Sección: Outras axudas e subvencións

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AS AXUDAS: NOVA OPORTUNIDADE AUTÓNOMOS/AS

    CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

    ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR790A).

  • CONVOCATORIA DAS AXUDAS DESTINADAS Á PROMOCIÓN DO EMPREGO (A COÑECIDA COMO AXUDA DE AUTÓNOMOS/AS) (2)

    CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

    ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a promoción do emprego autónomo en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 e se procede a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR341D).

    A finalidade deste programa é a concesión de 2 liñas de axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo e mantemento da súa actividade laboral.

    Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e os gastos de mantemento da actividade, que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 30 de setembro de 2023 ata o 29 de setembro de 2024, ambos inclusive.

    Establécense 2 liñas de axudas:

    a) Liña 1: unha axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma.

    b) Liña 2: unha axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses da contía da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38.ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.

    Persoas beneficiarias e requisitos

    1. Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre o 30 de setembro de 2023 e o 29 de setembro de 2024, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as seguintes condicións:

    1.1. Para a liña 1:

    a) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, no momento da alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.

    b) Ter iniciada a actividade segundo definición do artigo 6.3 con anterioridade á presentación da solicitude da subvención, e non ter ningunha alta anterior como persoa traballadora autónoma nos tres anos inmediatamente anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

    c) Atoparse de alta no imposto de actividades económicas.

    d) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).

    e) Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade a solicitude da axuda.

    Documentación complementaria

    1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

    1.1. Para a liña 1:

    a) Alta definitiva no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria (modelo 036 ou 037).

    b) De ser o caso, certificado do colexio profesional de alta no dito colexio, con indicación de se presupón ou non exercicio da actividade e certificado da mutualidade do colexio profesional con indicación dos períodos de alta nela.

    c) Documentación acreditativa do colectivo polo cal se opta (para os casos de exclusión social, discapacidade ou dependencia recoñecida fóra de Galicia).

    d) Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa solicitante e, ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vínculo con esta, no caso de solicitar o incremento de persoa emigrante retornada.

    e) Certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado.

    f) No caso de que as persoas polas que se solicita a subvención teñan a condición de trans, documentación que xustifique ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.

    g) Cando se actúe mediante representación, acreditación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna. Quedan excepcionadas da dita presentación as persoas inscritas no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia que garantan representación para este procedemento.

    h) Contrato ou documento de creación da comunidade de bens, sociedade civil ou entidades sen personalidade xurídica onde conste a porcentaxe de participación das persoas socias ou comuneiros, se é o caso.

    1.2. Para a liña 2:

    a) Ser persoa autónoma beneficiaria da cota reducida regulada no punto 1 do artigo 38.ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo, no momento de presentación da solicitude.

    b) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, no momento da alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.

    c) Ter iniciada a actividade segundo definición do artigo 6.3 con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.

    d) Atoparse de alta no imposto de actividades económicas.

    e) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).

    f) Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade a solicitude da axuda.

    1.2. Para a liña 2:

    Ademais da documentación recollida no punto anterior (1.1, letra a) e letra g):

    a) Acreditación de ser persoa beneficiaria da cota reducida prevista no pagamento das cotas das persoas traballadoras por conta propia regulada no punto 1 artigo 38.ter da Lei 20/2007, do 11 de xullo (boletín de cotización ou calquera outro documento que acredite ser persoa beneficiaria da citada cota reducida).

    2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente polo persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán acadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

    2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.

    MOI IMPORTANTE: PODES PEDIR AS DÚAS LINAS DE AXUDA

    As solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

    O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo iníciase o día 16 de xaneiro de 2024 e remata o 30 de setembro de 2024.

    ACCESO DIRECTO AO PROCEDEMENTO: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341D&ano=2024&numpub=1&lang=gl

    INFORMACIÓN COMPLETA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240109/AnuncioG0656-291223-0004_gl.html

    Se precisas axuda para a súa tramitación desde o departamento de emprego do Concello da Estrada, botámosche unha man, podes pasarte polas nosas oficinas sen necesidade de cita previa ou contactarnos no teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 horas.

    E se queres recibir máis información podes contactar coa  Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Pontevedra (Vigo)

    Rúa Concepción Arenal, nº 8 – 2º

    36201  Vigo  (Pontevedra)

    Teléfono: 986817695/ 986817034/ 986817212

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA FINANCIAR ACTIVIDADES DAS CONFEDERACIÓNS E FEDERACIÓNS DE NAIS E PAIS DO ALUMNADO DE CENTROS DE EDUCACIÓN ESPECIAL

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

    ORDE do 21 de febreiro de 2024 pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2024 (código de procedemento ED507A).

