Sección: Outras axudas e subvencións

  • INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO CONVOCA AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDAS NOS CENTROS HISTÓRICOS

    INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

    RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2023 pola que se convocan para o ano 2023 as axudas para a adquisición de vivenda nos centros históricos (código de procedemento VI400A).

    Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que reúnan os seguintes requisitos:

    a) Posuír a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, ter a residencia legal en España.

    b) Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 6,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM).

    c) Ter subscrito con posterioridade ao 15 de novembro de 2022 un contrato privado ou, se é o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda que reúna os seguintes requisitos: – Que estea situada no ámbito dun centro histórico dos citados no anexo da Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se determinan os centros históricos, para os efectos das deducións previstas nos números 14 do artigo 5, 6 e 7 do artigo 13.ter do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo (DOG núm. 51, do 13 de marzo de 2018). – Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse as vivendas novas, as usadas e as que vaian ser obxecto de rehabilitación. – Que o prezo de adquisición da vivenda, no caso de que estea situada no ámbito dun centro histórico dos concellos da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, non supere o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado nos municipios de prezo máximo superior, computando unha superficie útil de 120 m2 e sen incluír os gastos e tributos inherentes á dita adquisición. Este prezo máximo incrementarase nun 8 %, no suposto de dispoñer de garaxe, e nun 2 %, no suposto de dispoñer de rocho. No caso de que a vivenda estea situada no ámbito dun centro histórico dos concellos non sinalados no parágrafo anterior, o prezo de adquisición non poderá superar o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado situadas na zona I do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia, computando unha superficie útil de 120 m2 , e sen incluír os gastos e tributos inherentes á dita adquisición. Este prezo máximo incrementarase nun 8 %, no suposto de dispoñer de garaxe, e nun 2 %, no suposto de dispoñer de rocho.

    d) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de dispoñer de escritura pública de compravenda formalizada con anterioridade á data da presentación da citada solicitude, salvo que a vivenda vaia ser obxecto de rehabilitación. Neste caso deberán empadroarse nela no momento da finalización das citadas obras.

    e) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

    f) Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    g) Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por transmisión mortis causa. Exceptuaranse deste requisito aquelas persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten non ter a súa dispoñibilidade por causa de separación ou divorcio, non poidan habitala por calquera outra causa allea á súa vontade ou que a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou de calquera membro da súa unidade de convivencia.

    A contía da axuda para a adquisición de vivenda será de ata 12.800 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 35 anos, e de 10.800 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas maiores de 35 anos.

    En todo caso, no suposto de vivendas situadas nun ámbito declarado área Rexurbe, a contía da axuda será de 15.000 euros por vivenda. As axudas terán o límite do 20 % do prezo de compra da vivenda, o cal non incluirá os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o 2 de outubro de 2023 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230703/AnuncioC3Q2-220623-0007_gl.pdf

  • CONSELLERIA DE POLITICA SOCIAL CONVOCA PRAZAS E BOLSAS NAS RESIDENCIAS XUVENÍS

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

    ORDE do 19 de xuño de 2023 pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería, e se convocan para o curso académico 2023/24 (códigos de procedemento BS303B, BS303C e BS303D)

    Persoas beneficiarias

    1. A adxudicación de prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e Xuventude para o curso académico 2023/24 destínase a persoas estudantes e persoas traballadoras que cumpran os requisitos xerais e específicos establecidos na convocatoria. Así mesmo, coa adxudicación de prazas destínase unha liña de bolsas para persoas estudantes colaboradoras que ademais dos requisitos xerais cumpran os requisitos específicos establecidos para a súa concesión.

    2. Así, poderán optar ás prazas nas residencias xuvenís as persoas que reúnan os seguintes requisitos xerais: a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira residente en España no momento de presentación da solicitude. b) Non ter perdido a condición de residente en convocatorias anteriores por causa imputable á persoa solicitante.

    3. As persoas estudantes que soliciten prazas nas residencias sen bolsas deberán reunir os seguintes requisitos específicos (código de procedemento BS303B):

    a) Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 na data do 31 de decembro de 2023.

    b) Estar cursando estudos de bacharelato, formación profesional, ciclos formativos, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, doutoramentos ou estudos de mestrados universitarios oficiais.

    c) Que no concello onde radique a súa residencia habitual, debidamente acreditada a través do certificado de residencia con data de última variación de padrón da persoa solicitante, non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar a persoa solicitante

    Prazo de presentación de solicitudes: Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230703/AnuncioG0657-200623-0003_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS PARA A CONCILIACIÓN EN SITUACIÓNS PUNTUAIS E PERÍODOS DE VACACIÓNS ESCOLARES A TRAVÉS DO PROGRAMA BONO CONCILIA FAMILIA

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

    ORDE do 22 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases para a concesión das axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares a través do programa Bono Concilia Familia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS412A).

