Sección: Outras axudas e subvencións

  • INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO CONVOCA AXUDAS ÁS COMUNIDADES DE PROPIETARIOS/AS PARA A REPARACIÓN, REHABILITACIÓN E OU ADAPTACIÓN DOS EDIFICIOS DE VIVENDAS PROTEXIDAS

    INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

    RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos por este instituto, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento VI420A).

    Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán o procedemento de concesión das subvencións para a reparación, a rehabilitación e/ou adaptación dos edificios da vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), as cales se tramitarán co código de procedemento VI420A.

    Entidades beneficiarias

    1. Poderán ter a condición de entidades beneficiarias destas subvencións as comunidades de propietarios/as ou agrupacións de comunidades dos edificios de vivendas que estean recollidos no ámbito de aplicación, sempre que non recibisen outra axuda do IGVS para a realización de obras do mesmo concepto nos dez anos inmediatamente anteriores ao da convocatoria correspondente e, ademais, cumpran cos seguintes requisitos:

    a) Que o seu edificio reúna as necesarias condicións de seguridade estrutural. De non ser o caso, a entidade solicitante deberá acreditar a realización simultánea das obras que garantan que o edificio terá as condicións necesarias de seguridade estrutural.

    b) Que non estean incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da LSG.

    c) Que sexan seleccionadas conforme a prelación realizada en aplicación do baremo de criterios de valoración previstos nesta resolución e conforme a disposición orzamentaria existente.

    2. As persoas integrantes da entidade beneficiaria que participen no custo das obras subvencionables terán consideración de perceptoras desta axuda na mesma proporción que a cota de participación establecida para o custo.

    Actuacións subvencionables

    1. Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas obras destinadas á reparación, rehabilitación e/ou adaptación dos edificios incluídos no ámbito de aplicación desta resolución que comprendan todas ou algunhas das seguintes actuacións:

    a) Adecuación das condicións de seguridade: obras que proporcionen ao edificio condicións de seguridade estrutural ou construtiva, de xeito que garantan a súa estabilidade, resistencia e solidez, seguridade contra incendios, así como obras de seguridade fronte a accidentes ou sinistros.

    b) Adecuación das condicións de habitabilidade: obras que proporcionen ao edificio estanquidade fronte á choiva e á humidade, illamento térmico e acústico, ou mellora das instalacións de calefacción.

    c) Adecuación funcional: obras que proporcionen ao edificio mellora dos accesos aos servizos xerais de auga, gas, electricidade, telefonía, saneamento, etc., así como a adecuación destas obras á correspondente normativa.

    d) Adecuación das condicións de accesibilidade: obras de supresión de barreiras arquitectónicas, tales como instalación de ascensores, ramplas, ou outros dispositivos de accesibilidade, incluíndo os adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial.

    2. Estas actuacións deberán axustarse á normativa técnica aplicable vixente no momento da súa execución.

    3. As actuacións subvencionables poderán estar iniciadas no momento de solicitar esta subvención, pero non poderán estar finalizadas.

    4. Non serán subvencionables as actuacións que teñan a totalidade dos custos pagados a data da presentación da solicitude.

    O prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria será de tres meses, contados desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día é inhábil, entenderase prorrogado o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240402/AnuncioC3Q2-190324-0002_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS Á NOVA PARTICIPACIÓN DE AGRICULTORES/AS EN RÉXIMES DE CALIDADE (FONDOS EUROPEOS)

    AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

    RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR362A).

    Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias, que cumpran a condición de agricultor/a activo/a conforme o establecido no artigo 9 do Regulamento (UE) núm. 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e no capítulo I do título II do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, e que participen por primeira vez nalgún dos réximes de calidade dos produtos agroalimentarios definidos na letra b) do artigo 2 e recollidos no PDR de Galicia 2014-2020. En todo caso, a data da alta no réxime de calidade ten que ser posterior ao 18 de novembro de 2015, data de aprobación do PDR de Galicia 2014-2020 e anterior á data límite do período subvencionable que se defina en cada convocatoria.

