Sección: Outras axudas e subvencións

  • CONCELLO DA ESTRADA: CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2024/2025 (2)

    CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO A ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2024/2025

    O obxecto da convocatoria é regular o procedemento para a concesión de subvencións a familias residentes no concello da Estrada, para o financiamento dos gastos derivados da escolarización dos membros da unidade familiar para o curso 2024/2025 en centros educativos sostidos con fondos públicos, relativos a:

    — Adquisición de libros de texto e material escolar curricular dos/as nenos/a matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil.

    — Servizo de comedor das/os alumnas/os matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria.

    Estas axudas van dirixidas prioritariamente a menores de familias en situación de desvantaxe social e con menor poder adquisitivo.

    TIPOS DE AXUDAS.

    — Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para a 2ª etapa de Educación Infantil. No concepto de material escolar inclúese todo o material preciso para o desenvolvemento do curso académico en función das obrigas de cada centro educativo e as súas técnicas de aprendizaxe.

    — Axudas para o pago do comedor escolar (de setembro a xuño, ambos incluídos) para alumnas/os matriculadas/os nos niveis de Educación Infantil,Educación Primaria e Educación Secundaria.

    A contía das axudas en cada unha das modalidades para o curso 2024/2025 son:

    1. Axuda para o pago de material escolar

    — O importe máximo da axuda e de 100 euros por alumno/a. As axudas abonaranse en función do gasto realizado e xustificado, dando lugar, se é o caso, a unha minoración da contía inicialmente concedida.

    2. Axuda para o pago do comedor escolar

    Segundo a puntuación total acadada na valoración das solicitudes conforme os criterios de valoración e baremación establecidos no apartado 9 o importe da axuda para pago de comedor escolar a conceder segundo o intervalo da puntuación acadada será seguinte:

    — De 0 a 5 puntos: 30% do gasto

    — De 6 a 10 puntos: 50 % do gasto

    — De 11 a 15 puntos: 75% do gasto

    — De 15 a 20 puntos: 100% do gasto

    O importe da subvención a pagar será a porcentaxe que corresponda sobre o gasto xustificado, deducindo o importe de outras axudas ou/outras subvencións recibidas.

    O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao dia seguinte da publicación das Bases da Convocatoria no Boletín Oficial de Provincia de Pontevedra e permanecerá aberto ata 20 días hábiles seguintes.

    Se precisas máis información podes chamar ao teléfono 986 677 691 ou 986 677 696

    https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/08/05/2024052093

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA DE APOIO PARA A CONTRATACIÓN DE MULLERES EN OCUPACIÓNS MASCULINIZADAS E PARA A ADAPTACIÓN DE ESPAZOS NAS EMPRESAS

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 9 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras do Programa de apoio para a contratación de mulleres en ocupacións masculinizadas e para a adaptación de espazos nas empresas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR349W)

    Con este fin establécense dúas liñas de axudas:

    1. Liña de incentivos á contratación por conta allea de mulleres desempregadas.

    2. Liña de axudas para a adaptación dos espazos ou dos postos de traballo na empresa, de carácter opcional, coa finalidade de eliminar barreiras e/ou obstáculos que impidan ou dificulten o acceso e o desempeño profesional das mulleres en ocupacións masculinizadas.

    Persoas empregadoras e entidades beneficiarias

    1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten mulleres por conta allea en ocupacións masculinizadas, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde. No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas, deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas, cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas. As empresas que teñan cincuenta ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se dea ocupación, polo menos, ao 2 % de traballadores e traballadoras con discapacidade sobre o total das persoas traballadoras ou, na súa falta, as medidas de carácter excepcional establecidas no artigo 42 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, e reguladas no Real decreto 364/2005, do 8 de abril (BOE núm. 94, do 20 de abril). Para o cómputo do número de persoas traballadoras da empresa teranse en conta as regras previstas na disposición adicional primeira do devandito real decreto.

    2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, e as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

    3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria as persoas solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46.bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

    Persoas destinatarias finais

    1. Poderán ser persoas destinatarias finais destas axudas as mulleres que sexan contratadas en ocupacións masculinizadas e que cumpran o requisito de estar desempregadas (desocupadas no día inmediatamente anterior á data de inicio do contrato) e inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia no momento da súa contratación.

