Actividades

Actividades

Conscientes da importancia de fomentar unha actitude positiva cara ao autoemprego e o mundo do emprendemento, estrutúrase o traballo en tres fases de actividade para acadar a ocupación total dos espazos ofertados no Viveiro.

1. Fase previa (de creación)

Comeza co desenvolvemento das primeiras actividades de formación e divulgación e remata coa posta en marcha do proceso de selección e admisión dos primeiros «viveiristas».

  • Imaxe corporativa: Estandarización e implementación en todos os soportes, sinalética do edificio e comunicacións.
  • Gabinete de comunicación: Divulgación da oferta de servizos nos medios de ámbito local.
  • Conferencias e micro-obradoiros: Organización de charlas sobre emprendemento para persoas potencialmente interesadas.
  • Visita guiada: Xornada de portas abertas para que os potenciais usuarios coñezan as instalacións e servizos.
  • Xornadas de dinamización económica: Formación sobre novas oportunidades de negocio, con profesionais do IGAPE e do sector privado. Orientada a emprendedores, empresas e alumnado de secundaria e FP.
  • Enquisa sobre actitude emprendedora: Estudo entre xuventude, estudantes de secundaria, FP e universitarios para adaptar a oferta á demanda.
  • Campaña publicitaria: Difusión en medios impresos, audiovisuais e dixitais para dar a coñecer o Viveiro.

2. Fase operativa (de funcionamento)

Comeza coa ocupación do Viveiro por parte das empresas seleccionadas. As actividades teñen como finalidade divulgar a actividade e acadar a ocupación plena dos espazos.

  • Gabinete de comunicación: Comunicación da resolución do proceso de selección, presentación das empresas, fitos de xestión e balances de emprego xerado.
  • Inauguración formal: Evento para darlle visibilidade ás empresas e aos seus obxectivos comerciais.
  • Páxina web: Informar das condicións de acceso, dar a coñecer a oferta de espazos e servizos, e promocionar a actividade comercial dos viveiristas.
  • Servizos de información, formación e asesoramento continuo para os viveiristas.

3. Fase de impulso (de dinamización)

Comeza ao mesmo tempo que a fase operativa. Actividades a medio e longo prazo (1 a 3 anos) para conseguir a rotación de empresas no Viveiro.

  • Gabinete de prensa: Mantemento continuo do labor de comunicación.
  • Escola Municipal de Emprendedores: Formación presencial para emprendedores con idea de negocio. Obxectivos: instruír para elaborar un plan de negocio realista e reforzar o coñecemento da iniciativa empresarial para minimizar o risco.
  • Premio ao Emprendemento na Estrada: Contribuír á dinamización do emprendemento apoiando e dándolle visibilidade e recoñecemento público ás empresas locais de nova creación con proxectos innovadores, sostibles e con potencial de mercado.