Sección: Outras axudas e subvencións

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA O FINANCIAMENTO DE ACCIÓNS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACIÓN EN UNIDADES FORMATIVAS DAS EMPRESAS

    Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

    ORDE do 13 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2023-2025 e se procede á primeira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para o exercicio 2023 (código de procedemento TR301P).

    Accións formativas subvencionables

    1. Serán subvencionables ao abeiro do disposto nesta orde, e nos termos establecidos no artigo 28 do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, as accións formativas para o emprego con compromiso de contratación na Comunidade Autónoma de Galicia, que garden relación coa actividade empresarial das entidades solicitantes e estean incluídas no Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal no marco do Sistema de formación para o emprego no ámbito laboral.

    2. En aplicación do disposto no punto 1 deste artigo, poderán solicitarse especialidades formativas non conducentes á obtención de certificados de profesionalidade incluídas no Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal. De non existiren, por non estaren dadas de alta no catálogo, especialidades formativas que respondan ás necesidades específicas de formación, as empresas poderán solicitar impartir especialidades que, no momento de presentar a solicitude de subvención, non estean incluídas nel. Neste caso, deberá presentarse xunto coa solicitude de subvención a proposta de alta da nova especialidade formativa achegando, para estes efectos, a documentación que se referencia no artigo 9.1.h) desta orde.

    1. Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación, que adquiran, no marco da actividade subvencionada, o compromiso de contratación das persoas traballadoras aprobadas e/ou formadas a que se refire esta orde. Entenderase por agrupación temporal de empresas para os efectos desta orde, cando distintas empresas pertencentes a un sector ou actividade acrediten a correspondente agrupación mediante un acordo ou convenio entre elas.

    2. Así mesmo, poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refiren estas bases, as empresas que sexan entidades de formación e que sexan titulares de centros ou entidades de formación inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención.

    Accións formativas

    1. Serán subvencionables ao abeiro do disposto nesta orde, e nos termos establecidos no artigo 28 do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, as accións formativas para o emprego con compromiso de contratación na Comunidade Autónoma de Galicia, que garden relación coa actividade empresarial das entidades solicitantes e estean incluídas no Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal no marco do Sistema de formación para o emprego no ámbito laboral.

    2. En aplicación do disposto no punto 1 deste artigo, poderán solicitarse especialidades formativas non conducentes á obtención de certificados de profesionalidade incluídas no Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal. De non existiren, por non estaren dadas de alta no catálogo, especialidades formativas que respondan ás necesidades específicas de formación, as empresas poderán solicitar impartir especialidades que, no momento de presentar a solicitude de subvención, non estean incluídas nel.

    A data límite para o remate das accións formativas será o 1 de decembro de 2023.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230615/AnuncioG0656-080623-0006_gl.pdf

  • ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O BONO CULTURAL XOVEN: DIRIXIDO A MOZOS/A NACIDOS NO ANO 2005 (3)

    O Bono Cultural Novo é unha axuda directa de 400 euros a quen cumpre 18 anos para adquirir e gozar de produtos e actividades culturais.

    200 euros para artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais. Por exemplo, entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cinema, museos, bibliotecas, exposicións e festivais escénicos, literarios, musicais ou audiovisuais, e espectáculos taurinos.

  • ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O BONO CULTURAL XOVEN: DIRIXIDO A MOZOS/A NACIDOS NO ANO 2005 (2)

    O Bono Cultural Novo é unha axuda directa de 400 euros a quen cumpre 18 anos para adquirir e gozar de produtos e actividades culturais.

    200 euros para artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais. Por exemplo, entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cinema, museos, bibliotecas, exposicións e festivais escénicos, literarios, musicais ou audiovisuais, e espectáculos taurinos.

  • AXENCIA TURISMO DE GALICIA CONVOCA SUBVENCIÓNS A ESTABLECEMENTOS E SERVIZOS TURÍSTICOS DE XESTIÓN PÚBLICA E PRIVADA NOS PROCESOS DE CERTIFICACIÓN DA NORMA UNE

    Axencia de Turismo de Galicia

    RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TU970A).

    Poderán ser beneficiarios destas subvencións:

    Categoría 1ª: os concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local recollidos no artigo 85.2.A da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

    Categoría 2ª: as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos.

    Consideraranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca de Calidade Turística Q do ICTE, correspondentes ao ano 2023 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2023. Concretamente, serán subvencionables:

    – Os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados pola entidade auditora acreditada polo ICTE para a realización da auditoría de certificación, seguimento ou renovación correspondente ao ano 2023.

    Tamén serán obxecto das axudas os gastos de auditoría externa derivados dos aprazamentos dos procesos de seguimento e/ou renovación correspondentes ao ano 2022, que se realicen no 2023, sempre e cando fosen aprobados polo ICTE e cuxa data de facturación se produza en 2023.

    As contías das axudas dos procesos de aprazamentos terán unha intensidade do 30 %. Só se terán en conta as xustificacións de gasto con data da auditoría de certificación posterior, quedando excluídos os gastos xerados polo persoal dependente dos establecementos, así coma aqueles gastos nos que incorra a persoa ou entidade solicitante durante o proceso de implantación da correspondente norma UNE.

    Os importes obxecto de subvención serán os derivados, exclusivamente, dos custos de auditoría externa realizada no ano 2023.

    – Os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2023, unha vez acadada a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.

    Serán obxecto destas axudas os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, así como as cotas dos dereitos de uso de marca S de Sustentabilidade Turística do ICTE do ano 2023 (referenciais UNE-ISO 21401:2019 ou ESP 33 AUD 21, segundo a tipoloxía da persoa ou entidade solicitante), para aquelas persoas ou entidades que conten previamente e/ou ao mesmo tempo coa certificación Q de Calidade Turística, baixo a norma de calidade específica para o sector que corresponda a entidade solicitante.

    2. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se van subvencionar os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

    3. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na normativa de contratos do sector público para os contratos menores, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se realizara con anterioridade á solicitude da subvención. Cando a oferta elixida non recaia na proposta económica máis vantaxosa, presentarase tamén unha memoria xustificativa da elección realizada.

    4. Poderá subcontratarse a actividade obxecto da subvención nun 100 %, de conformidade co previsto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230606/AnuncioG0256-240523-0001_gl.pdf

     

  • INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE DEREITOS DAS PERSOAS CONSUMIDORAS E SEGURIDADE DOS PRODUTOS

    Instituto Galego do Consumo e da Competencia

    RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas de formación en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO400E)

    Obxecto e duración das bolsas de formación

    1. As bolsas de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia en materia de dereitos das persoas consumidoras e seguridade dos produtos teñen como obxectivo contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de consumo.

    2. As bolsas que se convoquen desenvolveranse dentro do programa de traballo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

    3. O programa de formación incluirá as actividades de formación relacionadas coa defensa e protección ao consumidor, a arbitraxe e a seguridade e vixilancia do mercado, levadas a cabo no ámbito de actuación dos servizos de consumo en cada provincia do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

    4. Así mesmo, o Instituto Galego do Consumo e da Competencia nomeará unha persoa titora responsable das actividades de formación que desenvolverá cada persoa bolseira.

    5. O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2023 cunha duración máxima de seis meses, contados desde a data da incorporación da persoa bolseira e ata o 31 de decembro de 2023. Non se concederán bolsas para suplir baixas ou renuncias por tempo inferior a un mes

    O número de bolsas convocadas será de cinco (5), que se adxudicarán de acordo co indicado no artigo 6 destas bases.

    Cada unha das 5 bolsas terá un destino e lugar de desenvolvemento distinto, en función das oficinas que o Instituto Galego do Consumo e da Competencia ten na nosa comunidade autónoma.

    Para iso o solicitante deberá elixir unha soa oficina de destino a través do anexo V, de tal maneira que, se un solicitante presenta dúas solicitudes para dúas oficinas distintas, se terá en conta unicamente a primeira solicitude presentada.

    Do mesmo xeito, se o solicitante marca varias oficinas na mesma solicitude (anexo V), desestimarase a dita solicitude.

    Para iso deberá cubrir o anexo V en función das oficinas de destino seguintes:

    – Oficina do IGCC na localidade da Coruña.

    – Oficina do IGCC na localidade de Lugo.

    – Oficina do IGCC na localidade de Ourense.

    – Oficina do IGCC na localidade de Pontevedra.

