Sección: Outras axudas e subvencións

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS DO MAIOR

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

    ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A).

    As subvencións destinaranse á consecución da seguinte finalidade: A posta en marcha de casas do maior destinadas á atención de mulleres e homes maiores de 60 anos de idade, en situación de dependencia grao I, e para persoas maiores de 60 anos sen dependencia, como recurso de promoción da autonomía persoal, mediante o seu establecemento nos concellos de menos de 5.600 habitantes da Comunidade Autónoma de Galicia que non conten con recurso de atención diúrna en funcionamento. Para os efectos desta orde considérase que no concello existen recursos de atención diúrna cando, de acordo cos datos que figuran no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais adscrito á Consellería de Política Social e Igualdade, conten con centros de día ou centros de día de alzhéimer con permiso de actividades.

    Persoas beneficiarias

    1. Poderán ser beneficiarias das axudas da presente convocatoria as persoas físicas que se establezan como empresarias autónomas ou que constitúan cooperativas de traballo asociado, como promotoras da posta en marcha dunha casa do maior, que reúnan os seguintes requisitos:

    a) Estar en posesión ou contar, polo menos, cunha persoa socia que o estea, no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera das titulacións que se recollen a seguir, ou equivalentes, ou da formación ou experiencia seguinte:  1º. Grao en Medicina. 2º. Grao en Enfermaría. 3º. Título de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría establecido polo Real decreto 546/1995, do 7 de abril, polo que se establece o título de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría e as correspondentes ensinanzas mínimas, ou os títulos equivalentes de Técnico Auxiliar de Clínica, Técnico Auxiliar de Psiquiatría e Técnico Auxiliar de Enfermaría, que se establecen no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, ou, se é o caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais. ou o título equivalente de Técnico de Atención Sociosanitaria, ou, se é o caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais. 5º. Título de Técnico Superior en Integración Social, establecido polo Real decreto 1074/2012, do 13 de xullo, polo que se establece o título de Técnico Superior en Integración Social e se fixan a súas ensinanzas mínimas, ou o título equivalente para aqueles profesionais que na data de publicación desta convocatoria estean traballando na categoría profesional de asistente persoal ou auxiliar de axuda a domicilio. 6º. O certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, regulado polo Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen dous certificados de profesionalidade da familia profesional Servizos socioculturais e á comunidade que se engaden no Repertorio nacional de certificados de profesionalidade, ou, se é o caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais. 7º. O Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, regulado polo Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, ou o equivalente Certificado de profesionalidade da ocupación de auxiliar de axuda a domicilio, ou, se é o caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais. 8º. Diploma que acredite a realización de cursos de formación integral e/ou complementaria para futuros profesionais da casa do maior. O curso terá unha duración de 30 horas e será impartido pola Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria.  9º. Habilitación para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, regulada pola Orde do 19 de novembro de 2018 pola que se regula o procedemento de obtención das habilitacións para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento BS800A).

    b) Residir en concellos con menos de 5.600 habitantes que non dispoñan de recursos de atención diúrna a persoas maiores, nos cales se promova o establecemento da casa do maior, ou telo feito nos cinco anos anteriores á posta en marcha do proxecto.

    c) Contar cun inmoble en condicións de accesibilidade nunha das poboacións mencionadas na letra anterior, ou dispoñer del con anterioridade á posta en marcha da casa do maior, nos termos establecidos na orde.

    d) Acreditar unha revisión médica anual da persoa promotora ou da/das persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto, no caso de cooperativa de traballo asociado. No caso de cooperativas de traballo asociado, esta revisión médica deberá estar referida á/ás persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto.

    e) Dispoñer dun certificado de manipulador de alimentos. No caso de cooperativas de traballo asociado, este certificado deberá estar referido á/ás persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto.

    O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240523/AnuncioG0762-080524-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA PROMOVER A PRIMEIRA EXPERIENCIA PROFESIONAL DAS PERSOAS MOZAS MENORES DE 30 ANOS MEDIANTE CONTRATOS FORMATIVOS

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 6 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR353C).

