Sección: Outras axudas e subvencións

  • IGAPE AXUDAS A PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL PARA O ANO 2025

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

    RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2024 pola que se da publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de investimento empresarial para o ano 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

    As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto a concesión de axudas a proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:

    1. Proxectos de investimento empresarial xerais.

    2. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.

    Persoas beneficiarias

    As pequenas e medianas empresas (pemes) que proxecten levar a cabo un investimento considerado subvencionable ao abeiro do regulado nestas bases nalgún centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia. Para os efectos destas bases, consideraranse pemes as empresas que respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de persoa beneficiaria as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se encontren na situación que motiva a concesión da subvención.

    O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computarse cinco (5) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas, e rematará o 30 de setembro de 2025, ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250113/AnuncioO92-121224-0001_gl.pdf

  • IGAPE CONVOCA AXUDAS A STARTUPS PARA O ANO 2025

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

    RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2024 pola que se da publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a startups para o ano 2025 e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408G).

    Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia. Consideraranse startups, de acordo coa definición contida no artigo 3 da Lei 28/2022, do 21 de decembro, de fomento do ecosistema das empresas emerxentes, toda persoa xurídica, incluídas as empresas de base tecnolóxica creadas ao amparo da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, que reúna simultaneamente as seguintes condicións:

    a) Ser de nova creación ou, non sendo de nova creación, cando non transcorresen máis de cinco anos desde a data de inscrición no Rexistro Mercantil, ou Rexistro de Cooperativas competente, da escritura pública de constitución, con carácter xeral, ou de sete no caso de empresas de biotecnoloxía, enerxía, industriais e outros sectores estratéxicos ou que desenvolvesen tecnoloxía propia, deseñada integramente en España, que se determinarán a través da orde á que fai referencia o artigo 4.1.

    b) Non xurdir dunha operación de fusión, escisión ou transformación de empresas que non teñan consideración de empresas emerxentes. Os termos concentración ou segregación considéranse incluídos nas anteriores operacións.

    c) Non distribuír nin ter distribuído dividendos, ou retornos no caso de cooperativas.

    d) Non cotizar nun mercado regulado

    e) Ter a súa sede social, domicilio social ou establecemento permanente en España.

    f) Ter ao 60 % do persoal cun contrato laboral en España. Nas cooperativas computaranse dentro do persoal, para os únicos efectos da citada porcentaxe, os socios traballadores e os socios de traballo, cuxa relación sexa de natureza societaria.

    g) Desenvolver un proxecto de emprendemento innovador que conte cun modelo de negocio escalable, segundo o previsto no artigo 4.

    Poderá ser subvencionables calquera gasto ou investimento nos que incorra a startup desde o 1 de xaneiro de 2025 ata a data da solicitude de axuda, que estean vinculados coa actividade da startup en Galicia.

    O importe mínimo subvencionable deberá acadar 10.000 €.

    Concederase unha axuda do 100 % ata un máximo de 20.000 € para os gastos e investimentos realizados (facturados e pagados) pola startup durante o período subvencionable.

    O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computar 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2025 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250113/AnuncioO92-101224-0005_gl.pdf

  • IGAPE CONVOCA AXUDAS PARA A TRANSFORMACIÓN DIXITAL DAS PEMES GALEGAS (FONDOS EUROPEOS)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

    RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2024 pola que se da publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á transformación dixital das pemes para o ano 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se convocan en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C).

    Estas axudas están destinadas a apoiar a posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións que proporcionen soporte dixital aos procesos dunha empresa, así como proxectos de interconexión dixital entre unha empresa galega e outras, ou entre dúas ou máis empresas galegas. Estes proxectos poden incluír, entre outros, ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación ou procesos de coordinación entre un líder industrial e as pemes que integran a súa cadea de valor.

    Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:

    a) Proxectos individuais en que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

    1º. Desenvolvemento de interfaces dixitais para as súas interaccións de negocio ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.

