Sección: Bolsas

  • UNIVERSIDADE DE VIGO CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN EN UNIDADES E ÁREAS DIRIXIDAS AO ESTUDANTADO DESE CENTRO

    UNIVERSIDADE DE VIGO

    EXTRACTO da Resolución do 2 de xullo de 2025 pola que se convocan bolsas de formación en unidades e áreas dirixidas ao estudantado da Universidade de Vigo para o curso 2025/26.

    Persoas beneficiarias

    Estudantado que está matriculado en centros propios no curso 2025/26 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións oficiais de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II, no campus en que se opta á bolsa.

    Prazo de presentación de solicitudes

    Desde o 3 ata o 31 de xullo de 2025.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250709/AnuncioU500-030725-0003_gl.pdf

  • CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE CONVOCA PRAZAS E BOLSAS NAS RESIDENCIAS XUVENÍS DEPENDENTES DA XUNTA DE GALICIA

    CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

    RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2025 pola que se procede á convocatoria de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería (códigos do procedemento BS303B, BS303C e BS303D)

    As modalidades de adxudicación de prazas establecidas nesta resolución regularanse a través dos seguintes procedementos:

    a) BS303B: prazas en residencias xuvenís para estudantes.

    b) BS303C: prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras.

    c) BS303D: prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras.

    O período máximo de estadía na residencia xuvenil de todas as persoas residentes será de 11 meses e estará comprendido no período establecido para cada curso académico, exceptuándose os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa. En todo caso, as persoas residentes deberán abandonar as residencias, como prazo máximo, o 31 de xullo do curso académico.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250623/AnuncioG0766-090625-0001_gl.pdf

  • CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL CONVOCA PRAZAS DE RESIDENCIA PARA PERSOAS COLABORADORAS BOLSEIRAS NOS CENTROS RESIDENCIAIS DOCENTES DA CORUÑA, OURENSE E VIGO

    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

    ORDE do 27 de maio de 2025 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2025/26 (código de procedemento ED308A).

    O número de prazas ofertadas é o seguinte:

    Centro Residencial Docente da Coruña: 18 prazas

    Centro Residencial Docente de Ourense: 6 prazas.

    Centro Residencial Docente de Vigo: 6 prazas.

    As persoas adxudicatarias de prazas de colaboradora bolseira utilizarán os servizos da residencia de forma gratuíta, durante o período de funcionamento en que estean abertas as residencias

    O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata o 8 de agosto de 2025.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250620/AnuncioG0761-050625-0004_gl.pdf

  • CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL CONVOCA PRAZAS DE RESIDENCIA NOS CENTROS RESIDENCIAIS DA CORUÑA, OURENSE E VIGO PARA A REALIZACIÓN DE ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS

    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

    ORDE do 27 de maio de 2025 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2025/26 (código de procedemento ED306A).

    A persoa solicitante deberá reunir os seguintes requisitos:

    1. Estar empadroada ela e os demais membros computables da unidade familiar á que pertenza nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia; este requisito entenderase referido exclusivamente á persoa solicitante cando acredite vida independente nos termos previsto no artigo 9.2 desta orde.

    2. Non ter sido expulsada no curso anterior dun centro residencial docente nin estar sometida a un procedemento disciplinario en trámite por infracción das normas de réxime interno e de convivencia do centro residencial docente.

    3. Estar matriculada en estudos postobrigatorios non universitarios nalgún dos centros docentes indicados no artigo 1 desta orde no curso 2025/26.

    4. Non repetir curso nin ter abandonado o curso iniciado. Non obstante, o alumnado que non progresou ao curso seguinte ou abandonou o curso iniciado poderá presentar solicitude de praza de residencia unha única vez máis para cursar un estudo distinto

    Lugar de residencia da unidade familiar e accesibilidade aos estudos

    1. A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:

    a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade galega de residencia habitual da unidade familiar a que pertenza.

    b) E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

    2. Excepcionalmente, por circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas, a Comisión de Valoración poderá eximir de forma motivada do cumprimento destes requisitos, en vista da proposta que efectúe o centro residencial e dos informes que se consideren oportunos.

    Prazo de presentación de solicitudes en período ordinario:

    a) Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 18 de xullo de 2025 (este incluído).

    b) Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 4 de agosto de 2025 (este incluído).

    Prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario entre o 1 e o 5 de setembro de 2025, ambos incluídos.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250620/AnuncioG0761-050625-0002_gl.pdf

  • AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA CONVOCA BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE ESTUDOS NO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALERIA DE GALICIA

    AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

    RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2025/26 (códigos de procedemento TU200A e TU200C).

    Conforme as titulacións que se imparten no CSHG, a través da presente convocatoria outorgaranse as seguintes bolsas para o curso 2025/26:

    – Bolsas ordinarias tipo I:

    • 10 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.

    • 1 bolsa para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.

    – Bolsas ordinarias tipo II:

    • 15 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.

    • 3 bolsas para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.

    – Bolsas excelencia académica (tipo I):

    • 6 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.

    • 2 bolsas para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.

    Poderá solicitar estas bolsas o alumnado do CSHG que reúna os requisitos académicos, económicos e os requisitos para as persoas residentes no exterior que establece esta resolución.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250618/AnuncioG0256-060625-0002_gl.pdf

  • ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS BOLSAS «SEREI» PARA A PREPARACIÓN DE OPOSICIÓNS NAS CARREIRAS XUDICIAL, FISCAL E NO CORPO DE LETRADOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA E CORPO DE AVOGADOS DO ESTADO

    O Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, a través do Plan Estratéxico de Subvencións 2024-2026, inclúe unha liña de bolsas para garantir a igualdade de oportunidades no acceso aos altos corpos de funcionarios da Administración de Xustiza.

