Sección: Outras axudas e subvencións

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA DE AXUDAS PARA IMPLANTAR A IGUALDADE LABORAL, A CONCILIACIÓN E A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D)

    Beneficiarias

    As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas. Para as liñas II e III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.

    No caso da liña I, as empresas deberán contar como mínimo con dez persoas traballadoras e cun máximo de 49.

    Para a liña II, se a solicitude é para as subliñas 1 e 3, as empresas deberán contar cun mínimo dunha persoa traballadora, e se a solicitude é para a subliña 2, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras. Para a liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de cinco persoas traballadoras.

     Poderán ser subvencionables as accións para as que se concede a axuda ou incentivo que se realicen entre o día 1 de xaneiro de 2025 e ata a data de final do prazo de xustificación das actividades establecido no artigo 35.

    Esta orde de convocatoria estrutúrase en tres liñas de axudas:

    Liña I. Elaboración e implantación de plans de igualdade (TR357C) nos termos definidos no capítulo III do Real decreto 901/2020, do 13 de outubro, polo que se regulan os plans de igualdade e o seu rexistro e se modifica o Real decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

    Liña II. Conciliación (TR357D) que, pola súa vez, comprende tres subliñas:

    Subliña II.1. Incentivos para fomento do teletraballo: incentivarase a adopción de acordos laborais de teletraballo.

    Subliña II.2. Incentivos para o fomento da flexibilidade horaria. Incentivarase a adopción de acordos laborais de flexibilidade horaria.

    Subliña II.3. Subvencións para a adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten o teletraballo. Liña III. Certificacións de RSE (TR357B).

    Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial.

    Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: Empresa Familiarmente Responsable-EFR (conciliación); Global Reporting Initiative (GRI); United Nations Global Compact (Pacto Mundial); ISO 37301; SGE 21; Global Accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente); ISO 16064; UNE-ISO 21401; ISO 50001; SA 8000, IQNet SR10, BEQUAL (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), certificación empresa saudable, e, así mesmo, o Selo Horarios Racionais (SHR).

    O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250131/AnuncioG0767-301224-0007_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA O BONO EMANCÍPATE (2)

    CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

    ORDE do 3 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas económicas a través do Bono Emancípate, no ano 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CT501B).

    Esta orde ten por obxecto establecer os requisitos e o procedemento de concesión dunha axuda económica a través do Bono Emancípate destinada ás persoas mozas traballadoras que aluguen ou adquiran en propiedade unha vivenda, para contribuír a sufragar os gastos derivados da súa emancipación nunha vivenda distinta da dos/das seus/súas proxenitores/as, que non sexan os do prezo de adquisición ou da renda de alugamento, como son os derivados dunha mudanza, a adquisición de mobiliario e artigos de decoración en xeral, electrodomésticos, enxoval de cociña e baño, téxtil de fogar e gastos de xestoría ou notaría.

    A axuda farase efectiva a través dunha tarxeta virtual, a cal só poderá ser utilizada en establecementos de venda de mobiliario, de electrodomésticos, tendas de decoración e outros establecementos especializados, grandes superficies, empresas de mudanzas, xestorías e notarías, que teñan establecemento aberto no territorio da Comunidade Autó‑ noma de Galicia, para os gastos incluídos no artigo 7 desta orde. Esta tarxeta non poderá ser utilizada en compras a distancia.

    Poderán beneficiarse desta axuda as persoas físicas maiores de idade que reúnan todos e cada un dos requisitos seguintes:

    1.1. Ter menos de 36 anos de idade no momento de solicitar a axuda.

    1.2. Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación.

    No caso das persoas estranxeiras non comunitarias deberán acharse en situación de estancia ou residencia regular en España.

