Sección: Outras axudas e subvencións

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA FACILITAR A MOBILIDADE XEOGRÁFICA DAS MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO (PACTO DE ESTADO)

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

    ORDE do 16 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento SI451B).

    O obxecto desta orde é establecer as bases que rexerán a concesión de subvencións destinadas a facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero cando, a causa desa situación de violencia, se vexan na necesidade de cambiar a súa residencia habitual como consecuencia da súa contratación por conta allea ou establecemento por conta propia.

    Así mesmo, por medio desta orde convócanse as ditas axudas para o ano 2024.

    A finalidade das axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sufriron violencia machista e apoialas no comezo dunha nova vida ou situación libre de violencia.

    Considerarase que existe mobilidade xeográfica cando, como consecuencia da contratación por conta allea ou polo establecemento por conta propia, se produza un traslado efectivo da residencia habitual na Comunidade Autónoma de Galicia a outra localidade de destino que se atope a máis de 50 quilómetros da localidade de orixe.

    Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta orde as mulleres vítimas de violencia de xénero que cumpran os seguintes requisitos:

    a) Que acrediten a súa situación por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. En todo caso, a documentación acreditativa da situación de violencia de xénero debe estar emitida no prazo dos 24 meses anteriores ao cambio de residencia. Para os efectos desta orde, tamén terán a condición de vítima de violencia de xénero as mulleres que padecesen violencia vicaria ou violencia por interposita persona.

    b) Que cesasen a relación de convivencia co seu agresor.

    c) Que a media dos ingresos brutos mensuais da solicitante non supere o límite do importe de 3,5 veces o Indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente nos 6 meses anteriores á data de presentación da solicitude. Unicamente se terán en conta as rendas ou ingresos de que dispoña ou poida dispoñer a solicitante da axuda, sen que se computen para estes efectos as rendas ou ingresos doutros membros da unidade familiar que convivan coa vítima.

    O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 2 de decembro de 2024.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241025/AnuncioG0762-171024-0002_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA OS PREMIOS DO COMERCIO GALEGO 2024

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 18 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios do Comercio galego 2024 (código de procedemento IN214C).

    Os premios do Comercio galego constan das seguintes categorías:

    a) Premio Comercio 2024, cunha contía de 5.000 euros.

    b) Premio Comercio Traxectoria 2024, cunha contía de 3.000 euros.

    c) Premio Comercio Emprende 2024, cunha contía de 3.000 euros.

    d) Premio Comercio Dinamización 2024, cunha contía de 5.000 euros.

    e) Premio Comercio Consumo responsable 2024, cunha contía de 3.000 euros.

    O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    Os premios do Comercio galego constan das seguintes categorías:

    a) Premio Comercio 2024. Recoñecerase o establecemento comercial que exemplifique os valores do sector comercial de proximidade mediante a implantación dun modelo de negocio moderno, competitivo e adaptado aos novos retos.

    b) Premio Comercio Traxectoria 2024. Recoñecerase a persoa cunha longa e consolidada traxectoria profesional comercial que pola súa permanencia e continuidade cree un vínculo de especial arraigo coa súa vila.

    c) Premio Comercio Emprende 2024. Recoñecerase o establecemento comercial novo que ofreza á clientela unha experiencia de compra diferenciada.

    d) Premio Comercio Dinamización 2024. Recoñecerase a implantación do mellor proxecto ou iniciativa de dinamización comercial nos últimos tres anos (2022-2024) co obxectivo de incrementar as vendas e potenciais clientes/as.

    e) Premio Comercio Consumo responsable 2024. Recoñecerase o mellor proxecto ou iniciativa de promoción do consumo responsable.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240927/AnuncioG0767-190924-0001_gl.pdf

  • GOBERNO DE ESPAÑA CONVOCA O BONO CONECTIVIDADE: DIRIXIDO A AUTÓNOMOS/AS E PEMES (2)

    Red.es, entidade pública adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, executa, en coordinación coa Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, a iniciativa Bono de Conectividade, quexa pode solicitarse a través da sede electrónica de Red.es e cuxas subvencións se outorgarán a través dun proceso non competitivo, por orde de chegada.