    Non obstante, non se requirirá a inscrición no Servizo Público de Emprego de Galicia no caso de mulleres que se atopen nalgún dos casos contemplados no artigo 4.1.a) do Real decreto ley 1/2023, do 10 de xaneiro, de medidas urxentes en materia de incentivos á contratación laboral e mellora da protección social das persoas artistas.

     Serán subvencionables ao abeiro deste programa:

    1. As contratacións por conta allea de mulleres en ocupacións masculinizadas ou con infrarepresentación feminina na contratación, segundo o disposto no artigo 5.3 desta orde. A dita ocupación e a súa codificación deberá constar no contrato de traballo.

    Na sede electrónica da Xunta atópase dispoñible para a súa consulta a relación de ocupacións en que as mulleres están infrarepresentadas, segundo o informe do Instituto Galego das Cualificacións. 1.1. Os contratos subvencionables deberán ser de duración indefinida, ben con xornada a tempo completo, ben a tempo parcial. No caso de contratacións a tempo parcial, a xornada será como mínimo do 50 %. Inclúense os contratos de traballo indefinidos para a prestación de servizos fixos descontinuos, que deberán ser a tempo completo e cunha duración mínima de 6 meses. 1.2. O período durante o que se teñen que producir os contratos para que sexan subvencionables será desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 20 de outubro de 2024.

    Contía dos incentivos

    – Incentivos á contratación.

    a) As contratacións indefinidas iniciais a tempo completo de mulleres desempregadas incentivaranse cunha contía base de 15.000 €. No caso de redución de xornada por calquera causa, a contía reducirase en proporción á xornada realizada.

    b) As contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial (mínimo 50 %) e as contratacións indefinidas fixas-descontinuas (mínimo 6 meses) incentivaranse cunha contía basee de  7.500 €.

    As contías indicadas anteriormente incrementaranse nun 15 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

    I. No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

    II. Se a muller contratada é unha persoa con discapacidade.

    III. Se a muller contratada é maior de 45 anos.

    IV. Se a muller contratada é emigrante retornada ou estranxeira.

    V. Se a muller contratada é persoa trans

    – Gastos derivados de obras de adaptación dos espazos ou dos postos de traballo: O importe máximo da axuda será de 10.000 €.

    O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 30 de setembro de 2024.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240718/AnuncioG0767-100724-0001_gl.pdf

  • INEGA CONVOCA AXUDAS PARA PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS GALEGAS

    AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

    RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento administrativo IN417Y).

    1. Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias das presentes subvencións:

    a) As empresas legalmente constituídas e persoas autónomas, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. Para os efectos destas bases, terase en conta a definición de empresa recollida no anexo I do Regulamento 651/2014, segundo a cal se considerará empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, pública ou privada, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular.

    b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases.

    Para poderen ser destinatarias últimas das axudas, estas empresas deberán actuar en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha empresa das incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e deberán contar, en todo caso, co visto e prace do titular da instalación, por se a concesión da axuda der lugar á modificación do contrato existente entre ambas as partes. As empresas de servizos enerxéticos deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 56/2016, do 12 de febreiro, para o desenvolvemento da actividade profesional de provedor de servizos enerxéticos, e deberán estar incluídas na Listaxe de provedores de servizos enerxéticos, regulada no capítulo III do citado real decreto.

    2. As persoas ou entidades que resulten beneficiarias da subvención e con posterioridade contraten a xestión enerxética, total ou parcialmente, a unha empresa de servizos das definidas no punto anterior deste artigo poderán solicitar a modificación da reso lución de concesión no sentido de que pase a ser beneficiaria esta última, e xuntarán unha copia do contrato de servizos enerxéticos en que se recollan as cláusulas asociadas ao proxecto para o cal se solicita a axuda. Esta solicitude deberá presentarse, como mínimo, 20 días hábiles antes da finalización do prazo de xustificación do investimento do proxecto. Poderá dar lugar á minoración da axuda inicialmente outorgada tras a aplicación da metodoloxía de cálculo da axuda, segundo o establecido nestas bases, no caso de que se produza unha variación do investimento elixible ou das características técnicas do proxecto.