    Para os efectos desta orde, entenderanse como períodos de vacacións escolares os seguintes:

    – Do 1 ao 6 de xaneiro.

    – Os días 20, 21 e 22 de febreiro.

    – Do 3 ao 10 de abril.

    – Do 22 de xuño ao 8 de setembro.

    Persoas beneficiarias

    1. Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono Concilia Familia os pais/nais e as persoas titoras de nenos e nenas de ata doce anos de idade, estes incluídos, ou as persoas que os/as teñan en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e estean nos supostos seguintes:

    a) Que o neno ou a nena sexa menor de trece anos no momento en que se produce o suposto para o cal se solicita a axuda.

    b) Que ambos os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, familias monoparentais ou pais/nais con custodia non compartida estean efectivamente traballando, tanto no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente do neno ou nena como por necesidades en períodos de vacacións escolares.

    Accións e gastos subvencionables

    1. Para ter dereito ás axudas previstas nesta orde as familias deberán acreditar que están nun dos seguintes supostos:

    a) Supostos de necesidades puntuais que a seguir se relacionan: 1º. Enfermidade ou accidente do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual. 2º. Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación que impidan a atención do neno ou nena. 3º. Situacións puntuais de carácter laboral da persoa coidadora habitual que impidan a atención do neno ou nena 4º. Situacións puntuais de coidado de familiares, do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, sempre que impidan a atención do neno ou nena por parte da persoa coidadora.

    b) Necesidades en períodos de vacacións escolares que se producen cando os centros educativos están pechados por vacacións sempre que ambos os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, familias monoparentais ou pais/nais con custodia non compartida acrediten que por motivos laborais non poden facerse cargo da atención do neno ou nena.

    2. Poderán ser obxecto de subvención os seguintes gastos derivados dos medios empregados para a atención de nenos e nenas de ata doce anos de idade, estes incluídos, nos supostos previstos no número anterior e realizados dentro do período indicado no artigo 1.1: 1º. Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar de forma temporal para o coidado do neno ou nena. Consideraranse tamén as ampliacións horarias de contratos laborais preexistentes que se realicen con esta finalidade no que se refire á dita ampliación. 2º. Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio. 3º. Asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Xuventude, en concreto, atención en ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia previstos na sección quinta do capítulo III do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia. 4º. Asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados por calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.

    Tipo de axuda e contía

    1. A axuda consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións previstas no artigo anterior. A contía máxima da axuda será:

    a) De 500 euros por unidade familiar no caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio.

    b) De 200 euros por cada neno ou nena no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Xuventude ou a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 15 de setembro de 2023. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230704/AnuncioG0657-230623-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS CON INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DE PERSOAS MOZAS INSCRITAS EN GARANTIA XUVENIL (FONDOS EUROPEOS)

    Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

    ORDE do 16 de xuño de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de incentivos á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR350C)

    Esta convocatoria ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2023 dun programa de incentivos á contratación por conta allea, que realicen as empresas e persoas empregadoras, para a contratación mínima de 9 meses a xornada completa de persoas mozas, incluídas e que consten como beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral (código de procedemento TR350C).

    Persoas empregadoras e empresas beneficiarias

    Poderán ser persoas e empresas beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nos artigos 6, 7 e 8 desta orde.

    Tamén poden ser beneficiarios os centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social, respectivamente.

    Poderán ser persoas destinatarias finais destas axudas aquelas persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos no momento da selección e da contratación:

    a) Que teñan feito os 16 anos e non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil, de conformidade co artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.

    b) Que estean desempregadas, e inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego en ocupacións relacionadas coas ofertas de emprego que se presenten ao abeiro desta orde.

    c) Que estean inscritas en situación de beneficiarias no ficheiro do SNGX no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 90.1.a) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.

    Gastos subvencionables

    1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións por conta allea de persoas mozas mediante a subscrición de contratos indefinidos, contratos de formación en alternancia ou de contratos para a obtención da práctica profesional.

    2. Os contratos terán unha duración mínima de 9 meses e deberán ser a xornada completa.

    3. Serán subvencionables nas modalidades de indefinido, formación en alternancia ou para a obtención da práctica profesional, tanto as novas contratacións como as contratacións realizadas con anterioridade á notificación da concesión da axuda, e ata os seis meses inmediatamente anteriores á data de publicación desta orde, sempre que a formalización do contrato se realizase no ano en curso e se cumpran todos requisitos recollidos nesta orde.

