Sección: Outras axudas e subvencións

  • IGVS CONVOCA AS AXUDAS DO PLAN ESTATAL DO ALUGUEIRO 2022-2025

    Instituto Galego da Vivenda e Solo

    RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axuda ao alugueiro de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2023 (códigos de procedemento VI483A e VI483B).

    Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión inicial (código de procedemento VI483A) e a renovación (código de procedemento VI483B) das subvencións do Programa de axudas ao alugueiro de vivenda, de conformidade co Real decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o bono alugueiro á mocidade e o Plan estatal para o acceso a vivenda 2022-2025 (en diante, Plan 2022-2025), para facilitar o goce dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias.

    Poderán beneficiarse das axudas previstas neste programa as persoas físicas maiores de idade que reúnan todos e cada un dos requisitos seguintes:

    a) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán contar con autorización de estadía ou residencia en España.

    b) Ser titular, en calidade de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos. Os contratos deberán ter unha duración mínima dun ano e facer mención expresa á referencia catastral da vivenda arrendada.

    c) Que a vivenda arrendada constitúa a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria, o que se deberá acreditar mediante certificado ou volante de empadroamento, en que consten, á data da solicitude, as persoas que teñen o seu domicilio habitual na vivenda obxecto do contrato de alugamento.

    d) Que a renda mensual da vivenda non supere os importes establecidos no ordinal oitavo destas bases reguladoras.

    e) Que a suma total das rendas anuais das persoas que teñan o seu domicilio habitual ou permanente na vivenda arrendada, consten ou non como titulares do contrato de alugamento, sexan iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM. O límite será de 4 veces o IPREM no caso de que a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría xeral ou dentro dela haxa persoas con discapacidade ou vítimas de terrorismo. O límite será de 5 veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con discapacidade cun grao recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    f) Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,5 veces o IPREM.

    g) As persoas beneficiarias deberán atoparse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

    Contía e duración das axudas

    1. Concederase ás persoas beneficiarias unha axuda do 50 % da renda que deban satisfacer polo alugueiro da súa vivenda habitual e permanente.

    2. A contía da axuda recoñecida na resolución de concesión determinarase en función da renda establecida no contrato, sen que en ningún caso o seu importe poida ser incrementado, aínda que a citada renda aumente ao longo da duración do contrato.

    3. Se na renda do contrato se incluísen os gastos de comunidade e os seus custos non estivesen desagregados, figurando no contrato unicamente o importe global, para os efectos da determinación da subvención, valorarase o importe dos gastos de comunidade como un 5 % do importe da renda e descontarase do seu total para aplicarlle a porcentaxe de subvención do 50 %. Así mesmo, se no contrato se incluísen anexos, como garaxes ou rochos, e o prezo de cada un deles non estivese desagregado, figurando no contrato unicamente o importe global, para os efectos da determinación da subvención, valorarase o importe da vivenda como un 80 % do total da renda, cando esta inclúan vivenda e garaxe, 95 % cando se inclúan vivenda e rocho, e 75 % cando se inclúan vivenda, garaxe e rocho.

    4. A axuda concederase anualmente e poderá acadar o prazo máximo de cinco anos. Non obstante, para poder desfrutar das anualidades do segundo e posteriores anos deberá solicitarse a renovación anual no prazo que se sinale na resolución de concesión da axuda inicial ou, de ser o caso, da última renovación concedida. Para estes efectos, deberase achegar a documentación especificada no ordinal décimo cuarto.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 2 de xaneiro de 2023 e terminará o día 5 de maio de 2023 e, en todo caso, ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221214/AnuncioC3Q2-301122-0001_gl.pdf

    LIGAZÓN PARA A SOLICITUDE: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI483A&ano=2023&numpub=1&lang=gl

  • INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO CONVOCA AXUDAS ÁS COMUNIDADES DE PROPIETARIOS/AS PARA REPARACIÓN, REHABILITACIÓN E/OU ADAPTACIÓN DOS EDIFICIOS DE VIVENDAS PROTEXIDOS PROMOVIDOS POR ESE INSTITUTO

    Instituto Galego da Vivenda e Solo

    RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2023 pola que se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos por este instituto (código de procedemento VI420A).