    3. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e coas demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.

    4. Os requisitos para obter a condición de beneficiarias deberanse cumprir, como moi  tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

    A intensidade da axuda vai en función do regulamento de aplicación:

    a) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) nº 2023/2831 de minimis (empresas con actividade de transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura): 1º. A contía da subvención será do 35 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

    b) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) nº 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías) destinadas a medidas de eficiencia enerxética en edificios. A contía da subvención será do 20 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

    c) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) nº 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías) destinadas a medidas de eficiencia enerxética distintas das dos edificios. A contía da subvención será do 35 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas, e finalizará o 15 de setembro de 2024, ás 23.59 horas.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240715/AnuncioG0474-280624-0001_gl.pdf

  • INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO CONVOCA AXUDAS Á ELABORACIÓN DO LIBRO DO EDIFICIO EXISTENTE PARA A REHABILITACIÓN E REDACCIÓN DE PROXECTOS DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS (FONDOS EUROPEOS) (2)

    INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

    RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2024 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G).

    Constitúen actuacións subvencionables as seguintes:

    a) A elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación (liña A).

    b) A redacción de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios (liña B).

    As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020.

    Os edificios obxecto das actuacións subvencionables a través deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Estar rematados antes do ano 2000.

    b) Que, polo menos, o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.

    A contía máxima da subvención para o libro do edificio existente para a rehabilitación será a obtida da seguinte forma:

    a) No caso de vivendas unifamiliares e edificios plurifamiliares de ata 20 vivendas: 700 euros, máis unha cantidade de 60 euros por vivenda.

    b) No caso de edificios plurifamiliares de máis de 20 vivendas: 1.100 euros, máis unha cantidade de 40 euros por vivenda, cunha contía máxima de subvención de 3.500 euros.

    Se non se dispón do informe de avaliación do edificio (IAE), a elaboración deste documento, correspondente á parte I.1 do bloque I do anexo I do Real decreto 853/2021, conforme o ordinal sexto, poderá incrementar a axuda ata nun 50 %. 2.

    No suposto de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios a contía máxima da subvención será a obtida da seguinte forma:

    a) No caso de vivendas unifamiliares e edificios plurifamiliares de ata 20 vivendas: 4.000 euros, máis unha cantidade de 700 euros por vivenda.

    b) No caso de edificios plurifamiliares de máis de 20 vivendas: 12.000 euros, máis unha cantidade de 300 euros por vivenda, cunha contía máxima de subvención de 30.000 euros.

    3. O custo destas actuacións correspóndese co campo de intervención 025 bis «Renovación da eficiencia enerxética dos inmobles existentes, proxectos de demostración e medidas de apoio» do anexo VI do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021. 4. A contía da axuda non poderá superar en ningún caso o custo total, excluídos os impostos. Non obstante, o imposto sobre o valor engadido poderá ser considerado elixible, sempre e cando non poida ser susceptible de recuperación ou compensación total ou parcial.

    As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 13 de setembro de 2024.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240711/AnuncioC3Q2-050724-0001_gl.pdf

  • INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO CONVOCA AXUDAS ÁS ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN DAS VIVENDAS (FONDOS EUROPEOS) (2)

    INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

    RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2024 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F).

    Persoas e entidades beneficiarias

     a) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, así como das súas vivendas, ben sexan persoas físicas, ben persoas xurídicas de natureza privada.

    b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal.

    c) As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal, así como as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actuacións que motiva a concesión da subvención.

    d) As sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil, así como polas persoas propietarias que conforman comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal, e por cooperativas en réxime de cesión de uso das súas vivendas.

    e) As empresas arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas que acrediten a dita condición, mediante contrato vixente, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa.

    Cando resulten beneficiarias persoas xurídicas de natureza privada, deberán declarar expresamente na solicitude que se encontran debidamente constituídas, conforme a normativa que lles resulte de aplicación. 

    Actuacións subvencionables

    1. De conformidade co establecido no artigo 33 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, son actuacións subvencionables as de mellora ou rehabilitación que se realicen en vivendas unifamiliares ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva de uso vivenda.

    No suposto de edificios de tipoloxía residencial colectiva exixirase que, polo menos, o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores, se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.