    Requisitos

    Poderán solicitar estas axudas as federacións e confederacións de nais e pais do alumnado, así como as asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial que, con anterioridade á data de remate do prazo de presentación de solicitudes, estean inscritas no censo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240304/AnuncioG0655-220224-0001_gl.pdf

  • DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA A OITAVA EDICIÓN DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE, ANO 2024

    BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DA OITAVA EDICIÓN DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE, ANO 2024

     Poderán optar a estes premios as persoas físicas e xurídicas que cumpran os seguintes requisitos, segundo a categoría do premio na que participen:

    a) Categorías 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10

    Están dirixidas a mozas e mozos con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos na data de presentación de solicitudes que estean empadroados en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.

    b) Categoría 1, proxectos de agrupacións estudantís

    Está dirixida a persoas físicas, mozas e mozos de entre 16 e 35 anos na data de presentación de solicitudes, que estean empadroados nalgún concello da provincia de Pontevedra, así como a algunha das seguintes clases de persoas xurídicas:

    • Agrupacións estudantís

    — Que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro de entidades correspondente.

    — Que teñan a súa sede social nalgún concello da provincia de Pontevedra.

    — Nas que polo menos un 75 % das persoas da entidade que desenvolva o proxecto social sexan persoas físicas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos.

    • Centros educativos de carácter público nos que o alumnado teña entre 12 e 18 anos.

    c) Categoría 2, iniciativa empresarial. Está dirixida a:

    • Persoas físicas

    — Mozas e mozos de entre 16 e 35 anos na data de presentación de solicitudes que estean empadroados en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra.

    — Que estean dadas de alta no Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos (RETA), cunha antigüidade mínima dun mes antes da data de publicación destas bases.

     Persoas xurídicas

    — Que teñan a sede social na provincia de Pontevedra.

    — Nas que polo menos o 75 % dos membros da xunta directiva ou das administradoras e/ou administradores sexan persoas físicas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos.

    — Que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro público correspondente.

    — Cuxo proxecto leve en funcionamento polo menos un mes no momento da convocatoria destes premios.

    d) Na categoría 3, educación en valores, unicamente poden participar:

    — Centros públicos de educación secundaria da provincia de Pontevedra en cuxos proxectos participen alumnas e alumnos de entre 12 e 18 anos.

    e) Na categoría 6, no caso de que se trate dun grupo musical:

    — Que as persoas que o integren teñan idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos (admitirase a inscrición de grupos nos que polo menos o 75 % dos seus membros cumpra este requisito).

    — Que polo menos o 75 % das persoas que o integren estean empadroadas na provincia de Pontevedra.

    f) Na categoría 11, reacción polo clima:

    • Persoas físicas: mozas e mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos na data de presentación de solicitudes que estean empadroados nalgún concello da provincia de Pontevedra.

     Persoas xurídicas

    — Entidades de iniciativa social legalmente constituídas e inscritas no rexistro de entidades correspondente, con sede social na provincia de Pontevedra, nas que polo menos un 75 % dos membros da entidade que desenvolva o proxecto social sexan persoas físicas de entre 16 e 35 anos.

    — Centros de educación secundaria da provincia de Pontevedra en cuxos proxectos participen alumnas e alumnos de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos.

    O prazo de presentación das solicitudes e da documentación complementaria será de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) e do seu extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

    5.2. As persoas interesadas en participar deberán preinscribirse, preferiblemente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

    https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/02/26/2024011840

  • SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA DAS PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS, E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2024

    Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

    1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.

    2. Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

    Requisitos

    1. Todas as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

    a) Acreditar a condición de persoa beneficiaria de acordo co disposto no artigo 3.

    b) Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.

    c) Ter residido no estranxeiro e que a data do retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2022, incluído.

    d) Estar de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesional, en todo caso, con anterioridade á presentación da solicitude.

    e) Residir e exercer a súa actividade empresarial ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 o 037).

    f) Ter o domicilio fiscal en Galicia. No caso de que a actividade se realice a través dunha empresa, este requisito referirase ao domicilio fiscal desta.

    g) Non ter sido beneficiaria desta axuda ao abeiro de anteriores convocatorias.

    h) Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    2. Quedan excluídos os autónomos colaboradores.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2024.

    Ligazóns:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240202/AnuncioC3B0-291223-0005_gl.html

    https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR937A

  • BASES REGULADORAS PARA A PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA E A FORMACIÓN DE PERSOAS ASALARIADAS, E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2024

    A finalidade do programa é favorecer a creación de novos empregos estables e contribuír ao crecemento de pequenas unidades produtivas con potencialidade para a creación de emprego, a través da concesión dunha contía fixa que contribúa a que as persoas autónomas fagan fronte á contratación de persoas traballadoras.