    1.3. Dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos na data da solicitude.

    Mediante esta orde subvenciónase, a través do Bono Emancípate, nos establecementos de venda de mobiliario, de electrodomésticos, tendas de decoración e outros establece‑ mentos especializados, grandes superficies, empresas de mudanzas, xestorías e notarías, que teñan establecemento aberto no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a adquisición dos seguintes bens e servizos:

    – Mobles de salón/comedor: sofá, mesa de comedor, cadeira/s, lámpada de pé ou de teito, mesa auxiliar, moble de TV, estante.

    – Mobles de cuarto: cabeceiro, estrutura de cama, somier, colchón, almofada, aparador, armario, lámpada de pé ou de teito, mesa auxiliar.

    – Mobles de cociña: mesa, cadeira/s, estante, lámpada de teito.

    – Mobles de baño: estante, moble de lavabo, cadeira, biombo ou cortina de ducha.

    – Electrodomésticos: forno convencional, forno microondas, lavadora, secadora, frigorí‑ fico, deshumidificador, radiador.

    – Artigos de decoración: cadros, porta retratos, testos, plantas, alfombras, espellos, floreiros.

    – Enxoval de cociña: potas, cazos, tixolas e similares, vaixela, cubertos e outros utensilios.

    – Enxoval de baño: xaboeira, porta cepillos e similares, espello de aumento.

    – Téxtil de fogar: sabas, edredóns, toallas, mantas.

    – Gastos de mudanza: os derivados do servizo de traslado de mobiliario e útiles desde unha vivenda anterior ata aquela alugada ou adquirida que dá dereito ao cobramento da axuda.

    – Gastos de xestoría e notaría: os honorarios que aplique a xestoría ou a notaría polas xestións derivadas dos contratos de arrendamento ou de compravenda que dan dereito ao cobramento desta axuda.

    A contía total da axuda é de 1.500 € para as persoas mozas que, reunindo os requisitos establecidos nestas bases, soliciten a axuda na súa condición de arrendatarias dunha vivenda diferente da dos/das seus/súas proxenitores/as, e de 3.000 € para as que teñan adquirido unha vivenda en propiedade, con posterioridade ao 31 de maio de 2024 e, en todo caso, antes da data de remate do prazo de solicitudes.

    O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 6 de febreiro de 2025 ata o día 30 de abril de 2025, ambos incluídos, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible, caso en que se observará o disposto no artigo 3.2 da convocatoria.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250128/AnuncioG0766-030125-0003_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA OS PREMIOS FIN DE CARREIRA PARA O ALUMNADO QUE REMATOU OS SEUS ESTUDOS UNIVERSITARIOS NO ANO 2024 NAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS GALEGAS

    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

    ORDE do 10 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos universitarios no ano 2024 nas universidades do Sistema universitario de Galicia (código de procedemento ED415A).

    Poderá solicitar estes premios o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:

    a) Ter o título universitario español polo que opta ao premio ou o depósito deste.

    b) Ter cursado integramente os estudos da titulación universitaria pola que opta ao premio como alumno/a das universidades do Sistema universitario de Galicia.

    c) Ter rematada a titulación oficial de grao no curso académico 2023/24.

    d) No programa de simultaneidade de graos, ter finalizado os dous traballos fin de grao no mesmo ano, no curso académico 2023/24.

    e) Ter unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 puntos, para o alumnado das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e de 7,50 puntos, para o alumnado da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

    f) Non poderán obter un premio fin de carreira aquelas persoas que xa obtiveron un en anteriores convocatorias.

    g) Así mesmo, non poderán optar a un premio aquelas persoas que teñan superado máis dun terzo das materias da titulación por cursos ponte ou recoñecementos.

    As persoas premiadas recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción. O importe do premio estará suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250128/AnuncioG0761-111224-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES EMPRESARIAIS NON AGRÍCOLAS

    AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

    RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de investimento en actividades empresariais non agrícolas e se anuncia a convocatoria para o ano 2025, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento MR708A).

    Poderán ser persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro desta convocatoria de axudas, sempre que cumpran os demais requisitos:

    a) As pequenas empresas situadas en zonas rurais e constituídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2024.

    b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.

    As persoas solicitantes deberán estar suxeitas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos con anterioridade ao 1 de setembro de 2024.