    2. As ditas actuacións deben cumprir os seguintes requisitos:

    a) Conseguir unha redución de, polo menos, un 30 % no indicador de consumo de enerxía primaria non renovable, referida á certificación enerxética e, ademais, unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración da vivenda unifamiliar ou do edificio de, polo menos, un 35 %, se están situados en zonas climáticas D e E, ou dun 25 %, se están situados en zona climática C.

    b) Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas, no caso de que estas as requiran.

    3. No caso de edificios suxeitos a algún nivel de protección por formar parte dun contorno declarado ou por razón do seu particular valor arquitectónico ou histórico en que estean limitadas as actuacións sobre os elementos que compoñen a envolvente térmica, non será necesario o cumprimento do requisito de redución de demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración. Non obstante, aqueles elementos da envolvente sobre os que se poida intervir deben cumprir cos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda, establecidos na táboa 3.1.1.a-HE1 e 3.1.3.a-HE1, do Documento básico DB HE de aforro de enerxía do Código técnico da edificación.

    4. Así mesmo, os edificios en que se realizasen nos últimos catro anos intervencións de mellora da eficiencia enerxética en que poida acreditarse que se reduciu a demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración nunha porcentaxe igual ou superior á establecida no punto

    2.a) anterior, quedan eximidos do cumprimento do requisito de redución de demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración. Cando nas ditas intervencións non se alcanzase unha redución igual ou superior á porcentaxe establecida, poderá considerarse satisfeito o requisito se coa consideración conxunta das actuacións realizadas nas citadas intervencións e as que se realicen na actuación obxecto da solicitude se alcanza a correspondente porcentaxe de redución de demanda establecida.

    Para acreditar a dita circunstancia deberase achegar a correspondente certificación de eficiencia enerxética do edificio antes desas intervencións realizadas e, ademais, calquera documentación que acredite a realización das citadas intervencións, como poden ser autorizacións, proxecto ou memoria, certificado de final de obra, facturas, etc.

    5. Ademais do indicado no punto 2, para que as actuacións sexan subvencionables deberanse cumprir os seguintes requisitos:

    a) Dispoñer de proxecto das actuacións que se pretende realizar, no caso de que estas exixan proxecto. Para o caso de que as actuacións non exixan proxecto, será necesario xustificar nunha memoria subscrita por un técnico/a competente a adecuación da actuación ao Código técnico da edificación e demais normativa de aplicación. Non obstante, en ambos os casos deberá incluírse o libro do edificio existente para a rehabilitación ou, na súa falta, un estudo sobre o potencial de mellora do edificio en relación cos requisitos básicos definidos na Lei da ordenación da edificación e un plan de actuacións en que se identifique a actuación proposta.

    O contido destes documentos deberá axustarse ao establecido no anexo I e no punto 2 do artigo 50 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro. O proxecto incluirá un estudo de xestión de residuos de construción e demolición que se desenvolverá posteriormente no correspondente plan de xestión de residuos de construción e demolición, consonte o establecido no Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición, onde se cumprirán as seguintes condicións: 1º. Polo menos, o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Lista europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532/EC) xerados no sitio de construción prepararase para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE. Indicarase a porcentaxe do peso dos residuos non perigosos que se reutilizan, reciclan e recuperan no estudo de xestión de residuos. 2º. Os operadores deberán limitar a xeración de residuos nos procesos relacionados coa construción e demolición, de conformidade co Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE e tendo en conta as melloras técnicas dispoñibles e utilizando a demolición selectiva para permitir a eliminación e manipulación segura de substancias perigosas e facilitar a reutilización e reciclaxe de alta calidade mediante a eliminación selectiva de materiais, utilizando os sistemas de clasificación dispoñibles para residuos de construción e demolición. Así mesmo, establecerase que a demolición se leve a cabo preferiblemente de forma selectiva e a clasificación realizarase de forma preferente no lugar de xeración dos residuos. b) Apoiar a circularidade mediante os deseños dos edificios e as técnicas de construción e, en particular, demostrarán, con referencia á ISO 20887 ou outras normas para avaliar a capacidade de desmontaxe ou adaptabilidade dos edificios, como están deseñados para seren máis eficientes no uso de recursos, adaptables, flexibles e desmontables para permitir a reutilización e reciclaxe. Deberase demostrar o cumprimento da circularidade no proxecto. c) Retirar do edificio ou ámbito de actuación aqueles produtos de construción que conteñan amianto. A retirada deberá realizarse conforme o establecido no Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto, por unha empresa legalmente autorizada. A xestión dos residuos orixinados no proceso deberá realizarse conforme o establecido no Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición. d) Contar cun certificado de eficiencia enerxética do edificio existente no seu estado actual, asinado por un técnico competente e debidamente rexistrado no Rexistro Galego de Eficiencia Enerxética de Edificios (en diante, RGEEE).

