantía de obrigas.
Os proxectos de integración social estarán orientados ao logro da mellora persoal e social da persoa perceptora da RISGA e das que integran a unidade de convivencia, así como á súa autonomía, participación e integración normalizada no seu ámbito social, e articularanse por medio de accións concretas que incidan na mellora das condicións básicas de vida, coidado persoal, hixiene do fogar e da vivenda, coidado e atención a posibles convivintes con calquera tipo de discapacidade e seguimento de aspectos básicos de saúde.
REQUISITOS:
Poderán ser beneficiarias da renda de inclusión social de Galicia as persoas que, tecnicamente valoradas, se atopen en situación ou risco de exclusión social, das que se verifique a ausencia ou déficit grave de recursos económicos e a situación de desemprego, así como a concorrencia dalgún dos factores de exclusión seguintes, cando esa condición supoña especial dificultade de integración social ou laboral:
- Estar nunha situación de cargas familiares non compartidas
- Estar en proceso de rehabilitación social, como resultado dun programa de deshabituación de sustancias aditivas ou de calquera outra adición que produza efectos persoais e sociais de natureza semellante
- Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero
- Ser unha persoa vítima de violencia doméstica
- Ter unha discapacidade valorada superior ao 33 %
- Ser inmigrante ou emigrante retornado
- Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores
- Proceder de cumprimento de pena nunha institución penitenciaria
- Ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda
- Pertencer a unha minoría étnica
- Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitución ou ser vítima de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas
- Ter a condición de persoa transexual ou estar en proceso de reasignación sexual
- Calquera outro factor non previsto expresamente que, ponderado polos servizos sociais comunitarios no contexto persoal, familiar e social da persoa, condicione negativa e gravemente a súa inclusión social e laboral.
Sen prexuízo do disposto nos puntos anteriores, poderanse valorar como persoas en situación de risco de exclusión social e, en consecuencia, incorporarse ás prestacións económicas reguladas nesta lei e ao resto de medidas positivas de apoio aquelas persoas nas que concorran factores de exclusión sinalados que obteñan ingresos derivados da súa actividade laboral que sexan inferiores ao importe da suma do ingreso mínimo máis os complementos familiares que lles correspondería percibir en concepto de tramo persoal e familiar da renda de inclusión social de Galicia, sempre e cando reúnan o resto dos requisitos establecidos nesta lei para o acceso ás prestacións económicas reguladas nela.
Ademais deben reunir os seguintes requisitos:
- Ter residencia efectiva e constatada polos servizos sociais comunitarios responsables de desenvolver as accións que se deseñen no correspondente proxecto de integración social e estar empadroado ou empadroada en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma galega, polo menos durante os seis meses anteriores á presentación da solicitude de valoración. Computaranse para estes efectos os períodos de empadroamento sucesivo en distintos concellos galegos.
- Ter residencia legal.
- Ter máis de 25 anos.
- Dispor na unidade de convivencia de ingresos inferiores ao importe do tramo persoal e familiar que lle correspondería e, ademais, non dispor de bens patrimoniais dos cales se deduza a existencia de medios suficientes para a subsistencia.
- Que non existan persoas legalmente obrigadas e con posibilidade real de lles prestar alimentos de acordo coa lexislación civil.
ONDE SOLCITAR A RISGA?
1.- A través dos Servizos sociais comunitarios básicos do concello de residencia. No caso da Estrada podes pedir cita para ser atendido/a polo traballador social que che corresponda, chamando aos teléfonos: 986 677 691 ou 986 677 696. Tamén podes solicitar a cita de maneira presencial.
2.-Podes facelo ti mesmo/a presentando a solicitude perante a Xefatura territorial da Consellería de Política Social da provincia de residencia
ACCESO DIRECTO Á SOLICITUDE: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS626F
Podes presentala telemáticamente ou en papel a través do rexistro.
DOCUMENTACIÓN QUE PRECISAS APORTAR:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS626F
NOTA IMPORTANTE: Podes realizar a SOLICITUDE DA RISGA E O IMV á vez, se ben no caso de que che concedan ambas tes que renunciar obrigatoriamente a unha delas.

COÑECES A APP DA XUNTA DE GALICIA, XUNTAEU? (2)
-
Título de familia numerosa
-
Título individual de familia numerosa
-
Carné Xove
-
Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
-
Carné profesional de operador/a de guindastre torre
-
Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado – categoría A
-
Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado – categoría B
-
Tarxeta acreditativa do grao de discapacidade
-
Tarxeta para licenzas de pesca de recreo en superficie
-
Tarxeta para licenzas de pesca de recreo submarina
-
Tarxeta para licenzas de pesca marítima de recreo en embarcacións
Estas tarxetas/carnés dispoñen dun QR para permitir a súa validación por parte de terceiros.
As tarxetas tamén se poden descargar en formato PKPASS para a súa utilización desde outras aplicacións compatibles. Ao premer sobre unha tarxeta mostrase o seu detalle, con información relevante desta e un código QR.
Para poder acceder aos contidos que a APP che facilita precisas ter algún medio de identificación telemática, podes facelo a través de:
– CHAVE 365
– DNI-E (para os móbiles Android)
– CERTIFICADO DIXITAL
Desde a APP tamén poderás realizar un trámite que se presenta moitas veces e é: RECUPERAR O TEU CONTRASINAL DA CHAVE 365 cando o esqueciches!
Para descargar a APP, debes ir á Play Store do teu dispositivo mobil e buscar: XuntaEU, descargar a aplicación e desfrutar de todas as vantaxes que che ofrece.