    Poderán ter a condición de entidades beneficiarias destas subvencións as comunidades de propietarios/as dos edificios de vivendas que estean incluídos no seu ámbito de aplicación, sempre que non recibisen outra axuda do IGVS para a realización de obras do mesmo concepto nos dez anos inmediatamente anteriores ao da convocatoria correspondente e, ademais, cumpran cos seguintes requisitos:

    a) Que o seu edificio reúna as necesarias condicións de seguridade estrutural. De non ser así, a comunidade solicitante deberá acreditar a realización simultánea das obras que garantan que o edificio terá as condicións necesarias de seguridade estrutural.

    b) Que non estean incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, LSG).

    c) Que sexan seleccionadas conforme a prelación realizada en aplicación do baremo previsto no ordinal décimo cuarto da Resolución de bases, do 18 de novembro de 2021, e conforme a disposición orzamentaria existente.

    Actuacións subvencionables

    1. Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas obras destinadas á reparación, rehabilitación e/ou adaptación que comprendan todas ou algunhas das seguintes actuacións:

    a) Adecuación das condicións de seguridade: obras que lle proporcionen ao edificio condicións de seguridade estrutural ou construtiva, de xeito que garantan a súa estabilidade,resistencia e solidez, seguridade contra incendios, así como obras de seguridade fronte a accidentes ou sinistros.

    b) Adecuación das condicións de habitabilidade: obras que lle proporcionen ao edificio estanquidade fronte á choiva e á humidade, illamento térmico e acústico, ou mellora das instalacións de calefacción.

    c) Adecuación funcional: obras que lle proporcionen ao edificio mellora dos accesos aos servizos xerais de auga, gas, electricidade, telefonía, saneamento, etc., así como a adecuación destas obras á correspondente normativa.

    d) Adecuación das condicións de accesibilidade: obras de supresión de barreiras arquitectónicas, tales como instalación de ascensores, ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade, incluíndo os adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensoria.

    A intensidade da axuda desta convocatoria será dun importe correspondente ao 60 % do orzamento subvencionable aprobado na resolución de concesión e ata un máximo de 6.000 euros por vivenda.

    O prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria será de tres meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

    Información ás persoas interesadas

    En relación con este procedemento administrativo, poderase obter documentación e información adicional a través dos seguintes medios: a) Electrónicos, na páxina web da Xunta https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementose-servizos, ou na páxina web oficial do IGVS http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada b) Presenciais, nas áreas provinciais correspondentes e nos servizos centrais do IGVS.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230316/AnuncioC3Q2-020323-0001_gl.pdf

  • MINISTERIO DE TRANSPORTES, MOBILIDADE E AXENDA URBANA CONVOCA AXUDAS A TRANSPORTISTAS AUTÓNOMOS/AS QUE ABANDOEN A SÚA ACTIVIDADE EN 2023

    As bases reguladoras destas axudas establecen que poderán acollerse ás axudas aqueles transportistas que no momento de presentar a solicitude cumpran os seguintes requisitos:

    – A idade mínima para solicitar estas axudas é de 63 anos sen existir límite superior de idade. Esta idade mínima non se esixe aos solicitantes que dispoñan, no momento da presentación da solicitude, dunha resolución que determine a data de efectos da aprobación da pensión por incapacidade permanente absoluta, total ou gran invalidez para o desempeño da profesión habitual de transportista.