  • GOBERNO DE ESPAÑA CONVOCA AS AXUDAS DO KIT CONSULTING DIRIXIDO ÁS PEMES ESPAÑOLAS (2)

    O 18 de xuño ábrese o prazo para  solicitar a axuda de #KitConsulting 

    FINALIDADE: Transforma o teu negocio con ata 24.000 € en asesoramento dixital especializado

    Que é? Kit Consulting é o programa de axudas do Goberno de España que permite a pemes como a túa deseñar a folla de roteiro para a súa transformación dixital.

    Cal é a axuda? Trátase dun Bono de Asesoramento Dixital dotado dunha contía que deberás empregar na contratación dos servizos de asesoramento. A contía varía en función do tamaño que teña a túa empresa: 

    – Entre 10 e menos de 50 empregados/as: 12.000 €

    – Entre 50 e menos de 100 empregados/as: 18.000 €

    – Entre 100 e menos de 250 empregados/as:  24.000 €

    A quen vai dirixido? Os servizos de asesoramento que proporciona o Programa Kit Consulting están orientados ás pequenas e medianas empresas de entre 10 e menos de 250 empregados/as.

    Como funciona o programa? 

    A empresa beneficiaria deberá empregar o bono concedido na contratación dun ou varios servizos de asesoramento do Catálogo do Programa. Accede aquí para coñecer todos os servizos de asesoramento: https://www.acelerapyme.es/soluciones-digitales-kit-consulting

    Os Asesores Dixitais realizarán o servizo de asesoramento elixido pola empresa e guiarán á peme nos pasos que deberá seguir para continuar co seu proceso de dixitalización.

    INFORMACIÓN COMPLETA: https://www.acelerapyme.es/soluciones-digitales-kit-consulting

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AS AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA PARA O FOMENTO DE EMPRENDEMENTO FEMININO EN GALICIA (2)

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

    ORDE do 13 de agosto de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento SI429A).

    O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

    Con esta finalidade, o programa Emega comprende as seguintes liñas de axuda:

    a) Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

    b) Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación, a consolidación de empresas constituídas por mulleres, ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade, dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia, consolidación e mellora. En ningún caso as ditas medidas poderán consistir na destrución do emprego existente por conta propia e allea.

    c) Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

    d) Liña Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

    Beneficiarias

    Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen o seu plan Activa no período comprendido entre o 1 de agosto de 2023 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, sempre que cumpran todas as condicións e requisitos comúns e os específicos da correspondente liña ou tipo de axuda previstos nesta orde, así como na normativa xeral de subvencións, en particular, as exixencias establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no seu regulamento.

    Cando se trate de empresarias individuais, a solicitude deberá ser presentada pola traballadora autónoma. Cando a actividade empresarial sexa realizada por unha sociedade civil, comunidade de bens, entidade sen personalidade xurídica, sociedade mercantil, cooperativa ou sociedade laboral, a solicitude de subvención deberá ser presentada por esta, e non serán válidas nin admisibles as solicitudes presentadas polas socias ou comuneiras a título persoal. En todo caso, unha mesma persoa non pode solicitar a axuda como empresaria individual e ao mesmo tempo formar parte dunha empresa de tipo societario que tamén solicita a axuda.

    Requisitos:

    Liña Emprende: requisitos específicos e contía dos incentivos

    1. Poderán acollerse aos incentivos da liña Emprende as empresas de nova creación constituídas por mulleres sempre que, ademais dos requisitos e condicións xerais e comúns para obter a condición de beneficiaria relacionados no artigo 5, cumpran os seguintes requisitos específicos:

    a) O inicio da actividade económica para a cal solicita a axuda ten que producirse no período comprendido entre o 1 de agosto de 2023 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, ambos os dous incluídos.

    b) Ten que supor a creación dos postos de traballo de todas as promotoras.

    c) As promotoras antes do inicio da actividade laboral deben estar desempregadas. No caso de empresas constituídas por máis dunha promotora, esta condición deberá cumprila, como mínimo, o 50 % das promotoras. Para estes efectos, entenderase por persoa desempregada aquela que careza de ocupación durante un período mínimo dun mes inmediatamente anterior á data de efectos da alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou na mutualidade de colexio profesional, segundo os datos que consten no informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, se é o caso, no certificado da mutualidade do colexio profesional.

    d) A alta de todas as promotoras no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional deberá formalizarse no período comprendido entre o 1 de agosto de 2023 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, ambos os dous incluídos. No caso de creación de emprego para traballadoras por conta allea, para que poidan ser tidas en conta para os efectos desta convocatoria, a correspondente alta na Seguridade Social deberá formalizarse, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

    e) Non ter desenvolvido actividade empresarial na mesma actividade económica nos tres anos inmediatamente anteriores á data de efectos da alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou na mutualidade de colexio profesional da nova actividade para a cal se solicita a axuda, segundo os datos que consten no informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, se é o caso, no certificado da mutualidade do colexio profesional.