    A convocatoria ten por finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas en Galicia a través da formalización de contratos de formación para a obtención da práctica profesional ou de contratos de formación en alternancia, que lle faciliten a inserción laboral, dotándoas á vez de competencias para o emprego que as acompañen durante a súa vida laboral, coa finalidade última de proporcionar a estas persoas unha primeira experiencia no emprego, promovendo a súa empregabilidade e a retención do talento mozo na nosa Comunidade Autónoma.

    Por medio desta convocatoria, as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación de menores de 30 anos a través das seguintes liñas:

    a) Liña 1: programa de prácticas, mediante contratos para a obtención de práctica profesional, subscritos con persoas traballadoras menores de 30 anos que estean en posesión de título universitario (grao, máster ou doutoramento), ou título de grao medio ou superior, especialista, máster profesional ou certificado do sistema de formación profesional, consonte o establecido na Lei orgánica 3/2022, do 31 de marzo, de ordenación e integración da formación profesional, así como daquelas persoas que posúan un título equivalente de ensinanzas artísticas ou deportivas do sistema educativo, que habiliten ou capaciten para o exercicio da actividade laboral, segundo o establecido no artigo 11 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, para esta tipoloxía de contratos. 

    b) Liña 2: programa de formación en alternancia, mediante contratos de formación en alternancia que se realicen con persoas traballadoras menores de 30 anos, e que poderán subscribirse con persoas que carezan da cualificación profesional recoñecida polas titulacións ou certificados requiridos para concertar un contrato formativo para a obtención de práctica profesional regulada no punto 3.a). Sen prexuízo do anterior, poderanse realizar contratos vinculados a estudos de formación profesional con persoas que posúan outra titulación sempre que non tivesen outro contrato formativo previo nunha formación do mesmo nivel formativo e do mesmo sector produtivo, segundo o establecido no artigo 11 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, para esta tipoloxía de contratos.

    O importe máximo destinado á concesión de subvencións é de 4.191.915 €, con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024, a través dos créditos consignados na aplicación 44.04.322C.472.0, código de proxecto 2024 00081, correspondentes a fondos finalistas.

    Persoas empregadoras e empresas beneficiarias 

    Poderán ser persoas e empresas beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as comunidades de bens e sociedades civís que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde. Tamén poden ser beneficiarios os centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral, que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social, respectivamente.

    Persoas destinatarias finais

    1. Poderán ser persoas destinatarias finais destas axudas aquelas persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos no momento da contratación para as dúas modalidades contractuais previstas:

    a) Que teñan feitos os 16 anos e non superen os 30 anos no momento da contratación

    b) Que estean desempregadas (desocupadas no día inmediatamente anterior á data de inicio do contrato), preferentemente persoas paradas de longa duración, e que se atopen inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia no momento da súa contratación.

    Non obstante, non se requirirá a inscrición no Servizo público de Emprego de Galicia no caso de persoas que se atopen nalgún dos casos recollidos no artigo 4.1.a) do Real decreto ley 1/2023, do 10 de xaneiro, de medidas urxentes en materia de incentivos á contratación laboral e mellora da protección social das persoas artistas.

    c) Que non teñan unha experiencia profesional superior a un ano (365 días) no mesmo grupo de cotización no que van ser contratadas.

    Serán subvencionables ao abeiro deste programa:

    – As contratacións por conta allea de persoas mozas mediante a subscrición de contratos para a obtención da práctica profesional

    – As contratacións por conta allea de persoas mozas mediante a subscrición de contratos de formación en alternancia.

    Os contratos terán unha duración mínima de 12 meses e deberán ser a xornada completa.

    Serán subvencionables nas modalidades de contrato para a obtención de práctica profesional e de contrato de formación en alternancia tanto as novas contratacións como as contratacións realizadas con anterioridade á solicitude de axudas, sempre que se cumpran todos os requisitos recollidos nesta orde.

    O período durante o que se teñen que producir os contratos formativos para que sexan subvencionables será desde o 1 de decembro de 2023 ata o 15 de outubro de 2024.

    No caso de novas contratacións, o período máximo para realizalas rematará aos vinte días hábiles seguintes ao da recepción da notificación da concesión da axuda e, en todo caso, o 15 de outubro de 2024.

