Sección: Outras axudas e subvencións

  • CONSELLERIA DE PROMOCIÓN DE EMPREGO CONVOCA O PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

    Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

    ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR790A).

    Serán beneficiarias destas axudas as persoas autónomas que teñan sido autónomas con anterioridade, que queren volver a emprender, e cumpran os seguintes requisitos:

    a) Ter causado alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 31 de outubro de 2022 ao 30 de outubro de 2023.

    b) Ter cotizado anteriormente a esta nova alta polo menos durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

    c) Estar inscrita como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo á nova alta e carecer de ocupación efectiva, non ter contrato laboral en vigor e atoparse en tal situación na data inmediatamente anterior á de inicio da actividade laboral.

    d) Transcorrer un período mínimo de tres meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.

    e) Ter o domicilio fiscal en algún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.

    f) Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.

    A axuda do Bono alta nova oportunidade será dunha contía de 10.000 €.

    O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de outubro de 2023

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230531/AnuncioG0656-110523-0006_gl.pdf

  • CONSELLERIA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO CONVOCA AXUDAS PARA A CONCIACIÓN DA PERSOA TRABALLADORA AUTÓNOMA

    Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

    ORDE do 5 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento TR341R).

    Accións subvencionables e importe da subvención

    1. Bono autónomo Concilia

    I. a) Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma durante un período máximo dun ano unha vez rematado o seu período de descanso de maternidade, paternidade, adopción ou acollemento, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

    b) Serán subvencionables as contratacións que se realicen para apoiar a persoa autónoma no seu negocio, cunha duración mínima de seis meses que cumprindo cos requisitos enumerados no parágrafo anterior se inicien entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023.

    c) O importe da subvención para compensar a dita contratación será de 500 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, cun máximo de doce meses de contratación. Nos casos de duración incerta a subvención será polos meses indicados no anexo I, que serán os que se comprometa a persoa autónoma a ter a contratación vixente. Sendo, polo tanto, o importe máximo que se pode percibir de 6.000 €.

    d) Canto se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada máxima legal.

    2. Bono autónomo Concilia II.

    a) Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma durante un período máximo dun ano, para o coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

    b) Serán subvencionables as contratacións que se realicen para apoiar a persoa autónoma no coidado de menores e/ou maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia, cunha duración mínima de seis meses que cumprindo cos requisitos enumerados no parágrafo anterior se inicien entre o 1 de outubro de 2022 e o 29 de setembro de 2023.

    c) O importe da subvención para compensar a dita contratación será de 500 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, cun máximo de doce meses de contratación. Nos casos de duración incerta a subvención será polos meses indicados no anexo I, que serán os que se comprometa a persoa autónoma a ter a contratación vixente. Sendo, polo tanto, o importe máximo que se pode percibir de 6.000 €.

    d) Canto se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada máxima legal.

    3. Bono autónomo Concilia III.

    a) Será subvencionable o 75 % do custo do centro ou do servizo de coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade, ata un máximo de 3.000 €.

    b) Serán subvencionables os gastos dos servizos de coidado de menores, maiores e/ou persoas con discapacidade ou dependencia, realizados no período subvencionable, que comprende do 1 de outubro de 2022 ao 29 de setembro de 2023. A contía máxima que se percibirá será o 75 % do custo do centro ou do servizo.

    O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 29 de setembro de 2023.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230522/AnuncioG0656-050523-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, SECUNDARIA E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO 2023-24 (2)

    Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

    ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

    A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP e a todos os cursos de ESO, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase:

    a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

    b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

    Unha vez esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

    a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

    b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

    c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda.

    O importe máximo que aboará a consellería a cada centro por cada libro complementario adquirido será de: 40 € en EP e 45 € en ESO.

    A contía das axudas para adquirir libros de texto será:

    a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP: 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €. 2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 € 

    b) Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 300 € con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

    c) Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

    d) Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, a que se refire a disposición adicional segunda desta orde: Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP: 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €. 2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €. Alumnado de ESO: 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 270 €. 2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 180 €. 3. A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO será a seguinte: 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €. 2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.

    O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda por importe de 75 € con independencia da renda.

    Poderán presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (modelo ED330B) os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.2. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.

    A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2023/24. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.

    O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023 (este incluído).

    PROCEMENTO DE ALTA DAS LIBRARIAS: 

    O prazo de presentación desta solicitude comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 21 de xuño de 2023 (ambos incluídos).

    As solicitudes de alta, baixa ou modificación de datos das librarías e demais establecementos no Rexistro de Librarías para participar na tramitación das axudas para adquirir libros de texto e material escolar, presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado ED330H (anexo VI) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0001_gl.pdf

  • CONSELLERIA DE CULTURA CONVOCA PRAZAS NOS LECTODOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS

    Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

    ORDE do 28 de abril de 2023 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para 2023 (código de procedemento PL500F).