    – Ser titular, no momento da solicitude, dunha autorización vixente de transporte público de ámbito nacional, de mercadorías ou de viaxeiros en autobús cun máximo de tres copias, ou ben simultaneamente de ambas as autorizacións cun máximo total de tres copias. En ningún caso considerarase vixente unha autorización que non tivese, polo menos, unha copia en vigor. Ser titular, de forma ininterrompida durante os dez últimos anos, dunha das autorizacións contempladas no apartado anterior, cun máximo de tres copias, ou ben de ambas igualmente cun máximo total de tres copias. Dita autorización non poderá estar suspendida en ningún momento, contando con polo menos unha copia en vigor. Permitirase, con todo, unha única interrupción na titularidade ou vixencia da autorización por un prazo que non supere tres meses. Entenderase, para estes efectos, que estiveron vixentes as autorizacións caducadas por falta de visado que estean rehabilitadas no momento de presentación da solicitude. A autorización que dea lugar ao outorgamento da axuda deberá estar en vigor ata o momento da renuncia para a cobranza da subvención, excepto cando se trate de incapacidade permanente absoluta ou total para o desempeño da profesión habitual de transportista ou de gran invalidez, nese caso deberá estar en vigor ata o recoñecemento destas situacións.

    – Estar dados de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social o últimos dez anos de forma ininterrompida, permitíndose unicamente unha soa interrupción por un prazo que non supere tres meses.

    – Comprometerse a abandonar a actividade de transporte público en nome propio, renunciando a todas as autorizacións de que fose titular.

    – Non desaproveitar outras axudas por abandono de actividade que lle fosen outorgadas polo Ministerio de Fomento nos tres anos anteriores.

    Como presentar a solicitude? Aquelas persoas que desexen obter as subvencións deberán solicitalo na sede electrónica do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana entrando nesta LIGAZÓN: https://sede.mitma.gob.es/SEDE_ELECTRONICA/LANG_CASTELLANO/OFICINAS_SECTORIALES/TTE_CTRA/AYUDAS/AYUDAS_ABANDONO/

    A solicitude deberá ir acompañada dos documentos necesarios que acrediten o cumprimento dos requisitos para o outorgamento da axuda solicitada.

    Contía das axudas

  • IGAPE CONVOCA AXUDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE MISIÓNS COMERCIAIS DAS PEMES E SE SELECCIONAN AS ENTIDADES COLABORADORAS QUE PARTICIPEN NA SÚA XESTIÓN

    Instituto Galego de Promoción Económica

    RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2023 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan de misións comerciais das pemes 2023 susceptibles de ser cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IG422B), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IG422A), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

    Estas axudas son susceptibles de ser cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e, en particular:

    Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do Feader) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).

    Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e nos procesos de innovación.

    Obxectivo específico 03.04.03: promover a internacionalización das pemes.

    Actuación 03.04.03.01: apoio á promoción da cultura da internacionalización, apoio ao incremento da presenza nos mercados exteriores, establecemento dunha estratexia de posicionamento internacional de Galicia aliñada coa Estratexia Horizonte 2020 da UE. Campo de intervención 066: servizos de axuda avanzados para pemes e grupos de pemes.

    Liña de actuación 15: promoción da cultura de internacionalización, presenza nos mercados exteriores, estratexia de posicionamento internacional de Galicia, aliñación coa axenda estratéxica Horizonte 2020 da UE.

    Actuacións e gastos subvencionables

    1. Serán subvencionables as seguintes actuacións de internacionalización organizadas e executadas por unha entidade colaboradora adherida en que participen un mínimo de dúas empresas aínda que só unha teña dereito a subvención por estas bases:

    a) Misións empresariais directas ao estranxeiro (incluíndo encontros empresariais ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro), tanto en formatos presenciais como virtuais.

    b) Participación en feiras ou noutros eventos expositivos que se leven a cabo no estranxeiro, así como aqueloutros eventos promocionais do tipo congresos, conferencias ou simposios que aínda que non teñan un compoñente expositivo como tal, permitan indudablemente a promoción da empresa a nivel internacional e teñan lugar no estranxeiro. Tanto en formatos presenciais como virtuais.

    A contía da axuda será dun 90 % sobre o importe dos gastos subvencionables.

    Entidades colaboradoras

    1. Para os efectos destas axudas, poderán ser entidades colaboradoras as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación galegas, que son corporacións de dereito público que se configuran como órganos consultivos e de colaboración coas administracións públicas, especialmente coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

    2. As entidades colaboradoras serán as encargadas de programar, organizar e executar as actuacións e actuar de enlace entre as empresas solicitantes das actuacións sinaladas no punto 3.1 destas bases.

