Sección: Outras axudas e subvencións

  • CONVOCATORIA BONO NOVA OPORTUNIDADE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS (TR790A)

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021- 2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento  TR790A)

    Programa II. Bono nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas (TR790A)

    A finalidade deste Programa é a concesión de axudas dirixidas ás persoas autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como autónomas e son demandantes de emprego no momento previo a nova alta como persoa traballadora autónoma.

    Requisitos :

    a) Ter causado alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 31 de outubro de 2024 ao 30 de setembro de 2025, e atoparse de alta no momento da solicitude.

    b) Ter unha alta inicial no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade, antes desta nova alta, dentro dos últimos 5 anos desde a data da publicación desta orde.

    c) Ter cotizado anteriormente a esta nova alta, polo menos durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional).

    d) Estar inscrita como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo a nova alta, e carecer de ocupación efectiva, non ter contrato laboral en vigor e atoparse en tal situación na data inmediatamente anterior á de inicio da actividade laboral, mantendo a alta no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade correspondente, no momento da tramitación, e durante un tempo mínimo de vinte e catro (24) meses desde a nova alta.

    e) Transcorrer un período mínimo de seis (6) meses entre a nova alta como persoa traballadora autónoma no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade correspondente, e a anterior baixa no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade correspondente.

    f) Ter o domicilio fiscal en Galicia, con anterioridade a nova alta como persoa traballadora autónoma, e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.

    g) Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.

    h) Ter dado a baixa no Imposto de Actividades Económicas da actividade precedente.

    A axuda do bono nova oportunidade será dunha contía única de 7.500 €, dirixida ás persoas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 33, contía que se incrementará en 500 € no caso de que a beneficiaria sexa unha muller.

    Acceso á orde da convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250117/AnuncioG0767-271224-0013_gl.html

    Acceso ao procedemento: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR790A&ano=2025&numpub=1&lang=gl

    APERTURA DE PRAZO: 24 DE XANEIRO

  • CONVOCATORIA DA COÑECIDA COMO AXUDA DE AUTÓNOMOS/AS DA XUNTA DE GALICIA (FONDOS EUROPEOS)

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021- 2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR341D)

     Programa I: Promoción do Emprego Autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341D).

    A finalidade deste programa é a concesión de 2 liñas de axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo e mantemento da súa actividade laboral.

    Ao abeiro deste Programa subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e os gastos de mantemento da actividade, que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 30 de setembro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025, ambas inclusive.

    Establécense 2 liñas de axudas:

    a) Liña 1: unha axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma, cun importe de 19.356.500 €.

    b) Liña 2: unha axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses da contía da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 ter da Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, cun importe de 9.600.000 €.

    Persoas beneficiarias e requisitos

    1. Serán beneficiarias aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 7 desta orde e que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, ambas inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as seguintes condicións: 1.1. Para a liña 1:

    a) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, no momento da alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua correspondente, carecendo de ocupación efectiva segundo o disposto artigo 5.1.

    b) Ser titular ou cotitular do negocio ou explotación e ter iniciada a actividade laboral con anterioridade á presentación da solicitude da subvención, e non ter ningunha alta inicial anterior como persoa traballadora autónoma nos cinco (5) anos inmediatamente anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG, salvo que dita alta houbera sido como persoa autónoma colaboradora.

    c) Atoparse de alta no Imposto de Actividades Económicas.

    d) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037). e) Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda.

    Para a liña 2:

    a) Ser persoa autónoma beneficiaria da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 ter da Lei 20/2007, de 11 de xullo no momento de presentación da solicitude.

    b) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, no momento da alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua, carecendo de ocupación efectiva segundo o disposto no artigo 5.1.

    c) Ter iniciada a actividade, segundo a definición do artigo 5.3), con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.

    d) Atoparse de alta no Imposto de Actividades Económicas.

    e) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).

    f) Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda.

    g) No suposto de persoas socias de sociedades mercantís, sociedades laborais, cooperativas de traballo asociado e administradores das mesmas, estas deberán ser de nova creación, isto é aquelas que inicien a actividade empresarial desde o 30 de setembro de 2024, segundo a data que figure no Imposto de actividades económicas ou, no seu caso, na data de alta no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal da Administración Tributaria.