    A contratación por parte das universidades das persoas seleccionadas abranguerá, como máximo, un período que non excederá os 3 anos.

    Poderán participar nesta convocatoria as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

    – Estar en posesión da nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea.

    – Non padecer enfermidade ou limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles co desenvolvemento das actividades obxecto desta convocatoria.

    – Non superar os 35 anos de idade na data de remate da presentación de solicitudes.

    – Non estar incluídas en ningunha das prohibicións sinaladas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

    – Titulación académica:

    a) Poderá solicitar calquera das prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións: • Licenciatura en Filoloxía Galega. • Licenciatura en Filoloxía Románica. • Grao en Lingua e Literatura Galegas. • Grao en Estudos de Galego e Español. • Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios. • Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española. • Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.

    b) Tamén se poderá presentar quen estea en posesión dalgunha das titulacións da área de Humanidades ou da área de Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que, como mínimo, acredite 18 créditos de lingua galega e estea en posesión do Celga 4 e, no caso de universidades de fóra de España, 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.

    c) Ademais da titulación académica exixida, para poder solicitar a praza da Universidade de Varsovia (Polonia) deberán de estar en posesión de estudos de posgrao (máster) en áreas afíns ás mencionadas neste artigo, sempre que teñan unha especialización en galego.

    d) Ademais da titulación académica exixida, para poder solicitar a praza da Universidade de Bangor (Reino Unido) deberán: • Acreditar nivel de inglés B1 (que pode ser demostrado por medio dun xustificante do grao académico pertinente ou mediante a realización dun test de lingua inglesa nun dos centros homologados polo Goberno Británico) • Tramitar un visado laboral de persoa traballadora cualificada segundo a nova legalidade vixente británica.

    O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230512/AnuncioG0655-020523-0003_gl.pdf

  • CONSELLERIA DE CULTURA CONVOCA AS BOLSAS DE FORMACIÓN NOS LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS

    Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

    ORDE do 28 de abril de 2023 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para 2023 (código de procedemento PL500E).

    O programa de formación das persoas seleccionadas terá unha duración máxima de 3 anos.

    Contía e libramento das bolsas

    O importe íntegro mensual das bolsas obxecto desta convocatoria é o seguinte:

    • 1.225,00 €, para aqueles lectorados localizados en universidades españolas.

    • 1.378,00 €, para aqueles lectorados localizados en universidades estranxeiras.

    Poderá solicitar as prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

    • Licenciatura en Filoloxía Galega.

    • Licenciatura en Filoloxía Románica.

    • Grao en Lingua e Literatura Galegas.

    • Grao en Estudos de Galego e Español.

    • Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios.

    • Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española.

    • Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.

    O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230512/AnuncioG0655-020523-0001_gl.pdf

  • CONSELLERIA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS AOS CURTOS DERIVADOS DA CONTRATACIÓN DE PERSOAS COIDADORAS DO GANDO EN GANDARIAS COMO MEDIDA DE PREVENCIÓN DOS DANOS QUE POIDA OCASIONAR O LOBO

    Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

    ORDE do 27 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos custos derivados da contratación de persoas coidadoras do gando en gandarías, como medida de prevención dos danos que poida ocasionar o lobo, e se convocan para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT809G).

    Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.

    Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.

    Será actividade subvencionable o investimento para a contratación de persoas coidadoras de gando en explotacións ganderías, como elemento preventivo dos danos que poida ocasionar o lobo, que cumpran os seguintes requisitos:

    a) O pastoreo exercerase sobre as reses da explotación gandeira e nos terreos destinados ao pastoreo do gando da persoa beneficiaria.

    b) Poderanse acoller a estas axudas os contratos que se formalicen a partir da data de entrada en vigor desta orde, ata o 30 de xuño de 2024.

    c) Será obxecto de axuda a actividade de pastoreo que se realice a xornada completa (40 horas semanais), con redución proporcional no caso de xornadas inferiores.

    d) Ao comezar ou ao finalizar o contrato, de non alcanzar un mes completo, ratearase a subvención segundo os días de actividade de pastoreo e manexo do gando efectiva.

    e) Deberanse indicar en todos os casos os terreos onde se van desenvolver as actividades de pastoreo para as cales se solicita a subvención.

    A axuda poderá acadar o 100 % dos gastos subvencionables e fíxase un importe máximo de 18.000,00 euros de axuda, por persoa beneficiaria.