    Nos termos desta resolución, serán subvencionables os proxectos destinados á:

    a) Adquisición de bens de equipamento co obxectivo de mellorar, ampliar e/ou modernizar pequenas empresas que desenvolven actividades produtivas non agrarias nos seguintes sectores e ámbitos de actividade:

    1º. Industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais. Non obstante o anterior, os investimentos relacionados coa utilización da madeira como materia prima ou fonte de enerxía limitaranse ás operacións de segunda transformación.

    2º. Transformación e/ou comercialización de produtos agrarios. Non obstante o anterior, para este sector de actividade excluiranse aqueles proxectos cun orzamento elixible superior a 100.000 €.

    3º. Prestación de servizos en calquera sector económico, con exclusión das empresas de servizos agrícolas e forestais, e das empresas de servizos enerxéticos, así como das empresas que presten servizos nos sectores de hostelaría (incluíndo todo tipo de empresas de aloxamento turístico), hostalaría e restauración.

    4º. Prestación de servizos sociais (gardarías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola…).

    5º. Actividades de lecer, recreativas e deportivas.

    6º. Artesanía e actividades artesanais.

    7º. Actividades nos sectores da enxeñaría, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial e veterinaria.

    8º. Comercio polo miúdo.

     A axuda será do 45 % dos gastos subvencionables.

    Quedarán excluídos aqueles proxectos que presenten un orzamento elixible inferior a 20.000 € e/ou superior a 250.000 €.

    No caso de proxectos promovidos no sector da artesanía, os límites anteriores quedan establecidos en 5.000 € e 100.000 €, respectivamente.

    O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250129/AnuncioO90-261224-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS DO SISTEMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL DOS GRAOS A, B E C E COMPETENCIAS CLAVE DESTINADAS A PERSOAS TRABALLADORAS OCUPADAS

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    Orde do 12 de decembro de 2024 pola se efectúa a segunda convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, destinadas a persoas traballadoras ocupadas, para o exercicio 2025 (código de procedemento TR301X).

    Entidades beneficiarias

    Poderán solicitar e obter a condición de beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as empresas e as entidades sen ánimo de lucro que, con anterioridade á data de presentación da solicitude de subvención, estean acreditadas ou, de ser o caso, inscritas para impartiren no ámbito da Comunidade Autónoma as ofertas formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C e/ou as competencias clave para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial ou virtual, entendida esta última como modalidade de teleformación.

    As entidades solicitantes deberán estar acreditadas ou inscritas para impartir as ofertas de formación profesional dos graos A, B e C, ou as especialidades formativas de competencias clave, no Rexistro de Centros e Entidades de Formación da Comunidade Autónoma de Galicia ou, no caso de que a formación se imparta na modalidade virtual, no correspondente rexistro estatal.

    As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado dispoñible na aplicación SIFO, anexo I, accesible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal ou no enderezo directo https://emprego.xunta.es/sifo-solicitudes

    O prazo de presentación estará aberto desde o día da entrada en vigor da orde ata o 30 de setembro de 2025 ou, de ser o caso, ata que se esgote o crédito orzamentario dispoñible.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250129/AnuncioG0767-131224-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA A TARXETA BENVIDA 2025 (2)

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

    ORDE do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da Tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B)

    Persoas beneficiarias

    1. Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) e que se atopen nun dos seguintes supostos:

    a) Estar na semana 21 ou posterior de xestación entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.

    b) Ter fillas ou fillos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.

    c) Ter constituída a adopción, acollemento familiar permanente ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun o máis menores de ata tres anos de idade entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025.

    2. Así mesmo, poderán beneficiarse da axuda as galegas e galegos e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2025.

    3. Igualmente, aquelas familias que obtivesen a axuda de carácter xeral de 1.200 € nas convocatorias dos anos 2023 e 2024 e non accedesen a ela no segundo ano de vida e ata que o neno faga os tres anos, ou ata que se cumpran tres anos do ditado da resolución nos supostos de adopción ou garda con fins adoptivos por superar os ingresos previstos para iso, poderán beneficiarse na presente convocatoria das contías previstas no artigo 4.2, no caso de experimentar unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito a elas.