    2º. Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, big data e similares), e melloras en ciberseguridade.

    3º. Implementación de sistemas de dixitalización de procesos concretos ou de xestión integral, tales como ERP, CRM e similares. 4º. Mellora da función loxística da empresa, a través da implantación de solucións dixitais, nalgunha das seguintes áreas: – Dixitalización e automatización: • Automatización e/ou robotización de procesos loxísticos, incluíndo carga e descarga, almacenaxe, transporte e distribución. • Xeolocalización e sensorización para o control de localizacións con fins como rastrexabilidade, vixilancia e localización de cargas, contedores e medios de transporte. • Aplicación de vehículos autónomos e elementos auxiliares para automatizar operacións de transporte interno ou de carga e descarga. – Procesos e aplicacións: • Desenvolvemento e adaptación de contratos intelixentes e xestión de información mediante blockchain. • API colaborativas e sistemas de intercambio de datos. – Virtualización e analítica de datos: • Aplicación de realidade virtual e/ou aumentada nos procesos loxísticos. • Uso de algoritmos e análise de datos aplicados aos procesos loxísticos. • Simulación e virtualización de procesos loxísticos.

    b) Proxectos colectivos, en que un grupo de empresas, opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador, aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:

    1º. Implantación dun sistema dixital común para mellorar as interaccións dixitais entre elas.

    2º. Sistemas colectivos de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, big data e similares).

    3º. Implantación dun sistema de dixitalización de procesos ou de xestión integral, deseñado especificamente para o ámbito de actividade das empresas que participen no proxecto colectivo.

    4º. Implantación dun sistema común para mellorar a función loxística nas áreas definidas no punto 1.a) 4º deste artigo.

    O prazo de presentación das solicitudes de axuda comezará a computar 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e será dun mes contado desde as 9.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o citado prazo dun mes.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250113/AnuncioO92-101224-0001_gl.pdf

  • RENOVACIÓN AXUDAS ALUGUEIRO 2025 (2)

    Se es BENEFICIARIO/A dunha das axudas do PLAN ESTATAL DO ALUGUEIRO que xestiona a Xunta de Galicia, tes que SOLICITAR A SÚA RENOVACIÓN.

    Para saber se aínda te podes acoller á renovación debes comprobar no teu expediente de resolución de axuda por canto tempo che concederon a mesma (pode ser ata por 5 anos).

    En caso de ter dereito, tes que iniciar un novo procemento para desfrutar da axuda no 2025: 

    1) Diríxite a sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/portada

    2) Introduce o código de procedemento: VI483B ou preme na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI483B&ano=2023&numpub=1&lang=gl

    3) Tes dúas opcións:

    a) Presentala en LIÑA: neste caso precisas ter algún medio de identificación telemático

    b) Presentala en PAPEL: neste caso debes cumprimentar os formularios, imprimilos e presentalos nunha oficina de rexistro.

    3) DOCUMENTACIÓN A ANEXAR:

    a) No caso das unidades de convivencia nas que convivan máis dunha persoa, debes cumprimentar o ANEXO II debidamente asinado por todas as persoas que forman parte da mesma (inclusive os menores de idade)

    b) VOANTE DE EMPADROAMENTO FAMILIAR

    c) DECACLARACIÓN DA PERSOA ARRENDADORA CONFORME A PERSOA ARRENDATARIA NON TEN NINGUNHA RECLAMACIÓN PENDENTE POR FALTA DE PAGAMENTO DAS RENDAS E/OU DAS SUBMINISTRACIÓNS

    d) DECLARACIÓN DE AMBALAS DÚAS PARTES (ARRENDATARIA E ARRENDADORA) CONFORME O CONTRATO SE PRORROGARÁ NAS MESMAS CONDICIÓNS, DE SER O CASO. 

    e) No caso de que a persoa beneficiaria da axuda NON PRESENTASE A DECLARACIÓN DO IRPF NO EXERCICIO ANTERIOS, debe achegar XUSTIFICANTE DOS INGRESOS QUE TEN (certificado de prestacións ou pensións…, contrato de traballo, xustificante de ingresos etc).

