Sección: Bolsas

  • ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA CONVOCA O CONCURSO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

    ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2026 (código de procedemento PR775A).

    Está dirixido a nenas e nenos que teñan a súa veciñanza administrativa en calquera dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia e teñan idades comprendidas, en función das dúas categorías previstas, de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación de traballos.

    Os contos serán inéditos e deberán redactarse en lingua galega. Non serán valorados aqueles textos que non cumpran uns requisitos mínimos de corrección idiomática no emprego da lingua galega.

    A temática será libre. Terán unha extensión mínima dunha páxina e máxima de cinco e deberán estar escritos por unha soa cara. En caso de presentar os textos en papel, deberá utilizarse o tamaño A4 e non unir as páxinas con clips, grampas ou outros elementos. As páxinas deberán estar numeradas.

    A primeira páxina do conto deberá incluír unicamente o título e o pseudónimo. No conto non poderá figurar ningún dato que permita identificar a persoa participante.

    Queda prohibido o uso de tecnoloxías de intelixencia artificial para a elaboración dos contos presentados. 

    Poderán presentarse traballos premiados noutros concursos, agás que xa fosen premiados anteriormente pola EGAP, sempre que non fosen publicados. 

    Cada persoa participante poderá presentar unha única obra ao concurso, con independencia do número de pseudónimos que utilice.

    O prazo para a presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260408/AnuncioO150-250326-0001_gl.pdf

  • CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE CONVOCA AS AXUDAS REGA

    CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

    ORDE do 9 de marzo de 2026 pola que se autoriza a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para outorgar subvencións, se aproban as bases reguladoras relativas ás axudas Rega e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT898A).

    O obxecto da presente convocatoria é ofrecer seis axudas para o desenvolvemento de proxectos artísticos con acompañamento de mentoría a través de residencias. Para iso, realizarase unha selección dun máximo de seis proxectos vinculados ás artes visuais, escénicas, musicais, deseño, investigación e curadoría cultural e artística, e proxectos artísticos innovadores que utilicen medios dixitais e tecnolóxicos no seu proceso. A escolma será realizada en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

    As residencias terán lugar entre os meses de setembro e novembro de 2026.

    Poderá participar nesta convocatoria calquera persoa física, estea ou non dada de alta no réxime especial de persoas autónomas, que desenvolva un proxecto artístico, vencellado ás artes visuais, escénicas, musicais, deseño, investigación e curadoría cultural e proxectos artísticos innovadores que utilicen medios dixitais e tecnolóxicos. Estas persoas deberán desenvolver as residencias de traballo nos espazos dispoñibles para este labor na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela, sempre que cumpra cos seguinte requisitos:

    1. Cada proxecto pode ser presentado por unha persoa física individual, estea ou non dada de alta no réxime especial de persoas autónomas. Cada participante poderá presentar unha única solicitude e non se poderá optar a máis dunha axuda por solicitude. Os proxectos serán de creación específica, orixinais e inéditos.

    2. De non cumprir con algún dos requisitos ou non poder executarse dentro do prazo determinado pola convocatoria, o proxecto quedará automaticamente excluído e procederá a devolución das cantidades xa desembolsadas da axuda.

    Cada proxecto seleccionado recibirá unha axuda de oito mil euros (8.000,00 €). Nesta cantidade inclúense o seu desenvolvemento, os gastos de transporte, estadía, manutención e posibles gastos de presentación pública do proxecto. Se o conxunto dos gastos que ocasione a residencia for maior, a axuda non será superior á cantidade indicada.

    O importe da axuda estará suxeito ás retencións que sexan de aplicación e as persoas beneficiarias non terán ningún outro dereito de carácter económico. Ademais das axuda recollidas no parágrafo anterior, a Fundación porá á disposición das persoas beneficiarias en calquera dos seis proxectos o seguinte:

    – O espazo de traballo para poder ser utilizado un mínimo de tres semanas e un máximo de seis semanas, en condicións axeitadas para o seu uso, con conexión wifi, seguridade, limpeza e climatización.