    As 2 liñas de axuda establecidas neste capítulo son compatibles entre si, e o seu obxecto é o de axudar ás persoas desempregadas ao inicio e ao mantemento do seu emprego como persoas traballadoras autónomas e deste xeito facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral.

    ACCESO AO TRÁMITE: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341D&ano=2025&numpub=1&lang=gl

    APERTURA DE PRAZO: 24 DE XANEIRO

    ORDE DA CONVOCATORIA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250117/AnuncioG0767-271224-0013_gl.html

  • INSTITUTO DE VIVENDA CONVOCA AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN E RENOVACIÓN NAS ÁREAS DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO (…)

    INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

    RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2024 pola que se convoca o Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra para o ano 2025 (código de procedemento VI408Q).

    Persoas e entidades beneficiarias

    a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

    b) As agrupacións de persoas propietarias.

    c) As persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de edificios ou vivendas.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o 27 de xaneiro de 2025 e rematará o 27 de febreiro de 2025, e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS. As solicitudes presentadas fóra do prazo anterior serán inadmitidas

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250120/AnuncioC3Q2-080125-0005_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

    ORDE do 3 de xaneiro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento SI434A).

    O prazo para a presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto ata o 31 de decembro de 2025.

    A contía que poderá acadar esta axuda establécese en función das rendas e ingresos da solicitante en relación co indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente, de acordo coas seguintes especificacións:

    a) Se os ingresos da solicitante son iguais ou inferiores ao IPREM vixente, e ata un máximo de doce mensualidades:

    1º. Con carácter xeral: 600 euros/mes.

    2º. Cando a solicitante tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida, ou unha discapacidade ≥ 33 %: 650 euros/mes.

    3º. Cando a solicitante tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida, e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33 %: 700 euros/mes.

    4º. Cando a solicitante tivese ao seu cargo dúas/dous ou máis fillas/os menores ou menores en acollida: 700 euros/mes.

    5º. Cando a solicitante tivese ao seu cargo dúas/dous ou máis fillas/os menores ou menores en acollida, e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33 %: 800 euros/mes.

    6º. Cando a solicitante tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida, e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 65 % ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia: 800 euros/mes.

    b) Se os ingresos da solicitante son superiores ao IPREM vixente e iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, e ata un máximo de doce mensualidades:

    1º. Con carácter xeral: 300 euros/mes.

    2º. Cando a solicitante tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida, ou unha discapacidade ≥ 33 %: 350 euros/mes.

    3º. Cando a solicitante tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida, e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33 %: 400 euros/mes.

    4º. Cando a solicitante tivese ao seu cargo dúas/dous ou máis fillas/os menores ou menores en acollida: 400 euros/mes.

    5º. Cando a solicitante tivese ao seu cargo dúas/dous ou máis fillas/os menores ou menores en acollida, e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33 %: 500 euros/mes.

    6º. Cando a solicitante tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida, e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 65 % ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia: 500 euros/mes.

    c) Se os ingresos da solicitante son superiores a 1,5 veces o IPREM vixente e iguais ou inferiores ao dobre do IPREM vixente, e ata un máximo de doce mensualidades:

    1º. Con carácter xeral: 200 euros/mes.

    2º. Cando a solicitante tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida, ou unha discapacidade ≥ 33 %: 250 euros/mes.

    3º. Cando a solicitante tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida, e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33 %: 300 euros/mes.

    4º. Cando a solicitante tivese ao seu cargo dúas/dous ou máis fillas/os menores ou menores en acollida: 300 euros/mes.

    5º. Cando a solicitante tivese ao seu cargo dúas/dous ou máis fillas/os menores ou menores en acollida, e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33 %: 400 euros/mes.