    Igualmente, serán subvencionables ao abeiro deste programa os incentivos á formación en competencias brandas de cada unha das persoas que sexan contratadas ao abeiro desta convocatoria cunha duración mínima de 50 horas. 

    O número máximo de contratos que se van subvencionar por cada persoa ou entidade solicitante establécese en 5.

    A contía máxima da subvención que se concederá con carácter xeral será de:

    a) Incentivo á contratación por 12 meses a xornada completa:

    a.1. Incentivo á contratación para as persoas mozas contratadas nos grupos de cotización 1 e 2: 16.625 €.

    a.2. Incentivo á contratación para as persoas mozas contratadas nos grupos de cotización 3 a 7: 13.300 €.

    a.3. Incentivo á contratación para as persoas mozas contratadas nos grupos de cotización 8 a 11: 9.975 €.

    b) Incentivo á formación: por cada persoa moza contratada, para a impartición dun programa formativo en competencias brandas, cunha duración mínima de 50 horas:

    b.1. 1.700 € para formación presencial, IVE excluído.

    b.2. 850 € para teleformación, IVE excluído.

    O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 30 de setembro de 2024.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240522/AnuncioG0767-070524-0006_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNTARIA OBRIGATORIA E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO 2024-2025 (2)

    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

    ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

    O procedemento administrativo ED330B comprende:

    a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (en diante ESO). Nestes cursos manteranse os libros de texto do curso escolar 2023/24.

    b) A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (en diante, EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído nas disposicións adicionais primeira e segunda desta orde.

    c) A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

    Corresponderá aos centros docentes sostidos con fondos públicos, a través da aplicación informática Fondolibros, tramitar as solicitudes de participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar (ED330B) e realizar os demais actos de xestión previstos nesta orde.

    Presentación de solicitudes

    1. Poderán presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (modelo ED330B) os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.2. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.

    2. A solicitude será única para todos os fillos e fillas e, de ser o caso, tutelados e tuteladas, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/25, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2024/25.

    No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros,k será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean escolarizados no mesmo centro. Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2024/25, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2023/24.

    O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído).

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240520/AnuncioG0761-080524-0003_gl.pdf

  • FUNDACIÓN MAPFRE: CONVOCATORIA DE AXUDAS AO EMPREGO ACCEDEMOS 2024 DIRIXIDAS A PEMES, AUTÓNOMOS/AS E ENTIDADES SOCIAIS

    XIII Convocatoria de Axudas ao Emprego ACCEDEMOS 2024 de Fundación MAPFRE

    Concédense 450 axudas a fondo perdido para novos contratos de traballo indefinidos ou de formación en alternancia subscritos con posterioridade ao 1 de xaneiro do 2024, que estarán dotadas das seguintes contías mensuais e por unha duración máxima de 9 meses:

    – Xornada Completa: 515 € ao mes (4.635€)

    – Xornada parcial (mínimo 20 horas): 310 € ao mes (2.790€)

    Podes acceder para descargar as bases e realizar a solicitude en:https://www.fundacionmapfre.org/premios-ayudas/convocatorias/contratacion/ayudas-empleo/

    Con este programa de axudas ao emprego para todo o territorio nacional, Fundación MAPFRE pretende apoiar a creación de novos empregos en pequenas e medianas empresas, facilitar a colocación dos perfís con maiores dificultades para a súa incorporación ao mercado laboral, e impulsar as oportunidades no ámbito rural e con iso o arraigamento nestes territorios.

    As axudas concederanse por estrita orde de solicitude (sempre que se cumpran os requisitos e preséntese a documentación requirida) e máximo 1 axuda por empregador/a e empregado/a.

    Algunhas novidades nesta convocatoria:

    – Amplíase a posibilidade de contratar non só a persoas desempregadas senón tamén a persoas que acaban de terminar os seus estudos (nos últimos 9 meses) e incorpóranse ao mercado laboral.

    – Establécense requisitos diferenciados e con menos restricións para postos de traballo por localización territorial:

    Poboacións de ata 30.000 habitantes: empregadores de ata 9 empregados (persoal medio do ano anterior), e novos empregados sen restricións de idade que estivesen polo menos 1 mes en desemprego.