    No caso do programa de calidade relativo á produción ecolóxica, tamén terá a consideración de nova participación aquela que se refira a agricultores/as que, tendo previamente actividade no dito programa, inicien a actividade de produción ecolóxica con destino ao mercado en relación a algunha nova orientación produtiva. En todo caso, esta nova orientación produtiva debe ter unha dimensión económica suficiente para superar a consideración de actividade de autoconsumo. Para estes efectos, no anexo III da resolución recóllense, para distintas orientacións produtivas, os valores que se deben superar para considerar que a actividade ten vocación comercial, e polo tanto está por riba dos valores do mero autoconsumo.

    Gastos subvencionables e contía das axudas

    1. Serán subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade e a cota anual de participación no dito réxime, incluídos, de ser o caso, os custos dos controis necesarios para comprobar o cumprimento dos requisitos do réxime. Non se considerarán subvencionables os custos internos ou de autocontrol. No caso das persoas beneficiarias por comezaren nunha nova orientación produtiva dentro da produción ecolóxica, os gastos deberán estar relacionados con esa nova orientación produtiva.

    2. A contía da axuda será do 100 % dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos.

    3. Non se tramitarán expedientes cuxa contía non supere os 50 €.

    O prazo para a presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 27 de maio de 2024.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240327/AnuncioG0528-180324-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A REESTRUTURACIÓN E RECONVERSIÓN DA VIÑA EN GALICIA

    CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

    ORDE do 22 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR446A).

    Obxecto, ámbito de aplicación e finalidade

    1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia (procedemento administrativo MR446A) e realizar a súa convocatoria para o ano 2024 en réxime de concorrencia competitiva, conforme a requisitos e condicións establecidos para esta intervención nas disposicións xerais do ámbito comunitario, estatal e autonómico e, en particular, no Real decreto 905/2022, do 25 de outubro, polo que se regula a Intervención sectorial vitivinícola no marco do Plan estratéxico da política agrícola común e as súas modificacións.

    2. O apoio para esta intervención aplicarase ás viñas da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións de vide para calquera das superficies de viña da súa explotación.

    3. A dita intervención ten como finalidade incrementar a competitividade das explotacións vitícolas, adaptar o cultivo do viñedo ao cambio climático e facelo ambientalmente máis sustentable.

    Requisitos de admisibilidade

    1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas viticultoras e futuras viticultoras cuxos viñedos se destinen á produción de uva para vinificación e que cumpran coa normativa vixente en materia de plantacións de viñedo, para todas as superficies de viñedo da súa explotación e coas disposicións relativas ás declaracións obrigatorias do sector vitivinícola.

    2. As persoas viticultoras cuxas solicitudes de axuda fosen aprobadas en convocatorias anteriores do Programa de apoio ao sector vitivinícola (PASVE 2019-2023) ou da Intervención sectorial vitivinícola (ISV 2024-2027), segundo corresponda, non poderán acceder á axuda nas dúas convocatorias seguintes se:

    a) Renunciaron á axuda dunha operación solicitada, unha vez aprobada, agás que comunicasen a súa renuncia no prazo de 10 días desde a súa notificación.

    b) Non solicitaron o pagamento dunha operación aprobada, unha vez finalizado o prazo para presentar a solicitude de pagamento dentro do segundo exercicio financeiro posterior ao que se solicitou a axuda.

    c) Non executaron unha operación aprobada para a cal solicitaron o pagamento.

    Operacións subvencionables

    A axuda á reestruturación e reconversión de viñedos só poderá concederse para unha o varias das operacións seguintes:

    a. Replantación con ou sen sistema de condución.

    b. Reconversión de viñedos por cambios de variedade: sobreenxertado.

    c. Mellora de técnicas de xestión.

    d. Replantación de viñedos cando sexa necesario tras a arrinca obrigatoria por motivos sanitarios ou fitosanitarios por orde da autoridade competente.

    As accións subvencionables de reestruturación e reconversión elixibles, as súas características e os seus custos unitarios recóllense nos anexos V e VI desta orde e deberán perseguir un ou máis dos obxectivos globais establecidos, en función de se cumpren unha ou varias das características de cada operación.

    O prazo para presentar as solicitudes será ata o 26 de abril de 2024, desde o día seguinte ao de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240326/AnuncioG0426-210324-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AS AXUDAS DO PLAN ESTATAL PARA A MELLORA DA ACCESIBILIDADE NO ANO 2024

    INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

    RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024 pola que se procede á convocatoria das axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas para o ano 2024 con carácter plurianual (código de procedemento VI435B).

    Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, sempre que se trate de persoas físicas ou xurídicas de natureza privada:

    a) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila.

    b) As persoas propietarias ou usufrutuarias de edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva.

    c) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas incluídas nun edificio de tipoloxía residencial de vivenda colectiva.

    d) As comunidades de persoas propietarias ou as súas agrupacións, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

    e) As sociedades cooperativas de vivendas integradas por socios cooperativistas que precisen aloxamento para si ou os seus familiares, as sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil, así como polas persoas propietarias que conforman comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo.

    f) As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios, que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non tivesen outorgado o título constitutivo de propiedade horizontal.

    g) As empresas construtoras, arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas, que acrediten a dita condición mediante contrato vixente a suficiente prazo coa propiedade, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa.

    h) As persoas arrendatarias de vivendas, no suposto de que as obras ou actuacións non sexan de obrigada execución pola persoa propietaria e ambas as partes acorden que a arrendataria custee ao seu cargo as actuacións de mellora da accesibilidade, con cargo á parte ou á totalidade da renda arrendaticia.

    As vivendas unifamiliares, illadas ou agrupadas en fila, para as que se solicite a axuda deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Estar rematadas antes de 2006. Esta circunstancia acreditarase mediante escritura pública, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais. Non se exixirá este requisito no suposto de que na vivenda habiten persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    b) Que constitúan o domicilio habitual e permanente das súas persoas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias no momento de solicitar as axudas. A dita circunstancia acreditarase mediante o empadroamento.

    Os edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva que se acollan ás axudas deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Estaren rematados antes de 2006. Esta circunstancia acreditarase mediante escritura pública, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais. Non obstante, non se exixirá este requisito no suposto de que no edificio habiten persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    b) Que, polo menos, o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores, se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda. Esta circunstancia poderá acreditarse mediante escritura pública, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais.

    c) Que, polo menos, o 30 % das vivendas constitúan o domicilio habitual dos seus propietarios, usufrutuarios ou arrendatarios no momento de solicitar as axudas deste programa. A dita circunstancia acreditarase mediante o empadroamento. Este requisito non se terá en conta nos seguintes casos:

    – Cando se trate de propietario/a único/a que tivese que proceder ao realoxo das persoas inquilinas para realizar as obras de mellora da accesibilidade, caso en que deberá As vivendas unifamiliares, illadas ou agrupadas en fila, para as que se solicite a axuda deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Estar rematadas antes de 2006. Esta circunstancia acreditarase mediante escritura pública, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais. Non se exixirá este requisito no suposto de que na vivenda habiten persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    b) Que constitúan o domicilio habitual e permanente das súas persoas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias no momento de solicitar as axudas. A dita circunstancia acreditarase mediante o empadroamento.

    2. Os edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva que se acollan ás axudas deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Estaren rematados antes de 2006. Esta circunstancia acreditarase mediante escritura pública, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais. Non obstante, non se exixirá este requisito no suposto de que no edificio habiten persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    b) Que, polo menos, o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores, se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda. Esta circunstancia poderá acreditarse mediante escritura pública, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais.

    c) Que, polo menos, o 30 % das vivendas constitúan o domicilio habitual dos seus propietarios, usufrutuarios ou arrendatarios no momento de solicitar as axudas deste programa. A dita circunstancia acreditarase mediante o empadroamento. Este requisito non se terá en conta nos seguintes casos: – Cando se trate de propietario/a único/a que tivese que proceder ao realoxo das persoas inquilinas para realizar as obras de mellora da accesibilidade, caso en que deberá.