    Liña Activa: requisitos específicos e contía dos incentivos

    1. Poderán acollerse aos incentivos da liña Activa as empresas constituídas por mulleres que presenten un proxecto de reactivación para o mantemento do emprego e para asegurar o necesario equilibrio empresarial ou un proxecto de mellora sempre que, ademais dos requisitos e condicións xerais e comúns para obter a condición de beneficiaria relacionados no artigo 5, cumpran os seguintes requisitos específicos:

    a) No mes de finalización do prazo de presentación de solicitudes, debe acreditarse un período mínimo de tres anos de realización efectiva da actividade empresarial na mesma actividade económica para a cal se proxecta o plan de reactivación e/ou mellora. Entenderase cumprido este requisito cando existan períodos de inactividade que en total non superen os tres meses.

    b) Os proxectos de reactivación e consolidación ou de mellora deberán recollerse no plan de negocio empresarial e deberán consistir nalgunha das seguintes medidas:

    – Cambio de localización da actividade.

    – Acondicionamento ou renovación das instalacións.

    – Renovación do equipamento informático e/ou aplicacións informáticas.

    – Compra de maquinaria e/ou ferramentas.

    – Implantación de novas tecnoloxías para a comercialización dos produtos ou servizos.

    c) Manter ou incrementar o número de postos de traballo por conta propia ou por conta allea preexistentes na empresa.

    d) A alta na Seguridade Social das traballadoras que ocupen os novos postos de traballo creados como consecuencia do proxecto de reactivación ou mellora, para que poidan ser tidas en conta para os efectos desta convocatoria, deberá formalizarse no prazo comprendido desde o 1 de agosto de 2023 e ata, como máximo, a data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

    Liña ITEF: requisitos específicos e contía dos incentivos

    1. Poderán acollerse aos incentivos da liña ITEF as empresas de nova creación que respondan a un proxecto empresarial de carácter innovador, no eido da investigación e da tecnoloxía, constituídas por mulleres sempre que, ademais dos requisitos e condicións xerais e comúns para obter a condición de beneficiaria relacionados no artigo 5, cumpran os seguintes requisitos específicos:

    a) O inicio da actividade económica ten que producirse no período comprendido entre o 1 de agosto de 2023 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, ambos os dous incluídos.

    b) A actividade, proceso, produto ou servizo que vaian desenvolver debe ter un claro carácter innovador, con alto contido científico ou tecnolóxico, ter como obxectivo principal a aplicación de desenvolvementos tecnolóxicos no ámbito produtivo, de novo coñecemento aplicado, de resultados do avance científico e de I+D+i, ou nos cales a presenza de elementos intanxibles xeradores de valor sexa especialmente importante.

    c) Ten que supor a creación dos postos de traballo de todas as promotoras.

    d) As promotoras antes do inicio da actividade laboral deben estar desempregadas. No caso de empresas constituídas por máis dunha promotora, esta condición deberá ser cumprida, como mínimo, polo 50 % das promotoras.

    e) A alta das promotoras no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional deberá formalizarse no período comprendido entre o 1 de agosto de 2023 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, ambos os dous incluídos. No caso de creación de emprego para traballadoras por conta allea, para que poidan ser tidas en conta para os efectos desta convocatoria, deberán formalizarse no prazo comprendido desde o 1 de agosto de 2023 e ata, como máximo, a data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

    f) Como mínimo, a promotora ou unha delas, cando sexan varias, debe ser unha persoa con titulación universitaria relacionada co ámbito da ciencia, do coñecemento ou da tecnoloxía en que se basea a iniciativa empresarial. Ademais, en todo caso, ten que gardarse a proporción dunha persoa con titulación universitaria por cada catro postos de traballo creados.

    g) Non ter desenvolvido actividade empresarial na mesma actividade económica nos tres anos inmediatamente anteriores á data de efectos da alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou na mutualidade de colexio profesional da nova actividade para a cal se solicita a axuda, segundo os datos que consten no informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, se é o caso, no certificado da mutualidade do colexio profesional.

