Sección: Outras axudas e subvencións

  • INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO CONVOCA O PROGRAMA DE AVAIS PARA A MOCIDADE

    Instituto Galego da Vivenda e Solo

    RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras do Programa de avais para a mocidade, se dá publicidade ao convenio que asinarán este instituto e as entidades financeiras para a concesión destes avais e se procede á convocatoria do programa para o ano 2023 (código de procedemento VI402B).

    Esta resolución ten por obxecto aprobar o programa de avais para a mocidade e dar publicidade ao convenio que asinarán o Instituto Galego da Vivenda e Solo (en adiante, IGVS) e as entidades financeiras para a concesión destes avais.

    Características do Programa de avais para a mocidade

    O Programa de avais para a mocidade ten por obxecto prestar unha cobertura temporal e financeira, de carácter persoal, para a adquisición da primeira vivenda por aquelas persoas que na data de presentación da correspondente solicitude teñan menos de trinta e seis anos.

    A garantía prestarase ata un 20 % do prezo de adquisición da vivenda ou, de ser o caso, do seu valor de taxación, no suposto de que este sexa menor. En ningún caso se outorgará para garantir importes derivados de conceptos distintos dos indicados. 

    A garantía só se prestará cando a operación de financiamento con garantía hipotecaria estea destinada á adquisición da primeira vivenda en propiedade da persoa solicitante e o dito financiamento comprenda, cando menos, o 80 % do prezo de adquisición ou, se é o caso, do valor de taxación, sen poder chegar a superar o 100 % do respectivo importe

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230411/AnuncioC3Q2-040423-0002_gl.pdf

  • GOBERNO DE ESPAÑA CONVOCA O PROGRAMA DE AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EXPLOTACIÓNS AGROPECUARIAS

    Axudas á renovación de instalacións obsoletas e á mellora da eficiencia enerxética das existentes

    ▶️ 30 millóns de investimentos para gandeiros/as e agricultores/as

    A contía máxima das axudas, para cada unha das tipoloxías de actuacións subvencionables, será a seguinte:

    Para a Actuación 1: Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de regadío: Límite máximo: 30% do custo elegible.

    Para a Actuación 2: Mellora da eficiencia enerxética e enerxías renovables en explotacións agropecuarias: Límite máximo: 30% do custo elegible.

    As comunidades autónomas poderán establecer nas súas convocatorias un custo elegible máximo e mínimo por solicitude, así como un orzamento máximo para cada actuación do apartado 1 do artigo 13.

    Así mesmo, poderán establecer a contía das axudas para cada actuación e beneficiario, sempre que non supere o máximo fixado no apartado 1 deste artigo.

    Toda a información: https://www.idae.es/ayudas-y-financiacion/programa-de-ayudas-para-la-realizacion-de-actuaciones-de-eficiencia

  • CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACIÓN,FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADE CONVOCA OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

    Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

    ORDE do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/23 (código de procedemento ED311A).

    Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios extraordinarios.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2023 e rematará o día 25 de maio de 2023.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230403/AnuncioG0655-200323-0005_gl.pdf

     

  • CONSELLERIA DE MEDIO RURAL IMPLIMENTA EN GALICIA O PROGRAMA NACIONAL APÍCOLA POLO QUE SE CONVOCAN AXUDAS Á APICULTURA

    Consellería do Medio Rural

    ORDE do 24 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas á apicultura e se convocan para o período estendido (do 1 de agosto ao 31 de decembro de 2022) do Programa nacional apícola 2020- 2022 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

    Poderán optar ás axudas previstas no artigo 3 da orde:

    a) Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias. Ademais, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

    b) Cooperativas apícolas, organizacións representativas, agrupacións de defensa sanitaria e asociacións de apicultores, con personalidade xurídica propia, na medida en que os seus integrantes cumpran os requisitos establecidos no punto 2, Entidades apícolas.

    2. Para acollerse ás axudas, as persoas apicultoras, a título individual ou como integrantes dunha entidade apícola, deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Seren titulares, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2022, dunha explotación apícola inscrita no Rexistro Galego de Explotacións Apícolas (Regeap), fóra daquelas persoas que adquirisen a titularidade con posterioridade por falecemento, xubilación ou incapacidade laboral da anterior titular e sexan parentes desta en, como máximo, cuarto grao. Así mesmo, exceptúanse do devandito requisito os supostos de forza maior.

    b) Seren titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas para o caso das persoas apicultoras que soliciten a axuda a título individual, e con máis de 50, se solicitan axuda para realizar a transhumancia, sexan ou non persoas traballadoras autónomas.

    c) Realizaren polo menos un tratamento ao ano fronte á varroose, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.

    d) Disporen dun seguro de responsabilidade civil das colmeas.

    e) Cumpriren as previsións contidas no Real decreto 209/2002.

    f) Teren realizada a declaración censual anual obrigatoria referida ao 31 de decembro de 2021 antes do día 1 de marzo de 2022.

