Sección: Outras axudas e subvencións

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE CURSOS PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE APTITUDE PROFESIONAL ACREDITATIVO DA CUALIFICACIÓN INICIAL E NA MODALIDADE DE AMPLIACIÓN OU PROMOCIÓN ASÍ COMO PARA A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIÓN DAS C

    CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

    ORDE do 28 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a realización dos cursos para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e na modalidade de ampliación ou promoción, así como para a obtención dos permisos de condución das clases C e/ou D, para a incorporación de condutores/as profesionais ao mercado laboral, así como para a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento IF310F e IF310G).

    A orde conta con dúas liñas de axuda:

    Liña 1: subvencionar os cursos realizados coa cualificación de apto, para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e/ou de «ampliación ou promoción», dos condutores residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada.

    Liña 2: subvencionar a obtención dos permisos de condución das clases C, C1, C1+E, C+E, D, D1, D1+E.

    O período subvencionable para ambas as liñas será do 30 de outubro de 2024 ao 30 de outubro de 2025.

    Poderán solicitar as axudas as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude.

    a) Ter 18 anos.

    b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia con anterioridade ao inicio do período subvencionable (30 de outubro de 2024). As entidades adheridas poderán requirirlle á persoa interesada a xustificación deste feito mediante a xustificación oficial de empadroamento.

    c) Para seren persoas beneficiarias da liña 1, terán que ter realizado e superado o curso para a obtención do certificado de aptitude profesional. Deberán intentar superar o exame CAP e presentarse, no prazo dun ano desde o remate do curso, a un mínimo de catro convocatorias de exame, salvo que superen o dito exame nas convocatorias anteriores. Non se exixe a superación do exame CAP, pero si a presentación a este polo menos en catro ocasións. En caso contrario, deberán reintegrar o 20 % da axuda recibida.

    Para seren persoas beneficiarias da liña 2, deberán obter o/s permiso/s de condución das clases C, C1, C1+E, C+E, D, D1, D1+E durante o período subvencionable.

    d) Ter aboado o importe do curso e os custos de matrícula e as clases de condución para a obtención do permiso de condución das clases C e/ou D.

    e) Cumprir os requisitos xerais establecidos no artigo 11 e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O cumprimento destes requisitos acreditarase mediante a declaración responsable recollida no formulario de solicitude.

    As contías máximas que se van subvencionar por alumno establécense tomando como referencia o custo medio dos cursos e da obtención dos permisos de condución.

    Na liña 1, fíxase unha contía máxima para subvencionar por alumno para o curso de cualificación inicial, de mercadorías ou de viaxeiros e na modalidade ordinaria ou acelerada de 1.200 €, e o curso de «ampliación ou promoción», para os que xa teñen a cualificación inicial nunha das dúas categorías e desexan obter a outra, nun importe de 300 €.

    Na liña 2, fíxase a contía máxima para subvencionar por alumno para a obtención dos permisos de condución das clases C e/ou D de 1.200 €. No suposto de que soliciten as dúas liñas, o importe máximo subvencionable será de 3.900 € por alumno.

    O período subvencionable comprende do 30 de outubro de 2024 ao 30 de outubro de 2025.

    Entidades colaboradoras

    Para os efectos desta orde, poderán ser entidades colaboradoras as empresas autorizadas como centros de formación CAP, para impartiren os cursos de formación inicial, polas administracións públicas competentes para o outorgamento de autorización de transporte público, que se denominarán «empresas CAP», e as autoescolas que outorguen a formación e as prácticas correspondentes para a obtención dos permisos de condución C e/ou D.

    As «empresas CAP» e as autoescolas deben ter o seu domicilio social ou unha sucursal aberta na Comunidade Autónoma de Galicia e acreditar as condicións de solvencia técnica e económica establecidas na orde.

    O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 1 de outubro de 2025 e finalizará o 30 de outubro de 2025, ou cando se esgoten os fondos.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250813/AnuncioG0759-290725-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AS AXUDAS BONOS TALENTO EMPRESA PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS FORMATIVOS DE CURTA DURACIÓN

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 27 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de curta duración que desenvolvan as entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2025 e 2026 (código de procedemento TR302D).