    Consideraranse subvencionables as actuacións para a mellora da accesibilidade. En particular, as seguintes:

    a) A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas, automatismos para a apertura de portas, incorporando mecanismos motorizados ou outros dispositivos de accesibilidade, así como calquera medida de accesibilidade que facilite a autonomía e a vida independente de persoas con mobilidade reducida, tanto en edificios como en vivendas unifamiliares, incluíndo os dispositivos adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial ou intelectual, así como a súa adaptación, unha vez instalados, á normativa sectorial correspondente. Inclúese a integración mediante un único mecanismo de identificación (teléfono intelixente, cámaras, pantallas ou outros dispositivos tecnolóxicos equivalentes en canto á súa funcionalidade) dos sistemas de apertura e control de accesos e doutros sistemas que necesiten control persoal e a adaptación, cando existan, á altura non superior a 1,40 m dos dispositivos xa instalados.

    b) A instalación ou dotación de produtos de apoio, tales como guindastres ou artefactos análogos, así como sistemas tecnolóxicos de guiado que permitan a localización, ou o acceso e uso por parte das persoas con discapacidade a elementos comúns do edificio, de ser o caso, tales como xardíns, zonas deportivas, piscinas e outros similares.

    c) A instalación de elementos de información, de comunicación ou de aviso, tales como sinais luminosos e visuais, vibrotáctiles ou sonoras que permitan a orientación no uso de escaleiras, ascensores e do interior das vivendas. En particular, a instalación de elementos que melloren a accesibilidade e seguridade no uso dos ascensores, como a comunicación bidireccional en cabina. d) A instalación de produtos de apoio á audición para a accesibilidade no contorno, como os bucles magnéticos.

    e) A instalación de elementos ou dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior, tales como videoporteiros que proporcionan información visual e auditiva e análogos.

    f) A instalación de dispositivos de alarma no ascensor que garantan un sistema de comunicación visual, auditiva e bidireccional co exterior para os casos de emerxencia ou atrapamento, así como a instalación de bucle magnético nos devanditos dispositivos.

    g) A instalación domótica e doutros avances tecnolóxicos para favorecer a autonomía persoal de persoas maiores ou con discapacidade.

    h) Calquera intervención que facilite a accesibilidade universal nos espazos do interior das vivendas (unifamiliares, agrupadas en fila ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva) ou nos propios edificios de tipoloxía residencial colectiva obxecto deste programa, así como nas súas vías de evacuación. Inclúense obras dirixidas á ampliación de espazos de circulación dentro da vivenda que cumpran coas condicións do Código técnico da edificación no referido a vivenda accesible, así como para mellorar as condicións de accesibilidade en baños e cociñas, as modificacións e adaptacións necesarias e adecuadas ás circunstancias específicas das persoas con discapacidade que habitan as vivendas. Inclúense, así mesmo, as obras necesarias e complementarias sobre elementos directamente relacionados coa actuación de mellora de accesibilidade universal e cuxo mal estado de conservación aconselle a intervención.

    i) Calquera intervención que mellore o cumprimento dos parámetros establecidos no documento básico do Código técnico da edificación DB-SUA, Seguridade de utilización e accesibilidade. En particular, a instalación de elementos que melloren a accesibilidade e seguridade de utilización nos ascensores, como a mellora da nivelación da cabina.

    2. As actuacións non poderán estar iniciadas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2022 nin estar finalizadas con carácter previo á publicación desta resolución no DOG.

    A contía máxima das axudas non poderá superar os seguintes límites:

    a) 12.500 euros por vivenda, cando se solicite para actuacións correspondentes a vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila. Esta axuda poderá incrementarse ata 15.000 euros por vivenda, se reside unha persoa con discapacidade, e ata 18.000 euros por vivenda, se esta acredita un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    b) 9.000 euros por vivenda e 90 euros por metro cadrado de superficie construída de local comercial ou outros usos compatibles, cando se solicite para actuacións correspondentes a edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva. Para poder computar a contía establecida por cada metro cadrado de superficie construída de uso comercial ou outros usos será necesario que os predios correspondentes participen nos custos de execución da actuación. Esta axuda poderá incrementarse ata 15.000 euros por vivenda, se reside no edificio unha persoa con discapacidade, e ata 18.000 euros por vivenda, se esta acredita un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    c) 6.000 euros por vivenda, cando se solicita para actuacións correspondentes a vivendas localizadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva. Esta axuda poderá incrementarse ata 15.000 euros por vivenda, se reside unha persoa con discapacidade, e ata 18.000 euros por vivenda, se esta acredita un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    d) O 60 % do custo da actuación. Esta porcentaxe poderá incrementarse ata o 80 %, se na vivenda ou unha das persoas que resida no edificio sexa unha persoa con discapacidade ou maior de 65 anos.