    g) Teren realizada a validación anual do libro de rexistro de explotación apícola (CEAT) con resultado favorable antes do 1 de marzo de 2022, segundo o recollido no artigo 7, punto 2, do Real decreto 209/2002 e no artigo 6 do Decreto 339/2009, do 11 de xuño, sobre ordenación sanitaria e zootécnica das explotacións apícolas na Comunidade Autónoma de Galicia

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230405/AnuncioG0426-270323-0001_gl.pdf

  • CONSELLERIA DE POLITICA SOCIAL CONVOCA AXUDAS DIRIXIDAS A PERSOAS CON ESCLEROSE LATERAL AMIOTRÓFICA

    Consellería de Política Social e Xuventude

    ORDE do 3 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas económicas para o ano 2023 dirixidas ás persoas con esclerose lateral amiotrófica e se realiza a súa convocatoria (código de procedemento BS215A).

    Poderán solicitar as axudas económicas as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:

    a) Ter feitos os 18 anos.

    b) Estar empadroados/as nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

    c) Estar diagnosticadas da enfermidade da ELA.

    d) Ter recoñecida a situación de dependencia ou ter solicitada a situación de dependencia.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de novembro de 2023.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230405/AnuncioG0657-030423-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS EXTRAORDINARIAS DIRIXIDAS A PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS

    Presidencia da Xunta de Galicia

    RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento PR905A).

    Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito dun millón setecentos mil euros (1.700.000 euros)

    Poderán ser beneficiarias destas axudas as seguintes persoas que, residindo fóra de España con nacionalidade española, establezan a súa residencia na Comunidade Autónoma galega:

    a) As persoas galegas e nacidas en Galicia.

    b) Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal das persoas galegas e nacidas en Galicia.

    c) Os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

    Requisitos que deberán cumprirse e acreditarse na data da presentación de solicitudes:

    a) Estar en posesión da nacionalidade española antes de retornar.

    b) Estar empadroado/a e ter residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

    c) Ter residido no estranxeiro un mínimo de dous anos inmediatamente anteriores á data do retorno a España.

    d) Que a data do retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2021, incluído.

    e) Carecer de recursos económicos suficientes na unidade familiar.

    O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 29 de setembro de 2023, incluído.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230410/AnuncioC3B0-240323-0001_gl.pdf

  • CONVOCAN AXUDAS Á VALORIZACIÓN E Á SEGUNDA TRANSFORMACIÓN DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA E DO CONTRACT

    Axencia Galega da Industria Forestal

    RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2023 en réxime de concorrencia competitiva as axudas á valorización e á segunda transformación da industria forestal galega e do contract (código de procedemento IN500B).

    Persoas beneficiarias

    1. Poderán ser persoas beneficiarias as pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) da industria forestal e do contract radicadas en Galicia que utilicen a madeira e os seus derivados, a resina, a cortiza ou outros produtos de orixe forestal, exceptuando os produtos alimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos. Para estes efectos, tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) núm. 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.

    2. Para a liña 5 establecida no artigo 4, tamén poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) que presten servizos de prevención de riscos laborais, así como as asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro, que teñan base asociativa e presten os ditos servizos ou sexan representativas ou estean relacionadas coa cadea de valor da industria forestal-madeira. En calquera caso, deberán desenvolver a súa actividade en Galicia.

    Considéranse subvencionables as seguintes actuacións desagregadas por liñas estratéxicas:

    Liña 1. Competitividade e valorización. a) Compra de maquinaria nova vinculada aos procesos de transformación de produtos de orixe forestal non alimentarios, así como para os procesos de secado e doutros tratamentos e acabamentos da madeira. b) Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación e funcionamento dos investimentos obxecto de subvención. c) Outros bens de equipamento novos que formen parte do activo da empresa e interveñan no proceso produtivo obxecto do proxecto.

    Liña 2. Mobiliario, contract e construción. a) Compra de maquinaria nova vinculada ao deseño e fabricación de mobiliario e ao deseño e fabricación de elementos para a construción. b) Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación e funcionamento dos investimentos obxecto de subvención. c) Outros bens de equipamento novos que formen parte do activo da empresa e interveñan no proceso produtivo obxecto do proxecto.

    Liña 3. Mellora produtiva e desenvolvemento de novos produtos sustentables ou solucións a través de servizos de deseño, desenvolvemento e implementación de estratexias mediante a avaliación e análise de retos empresariais encamiñados a mellorar a produtividade dos procesos industriais, o desenvolvemento de novos produtos/solucións ou á diversificación a través de novos modelos de negocio, entre outros na: a) Eco-construción. Construción sustentable e industrializada en madeira. b) Fixación de cores. Madeira laminada con cores. c) Novos produtos de madeira para clases de uso 3.1, 3.2, 4 e 5. d) Sistemas para a mellora dos procesos de encolado, resistencia e comportamento ao lume. e) Composites de madeira. f) Biomoléculas de interese, medicamentos, encimas, alimentos de alto valor nutricional. g) Acústica, combinando madeira con calquera outro material. h) Valorización de subprodutos da industria forestal.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230331/AnuncioG0520-200323-0001_gl.pdf

     

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS ECONÓMICAS INDIVIDUAIS PARA PERSOAS RESIDENTES NO EXTERIOR

    Presidencia da Xunta de Galicia

    RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2023 (código de procedemento PR925A).