    O prazo de adhesión das entidades colaboradoras será de 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia (código de procedemento IG422A).

    O prazo de presentación de solicitudes de axuda (código de procedemento IG422B) iniciarase o día seguinte ao da finalización do prazo de adhesión das entidades colaboradoras e será dun mes, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230307/AnuncioO92-270223-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A TRANSFORMACIÓN DIXITAL E MODERNIZACIÓN DO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL

    Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

    ORDE do 23 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a transformación dixital e modernización do sector comercial e artesanal e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300C).

    Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran, ademais, os seguintes requisitos:

    1. Comerciantes retallistas:

    a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma, que non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.

    b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea no Regulamento da Unión Europea 651/2014 (DOUE 187, do 26 de xuño de 2014), teñan un número de empregados/as igual ou inferior a vinte (20), incluídas as persoas en situación de autoemprego.

    c) Que estean dados de alta nalgunhas das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e III e que esta constitúa a actividade para a que vai dirixida a subvención. No caso de que a actividade subvencionable se corresponda cunha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II. No suposto de que nun mesmo establecemento comercial se realicen actividades comerciais subvencionables con outras actividades comerciais ou servizos non subvencionables, o solicitante deberá acreditar fidedignamente que a actividade principal está incluída nas epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e III. En todo caso, a actividade principal do establecemento deberá realizarse de forma notoria e inequívoca.

    d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

    2. Obradoiros artesáns:

    Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día do prazo establecido para a presentación de solicitudes. Non poderán ser beneficiarias destas axudas: as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 2 número 18 do Regulamento (CE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 26.6.2014, L 187/1)

    Prazo de presentación de solicitudes: Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230228/AnuncioV0653-151222-0008_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE CALDEIRAS DE BIOMASA DESTINADAS A PARTICULARES E ABRE PROCESO DE SELECCIÓN DAS ENTIDADES COLABORADORAS PARA A SÚA XESTIÓN

    Axencia Instituto Enerxético de Galicia

    RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para caldeiras de biomasa destinadas a particulares, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento IN421N e IN421P).

    En concreto, os proxectos de biomasa que se subvencionaran son os do grupo: B1 caldeiras que utilicen leña, B2 (caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible inferior a 3.000 l) e B3 (caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible maior ou igual a 3.000 l).

    Serán subvencionables:

    a) O equipamento principal de xeración enerxética.

    b) O custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción cinzas).

    c) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.

    d) O custo do sistema de almacenamento do combustible.

    e) O custo do sistema de alimentación do combustible.

    f) O custo de montaxe e conexionado.

    A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación. A contía máxima por proxecto será de 8.000 €.

    Cada entidade colaboradora poderá solicitar un máximo de 300.000 € en proxectos con reserva de fondos.

    Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:

    1. Na páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

    2. No teléfono 981 54 15 00.

    3. Guía de procedementos e servizos: https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

    As entidades colaboradoras adheridas son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e a documentación xustificativa da actuación).

    ENTIDADES COLABORADORAS NA ESTRADA:

    IN421N-181 BLANCO Y NODAR S.L. AVDA. DE SANTIAGO Nº 92 ESTRADA (A) PONTEVEDRA 986571943
    IN421N-70 ESTRADENSE DE CALEFACCION S.L. C/ BUYACA Nº 4 ESTRADA (A) PONTEVEDRA 630077383
    IN421N-285 ESTRAFON INSTALACIONES SL AVENIDA FERNANDO CONDE Nº 80 ESTRADA (A) PONTEVEDRA 625445060
    IN421N-8 GEINSELEC, S.L. AV.BENITO VIGO Nº 78 ESTRADA (A) PONTEVEDRA 986573474
    IN421N-334 INSTALACIONES FUENTES LOPEZ SL LG – A BREA – MATALOBOS Nº 17 ESTRADA (A) PONTEVEDRA 986570525
    IN421N-304 JOSÉ MANUEL DACAL JUIZ                     LUGAR OCA DE ARRIBA Nº S/N
                                                                             620487379

    O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución e rematará o 1 de xuño de 2023. 

