Sección: Bolsas

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA A CONCESIÓN DIRECTA DE AXUDAS E BOLSAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPEN EN ACCIÓNS FORMATIVAS DO SISTEMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL DOS GRAOS A, B OU C

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 16 de outubro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B ou C, competencia deste departamento, ou de formación no traballo do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal correspondentes aos exercicios 2025 e 2026 (código de procedemento TR301V).

    Esta orde ten por obxecto regular o réxime da concesión directa de subvencións, por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B ou C, ou de especialidades formativas do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal, financiadas por esta consellería (código de procedemento TR301V).

    Non se inclúe no ámbito de aplicación desta orde a formación impartida nos programas integrados de emprego, nos obradoiros de emprego, nas accións formativas financiadas con fondos procedentes do Mecanismo para a recuperación e resiliencia ou con fondos provenientes da Unión Europea.

    Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas obxecto desta convocatoria as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nesta orde, así como os particulares establecidos para cada tipo de bolsa ou axuda.

    Poderán obter a condición de beneficiarias as persoas traballadoras que, tendo a condición laboral de ocupadas, adquiran posteriormente a condición de persoas traballadoras desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia con situación laboral como non ocupada durante o período de desenvolvemento da acción formativa.

    As tipoloxías de bolsas e axudas reguladas nesta orde son as seguintes:

    • Bolsas de asistencia para os seguintes colectivos

    – Persoas con discapacidade recoñecida en grao igual ou superior ao 33 %.

    – Membros integrantes dunha familia numerosa.

    – Membros integrantes dunha familia monoparental.

    – Vítimas de violencia de xénero.

    • Axudas por participar na acción formativa:

    – Para transporte público, urbano e interurbano, ou vehículo propio.

    – Para manutención.

    – Para aloxamento e manutención.

    – Para conciliación.

    A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito. A presentación da solicitude fóra de prazo dará lugar á súa inadmisión sen máis trámites.

     

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251030/AnuncioG0767-171025-0002_gl.pdf

    ACCESO DIRECTO Á SOLICITUDE: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR301V&ano=2024&numpub=1&lang=gl

    Para resolver DÚBIDAS: Teléfonos: 881 999 124/ 981 999 602

  • CONSELLERÍA DO MAR CONVOCA 2 BOLSAS DE INVESTIGACIÓN MARIÑA PARA PERSOAS CON TITULACIÓN SUPERIOR

    CONSELLERÍA DO MAR

    ORDE do 1 de outubro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan dúas bolsas de formación en materia de investigación mariña para persoas con titulación superior (código de procedemento PE609E).

    O número de bolsas será de dúas, que se adxudicarán de acordo co baremo indicado no artigo 10 desta convocatoria.

    As bolsas terán unha duración de dous anos a partir da data de incorporación que se estableza na resolución de concesión e sen posibilidade de prórroga.

    O importe bruto mensual de cada bolsa será de mil douscentos euros (1.200,00 €)

    Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:

    1. Estar en posesión do título universitario de licenciatura ou de grao en Bioloxía ou Ciencias do Mar. As persoas solicitantes deberán estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematados os estudos conducentes a esta titulación no ano 2022 ou posterior.

    2. Ter nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

    3. Non estar incapacitado/a fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir a realización normal da actividade formativa obxecto das bolsas que se convocan.

    4. Non desfrutar anteriormente doutra bolsa de formación para a especialización en materias de investigación mariña para persoas con titulación superior convocadas pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, excepto que no conxunto das convocatorias anteriores desfrutasen da bolsa por un período de tempo non superior a 5 meses

    5. Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

    6. Non ter a titulación de doutor/a, nin atoparse matriculado nun programa de doutoramento do sistema universitario nacional ao remate do prazo de presentación de solicitudes.