    Tes toda a INFORMACIÓN aquí: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI483B&ano=2023&numpub=1&lang=gl

    Se precisas axuda desde o departamento de emprego do Concello da Estrada botámosche unha man; podes chamarnos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 horas ou pasarte directamente polas nosas oficinas sen necesidade de cita previa (1º andar).

    MOI IMPORTANTE: Só tes de PRAZO ata o 31 DE MARZO, en caso de que non fagas a renovación dentro do mesmo, perderás o dereito ao cobro da mesma.

     

     

  • INEGA CONVOCA AXUDAS PARA PROXECTOS DE MELLORA ENERXÉTICA, DIRIXIDAS A PEMES E AUTÓNOMOS/AS DO SECTOR SERVIZOS (BONO ENERXÍA PEME) (2)

    AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

    RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2025 (código de procedemento IN417Z).

    Son proxectos subvencionables os investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente incluídos nas seguintes tipoloxías de actuación:

    a) Bono asesoramento enerxético: Serán subvencionables:

    i) Diagnoses enerxéticas que inclúan inventario dos principais equipamentos consumidores do centro de traballo, análise de consumo, propostas de optimización do consumo enerxético e de mellora da contratación e facturación da enerxía avaliando o custo e aforro económico derivado.

    ii) Auditorías enerxéticas que, ademais do contido das diagnoses, deben completar a parte de análise de consumos con medicións (análise de combustión de caldeiras, medición consumo eléctrico dos principais equipamentos consumidores, análise termográfico das instalación, medicións lumínicas…) e na parte de proposta de mellora debe analizar actuacións de eficiencia enerxética, de implantación de enerxías renovables, de mellora da contratación e facturación da enerxía e implantación de sistemas de telexestión e automatización que permitan reducir o consumo enerxético.

    b) Bono envolvente: elementos de control solar (toldos ou láminas de control solar e/ou térmico. Só serán subvencionables toldos de cor branca e/ou negra e variantes destas cores). En ningún caso serán subvencionables os elementos que incorporen publicidade.

    c) Bono iluminación: renovación de equipamentos de iluminación interior e/ou exterior, incluídos rótulos e escaparates, por outros que utilicen tecnoloxía LED e os elementos de control asociados.

    d) Bono instalacións eléctricas: mellora da eficiencia enerxética en instalacións eléctricas garantindo unha subministración con calidade e fiabilidade (renovación de transformadores, incorporación ou renovación de sistemas de alimentación ininterrompida, compensación de enerxía reactiva, instalación de filtros economizadores ou similares).

    e) Bono equipamento: renovación do equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras, secadoras, pasadoras de ferro, vending, mobles frigoríficos, autoservizo e calquera equipamento de consumo enerxético propio do establecemento sempre que se poida acreditar unha cualificación enerxética B ou superior. Cando non se dispoña dun sistema de etiquetaxe oficial poderase utilizar como referencia outro sistema, como Eurovent ou similar. Aqueles equipamentos para os cales non exista sistema de cualificación enerxética poderán ser subvencionables se acreditan este aspecto e xustifican que o novo equipamento previsto ten unha eficiencia enerxética superior ao substituído. Deberá xustificarse a retirada do equipamento existente e a súa entrega a un xestor autorizado.

