Sección: Obxectivos

  • Cales Son Os Nosos Obxectivos?

    Cales Son Os Nosos Obxectivos?

    Obxectivos do Viveiro

    Obxectivos xerais

    • Contribuír ao nacemento, arranque e consolidación de novas empresas.
    • Favorecer a xeración de postos de traballo.
    • Promover a diversificación da estrutura produtiva local, favorecendo a instalación de empresas de carácter innovador.
    • Crear un medio idóneo —en condicións de prezos e servizos— que permita ás iniciativas empresariais desenvolver o seu Plan de Empresa para que, cun tempo de estancia limitado, estean en situación de competir e actuar en condicións do mercado.
    • Ser un instrumento de apoio eficaz para aquelas iniciativas empresariais que non precisan dun gran espazo físico, pero si da infraestrutura, a loxística e os servizos que oferta o Viveiro.
    • Contribuír ao desenvolvemento e á dinamización do Concello da Estrada e das instalacións do Novo Mercado.

    Obxectivos específicos

    • Programar visitas preliminares ás instalacións do Viveiro con potenciais emprendedores para coñecer as súas suxestións, aportacións e necesidades.
    • Acadar a plena ocupación da totalidade dos espazos e oficinas ofertados polo Viveiro de Empresas.
    • Realizar alomenos unha acción formativa anual sobre emprendemento e unha charla nos centros educativos do municipio.
    • Definir un modelo de autoxestión que permita xerar sinerxias con entidades como ACE, ACOE, IGAPE, Fundación Incyde ou Cámaras de Comercio.
    • Establecer unha programación formativa estable para orientar, asesorar, apoiar e motivar aos emprendedores.