    – Os recursos humanos propios de seguimento técnico de cada proxecto, segundo a dispoñibilidade e horario pactados de común acordo coas persoas beneficiarias dos proxectos seleccionados.

    – Persoa mentora que acompañará cada proxecto.

    O prazo de presentación de solicitudes e da documentación será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260408/AnuncioG0766-120326-0001_gl.pdf

  • ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS BOLSAS POR ESTUDOS PARA O CURSO 2026-27 DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN (2)

    Bolsas e axudas ao estudo 2026/2027 
     
    Que tipos de bolsas e axudas ao estudo ofrece o Goberno para o curso 2026-2027?
     
    Bolsa xeral para estudos universitarios ou asimilables
    Ensinos universitarios para títulos de Grao e de Máster. Están incluídos os créditos complementarios ou complementos de formación para acceder ou obter os títulos.
     
    Non se inclúen nesta convocatoria de bolsas os estudos de terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización e títulos propios das universidades.
     
    Ensinos artísticos superiores.
     
    Curso de acceso á universidade para maiores de 25 anos (impartido por universidades públicas).
     
    Bolsa xeral para estudos non universitarios
     
    Bacharelato.
    Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
    Ensinos artísticos profesionais.
    Ensinos deportivos.
    Estudos relixiosos superiores.
    Ensinos de idiomas en escolas oficiais, incluída a modalidade a distancia.
    Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de Grao Medio e Superior, impartidos en centros públicos e privados concertados. Ciclos formativos de Grao Básico.
     
    Axudas de apoio educativo
     
    Están dirixidas a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo. Algúns estudos, como por exemplo os universitarios, non son compatibles con esta axuda.
    Préstanse nos seguintes supostos:
    Discapacidade (grao igual ou superior ao 25%) ou trastorno grave da conduta.
    Trastorno grave da comunicación e da linguaxe.
    Trastorno do espectro autista.
    Altas capacidades.
     
    Contías das bolsas
    A bolsa é a suma de distintos compoñentes. Para calculala, debe terse en conta que consta dunha cantidade de diñeiro fixa e outra cantidade variable.
     
    Se se cumpren con todos os requisitos (xenerais, económicos e académicos) pódense sumar as seguintes cantidades:
    Contía fixa ligada á renda do estudante, de 1.700 euros.
    Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar, de 2.700 euros. Outórgase se se requiren cambios de residencia durante o curso, e non poderá superar en ningún caso o custo real da prestación.
    Contía fixa ligada á excelencia no rendemento académico. Entre 50 e 125 euros en función da nota media da persoa solicitante tanto para estudantes universitarios como non universitarios.
    Contía variable, cun importe mínimo de 60 euros. Ligada a dispoñibilidade orzamentaria tras a asignación das anteriores contías fixas
     
    Distribuirase entre as persoas solicitantes en función da súa renda familiar e rendemento académico.
    Bolsa de matrícula. Dispoñible para os estudos universitarios ou asimilables recollidos no apartado anterior. Cubrirá o prezo público oficial dos créditos nos que a persoa solicitante matricúlese por primeira vez.
    Bolsa básica de 300 euros. Dispoñible para os estudos non universitarios recolleitos no apartado anterior. No caso de cursar ciclos formativos de Grao Básico esta contía será de 350 euros.
     
    Cales son os prazos para solicitar e cobrar as bolsas?
    O prazo para presentar a solicitude de bolsa tanto para estudos universitarios como non universitarios estenderase desde o día 7 de abril de 2026, ás 8.00, hora peninsular, ata o día 18 de maio de 2026, ás 15.00, hora peninsular, ambos inclusive.
     