    f) Bono climatización: equipamentos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria. Esta medida recolle exclusivamente as instalacións fixas, destinadas á climatización e/ou produción e consumo de auga quente sanitaria do establecemento, quedando fóra do seu ámbito os equipamentos móbiles e os non permanentes para a climatización de terrazas e outros espazos abertos ao público. Os novos equipamentos deberán ser de potencia térmica nominal superior a 5 kW e ter unha cualificación enerxética B ou superior. Cando non se dispoña dun sistema de etiquetaxe oficial poderase utilizar como referencia outro sistema, como Eurovent ou similar. Aqueles equipamentos para os cales non exista sistema de cualificación enerxética poderán ser subvencionables se acreditan este aspecto e xustifican que o novo equipamento previsto ten unha eficiencia enerxética superior ao substituído. Tamén será subvencionable a incorporación de recuperadores de calor, de sistemas de arrefriamento gratuíto, a mellora dos illamentos da instalación de climatización, sistemas de movemento de fluídos caloportadores e de regulación e control (sistemas de regulación en función de medicións de CO2 ou da temperatura exterior, billas economizadoras accionadas mediante infravermellos e outros).

    g) Bono inmótica: sistemas domóticos e/ou inmóticos que permitan xestionar a enerxía e o gasto enerxético de forma máis eficiente. No caso de sistemas de telemedida intelixentes que permiten monitorizar as instalacións e detectar consumos anómalos, consideraranse elixibles se incorporan algún tipo de actuador ou automatismo, por exemplo, enviando alarmas advertindo de situacións non desexadas. Se só miden e analizan non se consideran elixibles.

    Serán subvencionables os gastos e investimentos realizados entre o 1 de xaneiro e o 1 de outubro de 2025, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

    O investimento mínimo para que as actuacións sexan subvencionables debe ser de 1.000 euros por solicitude, sen incluír o IVE. No caso de que a solicitude recolla exclusivamente o bono de asesoramento enerxético, o investimento mínimo da solicitude establécese en 200 euros por solicitude, sen incluír o IVE.

    Considéranse custos subvencionables:

    1. Os custos de investimento necesarios para a consecución dunha ou varias das diferentes tipoloxías de mellora enerxética definidas no artigo 2 das bases reguladoras.

    2. A realización dos diagnósticos/auditorías e do proxecto, a dirección de obra, a adquisición e instalación dos equipamentos, obra civil, soportes e proteccións tanto eléctricas como mecánicas, así como calquera outro elemento necesario para o correcto deseño e funcionamento da instalación reformada.

    A contía da subvención será do 80 % do custo elixible da actuación.

    Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima de 6.000 euros por solicitude. A axuda asociada ao bono de asesoramento enerxético non computará para os efectos deste límite, e virá limitada polos custos elixibles máximos establecidos no artigo 2.

    O importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa non excederá os 300.000 euros durante o período dos tres anos previos.

    En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

    O prazo de presentación das solicitudes comezará o sétimo (7º) día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ás 9.00 horas e rematará o 25 de xuño de 2025, ás 23.59 horas. Se o último día do prazo é inhábil, prorrogarase ata o seguinte día hábil.

    APERTURA DE PRAZO: 17 DE XANEIRO

    Toda a información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250110/AnuncioG0474-021224-0005_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDA A PEMES, AUTÓNOMOS/AS , ASOCIACIÓNS E FUNDACIÓNS PARA ACTUACIÓNS EN MATERIA DE RESIDUOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL (FONDOS EUROPEOS)

    CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO

    ORDE do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a pemes, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2025 (código de procedemento MT975V).

    Inclúense aquí:

    a) A elaboración dos anteproxectos de orzamentos da dirección xeral, a súa execución, seguimento e coordinación.

    b) As funcións inherentes á xestión económica execución, seguimento, control e xestión dos orzamentos, da execución dos contratos administrativos e resto de actividades de fomento no ámbito da súa competencia por razón da materia.

    c) A xestión dos expedientes de contratación menores de competencia da dirección xeral por razón da materia.

    d) O seguimento e control dos convenios e protocolos de colaboración.

    e) En xeral, prestarlle asistencia, así como desenvolver calquera outra función que, por razón da súa competencia, lle poida encomendar a persoa titular da dirección xeral.

