Sección: Outras axudas e subvencións

  • AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS DE APROVEITAMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES ELÉCTRICAS E DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS NAS EMPRESAS DE PRODUCIÓN AGRÍCOLA PRIMARIA (FONDOS EUROPEOS)

    AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

    RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables eléctricas e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia (código de procedemento IN421L)

    Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:

    a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios/as autónomos/as, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector de produción agrícola primaria.

    Para os efectos desta resolución, consideraranse sector de produción agrícola prima‑ ria as actividades incluídas na sección A e, en concreto, as clases da 1.11 á 02.40 do CNAE‑2025, ambas incluídas. Tamén serán subvencionables as actividades recollidas no IAE que se correspondan con estas clases do CNAE 2025.

    b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das activi‑ dades recollidas na alínea anterior.

    A contía da axuda será do 30 % do custo elixible da nova instalación, cun máximo de 100.000 € por proxecto e de 300.000 € por empresa, salvo no suposto de instalacións de autoconsumo colectivo en que se establece unha axuda máxima de 500.000 € por proxecto e de 500.000 € por empresa. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o sétimo (7º) día hábil seguinte ao de publicación desta resolución no DOG, ás 9.00 horas. Se o remate do prazo coincide en día inhábil prorrogarase ata o seguinte día hábil, e o remate será ás 23.59 horas do último día do prazo.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260120/AnuncioG0474-161225-0003_gl.pdf

  • AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA PARA PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS GALEGAS (FONDOS EUROPEOS)

    AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

    RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, para o ano 2026, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 60 % no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN417Y).

    Poderán acceder á condición de persoas beneficiarias destas subvencións:

    a) As empresas legalmente constituídas e as persoas autónomas que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

    b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases.

    Os investimentos só poderán ser subvencionados sobre a base dunha auditoría enerxética (no caso de actuacións de mellora de edificios, substituirase a auditoría enerxética polo certificado de eficiencia enerxética), cuxos resultados se plasmarán na memoria técnica da solicitude.

    Serán subvencionables instalacións novas en que o aforro enerxético deberá xustificarse en relación coas instalacións de referencia que correspondan á práctica comercial normal no sector ou na actividade de que se trate.

    Considéranse custos subvencionables: a elaboración dos proxectos técnicos, dirección facultativa e obra civil relacionados coas actuacións, o prezo dos equipamentos, a súa montaxe e posta en marcha, así como os sistemas de monitorización, contabilización e telexestión e as auditorías nos termos indicados no artigo 6.

    A contía da subvención será do 35 % do custo subvencionable da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o oitavo (8º) día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ás 9.00 horas, e finalizará o 15 de setembro de 2026, ás 20.00 horas.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260120/AnuncioG0474-161225-0001_gl.pdf

  • CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN CONVOCA ACCIÓNS FORMATIVAS DO SISTEMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL DOS GRAOS A, B E C E COMPETENCIAS CLAVE PARA PERSOAS TRABALLADORAS OCUPADAS

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 23 de decembro de 2025 pola se procede á terceira convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, para persoas traballadoras ocupadas, para o exercicio 2026 (código de procedemento TR301X).

    Poderán solicitar e obter a condición de beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as empresas e as entidades sen ánimo de lucro que, con anterioridade á data de presentación da solicitude de subvención, estean acreditadas ou, de ser o caso, inscritas para impartiren no ámbito da Comunidade Autónoma as ofertas formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C e/ou as competencias clave para as cales soliciten subvención, xa sexa na modalidade presencial ou virtual, entendida esta última como modalidade de teleformación.

    As accións formativas obxecto de financiamento dirixiranse ás persoas traballadoras ocupadas.

    O prazo de presentación estará aberto desde o día da entrada en vigor da orde ata o 30 de setembro de 2026, ou, de ser o caso, até que se esgote o crédito orzamentario dispoñible.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260120/AnuncioG0767-231225-0009_gl.pdf

     

  • CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DOS SEGUROS EN GALICIA (FONDOS ESTATAIS)

    CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

    ORDE do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento MR443A).

