Sección: Outras axudas e subvencións

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA OS PREMIOS DE ARTESANIA DE GALICIA

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2024 (códico de procedemento IN200A).

    Os premios de Artesanía de Galicia constan das seguintes modalidades:

    a) Premio Artesanía de Galicia 2024.

    b) Premio Traxectoria 2024.

    c) Premio Bolsas Eloy Gesto 2024.

    A dotación dos premios será a seguinte:

    – Premio Artesanía de Galicia 2024. Dotación de 9.000 € e trofeo acreditativo. A persoa gañadora cederalle á Fundación Pública Artesanía de Galicia a propiedade da obra premiada. No caso de que as características físicas ou de propiedade do produto gañador impidan a súa cesión débese substituír por documentación gráfica ou visual deste.– Premio Traxectoria 2024. Trofeo acreditativo e sen dotación económica

    – Premio Bolsas Eloy Gesto 2024. Bolsa de formación de 4.000 € e diploma acreditativo para cada unha das persoas gañadoras. As persoas gañadoras deste premio deberán entregarlle á Fundación Pública Artesanía de Galicia unha memoria descritiva e xustificativa dos gastos realizados unha vez completada a formación pola cal lles foi concedida a bolsa.

    Os premios estarán suxeitos ás retencións vixentes na data de concesión destes.

    O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 16 de setembro de 2024 e remata ás 14.30 horas do 27 de setembro de 2024.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240701/AnuncioG0767-200624-0002_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AS AXUDAS DO BONO TALENTO EMPRESA PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS FORMATIVOS DE CURTA DURACIÓN QUE SE DESENVOLVAN POR PARTE DE ENTIDADES FINANCIEIRAS

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 10 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas dos Bonos Talento empresa para a realización de proxectos formativos de curta duración que se desenvolvan por parte das entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 20212027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2024-2025 (código de procedemento TR302D).

    Entidades beneficiarias

    1. Poderán solicitar as subvencións previstas nesta orde as microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes) e grandes empresas, segundo as definicións do artigo 3 da presente orde, validamente constituídas e con actividade ininterrrompida, cando menos, desde tres anos antes da data de publicación da presente convocatoria, con centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver a actividade para a que solicitan a subvención, que posúan capacidade técnica e financeira suficiente para a execución das accións subvencionadas e non incorran nas circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As entidades solicitantes deberán acreditar a categoría da empresa de que se trate, pequena, mediana ou grande, no momento de presentación da solicitude de axuda. Non poderán ser beneficiarias dos Bonos Talento empresa as empresas en crise segundo as definicións do artigo 3 da presente orde, nin aquelas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común. A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración poderá realizar as comprobacións necesarias para verificar se as entidades beneficiarias teñen a condición de microempresa, pequena, mediana ou grande empresa e, de ser o caso, que se cumpren as condicións establecidas no artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión, para considerar unha empresa en crise. 

    2. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas que teñan contratadas ao seu cargo persoas traballadoras por conta allea, validamente inscritas no réxime especial de traballadores autónomos ou no réxime especial de traballadores do mar por conta propia, con centro de traballo en Galicia e cunha antigüidade como cotizante igual ou superior a tres anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data de publicación da presente convocatoria. Non poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas en situación de autoemprego societarias, en calquera das súas formas. Así mesmo, quedan excluídas desta orde as persoas traballadoras autónomas colaboradoras e familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea conforme o establecido no artigo 1.3.e) do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

    Actuacións subvencionables

     1. As actuacións subvencionables son accións formativas de carácter non formal de curta duración, destinadas a contribuír ao desenvolvemento profesional das persoas traballadoras ocupadas por conta allea do cadro de persoal da entidade beneficiaria e a mellorar a competitividade das súas empresas.