    7. Estar en posesión do permiso de condución de vehículos de categoría ou clase B.

    O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251010/AnuncioG0427-011025-0003_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA OS PREMIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSOAL CORRESPONDENTES AO CURSO 2024/25

    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

    ORDE do 11 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2024/25 (código de procedemento ED311E).

    Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios.

    A dotación para os premios será de 20.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.423A.480.1 da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, dos orzamentos do ano 2025, que se distribuirán entre as persoas premiadas na mesma contía, e que non poderá exceder os 1.000 € por premio.

    A concesión das axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado para este fin.

    O alumnado que obteña o premio percibirá a dotación económica, de cumprir os requisitos establecidos no artigo 17 desta orde e, ademais, recibirá un diploma acreditativo.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250923/AnuncioG0761-110925-0004_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE FORMACIÓN DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR EN GALICIA

    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

    ORDE do 10 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311B).

    Persoas beneficiarias

    Alumnado que cursase estudos de formación profesional de grao superior no curso 2023/24 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematase en 2024 cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

    Vinte e tres (23) premios extraordinarios (un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia) cunha dotación total de 23.000 €, que non poderán exceder os 1.000 € por premio.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250922/AnuncioG0761-110925-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DESTINADAS A PERSOAS TITULADAS UNIVERSITARIAS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO PARA A MATRICULA NUN MASTER UNIVERSITARIO OFICIAL

    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

    ORDE do 26 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2025/26 (código de procedemento ED421A).

    Poderán solicitar estas axudas as persoas tituladas universitarias que cumpran os seguintes requisitos:

    a) Estar en situación de desemprego á data de presentación da solicitude.

    b) Ter rematados os estudos universitarios que lle dean acceso aos estudos do máster universitario con data límite do 30 de setembro de 2024.

    c) Estar matriculada no curso académico 2025/26, en primeira matrícula, nun máster universitario oficial de 60, 90 ou 120 créditos ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia. A matrícula será dun mínimo de 60 créditos, excluídos os créditos recoñecidos, validados ou adaptados.

    d) Non estar incluídas nos casos de beneficios e exención total de matrícula que se prevexan no decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2025/26.

    e) Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores, salvo no caso dun máster de 120 créditos, no que se pode solicitar para a primeira matrícula dos 60 créditos que restan para rematar o máster.

    A contía da axuda cubrirá o importe das materias matriculadas por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos, do máster universitario oficial segundo os prezos públicos que se establezan no decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2025/26.

    O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 6 de outubro de 2025

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250905/AnuncioG0761-260825-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA OS PREMIOS FIN DE CARREIRA DIRIXIDOS AO ALUMNADO QUE REMATOU OS ESTUDOS DE ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES

    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

    ORDE do 26 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2024/25 en centros públicos de Galicia (código de procedemento ED311G).

    Estes premios, ademais de ter asignada unha dotación económica, supoñen un recoñecemento de carácter oficial para o alumnado que conta co mellor expediente académico de entre as persoas solicitantes.

    Número e dotación dos premios

    1. Poderanse conceder ata seis (6) premios coa seguinte distribución: un (1) premio nas ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, un (1) premio nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, dous (2) premios nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño e dous (2) premios nas ensinanzas artísticas superiores de Música.

    2. As persoas premiadas percibirán unha dotación económica, de cumprir os requisitos sinalados nesta convocatoria, dun máximo de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción.

    Poderá optar a estes premios o alumnado de ensinanzas artísticas superiores que cumpra os seguintes requisitos:

    a) Que teña finalizados, no curso académico 2024/25, os estudos conducentes á titulación de Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores pola que opta ao premio nun centro de ensinanzas artísticas superiores de titularidade da Xunta de Galicia, e cuxa data de presentación e defensa do traballo fin de estudos (TFE) estea comprendida entre o día 1 de setembro de 2024 e o día 31 de agosto de 2025.

    b) Que teña unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,5000 sen arredondamento.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250910/AnuncioG0761-270825-0001_gl.pdf

     