    O financiamento máximo outorgado para as diferentes liñas reguladas nesta orde de axudas serán os seguintes:

    a) Liña 1. O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta liña non excederá o 90 % do custo subvencionable. A porcentaxe restante será asumida pola persoa beneficiaria e será compatible co financiamento que esta poida recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se vai a financiar. O importe máximo da subvención será de 200.000 €.

    b) Liña 2. O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta liña non excederá o 60 % do custo subvencionable. A porcentaxe restante será asumida persoa beneficiaria e será compatible co financiamento que esta poida recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se vai a financiar. O importe máximo da subvención será de 200.000 €.

    c) Liña 3. O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nestas liñas non excederá o 50 % do custo subvencionable. A porcentaxe restante será asumida pola persoa beneficiaria. Esta axuda será compatible co financiamento que esta poida recibir doutras administracións, sen que se poida superar a intensidade máxima permitida polo Regulamento 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014 polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, a contar dende o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241230/AnuncioG0760-181224-0002_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AS AXUDAS PARA A CORRECCIÓN DE IMPACTO PAISAXISTICO (2)

    INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO

    RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas polo Instituto de Estudos do Territorio, e se establece a súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MT402A), tramitado como expediente anticipado de gasto.

    . En concreto, poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:

    a) Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.

    b) Remate, renovación e/ou substitución do acabamento exterior de cubertas.

    c) Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.

    En ningún caso se subvencionarán actuacións que non teñan carácter integral. Enténdese por actuación de carácter integral aquela intervención que garante a corrección do impacto paisaxístico que xustificou a concesión da subvención. Non serán, polo tanto, subvencionables aquelas actuacións de carácter parcial que non abrangan a totalidade dos paramentos degradados dun inmoble e/ou o arranxo ou substitución de todos os panos dunha cuberta en mal estado.

    Persoas beneficiarias e requisitos das solicitudes:

    1. Poderán ser beneficiarias desta subvención as persoas físicas titulares dun inmoble ou ben sobre o que pretendan realizar algunha/s das actuacións establecidas no ordinal segundo da presente resolución.

    2. Só caberá presentar unha solicitude por persoa e ben. Cada solicitude poderá conter varias actuacións.

    3. A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións e deberá acreditar a súa plena dispoñibilidade, como mínimo, durante o período en que se manteñen as obrigas que asume o beneficiario da axuda previstas no ordinal 19.

    Todas as actuacións deberán contar, sempre e en todo caso, coa comunicación previa ou, de ser necesaria, a correspondente licenza municipal.

    O importe da subvención será do 70 % do orzamento do investimento subvencionable (orzamento aceptado polo Instituto de Estudos do Territorio tendo en conta o valor de mercado), co límite máximo de 3.000 € por solicitante e ben.

    Todas as actuacións que se leven a cabo, deben axustar se ao establecido na GUIA DE COR E MATERIAIS DE GALICIA en aplicación á zana xeográfica na que se ubique o inmoble. 

    O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes e iniciarase en 7 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

    APERTURA PRAZO SOLICITUDE: 20 DE XANEIRO

    A axuda tramitase obrigatoriamente por MEDIOS TELEMATICOS.

    Toda a INFORMACIÓN: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250109/AnuncioG0192-271124-0001_gl.pdf

    Se precisas axuda para a tramitación desde o departamento de emprego do Concello da Estrada botámosche unha man; podes chamarnos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 horas ou pasarte directamente polas nosas oficinas sen necesidade de cita previa,

  • INEGA CONVOCA AXUDAS PARA PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS GALEGAS (FONDOS EUROPEOS)

    AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

    RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións, para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas para o ano 2025, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN417Y).

    Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias destas subvencións:

    a) As empresas legalmente constituídas e autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. Para os efectos destas bases, terase en conta a definición de empresa recollida no anexo I do Regulamento 651/2014, segundo a cal se considerará empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, pública ou privada, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular.

    b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación destas bases.