    As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020 nin estar f inalizadas no momento da publicación desta convocatoria no DOG.

    O prazo para executar as obras para a mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade nos edificios que se acollan ás axudas deste programa non poderá exceder os 26 meses, contados desde a data de concesión da axuda. O dito prazo poderase ampliar, excepcionalmente, ata 28 meses cando se trate de edificios ou actuacións que afecten 40 ou máis vivendas. Só poderá autorizarse unha ampliación dos ditos prazos para a execución das actuacións nos supostos determinados no artigo 35.6 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro.

    Contía das axudas e custo subvencionable

    1. De conformidade co artigo 34 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, a contía máxima da subvención que se concederá por edificio determinarase atendendo ao custo total das actuacións que se vaian desenvolver e non poderá superar os límites resultantes que se describen a continuación:

    a) No caso de vivendas unifamiliares, a cantidade obtida de multiplicar a porcentaxe máxima da subvención polo custo das actuacións, ata o importe máximo por vivenda, establecidos na táboa deste ordinal, en función do nivel de aforro en consumo de enerxía primaria non renovable conseguido mediante a actuación. b) No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva, a cantidade obtida de multiplicar a porcentaxe máxima da axuda polo custo das actuacións, ata o importe máximo obtido de multiplicar o número vivendas polo importe máximo por vivenda incrementado, de ser o caso, pola contía de axuda por metro cadrado de superficie construída sobre rasante de local comercial ou outros usos distintos a vivenda, establecidos na táboa deste ordinal, en función do nivel de aforro en consumo de enerxía primaria non renovable conseguido mediante a actuación.

    b) No caso de edificios de tipoloxía residencial colectiva, a cantidade obtida de multiplicar a porcentaxe máxima da axuda polo custo das actuacións, ata o importe máximo obtido de multiplicar o número vivendas polo importe máximo por vivenda incrementado, de ser o caso, pola contía de axuda por metro cadrado de superficie construída sobre rasante de local comercial ou outros usos distintos a vivenda, establecidos na táboa deste ordinal, en función do nivel de aforro en consumo de enerxía primaria non renovable conseguido mediante a actuación.

    (CONSULTAR CADRO ORDE)

    Dentro dos límites establecidos na táboa anterior, poderán considerarse subvencionables os custos de xestión inherentes ao desenvolvemento das actuacións e os gastos asociados, os honorarios dos profesionais intervenientes na xestión e desenvolvemento das actuacións, o custo da redacción dos proxectos, informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Non se consideran custos subvencionables os correspondentes a licenzas, taxas, impostos ou tributos. Non obstante, o IVE poderá ser considerado elixible, sempre e cando non poida ser susceptible de recuperación ou compensación total ou parcial.

    Axuda adicional por vulnerabilidade económica 

    De conformidade co disposto no artigo 34.3 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, cando se identifiquen situacións de vulnerabilidade económica nalgunha das persoas físicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas, e de acordo cos criterios establecidos na Comisión bilateral de seguimento, poderá concederse unha axuda adicional, que poderá alcanzar ata o 100 % do custo da actuación imputable á dita persoa propietaria ou usufrutuaria.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG).

    Se precisas máis información desde o departamento de emprego do Concello da Estrada proporcionarémoscha. Podes chamarnos ao teléfono 986 677 740 ou pasarte polas nosas oficinas sen necesidade de cita previa en horario de 9.00 a 14.00 horas.