    O obxecto desta resolución é establecer as bases dun programa de axudas económicas individuais e de carácter extraordinario, non periódico e social, para o ano 2023, en réxime de concorrencia non competitiva, dirixido ás persoas emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes nos países do estranxeiro nos que o Estado español teña fixada unha base de cálculo para a prestación por razón de necesidade no ano anterior ao da convocatoria e que se encontren en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubriren as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria

    O prazo de presentación das solicitudes será de trinta (30) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230331/AnuncioC3B0-220323-0001_gl.pdf

  • CONSELLERIA DO MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS REESTRUTURACIÓN E RECONVERSIÓN DA VIÑA EN GALICIA

    Consellería do Medio Rural

    ORDE do 24 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR446A).

    Persoas beneficiarias

    1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas viticultoras e futuras viticultoras cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación e que cumpran coa normativa vixente en materia de plantacións de viñedo, para todas as superficies de viñedo da súa explotación e coas disposicións relativas ás declaracións obrigatorias do sector vitivinícola.

    2. As persoas viticultoras cuxas solicitudes de axuda fosen aprobadas en convocatorias anteriores do Programa de apoio ao sector vitivinícola (PASVE 2019-2023) ou da Intervención Sectorial Vitivinícola (ISV 2024-2027), segundo corresponda, non poderán acceder á axuda nas dúas convocatorias seguintes se:

    a) Renunciaron á axuda dunha operación solicitada, unha vez aprobada, agás que comunicasen a súa renuncia no prazo de 10 días desde a súa notificación.

    b) Non solicitaron o pagamento dunha operación aprobada, unha vez finalizado o prazo para presentar a solicitude de pagamento dentro do segundo exercicio financeiro posterior a aquel en que se solicitou a axuda.

    c) Non executaron unha operación aprobada para a que solicitaron o pagamento.

    A axuda á reestruturación e reconversión de viñedos só poderá concederse para unha o varias das operacións seguintes:

    a) Replantación con ou sen sistema de condución.

    b) Reconversión de viñedos por cambios de variedade: sobreenxertado.

    c) Mellora de técnicas de xestión de viñedos.

    d) Replantación de viñedos cando sexa necesario tras a arrinca obrigatorio por motivos sanitarios ou fitosanitarios por orde da autoridade competente

    O prazo de presentación iníciase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finaliza o 27 de abril 2023.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230327/AnuncioG0426-230323-1_gl.pdf

     

  • CONSELLERIA DO MEDIO RURAL REGULA A APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL

    Consellería do Medio Rural

    ORDE do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D).

    Convócanse:

    – As axudas directas á agricultura e á gandaría do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027(PEPAC), anualidade de 2023.

    – As primas anuais de mantemento asociadas ás axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais e para o establecemento de sistemas agroforestais (solicitudes de pagamento da anualidade de 2023 das submedidas 08.10 e 08.20 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020).

    – Os pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas (solicitudes de axuda e pagamento para a anualidade de 2023 da medida 13 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020).

    – As axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 (PEPAC) (solicitudes de axuda e solicitudes de pagamento da anualidade 2023).

    Persoas beneficiarias

    – Os pagamentos directos indicados no número 1 do artigo 2 desta orde só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e actividade agraria.

    – Os pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas do Programa de desenvolvemento rural 2014-2020 (medida 13) recollidas no capítulo II do título III desta orde só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e non pluriactivo.

    – O pagamento das axudas relativas ás intervencións agroambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 recollidas no capítulo III do título III desta orde só se concederán ás persoas agricultoras que se comprometan voluntariamente a realizar operacións consistentes nun ou en varios compromisos agroambientais e climáticos na superficie agrícola da súa explotación, e compensarán os custos adicionais e as perdas de ingresos como consecuencia dos compromisos subscritos.

    – Os pagamentos das axudas forestais do Programa de desenvolvemento rural indicadas no capítulo IV do título III desta orde só se concederán:

    • Ás persoas que teñan concedida a prima anual de mantemento asociada ás axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión das primas de mantemento das forestacións, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, ou da Orde do 1 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión das primas de mantemento das forestacións cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, ou da Orde do 16 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión das primas de mantemento das forestacións, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

    • Ás persoas que teñan concedida a prima de mantemento ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais, ou da Orde do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais ou da Orde do 28 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais.

    O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2023, iniciarase desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 31 de maio, ambos incluídos.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230320/AnuncioG0426-150323-0004_gl.pdf