    Poboacións de máis de 30.000 habitantes: empregadores de ata 4 empregados (persoal medio do ano anterior) e novos empregados menores de 30 anos ou a partir de 50 anos que estivesen polo menos 6 meses en desemprego.

    Dáse a posibilidade de reactivar os pagos das axudas concedidas en caso de cesamento da relación laboral co empregado inicial e substitución por un novo empregado (sempre que aínda queden polo menos 4 mensualidades por abonar da axuda concedida).

    Este ano por primeira vez van realizar todos os trámites de solicitude e firma do Convenio de forma dixital, e por iso será necesario que empregador e empregado conte co certificado de firma dixital expedido por parte da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

    O prazo de presentación é ata a concesión total das 450 axudas ou ata o 30 de xuño de 2024.

  • PROGRAMA DE MODERNIZACIÓN DE EMPRESAS PRIVADAS (AUTÓNOMOS/AS E PEMES) DE TRANSPORTE DE VIAXEIROS/AS E MERCADORÍAS POR ESTRADA

    Programa de modernización de empresas privadas (autónomos/as e pemes) de transporte de viaxeiros e mercadorías por estrada

    O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible aprobou o 25 de outubro de 2022 a transferencia de 110 millóns de euros dos fondos europeos de recuperación ás comunidades e cidades autónomas para impulsar a modernización de empresas privadas (autónomos e pemes) do sector do transporte de viaxeiros e de mercadorías por estrada.

    O programa forma parte do investimento 4 do compoñente 6 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), «Mobilidade sostible, segura e conectada” (Programa de subvencións a empresas para o apoio dun transporte sostible e dixital). En concreto, trátase dunha das dúas accións, dotadas de 220 millóns de euros en total, en que se divide a liña de actuación 6 (‘Dixitalización do transporte’), medida 15: “Convocatorias, por parte das comunidades autónomas e das cidades de Ceuta e Melilla, de axudas para a dixitalización de empresas de transporte de viaxeiros e de mercadorías por estrada”.

    Tes ata o 30 de xuño para solicitar as axudas do Plan de Recuperación para dixitalizar e modernizar o transporte por estrada.

    Información para GALICIA: chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://cdn.mitma.gob.es/portal-web-drupal/mapa-modenizacion-empresas-privadas/03.galicia_anunciog0533-190423-0001_gl.pdf

    Información XERAL: https://www.transportes.gob.es/ministerio/proyectos-singulares/prtr/transporte/programa-de-modernizacion-de-empresas-privadas-pymes-de-transporte-de-viajeros-y-mercancias-por-carretera

    Acceso directo á solicitude: https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/recursos/axudas-subvencions?content=axuda_0013.html

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS NICHO

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

    ORDE do 26 de abril de 2024 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2024, 2025, 2026 e 2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

    Poderán ser beneficiarias destas axudas para poñer en marcha unha casa niño as persoas físicas que se establezan como empresarias autónomas e as cooperativas de traballo asociado que reúnan os seguintes requisitos:

    a) Estar en posesión, ou contar cando menos cunha persoa socia que o estea no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera das titulacións ou formación que se recollen a seguir, ou equivalentes, ou da formación ou experiencia seguinte:

    1º. Técnico/a superior en educación infantil.

    2º. Grao en mestre/a de educación infantil/educación primaria.

    3º. Grao en pedagoxía, psicoloxía ou educación social.

    4º. Diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou o curso de formación complementaria para futuros/as profesionais das casas niño impartidos pola Xunta de Galicia.

    5º. Formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís ou experiencia profesional acreditada neste ámbito.

    b) Residir nun núcleo rural do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou facelo con anterioridade á posta en marcha do proxecto.

    c) Contar cun inmoble nun núcleo rural do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou dispoñer del con anterioridade á posta en marcha do proxecto. O dito inmoble estará dotado cos seguintes recursos, para os cales poderá pedir esta axuda:

    1º. Sistema de calefacción que cubra todas as estancias dedicadas ao desenvolvemento da iniciativa e conte coa protección dos elementos calefactores precisa para evitar as queimaduras por contacto, os atrapamentos ou outros riscos para a integridade das e dos menores. 