    6º. Cando a solicitante tivese ao seu cargo unha/un filla/o menor ou menor en acollida, e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 65 % ou teñan recoñecido grao de dependencia de acordo coa Lei 39/2006, do 14 de decembro: 400 euros/mes.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250120/AnuncioG0762-070125-0003_gl.pdf

    No caso da ESTRADA podes dirixirte ao CIM (Planta baixa do concello; entrando á man dereita) ou chamando ao teléfono 986 677 719

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA DE AXUDAS DIRIXIDO A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS (PARCIALMENTE FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA)

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021- 2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento TR341D, TR790A, TR341Q, TR353D e TR341R).

    O obxecto da presente orde é establecer as bases reguladoras polas cales se rexerán as subvencións ás persoas traballadoras autónomas a través dos seguintes programas, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025:

    Programa I: Promoción do Emprego Autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341D), destinado a apoiar as persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial como persoas traballadoras autónomas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027. b)

    Programa II: Nova Oportunidade das persoas traballadoras autónomas (TR790A), destinado a facilitar a volta á actividade económica da persoa traballadora autónoma que non tivo éxito no seu anterior intento.

    Programa III: Bono das persoas traballadoras autónomas (TR341Q), destinado a apoiar a consolidación de proxectos que superaron os 42 meses de vida, co obxecto de mellorar a súa competitividade.

    Programa IV: Bono Remuda das persoas traballadoras autónomas (TR353D), destinado a evitar o peche de negocios por falta de relevo xeracional.

    Programa V: Axudas á conciliación das persoas traballadoras autónomas (TR341R), destinado a apoiar e promover a conciliación das persoas traballadoras autónomas.

    O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o 24 de xaneiro de 2025 e rematará o 30 de setembro de 2025.

    1. Programa I: Promoción do Emprego Autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341D).

    A finalidade deste programa é a concesión de 2 liñas de axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo e mantemento da súa actividade laboral.

    Ao abeiro deste Programa subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e os gastos de mantemento da actividade, que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 30 de setembro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025, ambas inclusive.

    Establécense 2 liñas de axudas:

    a) Liña 1: unha axuda para o inicio da actividade económica e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma, cun importe de 19.356.500 €.

    b) Liña 2: unha axuda para sufragar os gastos do mantemento da actividade por conta propia, equivalente a 12 meses da contía da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 ter da Lei 20/2007, de 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, cun importe de 9.600.000 €.

    Persoas beneficiarias e requisitos

    1. Serán beneficiarias aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 7 desta orde e que causen alta definitiva no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, ambas inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as seguintes condicións: 1.1. Para a liña 1:

    a) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, no momento da alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua correspondente, carecendo de ocupación efectiva segundo o disposto artigo 5.1.

    b) Ser titular ou cotitular do negocio ou explotación e ter iniciada a actividade laboral con anterioridade á presentación da solicitude da subvención, e non ter ningunha alta inicial anterior como persoa traballadora autónoma nos cinco (5) anos inmediatamente anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG, salvo que dita alta houbera sido como persoa autónoma colaboradora.

    c) Atoparse de alta no Imposto de Actividades Económicas.

    d) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037). e) Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda.

    Para a liña 2:

    a) Ser persoa autónoma beneficiaria da cota reducida regulada no apartado 1 do artigo 38 ter da Lei 20/2007, de 11 de xullo no momento de presentación da solicitude.

    b) Estar inscrita como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, no momento da alta en vida laboral como persoa autónoma ou, no caso de mutualistas, mediante certificado da mutua, carecendo de ocupación efectiva segundo o disposto no artigo 5.1.

    c) Ter iniciada a actividade, segundo a definición do artigo 5.3), con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.

    d) Atoparse de alta no Imposto de Actividades Económicas.

    e) Desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).

    f) Ter o domicilio fiscal en Galicia con anterioridade á solicitude da axuda.

    g) No suposto de persoas socias de sociedades mercantís, sociedades laborais, cooperativas de traballo asociado e administradores das mesmas, estas deberán ser de nova creación, isto é aquelas que inicien a actividade empresarial desde o 30 de setembro de 2024, segundo a data que figure no Imposto de actividades económicas ou, no seu caso, na data de alta no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal da Administración Tributaria.