    Como hai que solicitar as bolsas?
    Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través de a sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
     
    NO CASO DE PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO DA ESTRADA, realizámosche o TRÁMITE DE MANEIRA TOTALMENTE GRATUÍTA DESDE O DEPARTAMENTO DE XUVENTUDE. Podes pasarte polas nosas oficinas sen necesidade de cita previa ou chamarnos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 horas
     
     
    ACCESO AO TRÁMITE DE SOLICITUDE: https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html
     
     

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS AO ALUMNADO DAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA ESTADÍAS NOUTROS PAÍSES CON OBXECTO DE COÑECER A SÚA LINGUA DURANTE O VERÁN DO 2026 (2)

    Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

    ORDE do 25 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia para estadías noutros países co obxecto de coñecer a súa lingua durante o verán de 2026 (código de procedemento ED416A).

     
    REQUISITOS:
    a) Estar matriculado no curso 2025/26, como mínimo en 50 créditos, excluídos os recoñecidos, validados ou adaptados, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, e ter superado 60 créditos en 30 de setembro de 2025, excluídos tamén os recoñecidos, validados ou adaptados.
    b) O curso de idiomas debe ser presencial, ter unha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe, e un mínimo de 45 horas lectivas. O idioma que se desexe cursar deberá ser distinto do castelá e deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
     
    As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas presencialmente no período comprendido, exclusivamente, entre o 1 de xuño e o 31 de agosto de 2026, ambos incluídos.
     
    A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será de 1.200 euros para estadías realizadas en países de Europa e de 1.500 euros para estadías no resto do mundo.
     
    O prazo de presentación de solicitudes será ata o 3 DE MARZO DE 2026
     
     
  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2026, DESTINADAS AO ALUMNADO DOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS (2)

    O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2026
     
    Nº de prazas: 647
     
    Actividades de formación:
    1. As actividades que se ofertan, cuxo contido se especifica en canto a número de prazas, destino e réxime de aloxamento no anexo IV, son actividades de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras.
     
    2. O período de realización destas actividades comprenderá desde a segunda semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2026, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.
    As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
     
    O custo total de cada actividade inclúe:
    a) Os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
    b) As persoas monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
    c) Os gastos de docencia e o material escolar.
    d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
    e) Os gastos de manutención e aloxamento.
    f) O certificado de realización da actividade.
    g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
    Poderá solicitar a participación nas actividades que se ofertan e ser beneficiario/a destas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
    a) Estar cursando, no réxime xeral ordinario, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2025/26, na Comunidade Autónoma de Galicia.
    b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2024/25.
    c) Ter acadado no curso 2024/25, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensino secundario obrigatorio para as prazas ofertadas para o 1º curso de bacharelato e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas ofertadas para o 2º curso de bacharelato.
    d) Non ter concedida, neste curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
    e) Non estar incurso, nin o/a solicitante nin as persoas representantes/membros da unidade familiar, nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    f) Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte.
     
    As axudas poderán ser solicitadas polas persoas proxenitoras ou titoras legais, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
    A solicitude (anexo I) presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal, código de procedemento ED504B.
    Se precisas axuda desde o departamento de Xuventude do Concello da Estrada botámosche unha man; podes pasarte sen necesidade de cita previa polas nosas oficinas ou chamarnos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 horas.
  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DE MOBILIDADE PARA O ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR DE CENTTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS (ERASMUS +)

    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

    RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao superior de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2024-1-ES01-KA131- HED-000228113 no curso 2025/26.

    Poderán concorrer a esta convocatoria as persoas que cumpran algún dos seguintes requisitos:

    a) Estar matriculadas durante o curso 2025/26 nun ciclo formativo de grao superior de Formación Profesional ou nun curso de especialización de Formación Profesional de grao superior, nalgún dos centros educativos que se relacionan no anexo I, e estar en condicións de acceder á realización da formación en centros de traballo (FCT) ou de realizar un período de formación práctica en empresas antes do comezo da mobilidade.

    b) Ter obtido unha titulación de grao superior de Formación Profesional ou certificado dun curso de especialización de Formación Profesional de grao superior nalgún dos centros educativos que se relacionan no anexo I, durante os doce (12) meses anteriores á finalización da mobilidade prevista.