    4. No caso de novas contratacións, o período para realizar as ditas contratacións será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da concesión da axuda e, en todo caso, rematará o 30.9.2023

    Contía dos incentivos

    A axuda consistirá nun incentivo único de 9.000 € por cada persoa moza contratada, ben con carácter indefinido ou ben cunha duración mínima de 9 meses para os casos de contratos de formación en alternancia e para a obtención da práctica profesional, e en todos os casos cunha xornada a tempo completo.

    O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230629/AnuncioG0656-160623-0009_gl.pdf

  • INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO CONVOCA AS AXUDAS DO PROGRAMA DE FOMENTO DE ALOXAMENTOS TEMPORAIS, DE MODELOS COHOUSING, DE VIVENDAS INTEREXENERACIONAIS E MODALIDADES SIMILARES (PLAN ESTATAL)

    INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

    RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de fomento de aloxamentos temporais, de modelos cohousing, de vivendas interxeneracionais e modalidades similares, do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2023 (código de procedemento VI435C)

    Poderán ser beneficiarias destas axudas:

    a) Persoas físicas maiores de idade que posúan a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que lle sexa de aplicación. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán contar con autorización de estancia ou residencia en España.

    b) As administracións públicas, os organismos públicos e demais entidades de dereito público e privado, así como as empresas públicas, privadas e público-privadas.

    c) As fundacións, as empresas de economía social e as súas asociacións, cooperativas incluídas as de autopromoción ou autoconstrución, as organizacións non gobernamentais e as asociacións declaradas de utilidade pública, entidades sen ánimo de lucro e aquelas ás que se refire a disposición adicional quinta da Lei 7/1985, do 2 de abril

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e terminará o día 2 de novembro de 2023 e, en todo caso, ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, o que será publicado no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, de acordo co previsto no artigo 32 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230621/AnuncioC3Q2-120623-0002_gl.pdf

  • O GOBERNO ABRE A CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A FORMACIÓN DE PROFESIONAIS DO MEDIO RURAL

    O obxectivo destes apoios é ampliar os coñecementos e capacidades dos profesionais mediante unha oferta formativa actualizada para mellorar a súa competitividade e oportunidades de emprego.

  • CONVOCANSE EN GALICIA AS AXUDAS DO PROGRAMA DE INCENTIVOS PARA A IMPLANTACIÓN DE INSTALACIÓN DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS EN EDIFICIOS NON RESIDENCIAIS, ESTABLECEMENTOS E INFRAESTRUCTURAS DO SECTOR PÚBLICA (FONDOS EUROPEOS)

    Axencia Instituto Enerxético de Galicia

    RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2023 pola que se aproba a convocatoria para o ano 2023 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422O).

    Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 3 da convocatoria, sempre que non realicen unha actividade económica pola que ofrezan bens ou servizos no mercado, e en concreto, os seguintes:

    a) As entidades locais territoriais previstas no artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local ou calquera outra entidade local ou supralocal, distinta das anteriores, legalmente constituída e dotada de personalidade xurídica propia.

    b) Calquera entidade do sector público institucional de calquera Administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como as entidades de dereito privado ou organizacións privadas sen ánimo de lucro.

    c) Agrupacións, asociacións, consorcios ou calquera outra forma de colaboración, con ou sen personalidade xurídica e sen actividade económica de calquera das figuras do artigo 16.2, punto 1 e 2 das bases reguladoras (Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro).

    O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas, transcorridos 20 días hábiles desde a publicación da convocatoria de axudas no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de decembro de 2023, que, ao ser inhábil, se prorrogará ao día seguinte hábil (2 de xaneiro de 2024).

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230616/AnuncioG0474-060623-0003_gl.pdf

  • IGVS CONVOCA AXUDAS PARA A ELABORACIÓN DO LIBRO DO EDIFICIO EXISTENTE PARA A REHABILITACIÓN E A REDACCIÓN DE PROXECTOS DE REHABILITACIÓN (FONDOS EUROPEOS DE RECUPERACIÓN) (2)

    Instituto Galego da Vivenda e Solo

    RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G).

    Constitúen actuacións subvencionables as seguintes:

    a) A emisión do libro do edificio existente para a rehabilitación (liña A).

    b) A redacción de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios (liña B). 

    As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020.

    Os edificios obxecto das actuacións subvencionables a través deste programa debe‑ rán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Estar rematados antes do ano 2000.

    b) Que polo menos o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.