    As 2 liñas de axuda establecidas neste capítulo son compatibles entre si, e o seu obxecto é o de axudar ás persoas desempregadas ao inicio e ao mantemento do seu emprego como persoas traballadoras autónomas e deste xeito facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral.

    2) Programa II. Bono nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas (TR790A)

    A finalidade deste Programa é a concesión de axudas dirixidas ás persoas autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como autónomas e son demandantes de emprego no momento previo a nova alta como persoa traballadora autónoma.

    Requisitos :

    a) Ter causado alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 31 de outubro de 2024 ao 30 de setembro de 2025, e atoparse de alta no momento da solicitude.

    b) Ter unha alta inicial no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou mutualidade, antes desta nova alta, dentro dos últimos 5 anos desde a data da publicación desta orde.

    c) Ter cotizado anteriormente a esta nova alta, polo menos durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional).

    d) Estar inscrita como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo a nova alta, e carecer de ocupación efectiva, non ter contrato laboral en vigor e atoparse en tal situación na data inmediatamente anterior á de inicio da actividade laboral, mantendo a alta no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade correspondente, no momento da tramitación, e durante un tempo mínimo de vinte e catro (24) meses desde a nova alta.

    e) Transcorrer un período mínimo de seis (6) meses entre a nova alta como persoa traballadora autónoma no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade correspondente, e a anterior baixa no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade correspondente.

    f) Ter o domicilio fiscal en Galicia, con anterioridade a nova alta como persoa traballadora autónoma, e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.

    g) Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude de subvención. h) Ter dado a baixa no Imposto de Actividades Económicas da actividade precedente.

    A axuda do bono nova oportunidade será dunha contía única de 7.500 €, dirixida ás persoas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 33, contía que se incrementará en 500 € no caso de que a beneficiaria sexa unha muller.

    3) Programa III. Bono autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341Q)

    Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste capítulo.

    1. As persoas traballadoras autónomas de alta no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia de Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, que na data da solicitude teñan o domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

    a) Que teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos computados desde a data da solicitude, na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.

    b) Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas, declarados na declaración do IRPF anual referida ao ano 2023, inferior a 50.000 euros.

    c) Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2023.

    2. As sociedades de calquera clase, incluídas as unipersonais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, e que cumpran os seguintes requisitos:

    a) Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.

    b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído na declaración referida ao ano 2023.

    c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2023, inferior a 50.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto do sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas este importe de 50.000 euros referirase á suma de todos os rendementos netos reducidos (rendementos da actividade económica da entidade solicitante), declarados no IRPF de cada un dos membros da entidade solicitante (modelo 184)

    Liñas de axuda e contía da subvención

    1. Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias deste programa, unha subvención do 60 % de cada unha dos investimentos a subvencionar, cun límite máximo de 7.000 euros totais de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria. 2. Esta axuda diríxese á mellora da competitividade, a través dos seguintes tipos de investimentos:

    • Compra de maquinaria.

    • Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.

    • Inversións para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.

    • Compra de utillaxe e ferramentas.

    • Reforma do local ou espazo do negocio.

    • Equipamento informático.

    • Equipamento de oficina e/ou negocio.

    • Rótulos.

    • Aplicacións informáticas, creación e desenvolvemento de páxinas web, apps e redes sociais.

    • Deseño de marca.

    4) Programa IV. Bono remuda para o fomento da remuda xeracional de negocios (TR353D)

    Este programa ten como finalidade evitar o peche de negocios por falta de remuda xeracional, ao tempo que facilita que as persoas interesadas en emprender teñan a posibilidade de recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente.

    Poderán ser beneficiarias do Bono Remuda as persoas traballadoras autónomas, as persoas profesionais que estean dadas de alta no RETA ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social, así como as persoas mutualistas, e as sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, segundo alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal da Administración Tributaria, modelos 036 ou 037.

    5) Programa V. Axudas á conciliación das persoas traballadoras autónomas (TR341R)

    A finalidade deste programa é apoiar a conciliación da vida familiar e laboral de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante:

    O Bono Autónomo Concilia I (contratación dunha persoa traballadora para apoio no negocio durante o período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento).