    Na Estrada son varios os despachos técnicos que nos manifestaron a súa disposición para axudarche a tramitar a axuda, aquí tes a LISTAXE PERSOAL TÉCNICO

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240711/AnuncioC3Q2-050724-0003_gl.pdf

  • INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO CONVOCA O PROGRAMA DE AXUDAS ÁS ACTUACIÓNS DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS VIVENDAS (FONDOS EUROPEOS) (2)

    INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

    RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2024 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).

    Persoas beneficiarias

    1. Ao abeiro do artigo 41 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias de vivendas. 

    As persoas beneficiarias das axudas poderán facultar e autorizar, mediante o correspondente acordo, que un axente ou xestor da rehabilitación actúe por conta daquelas. O axente ou xestor da rehabilitación é aquela persoa física ou xurídica, ou entidade pública ou privada que poida realizar actuacións de impulso, seguimento, xestión e percepción de axudas públicas, mediante mecanismos de cesión do dereito de cobramento ou similares, acceso ao financiamento, elaboración de documentación ou proxectos técnicos ou outras actuacións necesarias para o desenvolvemento das actuacións subvencionables, ao abeiro do artigo 8 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro. 

    Actuacións subvencionables

    1. De conformidade co establecido no artigo 43 do dito real decreto, son actuacións subvencionables aquelas que se realicen en vivendas, xa sexan unifamiliares ou pertencentes á edificios plurifamiliares, en que se consiga unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de, polo menos, o 7 %, ou unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable de, polo menos, un 30 %.

    Tamén se considerarán subvencionables as actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica para adecuar as súas características aos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda, establecidos nas táboas 3.1.1.a–HE1 e 3.1.3.a–HE1, do Documento básico DB HE de Aforro de enerxía do Código técnico da edificación.

    As actuacións deben cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación e contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que estas as requiran. 

    De conformidade co establecido no artigo 42 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, as vivendas para as que se solicite financiamento deste programa teñen que constituír o domicilio habitual e permanente das súas persoas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias no momento de solicitar a axuda, circunstancia que será obxecto de comprobación.

    Así mesmo, as vivendas deberán contar cun certificado de eficiencia enerxética do edificio existente no seu estado actual elaborado e asinado pola persoa competente, co contido requirido no Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, polo que se aproba el procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios, inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (en diante, RGEEE) no momento da presentación da solicitude, e ter unha referencia catastral diferenciada, de xeito que non se poderá conceder máis dunha axuda por vivenda a unha mesma referencia catastral en cada convocatoria.

    As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020 nin estar f inalizadas no momento da publicación desta convocatoria no DOG.

    Contía e compatibilidade das axudas

    1. O importe da subvención será do 40 % do custe das actuacións, cun límite de 3.000 euros por vivenda.

    2. No importe obxecto de subvención poderán incluírse os honorarios dos profesionais intervenientes, o custo da redacción dos proxectos, informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa, e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Non se consideran custos subvencionables os correspondentes a licenzas, taxas, impostos ou tributos. Non obstante, o IVE poderá ser considerado subvencionable sempre e cando non poida ser susceptible de recuperación ou compensación, total ou parcial.

    3. O custo mínimo da actuación terá que ser igual ou superior a 1.000 euros por vivenda.

    As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 13 de setembro de 2024, agás que, con anterioridade, se tivese esgotado o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240711/AnuncioC3Q2-040724-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS ECONÓMICAS PARA O ALUMNADO QUE REALIZA FORMACIÓN PRÁCTICA EN CENTROS DE TRABALLO OU FP DUAL

    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

    ORDE do 8 de xullo de 2024 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (código de procedemento ED202A).

    Establécense as seguintes modalidades de axudas:

    1. Modalidade A: alumnado matriculado en ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos, que realice a FCT ou a FP dual dentro do territorio español.

    2. Modalidade B: alumnado matriculado en ciclos formativos de grao básico, grao medio ou grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño e ensinanzas deportivas de réxime especial, que realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español.

    Requisitos

    1. Estar matriculado nun centro público desta comunidade autónoma ou, no caso dos centros privados, nunha ensinanza concertada coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

    2. Estar cursando o derradeiro curso dun ciclo formativo de grao básico, grao medio ou grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos ou algún ciclo formativo de FP dual.