    Persoas ou entidades beneficiarias

    1. Ao abeiro do artigo 51 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, poderán ser beneficiarias destas axudas:

    a) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, ben sexan persoas físicas ben teñan personalidade xurídica de natureza privada.

    b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

    c) As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.

    d) As sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil, así como polas persoas propietarias que conforman comunidades de propietarios ou agrupacións de comunidades de propietarios constituídos conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

    As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 2 de outubro de 2023, agás que, con anterioridade, se esgotase o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

     LISTAXE PERSOAL TÉCNICO PARA ELABORACIÓN DE DOCUMENTACIÓN REHABILITACIÓN VIVENDAS

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230615/AnuncioC3Q2-050623-0001_gl.pdf

  • INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO CONVOCA ÁS AXUDAS Á REHABILITACIÓN A NIVEL DE EDIFICIO ( FONDOS EUROPEOS DE RECUPERACIÓN) (2)

    Instituto Galego da Vivenda e Solo

    RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F.

    Ao abeiro do artigo 31 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, poderán ser beneficiarias das axudas:

    a) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, así como das súas vivendas, ben sexan persoas físicas ou ben persoas xurídicas de natureza privada.

    b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal.

    c) As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal, así como as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actuacións que motivan a concesión da subvención.

    d) As sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil, así como polas persoas propietarias que conforman comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal, e por cooperativas en réxime de cesión de uso das súas vivendas. e) As empresas arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas que acrediten a dita condición, mediante contrato vixente, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa.

    Actuacións subvencionables

    1. De conformidade co establecido no artigo 33 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, son actuacións subvencionables as de mellora ou rehabilitación que se realicen en vivendas unifamiliares ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva de uso vivenda. No suposto de edificios de tipoloxía residencial colectiva exixirase que, polo menos, o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.

    2. As ditas actuacións deben cumprir os seguintes requisitos:

    a) Conseguir unha redución de, polo menos, un 30 % no indicador de consumo de enerxía primaria non renovable, referida á certificación enerxética e, ademais, unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración da vivenda unifamiliar ou do edificio de, polo menos, un 35 % se están situados en zonas climáticas D e E ou dun 25 % se están situados en zona climática C.

    b) Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que estas as requiran.

    3. No caso de edificios suxeitos a algún nivel de protección por formar parte dun contorno declarado ou por razón do seu particular valor arquitectónico ou histórico en que estean limitadas as actuacións sobre os elementos que compoñen a envolvente térmica, non será necesario o cumprimento do requisito de redución de demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración. Non obstante, aqueles elementos da envolvente sobre os que se poida intervir deben cumprir cos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda, establecidos na táboa 3.1.1.a–HE1 e 3.1.3.a–HE1, do Documento básico DB HE de aforro de enerxía do Código técnico da edificación.

    4. Así mesmo, nos edificios en que se realizasen nos últimos catro anos intervencións de mellora da eficiencia enerxética en que poida acreditarse que se reduciu a demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración nunha porcentaxe igual ou superior á establecida no punto 2.a) anterior, quedan eximidos do cumprimento do requisito de redución de demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración. Cando nas ditas intervencións non se alcanzase unha redución igual ou superior á porcentaxe establecida, poderá considerarse satisfeito o requisito se coa consideración conxunta das actuacións realizadas nas citadas intervencións e as que se realicen na actuación obxecto da solicitude se alcanza a correspondente porcentaxe de redución de demanda establecida.

    Para acreditar a dita circunstancia deberase achegar a correspondente certificación de eficiencia enerxética do edificio antes desas intervencións realizadas e, ademais, calquera documentación que acredite a realización das citadas intervencións, como poden ser autorizacións, proxecto ou memoria, certificado de final de obra, facturas, etc.