    2. As accións formativas estarán orientadas á adquisición de competencias comprendidas entre os ámbitos de capacitación prioritarios detectados nas mesas de traballo con empresas e axentes sociais realizadas no marco da Axenda Galega de Capacidades para o Emprego. Estes ámbitos son:

    a) As competencias dixitais, desde a dixitalización básica (traballo colaborativo con ordenadores, ofimática nivel usuario de paquetes ofimáticos sectoriais e especializados ou uso de dispositivos, etc.) ata a adquisición de competencias e coñecementos técnicos avanzados (programar sistemas informáticos, configurar e protexer sistemas informáticos, acceder a e analizar datos dixitais, etc.), a adquisición de coñecementos de tecnoloxías innovadoras ou disruptivas, etc.

    b) As competencias das persoas traballadoras en procesos industriais, incluída a manipulación de maquinaria especializada, coñecementos e técnicas do ámbito da construción, técnicas de soldadura, instalación de compoñentes, deseño ou interpretación de documentación ou diagramas técnicos, entre outros.

    c) As competencias vinculadas á xestión empresarial, incluídas as competencias de xestión de persoas e equipos (recursos humanos e xestión do talento, xestión de proxectos, etc.), a xestión eficiente dos recursos, a toma de decisións e a planificación estratéxica ou a realización de tarefas administrativas, financeiras e contables, etc.

    d) As competencias de prestación de servizos a clientes, tanto vinculadas a promover, vender e comprar produtos ou servizos como relativas á atención ao cliente (orientación e asesoramento, satisfacción do cliente, asistencia postvenda, xestión de reclamacións, etc.) e á atención telefónica.

    e) As competencias do ámbito asistencial, incluída a prestación de coidados (asistencia a persoas enfermas, con problemas de mobilidade e maiores, entre outras), técnicas e coñecementos sanitarios, de diagnóstico ou de medicina preventiva ou de benestar, entre outros. 

    3. As accións formativas solicitadas non deben atoparse incluídas na oferta de formación, formal e non formal, recollida no Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).

    O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 16 de setembro de 2024, ou ata que se produza o esgotamento do crédito asignado a esta convocatoria. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240625/AnuncioG0767-130624-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DIRIXIDAS A PERSOAS CON ESCLEROSE LATERAL AMOITRÓFICA OU DOS SEUS FENOTIPOS

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

    ORDE do 13 de xuño 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas económicas dirixidas ás persoas con esclerose lateral amiotrófica ou dos seus fenotipos, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento BS215A).

    Poderán solicitar as axudas económicas as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:

    a) Ter cumpridos os 18 anos.

    b) Estar empadroado nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima de 6 meses con anterioridade á presente convocatoria das axudas.

    c) Estar diagnosticadas da enfermidade da ELA ou calquera dos seus fenotipos.

    d) Ter recoñecida a situación de dependencia ou ter solicitado o seu recoñecemento con anterioridade á presentación da solicitude.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 15 de novembro de 2024.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240625/AnuncioG0762-170624-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DE VIVENDA EN ALUGUEIRO ACCESIBLE EN GALICIA

    INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

    RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para a promoción de vivenda en alugueiro accesible da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2024 (código de procedemento VI435D).

    Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión das subvencións do Programa de axudas para a promoción de vivenda en alugueiro accesible da Comunidade Autónoma de Galicia, que comprende as dúas modalidades que se describen a continuación, as cales se tramitarán co código de procedemento VI435D:

    – Modalidade A: promoción de vivendas e outras modalidades residenciais tipo cohousing, vivendas interxeneracionais ou similares, de nova construción ou procedentes da rehabilitación, que se vaian destinar ao alugueiro ou ceder en uso por un prazo de, polo menos, vinte anos. Este prazo computarase desde a primeira ocupación do edificio ou, para o suposto de que se trate de vivendas protexidas, desde a data da súa cualificación definitiva.

    – Modalidade B: promoción de vivendas protexidas de nova construción ou procedentes da rehabilitación, que se vaian destinar ao alugueiro por un prazo de, polo menos, quince anos. Este prazo computarase desde a data da cualificación definitiva.

    Poderán ser beneficiarias destas axudas:

    a) As persoas físicas maiores de idade que posúan a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que lle sexa de aplicación. No caso de estranxeiros non comunitarios deberán contar con autorización de estancia ou residencia en España.

    b) As administracións públicas, os organismos públicos e demais entidades de dereito público e privado, así como as empresas públicas, privadas e público-privadas.

    c) As fundacións, as empresas de economía social e as súas asociacións, cooperativas incluídas as de autopromoción ou autoconstrución, as organizacións non gobernamentais e as asociacións declaradas de utilidade pública, entidades sen ánimo de lucro e aquelas a que se refire a disposición adicional quinta da Lei 7/1985, do 2 de abril.