    Entidades beneficiarias

    1. Poderán solicitar as subvencións previstas nesta orde as microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes) e grandes empresas, segundo as definicións do artigo 3 da presente orde, validamente constituídas e con actividade ininterrompida, cando menos, desde tres anos antes da data de publicación da presente convocatoria, con centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver a actividade para a cal solicitan a subvención, que posúan capacidade técnica e financeira suficiente para a execución das accións subvencionadas e non incorran nas circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As entidades solicitantes deberán acreditar a categoría da empresa de que se trate, pequena, mediana ou grande, no momento de presentación da solicitude de axuda. Non poderán ser beneficiarias dos Bonos Talento empresa as empresas en crise, segundo as definicións do artigo 3 da presente orde, nin aquelas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

    2. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas que teñan contratadas ao seu cargo persoas traballadoras por conta allea, validamente inscritas no réxime especial de traballadores autónomos ou no réxime especial de traballadores do mar por conta propia, con centro de traballo en Galicia e cunha antigüidade como cotizantes igual ou superior a tres anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data de publicación da presente convocatoria.

    Actuacións subvencionables

    1. As actuacións subvencionables son accións formativas de carácter non formal de curta duración, destinadas a contribuír ao desenvolvemento profesional das persoas traballadoras ocupadas por conta allea do cadro de persoal da entidade beneficiaria e a mellorar a competitividade das súas empresas.

    2. As accións formativas estarán orientadas á adquisición de competencias comprendidas entre os ámbitos de capacitación prioritarios detectados nas mesas de traballo con empresas e axentes sociais realizadas no marco da Axenda galega de capacidades para o emprego.

    3. As accións formativas solicitadas non deben estar incluídas na oferta de formación, formal e non formal, recollida no Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). Para facilitar a comprobación da oferta formativa actual do Catálogo póñense á disposición as seguintes ligazóns: • https://emprego.xunta.gal/portal/gl/bono-talentohttps://www.sepe.es/HomeSepe/es/formacion-trabajo/catalogo-especialidades-formativas.html

    4. A entidade solicitante só poderá solicitar un proxecto formativo que, como máximo, poderá conter ata tres accións formativas; cada unha das accións formativas poderá ter unha duración mínima de 16 horas e máxima de 100.

    Período de realización das accións formativas

    O período de realización das accións formativas subvencionables, tendo en conta o establecido no artigo 5.1, comprenderá:

    • Para aquelas accións formativas que se desenvolvan exclusivamente no ano 2025: desde o día seguinte ao da publicación da presente orde ata o 31 de outubro de 2025, ambos incluídos.

    • Para aquelas accións formativas que se desenvolvan entre 2025 e 2026 ou exclusivamente no ano 2026: desde o 1 de novembro de 2025 ata o 30 de setembro de 2026, ambos incluídos. Non serán subvencionables as accións formativas que se realicen antes da presentación da solicitude de axuda.

    O prazo de presentación de solicitudes, que en ningún caso será inferior a un mes, comezará o quinto día hábil posterior ao día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 15 de setembro de 2025, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250711/AnuncioG0767-300625-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AS AXUDA DO EMEGA AO EMPRENDEMENTO FEMININO

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

    ORDE do 9 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento SI429A).

    AXUDA MÍNIMA: 10.000 EUROS

    O programa Emega comprende as seguintes modalidades de axuda:

    a) Emega Emerxe: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

    b) Emega Impulsa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación, a consolidación de empresas constituídas por mulleres, ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade, dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia, consolidación e mellora. En ningún caso as ditas medidas poderán consistir na destrución do emprego existente por conta propia e allea.

    c) Emega Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.

    d) Emega Concilia: axuda complementaria das modalidades Emerxe, Impulsa e Innova para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

    Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen o seu plan de reactivación e/ou mellora no período comprendido entre o 30 de setembro de 2024 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, sempre que cumpran todas as condicións e requisitos comúns e os específicos da correspondente modalidade ou tipo de axuda previstos nesta orde, así como na normativa xeral de subvencións, en particular, as exixencias establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no seu regulamento.

    Cando se trate de empresarias individuais, a solicitude deberá ser presentada pola traballadora autónoma.