    As actividades susceptibles de ser financiadas mediante esta convocatoria son as seguintes:

    a) Mobilidades físicas de longa duración para formación práctica (2 a 12 meses), que permiten a realización de períodos de formación práctica no estranxeiro nunha empresa, un instituto de investigación, un laboratorio, unha organización ou calquera outro lugar de traballo pertinente.

    b) Mobilidades combinadas para formación práctica, que constarán das seguintes partes:

    • Mobilidade física de curta duración (5 a 30 días) para a realización de períodos de formación práctica no estranxeiro nunha empresa, un instituto de investigación, un laboratorio, unha organización ou calquera outro lugar de traballo pertinente.

    • Compoñente virtual obrigatorio que facilite o intercambio educativo e o traballo en equipo en liña e de maneira colaborativa.

    Este compoñente poderá ter lugar antes ou despois da mobilidade física.

    A mobilidade combinada para estudos debe conceder un mínimo de tres (3) créditos ECTS.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260204/AnuncioG0761-220126-0003_gl.pdf

  • CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE CONVOCA 18 BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE ARQUIVOS

    CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

    ORDE do 18 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao Programa 2026-2027 (código de procedemento CT110A).

    As bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e os seus fondos documentais.

    O persoal bolseiro realizará a súa actividade nos arquivos do Sistema de arquivos de Galicia que conten con persoal técnico arquiveiro. Serán tutelados polo persoal técnico dos centros receptores, sen prexuízo da coordinación e seguimento realizados pola consellería competente en materia de cultura.

    Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:

    1. Ter grao universitario ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) en que se acredite un mínimo de 75 créditos nas materias de historia, arquivística e/ou xestión documental.

    2. Acreditar coñecemento da lingua galega, nivel perfeccionamento, mediante certificado oficial ou Celga 4.

    3. Non desfrutar, con anterioridade á publicación desta convocatoria de bolsas, dun período de tempo igual ou superior a 6 meses destas mesmas bolsas, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Dirección Xeral competente en materia de cultura, unha vez adxudicada a bolsa.

    4. Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.

    5. Non ter sido sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a organización e descrición de arquivos de interese galego.

    As bolsas terán unha duración máxima de 12 meses, contados a partir da data de incorporación que estableza a Dirección Xeral competente en materia de cultura de acordo co centro de destino.

    Darán comezo dentro do prazo que se estableza na resolución, non antes do 1 de xullo de 2026.

    O importe bruto mensual de cada bolsa será de 1.055,00 €

    O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260112/AnuncioG0766-191225-0002_gl.pdf

     

  • CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE CONVOCA 18 BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE MUSEOS

    CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

    ORDE do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de museos correspondentes ao programa 2026-2027 (código de procedemento CT110B).

    Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

    1. Ter grao universitario ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) na cal se acredite un mínimo de 75 créditos nas materias seguintes:

    a) Historia da arte

    b) Historia.

    c) Arqueoloxía.

    d) Conservación e restauración.

    O número de bolsas convocadas será de dezaoito, que se adxudicarán de acordo co baremo indicado no artigo 11 desta convocatoria.

    As bolsas terán unha duración máxima de 12 meses, contados a partir da data de incorporación que estableza a dirección xeral competente en materia de cultura de acordo co centro de destino.

    Darán comezo dentro do prazo que se estableza na resolución, non antes do 1 de xullo de 2026

    O importe bruto mensual de cada bolsa será de 1.055,00 €.

    O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260112/AnuncioG0766-171225-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA 33 BOLSAS DE FORMACIÓN EN BIBLIOTECONOMIA

    As bolsas darán comezo dentro do prazo que se estableza na resolución de concesión, non antes do 16 de xuño de 2026, e finalizarán o 15 de xullo de 2027

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260108/AnuncioG0766-161225-0001_gl.pdf