    A través destas bolsas, o Ministerio pretende eliminar as barreiras socioeconómicas que limiten o acceso a estes Corpos e afectan os principios de igualdade, mérito e capacidade.

    12.000 € ao ano, durante ata 4 anos, para que te centres na túa preparación.

    Presentación de solicitudes: Só se admitirán aquelas solicitudes que se presenten a través da Sede electrónica da Secretaría de Estado de Xustiza. Preme na ligazón para ver o video explicativo: https://www.cej-mjusticia.es/es/formacion/becas/becas2025

    Tes ata o 23 de xuño para solicitar a túa bolsa

    Accede ao trámite: https://sede2.mjusticia.gob.es/login/index/idp/61

  • CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL CONVOCA BOLSAS DESTINADAS AO ALUMNADO DAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS QUE PARTICIPA EN PROGRAMAS DE MOBILIDADE CON PAÍSES EXTRACOMUNITARIOS NO CURSO 2025-26, FORA DO PROGRAMA ERASMUS +

    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

    ORDE do 22 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2025/26, fóra do ámbito do programa Erasmus+ (código de procedemento ED441B).

    Poderá solicitar estas bolsas o alumnado universitario que cumpra os seguintes requisitos:

    a) Estar matriculado no curso 2025/26 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao.

    b) Participar no Programa de mobilidade universitaria con autorización da universidade de orixe (universidades públicas do Sistema universitario de Galicia).

    c) Que a mobilidade sexa realizada fóra do ámbito do programa Erasmus+.

    d) Non ter desfrutado desta bolsa de mobilidade en convocatorias anteriores.

    O programa de mobilidade para o que se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2025/26.

    As axudas concederanse para estadías dun mínimo de tres (3) meses completos. A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será de 1.700 euros para intercambios realizados en Europa e de 2.500 euros para o resto do mundo.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250606/AnuncioG0761-220525-0004_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA PROCEDEMENTO PARA A CONCESIÓN DE PRAZAS E BOLSAS NAS RESIDENCIAS XIVENÍS

    CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

    ORDE do 21 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería (códigos de procedemento BS303B, BS303C e BS303D).

    As modalidades de adxudicación de prazas establecidas nesta orde regularanse a través dos seguintes procedementos:

    a) BS303B: prazas en residencias xuvenís para estudantes.

    b) BS303C: prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras.

    c) BS303D: prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras.

    Prazas que se convocarán por procedemento e residencias

    As residencias que entran no ámbito de aplicación destas bases reguladoras son:

    a) Centro Residencial Xuvenil (Lugo).

    b) Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas (Ourense).

    c) Residencia Xuvenil Altamar (Vigo).

    O período máximo de estadía na residencia xuvenil de todas as persoas residentes será de 11 meses e estará comprendido no período establecido para cada curso académico, coa excepción dos períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa. En todo caso, as persoas residentes deberán abandonar as residencias, como prazo máximo, o 31 de xullo do curso académico.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250604/AnuncioG0766-220525-0001_gl.pdf

  • CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL CONVOCA OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CORRESPONDENTES AO CURSO 2024-25

    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

    ORDE do 27 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2024/25 (código de procedemento ED311A).

    Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios extraordinarios.

    A dotación para os premios será de 20.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.423A.480.1 da consellería que convoca, dos orzamentos do ano 2025, que se distribuirán entre as persoas premiadas na mesma contía, e que non poderá exceder os 1.000 € por premio.

    Poderá presentarse á proba PEB o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

    a) Ter rematado e superado os estudos de bacharelato no curso 2024/25 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, seguindo o currículo oficial vixente nesta, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, e ser proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso.

    b) Ter acadado nas cualificacións do conxunto dos dous cursos de calquera das modalidades de bacharelato unha nota media igual ou superior a 8,75. Esta nota referirase á media normalizada, calculada sen ter en conta a cualificación das ensinanzas de relixión, co fin de garantir o principio de igualdade e a libre concorrencia entre todo o alumnado. A nota media calcularase de acordo co establecido no artigo 31.3 da Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa (DOG núm. 111, do 13 de xuño).

    Prazo de presentación de solicitudes

    1. Na primeira fase, matrícula na proba PEB, o prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación desta orde.

    2. Na segunda fase, solicitude para optar á subvención do premio extraordinario de bacharelato, o prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes a partir do día seguinte da publicación das listaxes de cualificacións definitivas da proba PEB.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250603/AnuncioG0761-270525-0004_gl.pdf

  • CONSELLO DA CULTURA GALEGA CONVOCA 4 BOLSAS DE COLABORACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN

    CONSELLO DA CULTURA GALEGA

    RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2025 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver nesta entidade e se anuncia a súa convocatoria (código de procedemento PR970B)

    As bolsas darán comezo coa incorporación da persoa seleccionada, tal e como dispón a base décimo cuarta desta convocatoria. A data estimada de comezo é o 1 de setembro de 2025 e rematarán, en calquera caso, o 31 de agosto de 2026; terán unha duración máxima de doce (12) meses.

    A contía das bolsas, por todos os conceptos, será de 1.250 euros mensuais.

    O prazo de presentación de solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será de un (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250522/AnuncioO111-090525-0001_gl.pdf