    2º. Unha sala con iluminación e ventilación naturais directas dun mínimo de 20 metros cadrados, distribuída e organizada con criterios de flexibilidade para dar resposta ás distintas necesidades das nenas e nenos de 0-3 anos.

    3º. Dúas zonas, unha para o descanso e outra para a hixiene infantil. A zona de descanso e, de ser o caso, o mesado cambiador, poderán estar integrados na sala principal.

    4º. Unha zona para a preparación, almacenamento e conservación de alimentos dotada, cando menos, dun mesado, frigorífico, vertedoiro e microondas.

    5º. Elementos de protección como enchufes de seguridade infantil sempre que se sitúen por debaixo de 1,5 metros, protectores de dedos nas dúas caras das portas, seguros de ventás, barreira de seguridade con porta en zonas con diferentes alturas ou escaleiras e extintor/es para a protección contra incendios.

    6º. Un mobiliario e equipamento básico para a atención das nenas e nenos que incluirá, como mínimo, un cambiador de cueiros, berces, sabas, mantas, colchóns, contedor de cueiros, ouriñais, tronas, hamacas, adaptadores de inodoro e materiais didácticos e de xogo axeitados para as idades dos nenos e nenas e con marcación de conformidade europea (CE).

    Serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria os gastos derivados das seguintes actuacións:

    a) A reforma e adaptación do inmoble destinado a servir de casa niño, así como o seu equipamento e dotación material que se require no artigo 4.

    b) A prestación da atención personalizada de nenos e nenas de 0-3 anos nas condicións previstas no artigo 2. 

    Os gastos previstos no número 1.a) só serán subvencionables sempre que, tendo comezado o investimento con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2024, non estea totalmente f inalizado no momento da presentación da solicitude de axuda e respecto dos gastos que sexan efectivamente pagados no prazo de execución, que é de dous meses computados desde a notificación da resolución de concesión, ampliable a tres para os supostos de constitución dunha cooperativa de traballo asociado.

    As axudas para gastos de investimento consistirán nunha subvención de ata o 100 % dos gastos realizados, cun límite máximo global por casa niño de 15.000 €

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240514/AnuncioG0762-260424-0004_gl.pdf

  • IGAPE CONVOCA AXUDAS Á IMPLANTACIÓN DE MEDIDAS PARA O AVANCE NO CUMPRIMENTO DE CRITERIOS MEDIOAMBIENTAIS, SOCIAIS E DE GOBERNANZA NAS PEMES GALEGAS

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

    RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2024 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á implantación de medidas para o avance no cumprimento de criterios ambientais, sociais e de gobernanza (ASG) nas pemes galegas para o ano 2024, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300F).

    Persoas beneficiarias

    As pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos aos empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia no cal se vaia realizar o proxecto.

    Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:

    a) Proxectos individuais en que unha peme aborda medidas de impacto nos factores ASG, especificamente deseñadas ou desenvolvidas para o seu ámbito de actividade. 

    b) Proxectos colectivos de simbiose industrial en que un grupo de empresas (cun mínimo de tres empresas independentes, opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador) aborda un proxecto ASG para mellorar o uso dos recursos e reducir os impactos ambientais ou propor actuacións de impacto social de maneira conxunta. A simbiose industrial facilita o impacto social, o intercambio de enerxía, materiais, auga e subprodutos para pechar os ciclos de materiais e enerxía, maximizar o uso de residuos e minimizar o uso de materia prima.

    Poderanse subvencionar os seguintes tipos de conceptos:

    a) Activos materiais e inmateriais (que para ser subvencionables deben contabilizarse nunha conta contable do grupo 2):

    i. Sensores, equipamentos e sistemas para a medición, monitorizaxe, seguimento e control de parámetros produtivos e ambientais.

    ii. Hardware e software intelixente para proceso da información cando sirva ao aforro de insumos e de consumo de recursos hídricos ou enerxéticos ou ben para a redución da produción de refugallos, así como os gastos de desenvolvemento do devandito software. En ningún caso serán subvencionables os gastos de mantemento ou o canon dixital.

    iii. Nova maquinaria e bens de equipamento, unicamente no caso de que se trate de equipamentos destinados á reutilización ou reciclaxe in situ de refugallos producidos nos procesos da empresa.