    Este programa inclúe dous tipos de axudas compatibles entre si:

    1. Bono de contratación, cuxas particularidades se recollen no capítulo II desta orde, e por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

    2. Bono de formación (opcional), cuxas particularidades se recollen no capítulo III desta orde, e por medio do cal se proporcionará unha subvención ás persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, para que leven a cabo accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio desta orde, co obxecto de mellorar os seus coñecementos e as habilidades relacionadas co posto de traballo.

    O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día 5 de febreiro de 2024 e rematará o 29 de setembro de 2024.

    Ligazóns: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240129/AnuncioG0656-030124-0007_gl.html

    https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR349F

  • AXUDAS PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIÓN CLASES B, C E D Á MOCIDADE GALEGA E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2024 (2)

    Persoas destinatarias e requisitos. Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:

    1. Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.
    2. Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
    3. Non estar traballando por conta propia nin allea.
    4. Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.

    As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B; de 650 euros para o permiso de clase C, e de 1.300 euros para o permiso de clase D.

    O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG e estará aberto ata o día 30 de setembro de 2024, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario disponible.

    As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

    1. Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido. Esta xustificación debe conter a data de obtención do permiso, que debe estar no intervalo recollido no artigo 5.d).
    2. O/s certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima exixida no artigo 5, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.

    Xustificación

    1. As persoas beneficiarias deberán achegar, no prazo de 10 días hábiles contados a partir da notificación da resolución, a seguinte documentación:
    • a) A declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes (anexo III).
    • b) As certificacións de estar ao día das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, só no caso de que se opuxesen expresamente á súa consulta automática no trámite de solicitude.

           2. A xustificación da suma a prezo global establecida no artigo 3 realizarase en función da xustificación da obtención do/s permiso/s de condución obxecto da solicitude, que se exixe como requisito das persoas solicitantes no artigo 5.d).

    Ligazóns: 

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240123/AnuncioG0657-030124-0001_gl.html

    https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS321A

     

    Se precisas máis información ou axuda para a súa tramitación podes pasarte polo departamento de emprego do Concello da Estrada sen necesidade de cita previa, ou chamarnos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.0 a 14.00 horas.

     

    Información sobre a convocatoria. Axudas permisos de conducir clases B, C e D

    Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

    Edificio Administrativo San Lázaro

    15781 Santiago de Compostela

    Teléfonos: 881 99 90 25, 881 99 93 14, 981 54 52 93

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

    Centro Coordinador de Información Xuvenil

    Rúa de Ramón Piñeiro, 17-19

    15701 Santiago de Compostela
    Teléfonos: 881 99 76 05, 881 99 76 06, 881 99 76 08,
    881 99 76 07

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

    Xefatura Territorial da Coruña. Consellería de Política Social e Xuventude. Servizo de Xuventude e Voluntariado

    Espazo Amizar, r/ Gregorio Hernández, 2-4

    15011 A Coruña

    Teléfonos: 881 88 12 38, 881 88 12 40

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

    Xefatura Territorial de Lugo. Consellería de Política Social e Xuventude. Servizo de Xuventude e Voluntariado

    Rolda da Muralla, 70

    27071 Lugo

    Teléfonos: 982 29 42 24, 982 29 45 99, 982 29 49 23

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

    Xefatura Territorial de Ourense. Consellería de Política Social e Xuventude. Servizo de Xuventude e Voluntariado

    Celso Emilio Ferreiro, 27

    32004 Ourense

    Teléfonos: 988 38 61 17, 988 38 61 18

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

    Xefatura Territorial de Vigo. Consellería de Política Social e Xuventude. Servizo de Xuventude e Voluntariado

    Praza da Estrela, s/n, 1º andar,

    36201 Vigo

    Teléfonos: 986 81 70 78, 986 81 70 79, 986 81 72 98

    Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

  • AXUDAS DESTINADAS Á MELLORA DAS ESTRUTURAS DE PRODUCIÓN DAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS, NO MARCO DO PLAN ESTRATÉXICO DA POLÍTICA AGRARIA COMÚN DE ESPAÑA 2023-2027

     

    O prazo de presentación de solicitudes será de 2 meses, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

    1. MR404A Establecemento de persoas agricultoras mozas.
    2. MR404B Establecemento de novos agricultores. 
    3. MR405D Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Explotacións agrarias.
    4. MR405E Axudas a investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais. Pequenas explotacións.
    5. MR405F Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Explotacións agrarias.
    6. MR405G Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Pequenas explotacións.

    Ligazóns: 

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240122/AnuncioG0426-020124-0005_gl.html

    https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR404A

    https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR405B