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA O ALUMNADO QUE REALIZA A FORMACIÓN EN EMPRESA ESTABLECIDA PARA AS ENSINANZAS INCLUIDAS NO SISTEMA EDUCATIVO DE FORMACIÓN PROFESIONAL

    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

    ORDE do 6 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases e se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza a formación en empresa establecida para as ensinanzas incluídas no sistema educativo de formación profesional (código de procedemento ED202A)

    Persoas beneficiarias

    Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que realice prácticas en empresas ou en entidades colaboradoras, entre setembro de 2024 e decembro de 2025, no marco dun ciclo formativo de grao básico, grao medio ou grao superior de formación profesional, cursos de especialización de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas de réxime especial e programas formativos.

    Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:

    1. O primeiro prazo será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 10 de setembro de 2025, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos de outubro de 2024-marzo de 2025 e nos períodos de xaneiro-xuño, xaneiromarzo e abril-xuño de 2025.

    Acollerase a este primeiro prazo o alumnado matriculado en ensinanzas de FP dual, en réxime xeral ou intensivo, que realice o seu período formativo na empresa ata o 31 de agosto de 2025.

    2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2025, para o alumnado que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2025.

    Acollerase a este segundo prazo o alumnado matriculado en ensinanzas de FP dual, en réxime xeral ou intensivo, que realice o seu período formativo na empresa no período de setembro-decembro de 2025.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250818/AnuncioG0761-060825-0002_gl.pdf

  • CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE CONVOCA 11 BOLSAS DE FORMACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN A DESENVOLVER NO CENTRO RAMÓN PIÑEIRO PARA A INVESTIGACIÓN EN HUMANIDADES

    CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

    ORDE do 30 de xullo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de once bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).

    Serán as destinatarias destas bolsas as persoas licenciadas ou graduadas universitarias nas titulacións exixidas nos distintos proxectos de investigación.

    Os proxectos concretos inclúense no anexo I á presente orde e nel detállanse os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional ou investigadora.

    A contía de cada bolsa será de 1.100 € brutos mensuais, aos que se lles aplicarán os descontos e retencións legais vixentes, incluída a cotización á Seguridade Social, que correspondan.

    Duración

    As actividades de formación iniciaranse coa incorporación da persoa seleccionada tal e como dispón a base décimo cuarta desta convocatoria; a data estimada de comezo é o 1 de decembro de 2025 e rematarán, en calquera caso, o 30 de novembro de 2027. A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa

    O prazo de presentación das solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun mes contado a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250812/AnuncioG0766-300725-0001_gl.pdf

     

     

  • UNIVERSIDADE DE VIGO CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN EN SISTEMAS INFORMÁTICOS DIRIXIDAS AO ESTUDANTADO DESE CENTRO

    UNIVERSIDADE DE VIGO

    EXTRACTO da Resolución do 2 de xullo de 2025 pola que se convocan bolsas de formación en sistemas informáticos dirixidas ao estudantado desta universidade para o curso 2025/26.

    Persoas beneficiarias

    Alumnado que está matriculado nas titulacións oficiais de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II, no campus en que se opta á bolsa no curso 2025/26.

    Prazo de presentación de solicitudes

    Desde o 3 ata o 31 de xullo de 2025.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250709/AnuncioU500-030725-0001_gl.pdf

  • UNIVERSIDADE DE VIGO CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN DIRIXIDAS AO ESTUDANTADO DESE CENTRO

    UNIVERSIDADE DE VIGO

    EXTRACTO da Resolución do 2 de xullo de 2025 pola que se convocan bolsas de formación en centros universitarios dirixidas ao estudantado desta universidade para o curso 2025/26.

    Persoas beneficiarias

    Alumnado que estea matriculado/a en centros propios no curso 2025/26 nas titulacións oficiais de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II, no campus no cal se opta á bolsa.

    Prazo de presentación de solicitudes

    Desde o 3 ata o 31 de xullo de 2025