Sección: Bolsas

  • CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE ANUNCIA A CONVOCATORIA PÚBLICA DE PRAZAS NOS LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGA PARA O ANO 2025

    CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

    ORDE do 5 de maio de 2025 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2025 (código de procedemento PL500F).

    Duración

    1. A contratación por parte das universidades das persoas seleccionadas abranguerá, como máximo, un período que non excederá os tres anos.

    2. As datas previstas de incorporación e remate recóllense no anexo II, no cal se describen as características principais de cada unha das prazas convocadas. En todo caso, respectarase a data de remate.

    Persoas beneficiarias

    Españois/españolas ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación, e que cumpran un número mínimo de créditos en materias de galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de inglés.

    Prazo de presentación de solicitudes

    Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250516/AnuncioG0766-060525-0001_gl.pdf

  • CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN NOS LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS PARA O ANO 2025

    CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

    ORDE do 2 de maio de 2025 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2025 (código de procedemento PL500E).

    O programa de formación das persoas seleccionadas terá unha duración máxima de 3 anos. 

    Contía e libramento das bolsas

    1. O importe íntegro mensual das bolsas obxecto desta convocatoria é o seguinte:

    • 1.225,00 €, para aqueles lectorados localizados en universidades españolas.

    • 1.378,00 €, para aqueles lectorados localizados en universidades estranxeiras.

    O programa de formación, que terá un marcado carácter práctico, estará integrado por actividades relacionadas coa docencia, a programación e a organización de tarefas, a investigación, a difusión e a promoción da lingua, da literatura e da cultura galegas. As persoas adxudicatarias desenvolverán estas actividades, no marco do convenio asinado coas universidades de destino, baixo a dirección da persoa responsable do centro de estudos galegos e en permanente coordinación con esta.

    Prazo de presentación de solicitudes

    Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250516/AnuncioG0766-060525-0003_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL E MATERIAL ESCOLAR DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E EDUCACIÓN ESPECIAL (2)

    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

    ORDE do 28 de abril de 2025 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2025/26 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

    Esta orde ten por obxecto regular, no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos e para o curso 2025/26, os procedementos:

    – ED330B. Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

    – ED330G. Aceptación da participación como entidade colaboradora no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

    – ED330H. Rexistro de librarías. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

    Beneficiarias

    Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

    a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO).

    b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como o alumnado do resto dos cursos de EE e ESO con necesidades específicas de apoio educativo que non utilicen os libros do fondo.

    c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE

    Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 20 de xuño de 2025. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2026.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250515/AnuncioG0761-290425-0001_gl.pdf

    No caso das PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO DA ESTRADA, podes obter máis información dirixíndote aos SERVIZOS SOCIAIS.

     

  • AXENCIA TURISMO DE GALICIA CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA NA ÁREA DOS ESTUDOS E INVESTIGACIÓN

    AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

    RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de dúas bolsas de formación práctica na Área de Estudos e Investigación e se procede á súa convocatoria para os anos 2025 a 2027 (código de procedemento TU981C).

    a) Unha bolsa relacionada co ámbito da ciencia de datos.

    b) Unha bolsa relacionada co ámbito da comunicación de datos turísticos.

    O lugar de realización das prácticas tuteladas destas bolsas será na sede da área, nas oficinas da Axencia de Turismo de Galicia (estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela).

    O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2025 a 2027, cunha duración máxima de 24 meses contados a partir da data de incorporación das persoas bolseiras que será, previsiblemente, o 1 de xullo de 2025

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250514/AnuncioG0256-050525-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN NA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO E CONSUMO

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 7 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN225A).

    As bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo teñen como obxectivo contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e do seu ámbito.

    A bolsa que se convoque desenvolverase dentro do programa de formación, elaborado pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo e dispoñible, xunto co procedemento, na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2025, cunha duración máxima de sete meses contados desde a data de incorporación das persoas bolseiras ata o 31 de decembro.

    Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 8.400 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.200 € brutos ao mes.

    O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250425/AnuncioG0767-080425-0005_gl.pdf

  • UNIVERSIDADE DE VIGO CONVOCA BOLSAS DE PRÁCTICAS DO PROGRAMA CAMPUS RURAL, DIRIXIDAS AO ESTUDANTADO DESTA UNIVERSIDADE

    UNIVERSIDADE DE VIGO

    EXTRACTO da Resolución reitoral do 2 de abril de 2025 pola que se convocan bolsas de prácticas no programa Campus rural, dirixidas ao estudantado da Universidade de Vigo para o curso 2024/25.

    Persoas beneficiarias

    Estudantado matriculado en titulacións oficiais de grao ou mestrado universitario na Universidade de Vigo no curso 2024/25

    Prazo de presentación de solicitudes

    Desde o 3 ao 24 de abril de 2025.

    De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións: https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/824691

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250409/AnuncioU500-030425-0001_gl.pdf