    Liña Concilia: obxecto, modalidades e contía dos incentivos

    1. A liña Concilia é unha axuda complementaria das liñas Emprende, Activa e ITEF que ten por obxecto favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral ou profesional, tanto das promotoras como das persoas traballadoras incorporadas á empresa, coas seguintes modalidades:

    Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

    Os incentivos previstos para esta axuda só poderán concederse a aquelas empresas que os soliciten expresamente e que resulten beneficiarias de subvención por calquera das liñas Emprende, Activa ou ITEF previstas nesta convocatoria.

    A modalidade Concilia-promotoras consiste nun incentivo de 3.000 euros por empresa, sempre que forme parte dela algunha promotora con filla/s ou fillo/s que na data de finalización do prazo de xustificación da axuda sexan menores de tres anos

    A modalidade Concilia-persoas traballadoras por conta allea consiste nun incentivo, por importe máximo de 5.000 euros por empresa.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240827/AnuncioG0762-140824-0001_gl.pdf

    ACCESO Á SOLICITUDE: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=SI429A&ano=2024&numpub=1&lang=es

  • DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA PROCEDEMENTO RECOÑECEMENTO DA CATEGORÍA DE DEPORTISTA DE ALTO NIVEL (DEPO_DAN E DEPO_DAN+) E DEPORTISTA DE ALTO NIVEL DE BASE (DEPO_TALENTO)

    BASES REGULADORAS PARA O RECOÑECEMENTO DA CATEGORÍA DE DEPORTISTA DE ALTO NIVEL (DEPO_DAN E DEPO_DAN+) E DEPORTISTA DE ALTO NIVEL DE BASE (DEPO_TALENTO) DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NO ANO 2024

    Obtención do recoñecemento da categoría de alto nivel e alto nivel de base

    1.1 Categoría de alto nivel DEPO_DAN e DEPO_DAN+

    Para obter a categoría DEPO_DAN e DEPO_DAN+ as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

    • Nacer na provincia de Pontevedra ou estar empadroadas nesta polo menos desde o 1 de xaneiro de 2023.

    • Estar recoñecidas coa condición de alto nivel pola Comunidade Autónoma de Galicia (DGAN) ou polo Estado español (DAN) no momento da presentación da solicitude.

    • A condición da categoría DEPO_DAN e DEPO_DAN+ poderá recoñecérselles a deportistas, adestradoras e adestradores e xuízas e xuíces-árbitro.

    • Estar en posesión dunha licenza deportiva vixente expedida por unha federación deportiva.

    • Non estar a cumprir, no momento da presentación da solicitude, ningunha sanción disciplinaria deportiva ou administrativa firme por cometer unha infracción de carácter grave ou moi grave, ou por dopaxe.

    1.2 Categoría de alto nivel de base DEPO_TALENTO

    Para obter a categoría DEPO_TALENTO as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

    • Nacer na provincia de Pontevedra ou estar empadroadas nesta polo menos desde o 1 de xaneiro de 2023.

    • Nacer entre 2007 e 2012 (ambos os dous incluídos).

    • A condición da categoría DEPO_TALENTO poderá recoñecérselles só ás e aos deportistas.

    • Acreditar o nivel deportivo esixido pola Deputación de Pontevedra para recibir unha das axudas definidas no apartado 4 para o grupo B. Para acreditar o nivel deportivo, a Deputación de Pontevedra esixe que no ano 2023 quedasen entre os tres primeiros postos no Campionato de España ou participasen nun campionato de Europa ou
    do mundo.

    • Estar en posesión dunha licenza deportiva vixente expedida por unha federación deportiva.

    • Non estar a cumprir, no momento da presentación da solicitude, ningunha sanción disciplinaria deportiva ou administrativa firme por cometer unha infracción de carácter grave ou moi grave, ou por dopaxe.