    Contía

    1. A intensidade da axuda vai en función do regulamento de aplicación:

    a) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) 2023/2831 de minimis (empresas con actividade de transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura): 1º. A contía da subvención será do 35 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

    b) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías), destinadas a medidas de eficiencia enerxética en edificios. A contía da subvención será do 20 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

    c) Solicitudes acollidas ao Regulamento (UE) 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías), destinadas a medidas de eficiencia enerxética distintas das dos edificios.

    A contía da subvención será do 35 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

    2. Establécese unha axuda máxima por expediente de 300.000,00 euros, no caso de acollerse ao Regulamento (UE) 2023/2831 de minimis, e de 1.000.000,00 de euros no caso de acollerse ao Regulamento (UE) 651/2014 (Regulamento xeral de exención por categorías).

    3. A axuda máxima por entidade beneficiaria no conxunto da convocatoria será de 2.000.000,00 de euros.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o oitavo (8º) día natural seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas, e finalizará o 15 de setembro de 2025, ás 23.59 horas.

    As solicitudes presentaranse na páxina web do Inega, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, e obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250109/AnuncioG0474-021224-0001_gl.pdf

  • CONSELLERIA DO MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS AOS INVESTIMENTOS PARA A ELABORACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS VITIVINICOLAS

    CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

    ORDE do 29 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2025 (código de procedemento MR361A).

    Poderán ser beneficiarias destas axudas:

    a) As empresas vitivinícolas que no momento da solicitude produzan ou comercialicen os produtos recollidos no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, ou que, como consecuencia da execución da operación obxecto da solicitude de axuda, comecen esa produción ou comercialización. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

    b) As organizacións de produtores vitivinícolas recoñecidas conforme o artigo 152 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e as súas asociacións.

    c) As asociacións de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. As asociacións deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

    d) As organizacións interprofesionais.

    e) As organizacións profesionais.

    O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria comeza o día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e remata o 31 de xaneiro de 2025.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241212/AnuncioG0426-291124-0007_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA BOLSAS E AXUDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPEN EN ACCIÓNS FORMATIVAS DO SISTEMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL (…)

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 13 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B ou C, competencia deste departamento, ou de formación no traballo do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal correspondentes aos exercicios 2024 e 2025 (código de procedemento TR301V).

    A orde ten por obxecto regular o réxime da concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de Formación Profesional dos graos A, B ou C, ou de especialidades formativas do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal, financiadas por esta consellería.

    Non se inclúe no ámbito de aplicación desta orde a formación impartida nos programas integrados de emprego, nos obradoiros de emprego ou nas accións formativas financiadas con fondos procedentes do Mecanismo para a recuperación e resiliencia

    Persoas beneficiarias

    1. Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas obxecto da presente convocatoria as persoas traballadoras desemprega das que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nesta orde, así como os particulares establecidos para cada tipo de bolsa ou axuda.

    2. Para os efectos do indicado no punto 1 deste artigo, terán a consideración de persoas traballadoras desempregadas aquelas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia con situación laboral como non ocupadas, na data de validación da acta de selección do alumnado polas oficinas de emprego.

    As tipoloxías de bolsas e axudas reguladas por esta orde son as seguintes:

    • Bolsas de asistencia para os seguintes colectivos:

    ◦ Persoas con discapacidade recoñecida en grao igual ou superior ao 33 %.

    ◦ Membros integrantes dunha familia numerosa.

    ◦ Membros integrantes dunha familia monoparental.

    ◦ Vítimas de violencia de xénero.

    • Axudas por participar na acción formativa:

    ◦ Para transporte público, urbano e interurbano.

    ◦ Para transporte en vehículo propio.

    ◦ Para manutención.

    ◦ Para aloxamento e manutención.

    ◦ Para conciliación.

    A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241128/AnuncioG0767-151124-0002_gl.pdf