    As vivendas que se promovan con cargo a calquera das dúas modalidades previstas neste programa deberán cumprir os seguintes requisitos: 

    a) Destinarse ao alugueiro accesible ou á cesión de uso polo prazo indicado, segundo a súa modalidade, no ordinal primeiro, e deberá constar esta vinculación de destino, en todo caso, en nota marxinal no Rexistro da Propiedade. No suposto de que se trate de vivendas protexidas, con independencia da modalidade da que se trate, A ou B, deberán destinarse ao alugueiro, conforme o establecido na súa cualificación.

    b) Deberán cumprir a normativa de habitabilidade de vivendas de Galicia.

    c) Deberán situarse en localidades que teñan inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia cando menos cinco unidades de convivencia por cada vivenda para a cal se solicita financiamento.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o primeiro día hábil seguinte ao da publicación da resolución no DOG e rematará o 31 de outubro de 2024.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240624/AnuncioC3Q2-180624-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA O FOMENTO DA UTILIZACIÓN DE MAQUINARIA AGRÍCOLA EN RÉXIME ASOCIATIVO

    CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

    ORDE do 7 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co Instrumento de Recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR351A).

    Esta axuda ten como finalidade:

    a) Promover a utilización de maquinaria e de equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo. 

    b) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.

    c) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

    Beneficiarias

    Unicamente poderán ser beneficiarias da axuda regulada nesta orde:

    a) As cooperativas agrarias.

    b) As cooperativas de utilización de maquinaria en común (CUMA).

    c) As cooperativas de explotación comunitaria da terra de cinco ou menos anos de antigüidade.

    d) As sociedades agrarias de transformación procedentes da fusión de, polo menos, dúas explotacións agrarias, nos últimos cinco anos naturais. En diante, SAT de fusión.

    Investimentos subvencionables

    1. Os investimentos subvencionables son os seguintes:

    a) Maquinaria agrícola.

    b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.

    Establécese un investimento elixible mínimo de 20.000 € para poder ser subvencionable. O volume total do investimento elixible máximo subvencionable para cada beneficiario será de 600.000 €.

    O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240619/AnuncioG0426-100624-0001_gl.pdf

     

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA BENESTAR BALNEARIOS PARA O ANO 2024

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

    ORDE do 6 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de estadías en prazas de establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do programa Benestar en balnearios e de axudas para o ano 2024, e se procede á súa convocatoria (código do procedemento BS607A).

    Serán persoas beneficiarias do programa Benestar en balnearios para o ano 2024 aquelas que reúnan os seguintes requisitos:

    a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

    b) Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

    c) Valerse por si mesma para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.

    d) Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a convivencia normal nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio. 

    e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

    f) Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e das quendas solicitadas. g) Deben cumprir cos requisitos e coas obrigas sinalados no artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    Estadías nas prazas de establecementos balnearios e quendas convocadas

    1. Convócanse estadías para 1.235 prazas para participar no programa Benestar en balnearios 2024 da Xunta de Galicia, que se levarán a cabo nas quendas e establecementos balnearios que se relacionan no anexo IV.

    2. As quendas teñen unha duración de 10 días, con nove noites cada unha e comprenderán desde as doce horas da mañá do día de chegada ata as doce horas da mañá do día de saída.

    3. O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o 17 de xullo e o 18 de decembro do ano 2024.

    A estadía inclúe os seguintes servizos e prestacións:

    a) Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres, de uso compartido, ou no caso de existir dispoñibilidade en cuartos individuais.

    b) Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada establecemento balneario no anexo IV, que comprenderán:

    1º. O recoñecemento médico, ao ingresar no establecemento balneario, para a prescrición do tratamento.

    2º. O tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o persoal médico do establecemento balneario.

    O prezo a pagar por cada persoa beneficiaria, por estadía na praza do establecemento balneario e quenda adxudicada é o seguinte:

    Balnearios con establecementos hoteleiros de 4 ou 3 estrelas categoría superior: 377,89 €.