    Axudas dirixidas á contratación no período subvencionable, que comprende do 1 de outubro de 2024 a 30 de setembro de 2025, dunha persoa traballadora para a substitución da persoa autónoma no seu negocio nos casos de maternidade ou paternidade, unha vez iniciado o seu período de descanso por nacemento, adopción ou acollemento.

    – O Bono Autónomo Concilia II (contratación dunha persoa traballadora para apoio no coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia).

    Axudas dirixidas á contratación indefinida, no período subvencionable, que comprende do 1 de outubro de 2024 a 30 de setembro de 2025, dunha persoa traballadora para apoiar á persoa autónoma no coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia (graos I, II e III) ao seu cargo, independentemente de que existiran ou non situacións de maternidade ou paternidade ou asimiladas.

    – O Bono Autónomo Concilia III (apoio nos custos dos centros e/ou servizos para o coidado de menores e maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia).

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250117/AnuncioG0767-271224-0013_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DIRIXIDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA E A FORMACIÓN DE PERSOAS ASALARIADAS

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR349F)

    A finalidade do programa é favorecer a creación de novos empregos estables e contribuír ao crecemento de pequenas unidades produtivas con potencialidade para a creación de emprego, a través da concesión dunha contía fixa que contribúa a que as persoas autónomas fagan fronte á contratación de persoas traballadoras. Este programa inclúe dous tipos de axudas compatibles entre si:

    1. Bono de contratación, cuxas particularidades se recollen no capítulo II desta orde, e por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

    2. Bono de formación (opcional), cuxas particularidades se recollen no capítulo III desta orde, e por medio do cal se proporcionará unha subvención ás persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, para que leven a cabo accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras cuxos contratos se subvencionan por medio desta orde, co obxecto de mellorar os seus coñecementos e as habilidades relacionadas co posto de traballo.

    Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia, pola primeira, segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido.

    O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día 24 de xaneiro de 2025 e rematará o 30 de setembro de 2025.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250117/AnuncioG0767-271224-0011_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DENTRO DO PLAN ESPECÍFICO DE ACCIÓN COMUNITARIA DESTINADAS A ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS, COMUNIDADES DE USUARIOS DE AUGAS E ASOCIACIÓNS DE MULLERES RURAIS

    CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

    ORDE do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (código de procedemento PR487A).

    Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles de titularidade da entidade solicitante ou sobre os cales teña un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título, así como equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade e o seu funcionamento ordinario, e as obras nas traídas de auga comunitarias.

    Para os efectos desta orde, considéranse subvencionables os seguintes proxectos:

    a) Liña 1: as obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais en que a entidade veciñal ou de mulleres rurais desenvolve a súa actividade e as obras de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias, promovidas por comunidades de usuarios de augas.

    b) Liña 2: a adquisición de equipamentos básicos dos locais, necesarios para o funcionamento ordinario da entidade, integrado por mobiliario, equipamentos de oficina, equipamento informático ou equipamento acústico e audiovisual; e a adquisición doutro equipamento ou mobiliario para actividades específicas, que non terá carácter básico.

    As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    Desde o Concello da Estrada botarémosvos unha man para a súa tramitación; podedes chamarnos ao teléfono 986 677 740 ou pasarte pola nosa oficina (1ºandar do concello) sen necesidade de cita previa.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250115/AnuncioG0759-301224-0002_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDAS NA NOSA COMUNIDADE AUTÓNOMA

    INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

    RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2024 pola que se procede á convocatoria do programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (código de procedemento VI501A).

    Esta resolución ten por obxecto convocar para a anualidade 2025 o Programa de axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia, que comprende as tres modalidades que se describen a continuación, as cales se tramitarán co código de procedemento VI501A:

    – Modalidade A. Adquisición de vivendas localizadas nun municipio pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes.

    – Modalidade B. Adquisición de vivendas situadas no ámbito dun centro histórico.

    – Modalidade C. Adquisición de vivendas cualificadas definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral ou especial.