    b) Servizos de consultoría externa, de deseño de procesos ou de produtos máis eficientes, ou organizativa (que para seren subvencionables debe contabilizarse nunha conta contable do grupo 6): asistencia técnica, ecodeseño, reenxeñaría de procesos, programas de responsabilidade social ou propostas dirixidas a mellorar a gobernanza, a xestión de riscos ASG ou cara á certificación B Corp. As colaboracións externas subvencionables deberán contribuír aos obxectivos específicos do proxecto e, polo tanto, non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais da empresa como son os servizos rutineiros de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade, servizos de mantemento nin calquera outro non vencellado directamente ao obxecto do proxecto ASG proposto. Tamén serán subvencionables os custos das certificacións previstas nomeadas no número 2 do artigo 1. Os conceptos subvencionables poderán reclasificarse de oficio atendendo á súa descrición. Non serán subvencionables aquelas colaboracións externas en que non se indique con claridade o resultado que se vai obter, os entregables previstos e como se integrará ese traballo no resultado final global do proxecto.

    Nos proxectos da modalidade colectiva do artigo 1.1.b), se se opta por contar cun organismo intermedio, serán subvencionables os gastos de coordinación do proxecto ata un máximo de 1.000 €/empresa (IVE excluído) participante no proxecto, co límite total de 6.000 €. Ese importe considerarase gasto subvencionable de consultoría externa e dividirase entre todas as pemes participantes.

    2. As pemes beneficiarias de subvención deberán achegar unha contribución financeira a estes, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25 % do importe subvencionable, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.

    3. Os investimentos e gastos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda no Igape. Ningún dos importes alegados sobre os cales se solicita subvención poderá ser incorrido con carácter previo a esta presentación; de ser así, o proxecto desa peme sería non subvencionable. Para tal efecto, o solicitante deberá achegar unha declaración expresa, incluída no formulario electrónico de solicitude de axuda a que se refire o artigo 8 destas bases. Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto, entendéndose por proxecto calquera dos investimentos comprendidos na solicitude da axuda. Neste sentido, considérase que existe compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinado entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables. Para estes efectos, determinados traballos preparatorios, como a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.

    4. O período de execución dos gastos e investimentos subvencionados denomínase prazo de execución do proxecto e abranguerá desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá, en ningún caso, superar a data para a execución dos proxectos establecida na resolución de convocatoria.

    5. Se é o caso, os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes do remate do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pagamento de todas as cantidades aprazadas e efectuados todos os pagamentos por calquera concepto.

    Contía da axuda

    1. Investimentos: a subvención será do 35 % dos investimentos materiais e inmateriais subvencionables para as pequenas empresas, e do 25 % para as medianas.

    2. Colaboracións externas: a subvención será do 50 % dos gastos de colaboracións externas en servizos de consultoría ou certificación subvencionables para ambas as categorías de empresa, pequenas e medianas. Os gastos do organismo intermedio previstos no artigo 3.1.f), de existiren, terán tamén a consideración de colaboracións externas.

    O prazo de presentación de solicitudes, que en ningún caso será inferior a un mes, iniciarase o día hábil seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia desde as 8.00 horas e ata as 14.00 horas do día 15 de setembro de 2024, agás que antes desa data se produza o suposto de esgotamento do crédito.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240508/AnuncioO92-260424-0001_gl.pdf

  • MINISTERIO DE AGRICULTURA CONVOCA AXUDAS ÁS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DE TITULARIDADE COMPARTIDA

    MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN

    Orde do 29 de abril de 2024, de convocatoria para a concesión directa de subvencións ás explotacións agrarias de titularidade compartida, para o exercicio 2024

    Beneficiarios/as: As explotacións agrarias de titularidade compartida que se achen rexistradas en situación de alta no Rexistro de explotacións agrarias de titularidade compartida do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, cun mes de antelación á data en que se publique o extracto da convocatoria no «Boletín Oficial do Estado». Segundo.

    Finalidade: Convocar, en réxime de concesión directa, para o exercicio 2024, subvencións a favor das explotacións agrarias de titularidade compartida, nos termos establecidos no Real Decreto 819/2021, do 28 de setembro, co obxectivo de contribuír ao pago das cotas correspondentes da Seguridade Social que deben abonar os titulares da mesma.