    – Oficina do IGCC na localidade de Vigo.

    Se algunha das ditas bolsas dalgunha oficina queda vacante, poderá trasladarse a dita bolsa a outra oficina en que existan solicitudes que cumpran os requisitos exixidos.

    Cada bolsa estará dotada cun importe máximo de 6.600,00 € brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 1.100 € brutos por mes e por bolsa ata un máximo de 6 meses.

    O prazo de presentación será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230605/AnuncioG0482-250523-0003_gl.pdf

  • IGAPE CONVOCA AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0

    Instituto Galego de Promoción Económica

    RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2023 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2023, susceptibles de ser cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300C).

    Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos de dixitalización cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha empresa galega e outras empresas, ou entre dúas ou máis empresas galegas, como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación ou procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor

    Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías), calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo os empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia en que se vaia realizar o proxecto.

    Poderanse subvencionar os seguintes tipos de conceptos:

    a) Investimentos materiais e/ou inmateriais novos adquiridos en propiedade (que para ser subvencionables deben contabilizarse nunha conta contable do grupo 2) que sexan necesarios para o desenvolvemento do proxecto. Exclúese a adquisición e acondicionamento de inmobles, gastos de mobiliario, medios de transporte, equipamento de oficina e o equipamento TIC básico (tal como ordenadores de escritorio, portátiles, teléfonos intelixentes, tabletas, impresoras). Non obstante, poderase autorizar excepcionalmente a adquisición de equipamento TIC que, pola súa especificidade, quede xustificado no ámbito de desenvolvemento do proxecto, cando a súa subministración sexa imprescindible para a implantación do proxecto, sen que poidan ser utilizados para outros fins distintos á devandita implantación.

    b) Servizos de consultoría externa de carácter tecnolóxico ou organizativo (para ser subvencionables debe contabilizarse nunha conta contable do grupo 6): asistencia técnica e consultoría directamente relacionada coa execución do proxecto. As colaboracións externas subvencionables deberán contribuír aos obxectivos específicos do proxecto e, polo tanto, non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais da empresa, como son os servizos rutineiros de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade, servizos de mantemento ou calquera outros non vinculados directamente co obxecto do proxecto. Os conceptos subvencionables poderán reclasificarse de oficio atendendo á súa descrición. Así mesmo, non serán subvencionables aquelas colaboracións externas en que non se indique con claridade o resultado que se vai obter, os entregables previstos e como se integrará ese traballo no resultado final global do proxecto.

    c) Nos proxectos da modalidade do artigo 1.a), se se opta por contar cun organismo intermedio, este poderá facturar ás pemes participantes, en concepto de gastos de coordinación do proxecto, ata un máximo de 1.500,00 € (excluído IVE) por cada peme beneficiaria participante no proxecto, ata un importe total máximo de 5.000,00 € por proxecto (excluído IVE). Ese importe considerarase gasto subvencionable de consultoría externa e dividirase entre todas as pemes participantes. d) Nos proxectos das modalidades 1.a), 1.b).1 e 1.b).2, con importe subvencionable superior a 50.000,00 € e que sexan coordinados por un hub de innovación dixital, dos seleccionados ao abeiro da Estratexia galega de HID, ata un máximo de 5.000,00 € en concepto desta coordinación.

    O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e será dun mes, contado desde as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o devandito prazo dun mes.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230605/AnuncioO92-220523-0001_gl.pdf

  • CONVOCATORIA DO PLAN ESTATAL DE MELLORA DA ACCESIBILIDADE Á VIVENDA PARA O ANO 2023 (2)

    Instituto Galego da Vivenda e Solo

    RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2023 pola que se modifican as bases reguladoras do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI435B).

    Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, sempre que se trate de persoas físicas ou xurídicas de natureza privada:

    a) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila.

    b) As persoas propietarias ou usufrutuarias de edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva.

    c) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas incluídas nun edificio de tipoloxía residencial de vivenda colectiva.

    d) As comunidades de persoas propietarias ou as súas agrupacións, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

    e) As sociedades cooperativas de vivendas integradas por socios cooperativistas que precisen aloxamento para si ou os seus familiares, as sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil, así como polas persoas propietarias que conforman comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo.

    f) As persoas propietarias que, de forma agrupada sexan propietarias de edificios, que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non tivesen outorgado o título constitutivo de propiedade horizontal.

    g) As empresas construtoras, arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas, que acrediten a dita condición mediante contrato vixente a suficiente prazo coa propiedade, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa.

    h) As persoas arrendatarias de vivendas, no suposto de que as obras ou actuacións non sexan de obrigada execución pola persoa propietaria e ambas as partes acorden que a arrendataria custee ao seu cargo as actuacións de mellora da accesibilidade, con cargo a parte ou á totalidade da renda arrendaticia.

    Actuacións subvencionables:

     a) A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas, automatismos para a apertura de portas incorporando mecanismos motorizados ou outros dispositivos de accesibilidade, así como calquera medida de accesibilidade que facilite a autonomía e a vida independente de persoas con mobilidade reducida, tanto en edificios como en vivendas unifamiliares, incluíndo os dispositivos adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial ou intelectual, así como a súa adaptación, unha vez instalados, á normativa sectorial correspondente. Inclúese a integración mediante un único mecanismo de identificación (teléfono intelixente, cámaras, pantallas ou outros dispositivos tecnolóxicos equivalentes en canto á súa funcionalidade) dos sistemas de apertura e control de accesos e doutros sistemas que necesiten control persoal e a adaptación, cando existan, a altura non superior a 1,40 m dos dispositivos xa instalados.

    b) A instalación ou dotación de produtos de apoio tales como guindastres ou artefactos análogos, así como sistemas tecnolóxicos de guiado que permitan a localización, o acceso e uso por parte das persoas con discapacidade a elementos comúns do edificio, de ser o caso, tales como xardíns, zonas deportivas, piscinas e outros similares.

    c) A instalación de elementos de información, de comunicación ou de aviso tales como sinais luminosos e visuais, vibrotáctiles ou sonoros que permitan a orientación no uso de escaleiras, ascensores e do interior das vivendas. En particular a instalación de elementos que melloren a accesibilidade e seguridade no uso dos ascensores, como a comunicación bidireccional en cabina. d) A instalación de produtos de apoio á audición para a accesibilidade no contorno, como os bucles magnéticos.

    e) A instalación de elementos ou dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior, tales como videoporteiros que proporcionan información visual e auditiva e análogos.

    f) A instalación de dispositivos de alarma no ascensor que garantan un sistema de comunicación visual, auditiva e bidireccional co exterior para os casos de emerxencia ou atrapamento. Así como a instalación de bucle magnético nos devanditos dispositivos.

    g) A instalación domótica e doutros avances tecnolóxicos para favorecer a autonomía persoal de persoas maiores ou con discapacidade.

    h) Calquera intervención que facilite a accesibilidade universal nos espazos do interior das vivendas (unifamiliares, agrupadas en fila ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva) ou nos propios edificios de tipoloxía residencial colectiva obxecto deste programa, así como nas súas vías de evacuación. Inclúense obras dirixidas á ampliación de espazos de circulación dentro da vivenda que cumpran coas condicións do Código técnico da edificación no referido a vivenda accesible, así como para mellorar as condicións de accesibilidade en baños e cociñas, así como as modificacións e adaptacións necesarias e adecuadas ás necesidades específicas das persoas con discapacidade que habitan as vivendas. Inclúense, así mesmo, as obras necesarias e complementarias sobre elementos directamente relacionados coa actuación de mellora de accesibilidade universal e cuxo mal estado de conservación aconselle a intervención.

    i) Calquera intervención que mellore o cumprimento dos parámetros establecidos no Documento básico do código técnico da edificación DB– SUA, Seguridade de utilización e accesibilidade. En particular, a instalación de elementos que melloren a accesibilidade e seguridade de utilización nos ascensores, como a mellora da nivelación da cabina.

    As actuacións non poderán estar iniciadas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2022 nin estar finalizadas con carácter previo á publicación desta resolución no DOG.