    2. O límite unitario das axudas establecido nas letras a), b) e c) poderá ser incrementado en 3.000 euros máis por vivenda en edificios ou vivendas declaradas ben de interese cultural, catalogados ou que conten con algún nivel de protección no instrumento de ordenación urbanística correspondente.

    3. O custo das actuacións subvencionables poderá incluír os honorarios dos profesionais intervenientes, o custo da redacción dos proxectos, de ser o caso, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e tributos, sempre que todos eles estean debidamente xustificados.

    4. Para a determinación da contía da axuda cada vivenda debe contar coa súa referencia catastral propia. Noutro caso, computarase para os efectos da axuda, un edificio como unha única vivenda.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240321/AnuncioC3Q2-080324-0002_gl.pdf

  • AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS CONVOCA SUBVENCIÓNS Á MODERNIZACIÓN E XESTIÓN SUSTENTABLE DAS INFRAESTRUTURAS DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS (FONDOS EUROPEOS)

    AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

    RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e do Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) 2021/241, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT404E).

    Poderán ser beneficiarias desta convocatoria, sempre que cumpran os requisitos establecidos nas bases, as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas titulares, arrendatarias ou posuidoras de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e/ou musicais abertos ao público, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público, así como as entidades públicas que integran a Administración local, de conformidade co disposto no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e os seus organismos dependentes titulares, arrendatarios ou posuidores de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e musicais abertos ao público situados en Galicia, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.

    Estas axudas están destinadas a cubrir o investimento dedicado á transición verde e transformación dos espazos escénicos e musicais que impulsen un crecemento intelixente e sustentable da súa xestión. As accións elixibles que se financiarán a través desta liña de axudas son as seguintes:

    a) Modernización de sistemas dixitais de audio e comunicacións en rede.

    b) Modernización dos sistemas de iluminación dixital.

    c) Modernización dos sistemas de vídeo dixital.

    d) Modernización dos sistemas de xestión dixital de maquinaria escénica.

    e) Modernización das ferramentas e sistemas dixitais de xestión artística e de produción de espectáculos nos recintos escénicos e musicais.

    f) Modernización e rehabilitación de edificios para a súa adaptación ao cambio climático.

    O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240321/AnuncioG1097-110324-0001_gl.pdf

  • AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA DIRIXIDO ENTRE OUTROS A EMPRESAS E AUTÓNOMOS/AS (FONDOS EUROPEOS)

    AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

    RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN421S).

    Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias das presentes subvencións:

    a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.

    b) As entidades sen ánimo de lucro.

    c) Empresas legalmente constituídas e autónomos/as; incluídas as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.

    Actuacións subvencionables:

    a) Os paneis solares fotovoltaicos.

    b) O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cablaxe, equipamentos de medidas e outros equivalentes), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota e outros equivalentes) e sistema de acumulación con baterías que non sexan de plomo ácido.

    c) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema. d) O custo de montaxe e conexionado.

    A contía máxima da axuda por proxecto será de 50.000 €.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ás 9.00 horas. Se o remate do prazo coincide en día inhábil, prorrogarase ata o seguinte día hábil.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240319/AnuncioG0474-070324-0002_gl.pdf

  • INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA CONVOCA AS AXUDAS FOEXGA (FOMENTO DAS EXPORTACIÓNS GALEGAS)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

    RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas Foexga (fomento das exportacións galegas), susceptibles de seren cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IG422B), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IG422A), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva.