    A Consellería do Medio Rural concederá estas axudas en forma directa aos agricultores e poderán ser beneficiarios delas os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2026 e liñas gandeiras dos plans 2025 e 2026, formalizadas en 2026, incluíndo as regularizacións destas liñas de plans anteriores, sempre que cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde, segundo se desprende do artigo 20.1 do Real decreto 425/2016, así como do Plan de seguros agrarios combinados proposto polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e da disposición adicional primeira desta orde. Tamén poderán ser beneficiarios das axudas outorgadas nesta orde os titulares de explotacións de acuicultura continental.

    As subvencións a que fai referencia esta orde non serán de aplicación nas pólizas de seguros contratadas por grandes empresas e empresas dedicadas á transformación e comercialización de produtos agrícolas, de conformidade co establecido nas vixentes directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260115/AnuncioG0426-291225-0018_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DE INDEMNIZACIÓN ECONÓMICA, DIRIXIDAS A FILLOS/AS MENORES DE 30 ANOS DAS VÍTIMAS MORTAIS DE VIOLENCIA DE XÉNERO ASÍ COMO AS MULLERES QUE FOSEN GRAVEMENTEFERIDAS (FONDOS ESTATAIS):

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

    ORDE do 22 de decembro de 2025 pola que se regulan as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas de indemnización económica, dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI460A).

    As axudas a que se refire esta orde fan referencia ás seguintes modalidades:

    a) Axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero.

    b) Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que resultasen gravemente feridas, con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

    c) Axudas para gastos de traslado, repatriación, funeral, inhumación e/ou incineración.

    O importe das indemnizacións reguladas nesta orde fíxase na cantidade de dez mil euros (10.000,00 €), que será aboada unha única vez por cada persoa beneficiaria e para o mesmo feito causante, no casos das axudas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero e das axudas dirixidas ás mulleres que resultasen gravemente feridas con lesións que requiran hospitalización como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

    No suposto de axudas para os gastos de funeral, repatriación, traslado, inhumación e/ou incineración das mulleres e dos fillos e fillas da muller vítima falecidos como consecuencia da violencia de xénero, o importe da indemnización non poderá superar o custe total dos gastos subvencionables. O importe máximo subvencionable será de dez mil euros (10.000,00 €).

    O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 1 de decembro de 2026.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260107/AnuncioG0762-231225-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DESTINADAS AO IMPULSO E INNOVACIÓN DO COMERCIO LOCALE ARTESANAL

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN ORDE do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso da innovación e sustentabilidade do comercio local e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CO300C).

    PERSOAS BENEFICIARIAS:

    1. Comerciantes retallistas.

    a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

    b) Que teñan a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE nº 187, do 26 de xuño). Para a consideración de peme observarase o disposto na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE nº L 124/36, do 20 de maio)

    C) Que, tendo a consideración de peme, teñan un número de persoas empregadas igual ou inferior a dez, incluídas as persoas en situación de autoemprego, no establecemento comercial para o cal se solicita a subvención.

    d) Que a actuación para a cal se solicita subvención se corresponda: 1º. Co obxecto social que figura nas escrituras, acta ou documento de constitución. 2º. Coa actividade principal do establecemento indicado na solicitude. Esta actividade deberá estar encadrada nalgunha das epígrafes relacionadas nos anexos II e III. No caso de que a actividade subvencionable se corresponda cunha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, tamén deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II. e) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

    2. Obradoiros artesáns.

    Que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o mesmo o día en que presenten a solicitude de subvención.

    A intensidade da axuda será do 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), co límite máximo que se establece para cada actuación subvencionable e para cada liña de axudas.

    Prazo de presentación de solicitudes

    Un mes contado desde as 9.00 horas do día 16 de xaneiro de 2026.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260108/AnuncioG0767-261225-0001_gl.pdf

  • DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA AXUDAS PARA IMPULSAR A FORMACIÓN DE MULLERES EN POSTOS DE TÉCNICAS OU ADESTRADORAS, XUÍZAS E ÁRBITRAS NO ÁMBITO DEPORTIVO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2025

    BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS PARA IMPULSAR A FORMACIÓN DE MULLERES EN POSTOS DE TÉCNICAS OU ADESTRADORAS, XUÍZAS E ÁRBITRAS NO ÁMBITO DEPORTIVO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2025

    O obxecto desta convocatoria é fixar as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar os estudos que dean acceso aos postos de técnicas ou adestradoras en clubs deportivos e de xuízas e árbitras nas diferentes modalidades deportivas.