    O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 1 de marzo de 2023 ás 9.00 horas e rematará o 29 de xuño de 2023 ou cando se esgoten os fondos.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230118/AnuncioG0474-201222-0002_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS NIÑO

    Consellería de Política Social e Xuventude

    ORDE do 14 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2023, 2024, 2025 e 2026, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

    Tipos de axuda e contías

    1. As axudas para gastos de investimento consistirán nunha subvención de ata o 100 % dos gastos realizados, cun límite máximo global por casa niño de 15.000 euros.

    2. A axuda polo desenvolvemento da actividade do proxecto consistirá nunha achega económica de 21.560 €/ano en forma de prima destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora no inicio da súa andadura. Este importe minorarase proporcionalmente en función dos meses efectivos de desenvolvemento.

    O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230224/AnuncioG0657-140223-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA SUBVENCIÓNS A EMPRESAS PRIVADAS PARA O FOMENTO DA SUSTENTABILIDADE NO DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE INDUSTRIAL DO SECTOR DOS RECURSOS NATURAIS

    VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

    ORDE do 31 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para o fomento da sustentabilidade no desenvolvemento da actividade industrial do sector dos recursos naturais en Galicia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento IN308D).

    Poderán ser beneficiarias destas subvencións:

    a) As empresas privadas que, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, realicen actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e conten co título de carácter administrativo que resulte preceptivo para o desenvolvemento das ditas actividades ou, cando proceda, coa conformidade do órgano administrativo correspondente, todo o cal poderá ser comprobado de oficio pola Administración (liña 1, liña 2, liña 4 e liña 5)

    b) As empresas privadas con centros de traballo de elaboración de rocha ornamental localizados na Comunidade Autónoma de Galicia; quedan expresamente excluídas as empresas sinaladas na epígrafe anterior. En calquera caso, para os efectos desta orde, considéranse actividades de elaboración de rocha ornamental aquelas actividades incluídas na sección C e, en concreto, na clase 23.70 do CNAE (liña 3).

    c) As empresas privadas que teñan algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia dedicado ao envasado das augas minerais naturais e á explotación de balnearios e que conten co título de carácter administrativo que resulte preceptivo para o desenvolvemento das actividades, de conformidade coa Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, todo o cal poderá ser comprobado de oficio pola Administración (liña 4).

    Serán subvencionables cinco liñas de actuación:

    Liña 1: investimentos destinados a incrementar a protección do ambiente da zona afectada pola actividade mineira. En xeral, todos aqueles investimentos destinados a previr ou emendar danos ao contorno físico ou aos recursos naturais e, especialmente, os destinados á mellora da calidade do ambiente atmosférico mediante a redución das emisións de po e ruído.

    Liña 2: investimentos destinados a mellorar as condicións laborais en materia de seguridade e saúde dos postos de traballo nas explotacións mineiras. En xeral, todos aqueles investimentos que actúen sobre os riscos relacionados coa seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía nos postos de traballo e, especialmente, os investimentos destinados á redución da exposición ao po, ao ruído e ás vibracións das persoas traballadoras.

    Liña 3: investimentos destinados a mellorar as condicións laborais das persoas traballadoras en centros de elaboración de rocha ornamental mediante a redución da exposición ao po nos seus postos de traballo.

    Liña 4: investimentos destinados á adquisición de equipamentos de eficiencia enerxética e/ou para a elaboración de auditorías enerxéticas directamente vinculadas aos ditos investimentos nas empresas do sector mineiro, en especial as empresas que se dediquen ao envasado das augas minerais naturais, así como as empresas de explotación de balnearios.

    Liña 5: investimentos destinados aos procesos de implantación e certificación das normas UNE 22480:2019 «Sistema de xestión mineira sustentable. Requisitos» e UNE 22470: 2019 «Sistema de xestión mineiro-mineralúrxica-metalúrxica sustentable. Indicadores», as cales acreditan a implantación dun sistema de xestión mineira sustentable nas empresas do sector mineiro.