    O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230512/AnuncioG0532-270423-0001_gl.pdf

  • CONSELLERIA DE POLITICA SOCIAL CONVOCA PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DE ESTADÍAS E SERVIZOS NAS RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE

    Consellería de Política Social e Xuventude

    ORDE do 4 de maio de 2023 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería no ano 2023 (código de procedemento BS419A).

    Poderán ser beneficiarias todas as persoas integrantes dunha unidade familiar que teñan a súa residencia en territorio español.

    Igualmente, poderán acollerse a esta orde os galegos e galegas residentes no exterior. Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgunha das dúas convocatorias anteriores.

    Os servizos que se prestan nestas residencias no ano 2023 comprenderán o aloxamento e o mantemento en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias residentes, como se indica:

    a) Servizo de aloxamento que inclúe a limpeza diaria.

    b) Servizo de comedor en réxime de pensión completa que comprende o almorzo, o xantar e a cea.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230515/AnuncioG0657-050523-0001_gl.pdf

  • IGAPE PUBLICA AS BASES REGULADORAS DO MARCO DE APOIO AO ACCESO AO CRÉDITO DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS

    Instituto Galego de Promoción Económica

    RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2023 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG535A).

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 29 de setembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

    Poderán ser persoas beneficiarias as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, que cumpran os seguintes requisitos: a) Teñan o seu domicilio fiscal e desenvolvan a súa actividade económica en Galicia. b) Cumpran os requisitos e condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento, que se detallan no anexo I ás bases reguladoras.

    As pequenas e medianas empresas poderán ser persoas físicas ou xurídicas. Tamén poderán ter a condición de persoas beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior número 1.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230511/AnuncioO92-020523-0002_gl.pdf

  • CONSELLERIA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS Á APICULTURA

    Consellería do Medio Rural

    ORDE do 19 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

    Poderán optar ás axudas previstas no artigo 4 da orde:

    a) As persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas que sexan integrantes de explotacións de titularidade compartida previstas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias.

    b) As agrupacións de apicultores/as, na medida en que os seus socios ou asociados beneficiarios das axudas cumpran os requisitos establecidos na letra a) anterior

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230508/AnuncioG0426-190423-0001_gl.pdf

  • INEGA CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS GALEGAS PARA O ANO 2023

    Axencia Instituto Enerxético de Galicia

    RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, para o ano 2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder‑Galicia 2021-2027 (código de procedemento IN417Y).

    O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 10.000,00 € por actuación, o IVE non está incluído.

    Cada empresa poderá presentar unha ou máis solicitudes. Cada solicitude recollerá un único proxecto técnico que pode constar dunha soa actuación ou de varias actuacións homoxéneas executadas nunha mesma localización e que se valorarán de xeito conxunto.

    Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:

    a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia. Para os efectos destas bases terase en conta a definición de empresa recollida no anexo I do Regulamento 651/2014 segundo a cal considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, pública ou privada, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular.

    b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia, corresponder a entidades incluídas no ámbito de actuación destas bases e, en concreto, das actividades recollidas na alínea a) deste artigo e amparadas polo Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior. Para poder ser destinatarias últimas das axudas, estas empresas deberán actuar en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha entidade das indicadas na alínea a) e deberán contar en todo caso co visto e prace do titular da instalación, por se a concesión da axuda dese lugar á modificación do contrato existente entre ambas as partes. As empresas de servizos enerxéticos deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 56/2016, do 12 de febreiro, para o desenvolvemento da actividade profesional de provedor de servizos enerxéticos, e deberán estar incluídos na listaxe de provedores de servizos enerxéticos regulada no capítulo III do citado real decreto.

    Proxectos de aforro e eficiencia enerxética subvencionables:

    a) Serán elixibles os custes de inversión adicionais necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética. Determinarase do seguinte xeito: 1º. Cando os custos do investimento en eficiencia enerxética poidan identificarse nos custos totais do investimento como investimento separado, estes custos relacionados coa eficiencia enerxética serán subvencionables. 2º. En todos os demais casos, os custos do investimento en eficiencia enerxética determinaranse por referencia a un investimento similar, que implique menor eficiencia enerxética, que se podería realizar de xeito crible sen a axuda. A diferenza entre o custo de ambos investimentos determinará o custo relacionado coa eficiencia enerxética e será o custo subvencionable. Os custos dos proxectos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de eficiencia enerxética non serán subvencionados.

    b) Serán subvencionables aqueles proxectos con ratios de aforro enerxético anual iguales ou superiores aos indicados na seguinte táboa para cada liña: CONSULTAR BASES

    A contía da subvención será do 35 % do custo elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o 10 de maio de 2023 ás 9.00 horas e finalizará o 15 de setembro de 2023.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230505/AnuncioG0474-200423-0002_gl.pdf