    Balnearios con establecementos hoteleiros de 3, 2 ou 1 estrela: 349,89 €. Balnearios con outro tipo de aloxamentos: 269,17 €.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240617/AnuncioG0762-070624-0001_gl.pdf

     

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EMPRESAS TURÍSTICAS, INCLUÍDAS NO PLAN DE MODERNIZACIÓN E COMPETITIVIDADE DO SECTOR TURÍSTICO

    AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

    RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU986B).

    Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas que estean dadas de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria e que sexan titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración, que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan inscrito e autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda, con base nos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

    En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

    a) Os establecementos hoteleiros, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos, vivendas turísticas e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

    b) As empresas de restauración (restaurantes, cafetarías e bares) que se enmarquen dentro do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro. 2. Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir cos datos achegados pola persoa solicitante da subvención. No caso de que o representante legal non sexa o mesmo que o que figura no REAT, deberá acreditarse esta condición coa presentación da solicitude.

    3. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (en diante, pemes) e grandes empresas que proxecten levar a cabo un proxecto localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado subvencionable ao abeiro do regulado nas presentes bases.

    4. Para os efectos das presentes bases, consideraranse pemes as empresas que respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

    Actuacións subvencionables

    1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, considéranse actuacións subvencionables aquelas que, de forma indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable, nos termos previstos no artigo 1 destas bases, e se realicen no prazo establecido nestas bases.

    2. Pódense diferenciar as seguintes tipoloxías de proxectos subvencionables:

    A. Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica.

    1. Obxectivo. Reducir a demanda enerxética en calefacción e climatización dos edificios completos, locais ou partes do edificio destinado a establecemento turístico, mediante a mellora da eficiencia enerxética da súa envolvente térmica no seu conxunto ou nalgún dos elementos que a compoñen.

    2. Actuacións subvencionables. Serán actuacións subvencionables as que se realicen na envolvente térmica do edificio completo, dun local ou sobre partes dun edificio destinado a establecemento turístico, que separan os recintos habitables do ambiente exterior (aire, terreo ou outro edificio) e as particións interiores que separan os recintos habitables dos non habitables, segundo o definido no Código técnico da edificación. As actuacións enerxéticas consideradas dentro desta medida serán aquelas que consigan unha redución da demanda enerxética de calefacción e refrixeración do edificio completo, dun local ou sobre partes dun edificio destinado a establecementos turístico, mediante actuacións sobre a súa envolvente térmica. As actuacións enerxéticas sobre a envolvente térmica poderán recoller solucións construtivas convencionais e non convencionais.

    O prazo de presentación de solicitudes será de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240614/AnuncioG0256-050624-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DO BONO REMUDA PARA O FOMENTO DA REMUDA XERACIONAL DE NEGOCIOS

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 23 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2024 as axudas do Bono remuda para o fomento da remuda xeracional de negocios (código de procedemento TR353D).

    Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e convocar para o ano 2024, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia as axudas do Bono remuda para o fomento do traspaso de negocios por remuda xeracional

    A finalidade desta orde é evitar o peche de negocios por falta de remuda xeracional, ao tempo que se facilita que as persoas interesadas en emprender teñan a posibilidade de recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente.

    Os negocios obxecto de remuda deberán ter o domicilio social e fiscal e/ou o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e estar inscritos na Bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego. Exceptúase do requisito de inscrición na Bolsa de remuda os negocios que fosen obxecto de remuda antes da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    Persoas e entidades beneficiarias.

    Requisitos

    1. Poderán ser beneficiarias do Bono remuda as persoas traballadoras autónomas, as persoas profesionais que estean dadas de alta no RETA, así como as persoas mutualistas, e as sociedades de calquera clase, incluídas as unipersoais e comunidades de bens, con domicilio fiscal en Galicia na data da solicitude, segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal da Administración Tributaria, modelos 036 ou 037, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

    a) O negocio obxecto de remuda debe ter o domicilio social e fiscal e/ou o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e un mínimo de antigüidade de 5 anos.