    3. Rematar o período de formación práctica en centros de traballo ou FP dual antes do 31 de decembro de 2024.

    4. Realizar como mínimo o 80 % das xornadas en empresa correspondentes a cada ensinanza segundo o establecido no currículo ou no proxecto de FP dual.

    5. No caso do alumnado de FP dual, que o proxecto de FP dual non inclúa axudas para desprazamento ou aloxamento.

    6. No caso da modalidade A, que o concello do centro de traballo sexa distinto do concello do centro educativo e distinto do concello de residencia do/da alumno/a durante o período de realización da FCT ou da FP dual.

    7. No caso da modalidade B, que o/a alumno/a non desfrutase dunha axuda Erasmus+ KA102, KA116, KA121, KA122 ou calquera outra axuda que financie totalmente o período de realización da FCT ou da FP dual.

    8. Cumprir os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma segundo indica o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

    Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

    – O primeiro prazo, de sesenta (60) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2023-marzo 2024 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2024. Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual. O alumnado ao cal lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2024 e que anticipe a súa realización, non se acollerá a este primeiro prazo.

    – O segundo prazo, comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2024, para o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2024. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2024. O alumnado que teña horario flexible con autorización da Dirección Xeral de Formación Profesional e remate despois do 31 de decembro de 2024 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240710/AnuncioG0761-020724-0003_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA O FOMENTO DA COMERCIALIZACIÓN DA ARTESANÍA GALEGA

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 14 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento IN201G).

    Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas e que, en todo caso, cumpran, ademais, os seguintes requisitos:

    1. Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día de prazo establecido para a presentación da solicitude de subvención.

    2. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 80 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na sección primeira (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

    3. Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

    Primaranse aqueles concellos que coordinen as súas solicitudes e compartan ou mancomunen obras ou servizos, dando cumprimento así ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 28 de febreiro de 2013, polo que se aproban os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.

    Actuacións subvencionables

    1. Titulares dos obradoiros artesanais. Considéranse actuacións subvencionables a participación como expositora/or en feiras ou eventos de interese artesanal, nacionais ou internacionais:

    a) Feiras profesionais de artesanía.

    b) Feiras non profesionais.

    c) Feiras profesionais e non profesionais do período do Nadal 2023/24.

    b) Tícket de feira non profesional cun importe máximo de axuda cada un dos tíckets de: 400,00 € e 850,00 €, cun máximo de 6 tíckets por obradoiro.

    A axuda concederase unicamente para a asistencia a feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 400,00 €.

    Quedan excluídas de solicitar por tícket as feiras do período de Nadal 2023/24.

    A porcentaxe subvencionable por cada feira acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 850,00 € de axuda por feira.

    c) Feiras de Nadal 2023/24. Dado que a asistencia a feiras do período de Nadal 2023/24 para as que se solicite subvención xa se realizou no momento da presentación da solicitude, deberá achegarse a documentación sinalada no artigo 5 alínea 1 xunto a esta solicitude.

    Quedan excluídas as feiras de Nadal 2024/25.

    A axuda concederase unicamente para a asistencia a feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 400,00 €, cun máximo de 1.500,00 € por feira e cun límite de 3 feiras para este período.

    O importe máximo de axuda para estas feiras de Nadal será do 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído).

    Gastos subvencionables: 

    1) Son gastos subvencionables para a asistencia a feiras como expositor/a:

    a) Os que ocasione o alugamento do espazo expositivo que se contrata.

    b) Os seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira.

    c) O transporte do material expositivo realizado por un transportista profesional.

    d) No caso de feiras internacionais, os servizos de tradución e de transporte realizados por un transportista profesional.

    2) Son gastos subvencionables para a organización de feiras:

    a) A infraestrutura e os servizos propiamente feirais.

    b) A publicidade.

    c) As demostracións de oficios artesanais en vivo e obradoiros artesanais divulgativos.

    3) Son gastos subvencionables da páxina web:

    a) Os gastos de mantemento e actualización de contidos.

    b) As ferramentas de posicionamento dixital (SEO, SEM, ADS). c) A imaxe dixital (fotografía, vídeos, etc…).

    As páxinas web deberán ter as seguintes características técnicas:

    – Rexistro do dominio por un período dun ano, en que figure como titular a asociación para o que se desenvolve o servizo.