    A contía máxima das axudas non poderá superar os seguintes límites:

    a) 12.500 euros por vivenda, cando se solicite para actuacións correspondentes a vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila. Esta axuda poderá incrementarse ata 15.000 euros por vivenda, se reside unha persoa con discapacidade, e ata 18.000 euros por vivenda, se esta acredita un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    b) 9.000 euros por vivenda e 90 euros por metro cadrado de superficie construída de local comercial ou outros usos compatibles, cando se solicite para actuacións correspondentes a edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva. Para poder computar a contía establecida por cada metro cadrado de superficie construída de uso comercial ou outros usos será necesario que os predios correspondentes participen nos custos de execución da actuación. Esta axuda poderá incrementarse ata 15.000 euros por vivenda, se reside no edificio unha persoa con discapacidade, e ata 18.000 euros por vivenda, se esta acredita un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    c) 6.000 euros por vivenda, cando se solicita para actuacións correspondentes a vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva. Esta axuda poderá incrementarse ata 15.000 euros por vivenda, se reside unha persoa con discapacidade, e ata 18.000 euros por vivenda, se esta acredita un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    d) O 60 % do custo da actuación. Esta porcentaxe poderá incrementarse ata o 80 %, se na vivenda ou unha das persoas que resida no edificio é unha persoa con discapacidade ou maior de 65 anos.

    O prazo de presentación de solicitudes destas axudas estará aberto desde o primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o día 15 de xullo de 2023.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230602/AnuncioC3Q2-160523-0002_gl.pdf

  • MINISTERIO DE INDUSTRIA CONVOCA AXUDAS PARA APOIAR A TRANSFORMACIÓN DIXITAL E A SUSTENTABILIDADE

    O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Industria e Peme, lanzou dúas liñas de axudas por valor de 218 millóns de euros para impulsar a transformación dixital e ecolóxica da industria.

  • CONSELLERIA DE PROMOCIÓN DE EMPREGO CONVOCA O PROGRAMA: EMPREGO CON APOIO

    Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

    ORDE do 9 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR342A)

    Poderán promover proxectos de emprego con apoio e seren beneficiarias das correspondentes subvencións reguladas nesta orde as seguintes entidades:

    (….)

    3. As empresas do mercado ordinario de traballo incluídas as persoas traballadoras autónomas, con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, que contraten as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social que poidan ser beneficiarias das accións de apoio, sempre que conten no seu cadro de persoal con persoas preparadoras laborais especializadas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10, e que dispoñan dos recursos materiais necesarios que garantan un desenvolvemento idóneo dos programas de emprego con apoio.

    O prazo de solicitude das axudas desta orde iníciase o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e remata o 29 de setembro de 2023.

  • CONVOCANSE EN GALICIA AS AXUDAS DO PLAN DE RECUPERACIÓN EUROPEO DIRIXIDAS Á MODERNIZACIÓN DO COMERCIO EN GALICIA (FONDOS NEXTGENERATION) (2)

    Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

    ORDE do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).

    Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

    1.1. Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais. As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

    a) Que o establecemento comercial para o cal se solicita a axuda teña carácter físico e permanente e estea localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

    No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña ou comerciantes ao retallo fóra dun establecemento comercial permanente, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia. As páxinas web deberán cumprir os requisitos que figuran no anexo XIII da orde.

    b) Que teña a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 187, do 26 de xuño).

    c) Que a actividade principal do negocio se corresponda con algunha das actividades incluídas nos códigos 46 ou 47 da Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009) aprobada polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril, polo que se aproba a Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009)

    1.2. Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes.

    Os proxectos subvencionables no marco do PRTR son os seguintes:

    – Proxectos de novas tecnoloxías dirixidas a mellorar diferentes áreas da estratexia comercial en liña e en comunicación, do modelo de negocio e da experiencia de compra (gastos referidos á transformación dixital).

    – Proxectos de novas tecnoloxías para a adaptación do espazo físico de venda, tanto ás novas necesidades e hábitos dos/das consumidores/as como aos novos modelos de xestión (gastos referidos á transformación do punto de venda).

    – Proxectos de solucións tecnolóxicas para mellorar a eficiencia e sustentabilidade da entrega da última milla (gastos relativos á cadea de subministración e rastrexabilidade).

    – Proxectos de aplicación de solucións tecnolóxicas para mellorar a eficiencia no consumo enerxético e dos recursos (gastos relativos á sustentabilidade e economía circular)

    O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230530/AnuncioV0653-160523-0009_gl.pdf