    O obxectivo principal destas axudas é conseguir a internacionalización real das pemes galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores. As actuacións que engloban están dirixidas a:

    a) Aumentar a base de empresas exportadoras.

    b) Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.

    c) Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.

    d) Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade

    As empresas que cumpran os seguintes requisitos:

    a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento núm. 651/2014 da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

    b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

    c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de fin de execución da actuación, a través do procedemento do Igape IG192.

    d) As persoas beneficiarias deberán contar con presenza nos medios dixitais internacionais, como mínimo cunha páxina web con versión en inglés.

    e) As persoas beneficiarias deberán estar ao día nas súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para ser beneficiarias da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

    f) Que cumpran a normativa de axudas de minimis, segundo o previsto no artigo 2.3 das bases reguladoras.

    g) Que estean ao día nos pagamentos debidos ás cámaras.

    h) As empresas participantes nunha mesma acción non deberán ter vinculación entre si de ningún tipo para poder optar á subvención. No caso de que participen nunha acción dúas empresas vinculadas, só unha delas poderá optar á subvención. Enténdese por vinculación calquera participación dunha empresa, tanto directa como indirecta, na xestión, control ou capital social doutra. A vinculación faise extensiva á relación de membros do órgano de goberno, directivos ou xestores.

    i) Que cumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

    O prazo de presentación de solicitudes de axuda (código de procedemento IG422B) iniciarase o día seguinte hábil ao da finalización do prazo de adhesión das entidades colaboradoras, contado desde as 8.00 horas do día do inicio do prazo, e finalizará ás 14.00 horas do 31 de outubro de 2024, agás que antes desa data se produza o suposto de esgotamento do crédito.

    O prazo de adhesión das entidades colaboradoras será de 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia (código de procedemento IG422A).

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240313/AnuncioO92-040324-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA REGULA A APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARIA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL

    CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

    ORDE do 27 de febreiro de 2024 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D).

    Persoas beneficiarias

    – Os pagamentos directos indicados no número 1 do artigo 2 desta orde só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e actividade agraria.

    – Os pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas do Programa de desenvolvemento rural 2014-2020 (medida 13) recollidas no capítulo II do título III desta orde só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e non pluriactivo. – O pagamento das axudas relativas ás intervencións agroambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 recollidas no capítulo III do título III desta orde só se concederán ás persoas agricultoras que se comprometan voluntariamente a realizar operacións consistentes nun ou en varios compromisos agroambientais e climáticos na superficie agrícola da súa explotación, e compensarán os custos adicionais e as perdas de ingresos como consecuencia dos compromisos subscritos.

    Esta orde ten por obxecto regular no ano 2024, na Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas directas e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control indicadas no artigo 2 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 e do Plan estratéxico da PAC 2023-2027, e convocar:

    – As axudas directas á agricultura e á gandaría do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027(PEPAC), anualidade de 2024.

    – As primas anuais de mantemento asociadas ás axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais e para o establecemento de sistemas agroforestais (solicitudes de pagamento da anualidade de 2024 das submedidas 08.10 e 08.20 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020).

    – As axudas a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas (solicitudes de axuda e pagamento para a anualidade de 2024 da medida 13 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020).

    – As axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 (PEPAC) (solicitudes de axuda e solicitudes de pagamento da anualidade 2024).

    No que respecta aos réximes de axuda recollidos nos capítulos II e III do título III, cofinanciados segundo o indicado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), a concesión das axudas realizarase con cargo aos orzamentos do Fogga, na aplicación orzamentaria:

    a) Pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas do Programa de desenvolvemento rural 2014-2020:

    – 11.600.000 euros para as axudas a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña.

    – 5.800.000 euros para as axudas a zonas con limitacións naturais en áreas distintas de montaña.

    Estas axudas están cofinanciadas ao 75 % polo Feader.

    O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2024, iniciarase desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de abril, ambos incluídos.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240308/AnuncioG0426-280224-0002_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS Á CREACIÓN AUDIOVISUAL PARA A PROMOCIÓN DO TALENTO AUDIOVISUAL GALEGO

    AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

    RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á creación audiovisual para a promoción do talento audiovisual galego e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT207E).

    Poderán ser persoas beneficiarias, sempre que cumpran cos requisitos establecidos no artigo 2 das bases reguladoras:

    1. As persoas físicas que poidan acreditar a súa vinculación previa coa realización dunha obra audiovisual ou formación académica no ámbito da creación ou produción audiovisual, ou ben a súa participación en cursos ou obradoiros relacionados coa creación audiovisual, e desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia.

    2. As persoas físicas autónomas ou as persoas xurídicas que estean constituídas como produtora independente no momento de presentar a solicitude, teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia.

    O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240306/AnuncioG1097-260224-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA O BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

    CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

    ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR341Q).