    Prazo de presentación da documentación: As entidades presentarán a documentación prevista no Real Decreto 819/ 2021, do 28 de setembro, ou a renuncia á subvención, no prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do presente extracto da convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.boe.es/boe/dias/2024/05/01/pdfs/BOE-B-2024-15801.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS DE APROVEITAMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES ELÉCTRICAS E DE AFORRO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DE PRODUCIÓN AGRÍCOLA PRIMARIA

    AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

    RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables eléctricas e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027 en Galicia (código de procedemento IN421L).

    Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:

    a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector de produción agrícola primaria. Para os efectos desta resolución consideraranse sector de produción agrícola primaria as actividades incluídas na sección A e, en concreto, as clases da 1.11 á 02.40 do CNAE2009, ambas incluídas. Tamén serán subvencionables as actividades recollidas no IAE que se correspondan con estas clases do CNAE 2009. Para os efectos destas bases terase en conta a definición de empresa recollida no anexo I do Regulamento 651/2014, no cal se considera empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, pública ou privada, que exerza unha actividade económica.

    b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación destas bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas no punto anterior. Pola contra, non poden ser centros consumidores de enerxía nin as persoas particulares (comunidades de propietarios) nin as empresas recollidas no artigo 5. CVE-DOG: dj6gbe70-fe92-qx83-q9b0-z9dzppr4l3l0 Contarase, en todo caso, co visto e prace do titular da instalación, por se dese lugar á modificación do contrato existente entre ambas as partes. As empresas de servizos enerxéticos deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 56/2016 para o desenvolvemento da actividade profesional de provedor de servizos enerxéticos, e deberán estar incluídas na Listaxe de provedores de servizos enerxéticos regulada no capítulo III do citado real decreto.

    O servizo enerxético prestado pola empresa de servizos enerxéticos consistirá nun conxunto de prestacións, incluída a realización de investimentos inmateriais, de obras ou de subministracións necesarias para optimizar a calidade e a redución dos custos enerxéticos. Esta actuación poderá comprender ademais da construción, instalación ou transformación de obras, equipamentos e sistemas, o seu mantemento, actualización ou renovación, a súa explotación ou a súa xestión derivados da incorporación de tecnoloxías eficientes.

    Para as solicitudes tramitadas baixo a modalidade de empresas de servizos enerxéticos terase en conta a actividade asimilable ao centro de traballo en que se instalen.

    2. As persoas ou entidades que resulten beneficiarias da subvención e, con posterioridade contratasen a xestión enerxética, total ou parcialmente, a unha empresa de servizos das definidas no número 1 deste artigo, poderán solicitar a modificación da reso lución de concesión no sentido de que pase a ser beneficiaria esta última, xuntando unha copia do contrato de servizos enerxéticos en que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o cal se solicita a axuda. Esta solicitude deberá presentarse, como mínimo, 20 días hábiles antes da finalización do prazo de xustificación do investimento do proxecto, e pode dar lugar á minoración da axuda inicialmente outorgada tras a aplicación da metodoloxía de cálculo da axuda, segundo o establecido nestas bases, no caso de que se produza unha variación do investimento elixible ou das características técnicas do proxecto.

    3. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.

    4. Os requisitos para obter a condición de persoas beneficiarias deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

    Serán subvencionables todas aquelas actuacións descritas nos artigos 7 e 8 que se executen nas zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia e o prazo de execución dos proxectos subvencionables (téñase en conta a definición de inicio dos traballos recollida no artigo 2.1) iniciarase unha vez que se efectuase a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará no prazo previsto no artigo 30.

    A contía da axuda será do 30 % do custo elixible da nova instalación, cun máximo de 100.000 € por proxecto e de 300.000 € por empresa, salvo no suposto de instalacións de autoconsumo colectivo en que se establece unha axuda máxima de 500.000 € por proxecto e de 500.000 € por empresa. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao de publicación desta resolución no DOG, ás 9.00 horas. Se o remate do prazo coincide en día inhábil prorrogarase ata o seguinte día hábil.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240430/AnuncioG0474-190424-0001_gl.pdf