    b) Que non teñan transcorrido más de 12 meses entre a publicación desta orde e a baixa no RETA e no IAE da persoa titular do negocio, e que se trate da mesma actividade do negocio que se remuda e se desenvolva no mesmo local, se a actividade require a existencia deste. Para estes efectos, enténdese por mesma actividade a que que coincida polo menos a nivel de 2 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE) ou cunha actividade equivalente.

    c) Que o negocio ou actividade obxecto de remuda estea inscrito na Bolsa de remuda da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta de Galicia. (Poderá inscribirse de maneira presencial en calquera dos 12 polos activos na Comunidade Autónoma de Galicia ou a través da páxina web: https://polosemprendemento.gal/remuda-de-negocios). Exceptúanse deste requisito os negocios que fosen obxecto de remuda antes da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    d) Que a transmisión se materialice mediante contrato de traspaso ou venda do negocio ou actividade, elevado a escritura pública, no cal, necesariamente, deberá constar o prezo total e a indicación expresa da remuda como obxecto do devandito contrato. Para os efectos da concesión de axudas, abondará cun acordo de transmisión asinado entre as partes implicadas en que figure, igualmente, o prezo total e o obxecto do devandito acordo. No caso de transmisión de persoas autónomas societarias, detallarase a porcentaxe de accións ou participacións da sociedade que a persoa ou sociedade adquirinte pasa a posuír, que, necesariamente, deberá ser superior ao 50 % para obter a condición de beneficiaria. O contrato conterá unha descrición detallada dos elementos que forman parte do traspaso.

    No caso de transmisión de persoas autónomas societarias, detallarase a porcentaxe de accións ou participacións da sociedade que a persoa ou sociedade adquirinte pasa a posuír, que, necesariamente, deberá ser superior ao 50 % para obter a condición de beneficiaria. O contrato conterá unha descrición detallada dos elementos que forman parte do traspaso.

    e) Que se realice o cambio de titularidade da licenza de apertura e/ou actividade no concello correspondente ou, de ser o caso, a comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento, nos casos en que así o requira a lexislación vixente.

    f) As beneficiarias deberán ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións desta axuda.

    2. A remuda que se subvenciona nesta orde ten que estar motivada pola proximidade da idade de xubilación da persoa titular do negocio ou por causas sobrevidas como a incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou a morte; polo tanto, na persoa que traspasa o negocio, ten que se dar algunha das seguintes circunstancias:

    a) Ter unha idade próxima a xubilación (62 anos ou máis).

    b) Ser declarada en situación de incapacidade total ou absoluta ou grande invalidez recoñecida polos órganos competentes da Seguridade Social.

    c) Ser herdeiras da/s persoa/s titulares do negocio, no caso de falecemento destas.

    A contía máxima subvencionable por remuda será de 30.000 euros. 

    Para ser subvencionable o gasto deberá estar realizado e pagado no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2024, salvo nos casos de acceso á remuda mediante o alugamento do local e/ou medios produtivos.

     

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240606/AnuncioG0767-240524-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS A ESTABLECEMENTOS E SERVIZOS TURÍSTICOS NOS PROCESOS DE CERTIFICACIÓN, SEGUIMENTO E RENOVACIÓN DAS CORRESPONDENTES NORMAS UNE, CO OBXECTO DA OBTENCIÓN OU MANTEMENTO DA MARCA Q DE CALIDADE

    AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

    RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ ou privada, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística e/ou a marca S de Sustentabilidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española e a Sustentabilidade (ICTES), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TU970A).

    Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións:

    Categoría 1ª: os concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local, recollidas no artigo 85.2.A da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

    Categoría 2ª: as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos. 

    As persoas solicitantes da categoría 2ª deberán reunir os requisitos establecidos nestas bases e ter inscrita a actividade turística para a cal se solicita a axuda no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), de conformidade cos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

    3. No caso de empresas, deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme). Defínese peme, segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20 de maio), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual. Así, pequena empresa é aquela empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non excede os 43 millóns de euros.

    4. No caso de entidades baixo unha mesma franquía, só poderá solicitar a axuda para os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación a entidade matriz. As axudas para os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q deberán ser solicitados por cada unha das entidades (matriz e sucursais con distinto NIF) individualmente.