    Para poder optar á axuda é preciso que:

    a) Na modalidade A, a vivenda debe estar localizada nun municipio pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes.

    b) Na modalidade B, a vivenda debe estar situada no ámbito dun centro histórico dos citados no anexo da Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se determinan os centros históricos, para os efectos das deducións previstas nos números 14 do artigo 5, e 6 e 7 do artigo 13 ter do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo.

    c) Na modalidade C, a vivenda debe ter sido cualificada definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral ou especial na data de publicación da correspondente convocatoria.

    A contía máxima da axuda determinarase en función da modalidade da axuda que se solicite e terá o límite do 20 % do prezo de adquisición da vivenda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250114/AnuncioC3Q2-070125-0001_gl.pdf

  • IGAPE CONVOCA AXUDAS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE DA INNOVACIÓN DAS EMPRESAS EN GALICIA (PROGRAMA IGAPE INNOVA)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

    RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a mellora da capacidade da innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño e innovación (programa Igape Innova) e se convocan para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408L).

    Persoas beneficiarias

    As pequenas e medianas empresas galegas (pemes) ou cun centro de traballo en Galicia para as liñas 1 e 2 e as grandes empresas galegas ou cun centro de traballo en Galicia para a liña 2. Consideraranse pemes as empresas que, á data da solicitude, respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 e con forma xurídica de sociedade mercantil.

    Igape Innova financiará actividades integradas en plans de deseño e innovación, segundo a súa finalidade, mediante as seguintes liñas de actuación:

    Liña 1. Plans de innovación en procesos e organización.

    Liña 2. Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade.

    O prazo de presentación de solicitudes da axuda comezará a computar 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e será dun mes contado desde as 9.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o citado prazo dun mes.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250114/AnuncioO92-090125-0003_gl.pdf

     

  • IGAPE CONVOCA AXUDAS A MELLORA DA CAPACIDADE DE INNOVACIÓN E DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO (PROGRAMA TICKET INNOVA)

    INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

    RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2024 pola que se da publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a mellora da capacidade de innovación e o desenvolvemento tecnolóxico das empresas en Galicia, a través da aplicación de servizos de innovación, programa Tícket Innova para o ano 2025, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408K).

    Persoas beneficiarias

    As pequenas e medianas empresas galegas (pemes) ou cun centro de traballo en Galicia. Para os efectos das presentes bases, consideraranse pemes as empresas que, na data da solicitude, respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014 e con forma xurídica de sociedade mercantil.

    Existen 6 modalidades de tíckets Innova:

    a) Estratexia e xestión da innovación.

    – Estudos de viabilidade tecnolóxica e industria.

    – Estudos de vixilancia tecnolóxica e estado da técnica.

    – Auditoría/consultoría en produto/servizo.

    – Estudos de mercado, ensaios, análese e validación experimental de novos prototipos de novos produtos e/ou servizos, procesos piloto, novos métodos ou materiais.

    – Obtención de certificacións de normas oficiais vinculadas á actividade innovadora. – Asesoramento para a identificación, monitorización e acompañamento de licitacións de CPI (compra pública de innovación).

    – Actividades de deseño industrial, enxeñaría e posta a punto de novos sistemas de produción vinculados a novos produtos, procesos ou servizos diferenciadores.

    b) Deseño para a innovación.

    – Conceptualización e deseño de novos produtos e servizos diferenciais.

    – Deseño de marca e identidade corporativa.

    c) Xestión da protección do coñecemento da innovación.

    – Asesoramento na xestión da protección do coñecemento da innovación industrial, patentes, marcas comerciais e deseños industriais, etc.

    d) Certificacións para as deducións fiscais en I+D+i.

    e) Preparación de propostas a programas e axudas europeas.

    f) Deseño de novos procesos ou servizos baseados en tecnoloxías dixitais emerxentes.

    – Realidade aumentada, a impresión 3D, a automatización avanzada e robótica, así como internet das cousas ou sistemas intelixentes embebidos.

    O prazo de presentación das solicitudes de axuda comezará a computarse 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2025 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250113/AnuncioO92-171224-0001_gl.pdf