    .A intensidade máxima da axuda para actuacións das liñas 1, 2, 3 e 5 nesta convocatoria non excederá o 60 % do investimento total subvencionable no caso de pequenas empresas, o 50 % do investimento total subvencionable no caso de medianas empresas e o 40 % do investimento total subvencionable no caso de grandes empresas, cun máximo de subvención de 100.000,00 euros para as liñas 1 e 2, 50.000,00 euros para a liña 3 e 3.000,00 euros para a liña 5. 3.

    A intensidade máxima da axuda para actuacións da liña 4 nesta convocatoria non excederá o 50 % do investimento total subvencionable no caso de pequenas empresas, o 40 % do investimento total subvencionable no caso de medianas empresas e o 30 % do investimento total subvencionable no caso de grandes empresas, cun máximo de subvención de 50.000,00 euros para investimentos destinados á adquisición de equipamentos de eficiencia enerxética, e 1.000,00 euros para levar a cabo auditorías enerxéticas.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230221/AnuncioV0653-070223-0001_gl.pdf

  • AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL CONVOCA AXUDAS AOS INVESTIMENTOS EN TECNOLOXÍAS FORESTAIS, PROCESAMENTO, MOBILIZACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS FORESTAIS

    AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL

    RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN500A).

    Poderán ser beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas (peme) do sector forestal radicadas en Galicia en relación cos investimentos realizados en zonas rurais, de acordo cos criterios de localización establecidos no ámbito territorial do PDR 2014-2020. Tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan a menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros. 

    Os/as solicitantes da axuda para acadar a condición de beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias: 1º. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento dun mínimo do 70 % do importe deste ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento. 2º. Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida en conta por importe do investimento. 3º. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado na data de publicación da convocatoria -modelo 390 ou modelo 303 do último mes do ano-, segundo proceda).

    b) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de axuda e, no suposto de ser exixible, un contrato de prevención de riscos laborais en vigor na data de publicación da convocatoria. c) Deberán estar inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia, e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal.

    Poderán ser subvencionables exclusivamente os seguintes investimentos elixibles:

    Liña 1. Xestión forestal activa. a) Procesadoras, cortadoras e outros equipamentos de corta destinados á realización de cortas intermedias (desmestas e rareos), así como as súas adaptacións e implementos, que deberán instalarse en equipamentos propiedade do solicitante. Enténdese por este tipo de maquinaria aquela que reúna as seguintes condicións: 1) Largura máxima de 2,75 metros e alcance mínimo do guindastre de 8 metros. 2) Para maquinaria de rodas de: a) Peso máximo de 18,5 toneladas e cabezal con diámetro máximo de corte de 600 mm para máquinas ata 6 rodas. b) Peso máximo de 20,5 toneladas e cabezal con diámetro máximo de corte de 600 mm para máquinas ata 8 rodas. 3) Para maquinaria de cadeas: peso máximo de 21 toneladas, raio de xiro mínimo ou raio de xiro cero, e cabezal con diámetro máximo de corte de 600 mm. 4) No caso de cabezais de corta, deberán dispor de control de xiro, un tamaño máximo de corte de 500 mm e un peso máximo de 1.100 kg. b) Autocargadores e tractocargadores completos, así como as súas adaptacións e implementos, que deberán instalarse en equipamentos propiedade do solicitante. Os autocargadores e tractocargadores para a realización de carga e transporte dos productos obtidos nestas operacións deberán dispor dunha capacidade máxima de carga de 12 toneladas, e cunha largura máxima de equipamento de 2,7 metros. No caso de tractocargadores, deberán ter as cabinas homologadas para aplicación forestal conforme as normas de seguridade ROPS (ISO 8082-1 ou 8082-2, segundo corresponda), FOPS (ISO 8083:2006) e OPS (ISO 8084:2003), así como o asento xiratorio homologado para o xiro do operario sentado, proteccións forestais en cabina, rodas e baixos, e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción.