    Terceira. Persoas beneficiarias das axudas

    Poderán ser beneficiarias das axudas as e os deportistas que obteñan o recoñecemento da categoría de alto nivel e alto nivel de base da Deputación de Pontevedra no ano 2024. Só se poderá solicitar unha única axuda por deportista.

    Non poderán beneficiarse destas as e os deportistas que concorran nalgunha das
    circunstancias previstas nos artigos 13.2 da LXS e 10.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG).

    O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles e comezará a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do seu extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base de Datos Nacional de Subvencións.

    https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/08/20/2024055171

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL POR REDUCCIÓN DA XORNADA DE TRABALLO

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

    ORDE do 2 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación da vida familiar e laboral por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento SI440A).

    Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas que no período comprendido entre o 1 de agosto de 2023 e o 31 de xullo de 2024, ambos os dous incluídos, se acollan á medida de redución de xornada para o coidado dun fillo ou filla menor de tres (3) anos, ou menor de doce (12) anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %, e que reúnan os seguintes requisitos:

    a) No caso de unidades familiares non monoparentais de persoas proxenitoras de distinto sexo, co obxectivo de fomentar a corresponsabilidade, poderán ser beneficiarios os homes que se acollan á redución de xornada laboral para o coidado de fillas e fillos segundo o establecido no artigo 6 desta orde e sexan traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario.

    b) No caso de unidades familiares non monoparentais de persoas proxenitoras do mesmo sexo, poderá ser beneficiaria a persoa, home ou muller, que se acolla á redución de xornada laboral para o coidado de fillas e fillos segundo o establecido no artigo 6 desta orde e sexa persoa traballadora por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario.

    c) No caso de unidades familiares monoparentais, poderá ser beneficiaria a persoa, home ou muller, que se acolla á redución de xornada laboral para o coidado de fillas e fillos, segundo o establecido no artigo 6 desta orde, e sexa persoa traballadora por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario.

    Accións subvencionables

    1. A redución da xornada de traballo para o coidado dunha filla ou dun fillo menor de tres (3) anos ou menor de doce (12) anos no suposto de que teña recoñecida unha discapacidade de porcentaxe igual ou superior ao 33 %. Inclúese tamén a modalidade de redución de xornada por coidado dunha filla ou fillo afectada/o por cancro ou por calquera enfermidade grave que non reciba a prestación económica regulada no Real decreto 1148/2011, do 29 de xullo, para a aplicación e desenvolvemento, no sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave. Non será subvencionable a redución de xornada que se acolla ao disposto no artigo 106.1.b) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego publico de Galicia. A redución de xornada terá que ser de, polo menos, o 12,5 % da xornada. Así mesmo, poderán acollerse a esta axuda as persoas traballadoras que, cumprindo os requisitos establecidos neste artigo, adopten unha persoa menor ou a teñan en situación de acollemento familiar, en calquera das súas modalidades. Nestes supostos, para ter dereito á axuda non poderán ter transcorrido tres (3) anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola cal se constitúe a adopción, ou doce (12) anos se o/a menor ten recoñecida unha discapacidade de porcentaxe igual ou superior ao 33 %. En calquera caso, a filla ou fillo por quen se solicita a axuda terá que ser menor de doce (12) anos.

    2. O período máximo subvencionable, continuado ou fraccionado, será de oito (8) meses comprendidos entre o 1 de agosto de 2023 e o 31 de xullo de 2024, ambos os dous incluídos. Serán acumulables todos os períodos traballados con redución de xornada nos cales se cumpran os requisitos entre o 1 de agosto de 2023 e o 31 de xullo de 2024, ambos os dous incluídos, co límite máximo de oito (8) meses.

    A contía desta axuda determinarase en función da porcentaxe de redución da xornada laboral e da súa duración, en atención ao número de fillas e fillos a cargo da persoa solicitante, de acordo cos seguintes tramos e custos unitarios: a) Cando a redución de xornada sexa de entre o 12,5 % e ata o 25 % dunha xornada laboral a tempo completo e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses): 1º. Cun fillo ou filla a cargo: 1.700,00 euros (custo unitario nº 1). 2º. Con dous fillos ou fillas a cargo: 2.000,00 euros (custo unitario nº 2). 3º. Con tres ou máis fillos ou fillas a cargo: 2.300,00 euros (custo unitario nº 3).

    b) Cando a redución de xornada sexa superior ao 25 % e ata o 37,50 % dunha xornada laboral a tempo completo e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses): 1º. Cun fillo ou filla a cargo: 2.800,00 euros (custo unitario nº 4).