    O importe da axuda nestes casos establecerase en función dos meses que resten desde o 1 de xaneiro de 2025 ata que o neno ou nena que dá dereito á axuda faga os tres anos ou ata que se cumpran tres anos do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos.

    Así mesmo, aquelas familias que non optasen á dita axuda nas referidas convocatorias, por superar os ingresos previstos no artigo 5.1.b), e experimentasen unha variación á baixa da renda da unidade familiar e concorran á presente convocatoria, poderán beneficiarse das contías previstas no artigo 4.2 nos termos establecidos no punto anterior.

    Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla durante un ano, a razón de 100 €/mes. No suposto de que o fillo ou filla que dá dereito á axuda sexa o/a terceiro/a ou sucesivo/a da unidade familiar, a contía da axuda será de 2.400 €.

    Serán requisitos necesarios para a concesión desta axuda:

    a) Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia. Para estes efectos, considerarase cumprido o requisito de residencia habitual co empadroamento efectivo nun concello de Galicia.

    b) Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 €. No suposto de que esta contía fose superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €.

    c) Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 € para ter dereito á contía da axuda prevista no artigo 4.2.

    d) Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual nun concello cunha poboación inferior a 5.000 habitantes para ter dereito ao incremento da axuda prevista no artigo 4.3.

    As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal

    Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

    O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produza o nacemento ou se dite a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente.

    Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día do nacemento ou do día en que se ditou a resolución de adopción, de garda con fins adoptivos ou de acollemento familiar permanente.

    No suposto de muller xestante, en calquera momento do ano 2025, sempre que supere as 21 semanas de xestación.

    Orde da convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250129/AnuncioG0762-140125-0001_gl.pdf

    Solicitude: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS403B&ano=2025&numpub=1&lang=gl

    No caso do CONCELLO DA ESTRADA podes dirixirte ao departamento de SERVIZOS SOCIAIS

  • CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN CONVOCA O "PLAN GALICIA EMPREGA" DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR342C).

    A orde regula o Plan Galicia emprega (código de procedemento TR342C) de incentivos á contratación por conta allea dos colectivos vulnerables recollidos no artigo 24.1.a), a través dunha liña de incentivos á contratación por conta allea cuxas particularidades se recollen nesta orde, e que inclúe catro modalidades de axudas:

    a) Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.

    b) Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.

    c) Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.

    d) Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.

    Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde. Tamén poden ser entidades beneficiarias dos incentivos os centros especiais de emprego, excepto para facer contratos con persoas con discapacidade, e as empresas de inserción laboral, excepto para facer contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social.

    O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día 31 de xaneiro de 2025 e rematará o 30 de setembro de 2025.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250124/AnuncioG0767-160125-0005_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA O FINANCIAMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN EN UNIDADES FORMATIVAS DE EMPRESAS PARA O EXERCICIO 2025

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 26 de decembro de 2024 pola que se modifica parcialmente a Orde do 13 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2023-2025 e se procede á primeira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2023, e se efectúa a terceira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2025 (código de procedemento TR301P).

    Enténdese por unidade formativa da empresa a formación con compromiso de contratación impartida con medios propios da beneficiaria, ou a través dunha entidade contratada nos termos desta orde, que teña por obxecto a realización das accións formativas solicitadas e relacionadas coa súa actividade empresarial. 

    As subvencións que se concedan ao abeiro do disposto nesta orde terán como finalidade o financiamento de programas de formación con compromiso de contratación destinados á cualificación profesional das persoas traballadoras desempregadas, e estarán dirixidos á adquisición e mellora das competencias profesionais necesarias para o desempeño dos postos de traballo obxecto da contratación.

    Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación, que adquiran, no marco da actividade subvencionada, o compromiso de contratación das persoas traballadoras aprobadas e/ou formadas ao que se refire esta orde.