    Poderán beneficiarse das axudas desta convocatoria as mulleres nadas e residentes na actualidade nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra ou as mulleres non nadas na provincia de Pontevedra pero empadroadas desde o 1 de xaneiro de 2025 nalgún dos concellos da provincia.

    Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias as solicitantes nas que concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS), e 10.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG).

    As persoas solicitantes declararán coa solicitude estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.

    Gastos subvencionables

    Considerarase gasto subvencionable aquel que, de maneira indubidable, responda á natureza da finalidade subvencionada. Terán esta consideración:

    • Os gastos de matrícula dos diferentes títulos oficiais que dan acceso, nas diferentes modalidades, aos postos de adestradora ou técnica, xuíza ou árbitra; estes poderán ser impartidos polas federacións deportivas (autonómicas ou estatais) ou polos diferentes centros de ensinanzas deportivas de réxime especial.

    • Os gastos de matrícula das formacións federativas iniciadas en 2025 para obter o diploma que capacita para adestrar a deportistas en idade escolar e participar en competicións federativas.

    A matrícula deberá ser realizada no 2025 e os estudos poderán rematarse no mesmo ano ou comprender o ano lectivo 2025/2026.

    O prazo de presentación de solicitudes empezará a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base de Datos Nacional de Subvencións, e finalizará o 15 de novembro de 2025.

    https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/09/25/2025064093

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS ECONOMICAS A FAMILIAS PARA A CONCILIACIÓN, EN SITUACIÓNS PUNTUAIS E PERÍODOS DE VACACIONS ESCOLARES (BONO CONCILIA FAMILIA)

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

    ORDE do 25 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases para a concesión das axudas económicas ás familias para a conciliación, en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares, a través do programa Bono Concilia Familia e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS412A).

    Para os efectos desta orde, entenderanse como períodos de vacacións escolares os seguintes períodos do ano 2025:

    – Do 1 ao 7 de xaneiro.

    – Os días 3, 4 e 5 de marzo.

    – Do 14 ao 21 de abril.

    – Do 21 de xuño ao 7 de setembro.

    Accións e gastos subvencionables

    1. Para ter dereito ás axudas previstas nesta orde as familias deberán acreditar que se atopan nun dos seguintes supostos:

    a) Supostos de necesidades puntuais que a continuación se relacionan:

    1º. Enfermidade ou accidente do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual.

    2º. Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación que impidan a atención do neno ou nena.

    3º. Situacións puntuais de carácter laboral da persoa coidadora habitual, que impidan a atención do neno ou nena.

    4º. Situacións puntuais de coidado de familiares do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, sempre que impidan a atención do neno ou nena pola persoa coidadora habitual.

    b) Necesidades en períodos de vacacións escolares que se producen cando os centros educativos están pechados por vacacións, sempre que ambos pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, pais/nais con custodia non compartida ou proxenitor de familia monoparental non poidan facerse cargo da atención do neno ou nena por motivos laborais.

    2. Poderán ser obxecto de subvención os seguintes gastos derivados dos medios empregados para a atención de nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2021, nos supostos previstos no número anterior e realizadas dentro do período indicado no artigo 1.1:

    1º. Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar, de forma temporal, para o coidado do neno ou nena.

    2º. Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio.

    3º. Asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade, en concreto, atención en ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia previstos na sección quinta do capítulo III do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.

    4º. Asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados por calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares, exceptuados os recollidos na Orde do 10 de abril de 2025 pola que se regula a oferta de prazas para actividades xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2025 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS303A).

    Tipo de axuda e contía

    a) De 500 euros por unidade familiar, no caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio.

    b) De 200 euros por cada neno ou nena no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade ou a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará ás 9.00 horas do día 8 de setembro de 2025 e finalizará o día 8 de outubro de 2025 ás 23.59 horas.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250904/AnuncioG0762-250825-0006_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA "XUVENTUDE CREA"

    CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

    ORDE do 14 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS310Q).

    Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de contido, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, DJ (disc-jóckey), fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

    Establécense os seguintes premios por cada unha das especialidades:

    Un primeiro premio de 2.000 €.

    Un segundo premio de 1.500 €.

    Un terceiro premio de 1.000 €.

    Un premio especial de 1000 € para a modalidade de música clásica da especialidade de música

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250829/AnuncioG0766-140825-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AS AXUDAS PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIÓN CLASE A2 E B Á MOCIDADE GALEGA (2)

    CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

    ORDE do 8 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases A2 e B á mocidade galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS321A).

    O gasto subvencionable é a suma a prezo global de obtención dos permisos de condución obxecto desta orde, baseado no prezo medio de mercado na Comunidade Autónoma de Galicia para cada tipo de carné.

    O importe da axuda será de 150 euros para a obtención do permiso de condución de clase A2 e de 400 euros para o permiso de condución de clase B. O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención dos dous permisos obxecto da orde.

    Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:

    a) Ter feitos os 18 anos de idade e non ter feitos os 31.

    b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

    c) Non estar traballando por conta propia nin allea. Enténdese que están traballando por conta propia ou allea aquelas persoas que estean en situación de alta nalgún réxime da Seguridade Social ou nunha mutualidade de previsión social, coa excepción de alumnos e alumnas que realicen prácticas formativas ou prácticas académicas externas incluídas en programas de formación previstas na disposición adicional quincuaxésimo segunda do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei xeral da Seguridade Social.

    d) Ter aprobado o/s permiso/s de conducir para o/s cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de outubro de 2024 e a data de presentación da solicitude.

    e) Que a suma dos ingresos anuais dos membros da unidade familiar sexa igual ou inferior a cinco veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) de 2025, no seu cómputo anual, incluíndo dúas pagas extras.

    As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede. xunta.gal. ONTEN A CHAVE 365 e poderás tramitalo dun xeito rápiudo e sinxelo. No caso da ESTRADA dancha no CENTRO DE SAÚDE ou no CENTRO COMARCAL (ao lado de Protección Civil).

    DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR:

    As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

    a) Documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante, se é o caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro modo válido en dereito. O modelo normalizado pode descargarse na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados

    b) Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido. Esta xustificación debe conter a data de obtención do permiso, que debe estar no intervalo recollido no artigo 5.d).

    c) O/s certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima exixida no artigo 5, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.

    d) Convenio especial, acordo específico para o desenvolvemento da actividade formativa ou documento análogo que acredite a realización das prácticas formativas ou académicas, para o caso de alumnos e alumnas que realicen prácticas formativas ou prácticas académicas externas incluídas en programas de formación previstas na disposición adicional quincuaxésimo segunda do Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de seguridade social.

    e) Certificación literal de nacemento de cada persoa membro da unidade familiar ou libro de familia. Neste último caso, copia de todas as follas do libro de familia en que figuren todas as persoas que compoñen a unidade familiar. A determinación das persoas membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente na data de presentación da solicitude.

    f) Acreditación da relación matrimonial ou análoga á conxugal, de ser o caso.

    g) Certificación da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) de non ter a obriga de declarar, se é o caso.

    h) Anexo II, de comprobación de datos de terceiras persoas cando forme parte de unidades familiares compostas por máis dun membro, que deberá achegar debidamente cuberto e asinado por todas as persoas que compoñan a unidade familiar.

    ANEXOS QUE HAI QUE XUNTAR:

    ANEXO IV

    ANEXO II (CUMPRIMENTAR POR CADA UN DOS MEMBROS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA)

    O prazo de presentación solicitudes será dun mes, que se contará desde o día 25 de agosto de 2025 ás 9.00 horas ata o día 25 de setembro de 2025 ás 20.00 horas

    Se precisas AXUDA PARA A SÚA TRAMITACIÓN, desde o DEPARTAMENTO DE XUVENTUDE do Concello da Estrada botámosche unha man. Pásate polas nosas oficinas sen necesidade de cita previa (1º andar) ou chámanos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 horas. 

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250819/AnuncioG0766-080825-0001_gl.pdf