    5. Ademais do indicado no punto 2, para que as actuacións sexan subvencionables deberase: a) Dispoñer de proxecto das actuacións que se pretenden realizar, no caso de que estas exixan proxecto. Para o caso de que as actuacións non exixan proxecto, será necesario xustificar nunha memoria subscrita por un/unha técnico/a competente a adecuación da actuación ao Código técnico da edificación e demais normativa de aplicación. En ambos os casos deberá incluírse o libro do edificio existente para a rehabilitación ou, na súa falta, un estudo sobre o potencial de mellora do edificio en relación cos requisitos básicos definidos na Lei da ordenación da edificación e un plan de actuacións en que se identifique a actuación proposta. O contido destes documentos deberá axustarse ao establecido no anexo I e no punto 2 do artigo 50 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro. O proxecto incluirá un estudo de xestión de residuos de construción e demolición que se desenvolverá posteriormente no correspondente plan de xestión de residuos de construción e demolición, consonte o establecido no Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición, onde se cumprirán as seguintes condicións: 1º. Polo menos, o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Lista europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532/EC) xerados no sitio de construción prepararase para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE. 2º. Os operadores deberán limitar a xeración de residuos nos procesos relacionados coa construción e demolición, de conformidade co Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE, tendo en conta as melloras técnicas dispoñibles e utilizando a demolición selectiva para permitir a eliminación e manipulación segura de substancias perigosas e facilitar a reutilización e reciclaxe de alta calidade mediante a eliminación selectiva de materiais, utilizando os sistemas de clasificación dispoñibles para residuos de construción e demolición. Así mesmo, establecerase que a demolición se leve a cabo preferiblemente de forma selectiva e a clasificación realizarase de forma preferente no lugar de xeración dos residuos. b) Apoiar a circularidade mediante os deseños dos edificios e as técnicas de construción e, en particular, demostrarán, con referencia á ISO 20887 ou outras normas para avaliar a capacidade de desmontaxe ou adaptabilidade dos edificios, como están deseñados para seren máis eficientes no uso de recursos, adaptables, flexibles e desmontables para permitir a reutilización e reciclaxe. c) Retirar do edificio ou ámbito de actuación aqueles produtos de construción que conteñan amianto. A retirada deberá realizala, conforme o establecido no Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto, unha empresa legalmente autorizada. A xestión dos residuos orixinados no proceso deberá realizarse conforme o establecido no Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición. d) Contar cun certificado de eficiencia enerxética do edificio existente no seu estado actual, asinado por un técnico competente e rexistrado no Rexistro Galego de Eficiencia Enerxética de Edificios (en diante, RGEEE).

    O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 2 de outubro de 2023, agás que, con anterioridade, se esgotase o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230615/AnuncioC3Q2-020623-0003_gl.pdf

  • INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO CONVOCA AXUDAS ESTATAIS ÁS ACTUACIÓNS DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS (2)

    Instituto Galego da Vivenda e Solo

    RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).

    Persoas beneficiarias

    1. Ao abeiro do artigo 41 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias de vivendas.

    2. As persoas beneficiarias das axudas poderán facultar e autorizar, mediante o correspondente acordo, que un axente ou xestor da rehabilitación actúe por conta daquelas. O axente ou xestor da rehabilitación é aquela persoa física ou xurídica, ou entidade pública ou privada que poida realizar actuacións de impulso, seguimento, xestión e percepción de axudas públicas, mediante mecanismos de cesión do dereito de cobramento ou similares, acceso ao financiamento, elaboración de documentación ou proxectos técnicos ou outras actuacións necesarias para o desenvolvemento das actuacións subvencionables, ao abeiro do artigo 8 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro.

    3. As persoas beneficiarias e, de ser o caso, o axente ou xestor da rehabilitación que actúe por conta daquelas, destinarán o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións.

    Actuacións subvencionables

    1. De conformidade co establecido no artigo 42 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, as vivendas para as que se solicite financiamento deste programa teñen que constituír o domicilio habitual e permanente das súas persoas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias no momento de solicitar a axuda, circunstancia que será obxecto de comprobación. Así mesmo, as vivendas deberán ter unha referencia catastral diferenciada, de xeito que non se poderá conceder máis dunha axuda por vivenda a unha mesma referencia catastral

    2. De conformidade co establecido no artigo 43 do dito real decreto, son actuacións subvencionables aquelas que se realicen en vivendas, xa sexan unifamiliares ou pertencentes á edificios plurifamiliares, en que se consiga unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de, polo menos, o 7 % ou unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable de, polo menos, un 30 %.

    Tamén se considerarán subvencionables as actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica para adecuar as súas características aos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda, establecidos nas táboas 3.1.1.a-HE1 e 3.1.3.a-HE1, do Documento básico DB HE de aforro de enerxía do Código técnico da edificación.

    3. As actuacións deben cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación e contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que estas as requiran.

    4. Non serán subvencionables as actuacións de investimento en xeradores térmicos que utilicen combustible de orixe fósil.

    5. As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020, nin estar finalizadas no momento da publicación desta convocatoria no DOG. 6.

    O prazo para executar as obras para a mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade nas vivendas que se acollan ás axudas deste programa non poderá exceder os doce meses, contados desde a data de notificación da resolución de concesión da axuda.

    O importe da subvención será do 40 % do custo das actuacións, cun límite de 3.000 euros por vivenda.

    As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución ata o 2 de outubro de 2023, agás que, con anterioridade, se esgotase o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230615/AnuncioC3Q2-020623-0001_gl.pdf