    Cada acción formativa incluirá un compromiso de contratación, regulado e formalizado de acordo co disposto no artigo 5 da Orde de bases do 13 de xuño de 2023, dun mínimo do 60 % do alumnado aprobado e/ou formado en contratos cunha duración mínima de 6 meses, ou dun mínimo do 40 % se a contratación é por un período igual ou superior aos 12 meses, arredondado, en ambos os casos, ao enteiro superior se a primeira cifra decimal é igual ou superior a 5.

    Persoas destinatarias da formación

    As accións formativas obxecto de financiamento dirixiranse ás persoas traballadoras desempregadas.

    O prazo de presentación estará aberto desde o día da entrada en vigor da orde ata o 30 de setembro de 2025 ou, de ser o caso, ata que se esgote o crédito orzamentario dispoñible.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250124/AnuncioG0767-020125-0017_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DE INDEMNIZACIÓN ECONÓMICA DIRIXIDAS ÁS FILLAS E FILLOS MENORES DE 30 ANOS DAS VÍTIMAS MORTAIS DE VIOLENCIA DE XÉNERO ASÍ COMO A MULLERES QUE RESULTASEN GRAVEMENTE FERIDAS COMO CONSECUENCIA DUNHA AGRESIÓN POR VIOLENCIA DE X

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

    ORDE do 3 de xaneiro de 2025 pola que se regulan as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e aos fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento SI460A)

    As axudas a que se refire esta orde fan referencia ás seguintes modalidades:

    a) Axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e aos fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero.

    b) Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que resultasen gravemente feridas, con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

    c) Axudas para gastos de traslado, funeral, inhumación e/ou incineración das mulleres e/ou dos seus fillos e fillas vítimas mortais por violencia de xénero.

    O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 1 de decembro de 2025.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250122/AnuncioG0762-070125-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA O BONO AUTÓNOMO DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS (TR341Q)

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de axuda ás persoas traballadoras autónomas, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021- 2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento TR341Q)

    Programa III. Bono autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341Q)

    Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste capítulo.

    1. As persoas traballadoras autónomas de alta no RETA, en calquera outro réxime especial por conta propia de Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, que na data da solicitude teñan o domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

    a) Que teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos computados desde a data da solicitude, na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.

    b) Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas, declarados na declaración do IRPF anual referida ao ano 2023, inferior a 50.000 euros.

    c) Que teñan unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2023.

    2. As sociedades de calquera clase, incluídas as unipersonais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, e que cumpran os seguintes requisitos:

    a) Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional.

    b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído na declaración referida ao ano 2023.

    c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración realizada referida ao ano 2023, inferior a 50.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto do sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas este importe de 50.000 euros referirase á suma de todos os rendementos netos reducidos (rendementos da actividade económica da entidade solicitante), declarados no IRPF de cada un dos membros da entidade solicitante (modelo 184)

    Liñas de axuda e contía da subvención

    1. Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial das persoas beneficiarias deste programa, unha subvención do 60 % de cada unha dos investimentos a subvencionar, cun límite máximo de 7.000 euros totais de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria. 2. Esta axuda diríxese á mellora da competitividade, a través dos seguintes tipos de investimentos:

    • Compra de maquinaria.

    • Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia enerxética.

    • Inversións para a substitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos.

    • Compra de utillaxe e ferramentas.

    • Reforma do local ou espazo do negocio.

    • Equipamento informático.

    • Equipamento de oficina e/ou negocio.

    • Rótulos.

    • Aplicacións informáticas, creación e desenvolvemento de páxinas web, apps e redes sociais.

    • Deseño de marca.

    ACCESO AO PROCEDEMENTO: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341Q&ano=2025&numpub=1&lang=gl

    ACCESO Á ORDE DA CONVOCATORIA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250117/AnuncioG0767-271224-0013_gl.html

    APERTURA PRA DE SOLICITUDE: 24 DE XANEIRO