    5. Unha vez ditada a resolución de concesión, os cambios na persoa titular do establecemento subvencionado terán que ser previamente comunicados á Administración outorgante, e darán lugar á modificación da resolución de concesión nos termos do disposto no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o/a novo/a titular subrogarase na posición xurídica da persoa beneficiaria da subvención.

    6. Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas ou entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren as ditas persoas incursas nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da persoa ou entidade interesada, empregando o modelo que figura no anexo II.

    7. Os requisitos para ser persoa ou entidade beneficiaria deberán cumprirse na data de f inalización do prazo de presentación de solicitudes.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

    chrome-extension://efaidnbmnnnibpcajpcglclefindmkaj/https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240607/AnuncioG0256-240524-0001_gl.pdf

  • PROGRAMA KIT CONSULTING: DIRIXIDO A EMPRESAS DE ENTRE 10 E MENOS DE 250 PERSOAS EMPREGADAS (2)

    É un programa de axudas dirixido a pequenas e medianas empresas (pemes) de calquera sector, de entre 10 e menos de 250 empregados/as, destinado a contratar servizos de asesoramento dixital especializado e personalizado.

    Kit Consulting é un programa de axudas do Goberno de España impulsado por Red.es que facilita ás pemes de calquera tipo de negocio deseñar a folla de roteiro para avanzar na súa transformación dixital. Inclúese como unha panca do eixo 2 no plan «Estratexia de Intelixencia Artificial 2024».

     Así mesmo, enmárcase no Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia (investimento 3 do Compoñente 13), e conta cun orzamento de 300 millóns de euros financiados pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU.

    Cal é o obxectivo do Programa? A finalidade do programa é apoiar ás pequenas e medianas empresas nos seus procesos de transformación dixital para aumentar o uso de novas tecnoloxías e mellorar a súa competitividade. Así, permitirá avanzar no proceso de dixitalización e modernización dos negocios.

    En que consiste a axuda? Trátase dun Bono de Asesoramento Dixital especializado e personalizado que se deberá empregar na contratación dun ou varios servizos de asesoramento dos contemplados en programa.

    A contía máxima do bono varía en función do tamaño da empresa:

    Segmento A: Entre 10 e menos de 50 empregados 12.000 €.

    Segmento B: Entre 50 e menos de 100 empregados 18.000 €.

    Segmento C: Entre 100 e menos de 250 empregados 24.000 €.

    O importe máximo que se destinará a cada un dos servizos prestados será de 6.000 €.

    Non se considerarán subvencionables o Imposto sobre o Valor Engadido, o Imposto Xeral Indirecto Canario nin o Imposto sobre a Produción, os Servizos e a Importación que se devindiquen na contratación do asesoramento.

    A quen se dirixe Kit Consulting? O programa está destinado ás pemes de entre 10 e menos de 250 empregados.

    O número de empregados calcularase tendo en conta os datos de traballadores existentes no Réxime Xeral da Seguridade Social e no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, ou por calquera outro medio válido en dereito, no momento de presentar a solicitude.

    Ademais, as empresas deberán cumprir os seguintes requisitos:

    – O seu domicilio fiscal estea situado en territorio español.

    – Ter a consideración de pequena ou mediana empresa.

    – Estar ao corrente das obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social.

    – Non ter a consideración de empresa en crise.

    – Estar rexistrado no Censo de empresarios, profesionais e retenedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria ou no censo equivalente da Administración Tributaria Foral.

    Non poderán ser beneficiarias as unións temporais de empresas (UTES) nin as empresas de natureza pública.

    Como solicitar Kit Consulting? A solicitude (espérase a primeira convocatoria a partir de mediados de xuño) realizarase mediante o enchemento dun formulario automatizado na sede electrónica que se determine en cada convocatoria.

    Kit Consulting contará cun sistema de tramitación automatizado innovador, con ferramentas de robotización e Intelixencia Artificial para reducir a carga burocrática, diminuír o número de documentos a presentar e acurtar os prazos de concesión.