    – Proporcionar o aloxamento (hosting) durante un ano, para que a web estea dispoñible durante ese período de tempo.

    – O hosting deberá dispoñer de certificado para comunicacións seguras SSL e estar configurado para que empregue o protocolo

    – Sen prexuízo das seccións ou puntos anteriores, a web deberá incluír aqueles textos legais necesarios para o cumprimento normativo, así como un sistema de xestión de cookies que permita seleccionar ao usuario as cookies ou grupos de cookies que desexa autorizar a instalar segundo a finalidade destas

    .– Web autoxestionable: deberá contar cun panel de xestión dos contidos para que o beneficiario poida cambiar a información do sitio web.

    – Web responsive: debe estar adaptada a todos os dispositivos

    .– A web deberá ser desenvolvida para a asociación nun xestor de contidos (CMS) ou a medida, de forma que permita o aceso ao código para futuros cambios e melloras da web con independencia da empresa que a desenvolva. A web deberá ser en propiedade e nunca en alugamento. Exclúense desta subvención as solucións cloud propietarias e pechadas.

    – A páxina web contará cunha optimización SEO básica que implicará que todas as páxinas leven título, descrición e os elementos fundamentais como un robots.txt axeitado e un sitemap do sitio.

    – As imaxes deberán estar optimizadas empregando a resolución óptima para web de 72dpi e procurando que o seu peso sexa o menor posible

    .– Deberá ter instalada unha ferramenta de analítica web para o coñecemento do tráfico da páxina por parte do negocio. No caso de páxinas webs con venda en liña, ademais das características técnicas previstas anteriormente, deberán:

    – Dispoñer dun sistema de xestión para a venda dos produtos.

    – Ter pasarela de pagamento

    O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240627/AnuncioG0767-180624-0001_gl.pdf

  • AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA CONVOCA O PROGRAMA DE EMISIÓN DE BONOS DIXITAIS PARA COLECTIVOS VULNERABLES (PROGRAMA UNICO- BONO SOCIAL)

    AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

    RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para 2024 (código de procedemento AP400A).

    O prazo para presentar as solicitudes dos bonos dixitais comezará o día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución e rematará o 30 de setembro de 2024

    Persoas beneficiarias

    1. Poderán ser beneficiarias do bono dixital as persoas que xa sexan beneficiarias das prestacións públicas da renda de inclusión social de Galicia (Risga) da Xunta de Galicia ou do ingreso mínimo vital (IMV) do Goberno de España.

    2. Así mesmo, tamén poderá ser beneficiaria calquera outra persoa física maior de idade con ausencia ou déficit grave de recursos económicos ou que estea en situación ou risco de exclusión social. No caso da exclusión social, verificarase a concorrencia adicional dalgún dos factores de exclusión establecidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento.

    3. Considerarase ausencia ou déficit grave de recursos económicos cando o nivel de renda do solicitante sexa igual ou inferior a:

    a) 1,25 veces o IPREM, se non hai menores na unidade familiar

    b) 1,75 veces o IPREM, se hai menores na unidade familiar.

    4. En calquera caso, os beneficiarios deberán estar empadroados e ter residencia constatada polos servizos sociais comunitarios básicos en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

    5. Non poderán obter a condición de beneficiarios aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que efectúe o órgano xestor.

    6. Só se poderá conceder un bono dixital por persoa física e por unidade familiar. Entenderase por unidade familiar, segundo o establecido no artigo 82 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas e de modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio:

    a) A integrada polos cónxuxes non separados legalmente e, se os houber: 1º. Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentes destes. 2º. Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

    b) Nos casos de separación legal, ou cando non existise vínculo matrimonial, a formada polo pai ou a nai e todos os fillos que convivan cun ou outro e que reúnan os requisitos a que se refire a letra a) deste artigo.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240628/AnuncioG0177-210624-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA OS PREMIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSOAL

    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

    ORDE do 19 de xuño de 2024 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311E).

    Vinte (20) premios cunha dotación global de 20.000 €. Cada premio estará dotado con 1.000 €.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 19 de agosto de 2024 e rematará o día 18 de setembro de 2024

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240628/AnuncioG0761-190624-0001_gl.pdf