    2º. Con dous fillos ou fillas a cargo: 3.100,00 euros (custo unitario nº 5). 3º. Con tres ou máis fillos ou fillas a cargo: 3.400,00 euros (custo unitario nº 6). c) Cando a redución de xornada sexa superior ao 37,50 % dunha xornada laboral a tempo completo e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses): 1º. Cun fillo ou filla a cargo: 3.100,00 euros (custo unitario nº 7). 2º. Con dous fillos ou fillas a cargo: 3.400,00 euros (custo unitario nº 8). 3º. Con tres ou máis fillos ou fillas a cargo: 3.700,00 euros (custo unitario nº 9).

    3. Para o cómputo do número de fillos e fillas, teranse en conta unicamente os fillos e fillas menores de doce (12) anos, nalgún momento do período subvencionable, incluíndo aqueles polos/as cales se solicita a redución de xornada.

    4. A contía da axuda reducirase proporcionalmente cando o período subvencionable sexa inferior a oito (8) meses ou cando a xornada se realice a tempo parcial. Para o cálculo da contía da axuda, computaranse meses de treinta (30) días.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240808/AnuncioG0762-010824-0002_gl.pdf

     

  • CONVOCANSE EN GALICIA AS AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE DIVERSAS ACTUACIÓNS DE MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS DE TELECOMUNICACIÓNS EN EDIFICIOS (FONDOS EUROPEOS)

    AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

    RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a execución de diversas actuacións de mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios, no marco do investimento C15.I4 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o período 2024 (código de procedemento AP400C).

    Os proxectos presentados deberán dar cumprimento ao especificado no artigo 4 das bases reguladoras. En concreto, as subvencións destinaranse a cubrir investimentos e gastos directamente relacionados para desenvolver as seguintes actuacións:

    a) Liña de actuación 1: infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida (instalación completa), tal e como se describen no artigo 4.1.a) das bases reguladoras.

    b) Liña de actuación 2: infraestrutura de telecomunicacións adaptada para radiodifusión sonora, televisión dixital e banda larga ultrarrápida (instalación parcial), tal e como se describen no artigo 4.1.b) das bases reguladoras.

    c) Liña de actuación 3: infraestrutura de telecomunicacións adaptada, exclusivamente, para banda larga ultrarrápida, tal e como se describen no artigo 4.1.c) das bases reguladoras.

    IMPORTE DA SUBVENCIÓN:

    a) Liña de actuación 1: importe máximo de subvención de 680,00 € por unidade inmobiliaria, ata un máximo por proxecto de 23.800,00 €.

    b) Liña de actuación 2: importe máximo de subvención de 600,00 € por unidade inmobiliaria, ata un máximo por proxecto de 21.000,00 €.

    c) Liña de actuación 3: importe máximo de subvención de 485,00 € por unidade inmobiliaria, ata un máximo por proxecto de 16.975,00 €.

    A intensidade máxima destas subvencións será do cen por cento (100 %) do custo elixible do proxecto.

    O prazo para a presentación das solicitudes de subvención iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e durará ata o 16 de setembro de 2024, incluído. Este prazo poderá ser ampliado no caso da existencia de crédito dispoñible, ou ben no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240807/AnuncioG0177-290724-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS NA MODALIDADE DE ENSINANZAS ARTÍSTICAS PROFESIONAIS NO ÁMBITO DA MÚSICA, DA DANZA E DAS ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

    ORDE do 24 de xullo de 2024 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311F).

    Poderase conceder ata un máximo de seis premios extraordinarios, coa seguinte distribución: tres (3) premios no ámbito de música, un (1) no ámbito de danza e dous (2) no ámbito de artes plásticas e deseño. Non se poderá conceder máis dun premio por especialidade no ámbito de música ou por familia profesional no ámbito de artes plásticas e deseño.

    O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 16 de setembro de 2024.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240805/AnuncioG0761-240724-0001_gl.pdf