    A axuda outorgarase mediante o procedemento de concorrencia non competitiva, por rigorosa orde de solicitude e ata que se esgote a dispoñibilidade de fondos do programa. Ademais, para o proceso de verificación das xustificacións dos servizos de asesoramento, Red.es pon en marcha, por primeira vez, unha plataforma de Intelixencia Artificial que servirá de apoio aos usuarios. levará a cabo a través dun sistema LLM para detectar plaxios, copias e comprobar a calidade dos documentos presentados. Kit Consulting contempla tamén a figura do ‘representante voluntario’ que permite que calquera terceiro, sexa persoa física ou xurídica, debidamente autorizada, poida pedir a subvención por conta da empresa, para contribuír así a eliminar trámites á peme e ao autónomo.

    Como funciona o programa? As pemes beneficiarias deberán destinar o bono á contratación dun ou varios servizos de asesoramento dun catálogo composto por varias categorías en áreas crave do proceso de transformación dixital:

    Servizo de Asesoramento en Intelixencia Artificial Asesoría destinada ao desenvolvemento dun plan de intelixencia artificial (IA) que establecerá o investimento requirido e as medidas necesarias para a súa adopción. Igualmente, asesorarase á peme en torno ao uso e aplicación de técnicas de IA como a aprendizaxe automática, o procesamento e a transcrición automática de textos ou sistemas expertos.

    Servizo de Asesoramento en Análise de Datos (Básico) Asesoría para a posta en marcha dun plan de análise de datos adaptado ao negocio. Leste comprenderá o estudo do investimento requirido, así como a formación e o deseño de procesos necesarios para o seu despregamento.

    Servizo de Asesoramento en Análise de Datos (Avanzado) Plan enfocado a pemes que contan cun sistema de análise de datos básico e requiren dun máis avanzado.

    Servizo de Asesoramento en Vendas Dixitais Asistencia para establecer o investimento necesario e as técnicas de márketing dixital, incluíndo o uso de IA, para mellorar o rendemento de vendas en liña da empresa.

    Servizo de Asesoramento en Procesos de Negocio ou Procesos de Produción O obxectivo deste servizo é identificar as áreas de mellora na operativa de cada peme, así como a definición dun plan personalizado de mellora en áreas crave. Para iso farase uso de técnicas relacionadas coa IA.

    Servizo de Asesoramento en Estratexia e Rendemento de Negocio Consultoría para implementar unha estratexia de mellora do posicionamento competitivo da empresa. Contempla o emprego de tecnoloxías de IA para potenciar a capacidade de análise, a planificación estratéxica e o rendemento competitivo.

    Servizo de Asesoramento en Ciberseguridade (Básico) Asistencia para o desenvolvemento dun plan básico de ciberseguridade adaptado ás necesidades específicas de cada peme.. Búscase adaptar o seu Sistema de Xestión de Seguridade da Información (SGSI) aos estándares da norma ISO 27001 e do ENS (categoría media-alta).

    Servizo de Asesoramento en Ciberseguridade (Avanzado) Plan pensado para empresas que xa dispoñen dunha protección básica e dun plan de ciberseguridade, pero queren mellorar e coñecer sistemas de protección máis avanzada.

    Servizo de Asesoramento en Ciberseguridade (Preparación para a Certificación) Para empresas que dispoñen dunha protección básica que queren implementar sistemas de protección avanzada, aproveitando as capacidades da intelixencia artificial, e prepararse para presentar a súa SGSI a certificación.

    Servizo de Asesoramento «360» en Transformación Dixital Consultoría para unha transformación dixital integral adaptada ao negocio. Comprende o estudo do investimento necesario e das medidas estratéxicas requiridas para evolucionar dixitalmente en todas as áreas de impacto da organización. Contempla o uso de técnicas de IA e outras ferramentas dixitais nas propostas de mellora.

    Para acceder aos servizos de asesoramento avanzado é imprescindible completar primeiro o servizo básico correspondente.

    Os Asesores Dixitais serán os que leven a cabo o servizo requirido pola empresa e dispoñerán dun prazo de 3 meses desde a validación do acordo (salvo que a convocatoria estableza un prazo superior).

    Que son os Asesores Dixitais? Son os encargados de realizar o servizo de asesoramento elixido pola peme e de guiala nos pasos que lle permitan avanzar de maneira adecuada no seu proceso de transformación dixital. Só poderán participar no programa unha vez obtido o recoñecemento da condición de Asesor Dixital Adherido.