    Liña 2. Madeira e biomasa. a) Equipamentos de medición de masas forestais, en número non superior á maquinaria de saca de madeira ou de biomasa. Enténdense como equipamentos de medición aqueles instrumentos de medición independentes, así como un conxunto deles, sempre que realicen diferentes tipos de medición. b) Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa. c) Autocargadores, arrastradores forestais e tractocargadores completos, así como as súas adaptacións e implementos, que deberán instalarse en equipamentos propiedade do solicitante. Os tractocargadores deberán ter as cabinas homologadas para aplicación forestal conforme as normas de seguridade ROPS (ISO 8082-1 ou 8082-2, segundo corresponda), FOPS (ISO 8083:2006) e OPS (ISO 8084:2003), así como o asento xiratorio homologado para o xiro do operario sentado, proteccións forestais en cabina, rodas e baixos, e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción. Estas adaptacións e normas exixiranse tamén aos tractores orientados á recollida ou aproveitamento comercial de biomasa. d) Procesadoras, cortadoras e outros equipamentos de corta, así como as súas adaptacións e implementos, que deberán instalarse en equipamentos propiedade do solicitante. e) Maquinaria específica, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal no monte, esteladoras con capacidade de recollida, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa. Non terán consideración de maquinaria específica nin procesadora de biomasa os tractores con rozadoras ou trituradoras forestais.

    Liña 3. Castaña e resina. a) Maquinaria específica, equipamentos, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da castaña ou da resina no monte. b) Acondicionamento e instalacións de parques intermedios de almacenamento e/ou clasificación. c) Bens de equipamento e instalacións en empresas de recollida, manexo, clasificación, acondicionamento e comercialización de castaña ou resina, e sempre que se cumpra o definido na letra d) do artigo 4.1.

    Liña 4. Valor engadido na primeira transformación da madeira. a) Equipamentos portátiles para a clasificación estrutural de madeira por métodos non destrutivos, sempre que dispoñan de documentación/estudos para a análise das especies empregadas pola empresa. A empresa deberá dispor, ou estar en proceso de obter, no prazo máximo dun ano, a implantación da marcación CE para madeira estrutural. b) Maquinaria e instalacións de primeira transformación destinadas á clasificación automática da madeira estrutural mediante aspectos visuais ou indirectos. No caso de métodos indirectos, deberá disporse de documentación/estudos para a análise das especies empregadas pola empresa. A empresa deberá dispor, ou estar en proceso de obter no prazo máximo dun ano, a implantación da marcación CE para madeira estrutural. c) Maquinaria e instalacións de primeira transformación destinadas á clasificación automática por calidade tanto da materia prima (troncos) como de produtos serrados intermedios ou finais, mediante a aplicación de escáneres de imaxe, dimensionais, raios X e outros tipos. O emprego desta instalación deberá xustificar a obtención dunha clasificación da madeira cun maior valor engadido. d) Maquinaria e instalacións de primeira transformación destinadas á obtención de produtos de maior valor engadido baseados na madeira serrrada, e que lle permitan abrir novas liñas de negocio á empresa, sempre que se cumpra o definido no artigo 4.1. e) Acondicionamento, maquinaria e instalacións de primeira transformación para o procesamento da biomasa forestal e a transformación da madeira.

    Liña 5. Plans e ferramentas de xestión empresarial. a) Implantación e, de ser o caso, certificación da cadea de custodia de madeira certificada e/ou normativas de calidade ou garantía, marcación CE e plans de mellora de xestión empresarial. b) Implantación e certificación, se procede, na empresa de ferramentas de xestión empresarial específicas da actividade forestal para o control de custos, calidade e mantemento. 3. Poderanse subvencionar investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing) ou calquera outra figura análoga, e subvencionarase, neste caso, unicamente o importe correspondente á opción de compra. A opción de compra deberá realizarse no prazo de execución do investimento.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230217/AnuncioG0520-110123-0003_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN ECONOMIA SOCIAL (PROGRAMA APROL- ECONOMÍA SOCIAL)

    Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

    ORDE do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía Social) e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento TR802G e TR802J).

    Establécense os seguintes programas de axudas:

    a) Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR802G).

    b) Programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia (procedemento TR802J).

    Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos no correspondente programa de axudas:

    a) As cooperativas e sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.

    b) As persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para as actuacións previstas no programa II.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 15 de setembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230210/AnuncioG0656-160123-0008_gl.pdf