    Cando a actividade empresarial sexa realizada por unha sociedade civil, comunidade de bens, entidade sen personalidade xurídica, sociedade mercantil, cooperativa ou sociedade laboral, a solicitude de subvención deberá ser presentada por esta, e non serán válidas nin admisibles as solicitudes presentadas polas socias ou comuneiras a título persoal.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250714/AnuncioG0762-100725-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL, FAMILIAR E LABORAL POR REDUCIÓN DA XORNADA DE TRABALLO

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

    ORDE do 1 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da corresponsabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021- 2027, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento SI440A).

    Poderá ser beneficiaria das axudas previstas nesta convocatoria a persoa proxenitora do/da menor que exerza o dereito á redución de xornada, e segundo as seguintes situacións:

    a) No caso de unidades familiares en que a parella estea formada por persoas de distinto sexo, o proxenitor de sexo masculino, tendo en conta que o obxectivo do programa é o cambio de tendencia cara á corresponsabilidade real e que, polo tanto, sexan tamén os homes os que se acollan á redución da xornada.

    b) No caso de unidades familiares en que a parella estea formada por persoas do mesmo sexo, calquera das persoas proxenitoras.

    c) No caso de unidades familiares monoparentais, a persoa ao cargo da unidade familiar.

    A contía das axudas establécese en función da porcentaxe de redución da xornada laboral e da súa duración, e en atención ao número de fillas e fillos menores de doce (12) anos, nun abano que vai desde 1.700 € ata 3.700 €.

    A contía da axuda reducirase proporcionalmente cando o período subvencionable sexa inferior ao máximo (oito (8) meses) ou cando a xornada se realice a tempo parcial.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250714/AnuncioG0762-020725-0001_gl.pdf

     

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS NA MODALIDADE DE ENSINANZAS ARTÍSTICAS PREOFESIONAIS, NOS ÁMBITOS DA MÚSICA, DA DANZA, DE ARTES PLÁSTICAS E DE DESEÑO

    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

    ORDE do 13 de xuño de 2025 pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2024/25 (código de procedemento ED311F).

    Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño (código de procedemento ED311F) para o alumnado que finalizase as ensinanzas profesionais de Música, de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño, no curso 2024/25, nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

    Poderase conceder ata un máximo de seis premios extraordinarios, coa seguinte distribución:

    tres (3) premios no ámbito de música,

    un (1) no ámbito de danza 

    dous (2) no ámbito de artes plásticas e deseño.

    Non se poderá conceder máis dun premio por especialidade no ámbito de música ou por familia profesional no ámbito de artes plásticas e deseño.

    O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de xullo de 2025.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250630/AnuncioG0761-180625-0001_gl.pdf

  • CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS DESTINADAS Á MODERNIZACIÓN E MELLORA DAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS DAS PERSOAS AGRICULTORAS MOZAS

    CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

    ORDE do 11 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á modernización e mellora das explotacións agrarias das persoas agricultoras mozas, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR405H).

    Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas, as persoas agricultoras mozas titulares dunha explotación agraria que teña unha axuda concedida pola intervención 69611 en convocatorias anteriores, ou as persoas xurídicas titulares dunha explotación agraria na que se instale unha persoa agricultora moza que teña unha axuda concedida pola intervención 69611 en convocatorias anteriores.

    O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 %, cun máximo de 75.000 euros/UTA e un límite de 250.000 euros/beneficiario. 

    O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250625/AnuncioG0426-110625-0005_gl.pdf

  • CONSELLERIA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS DIRIXIDAS A PERSOAS AGRICULTORAS MOZAS

    CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

    ORDE do 11 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ás persoas agricultoras mozas, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento MR404A e MR405F).

    Persoas beneficiarias

    En función do tipo de axuda que se vai solicitar, as seguintes persoas poderán ser beneficiarias:

    a) MR404A Establecemento de persoas agricultoras mozas. Subintervención 68611_01 Incorporación agraria. Persoa física que teña entre 18 e 40 anos de idade, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe da dita explotación.

    b) MR405F Axudas a investimentos en modernización e/o mellora de explotacións. Explotacións agrarias. Subintervención 68412_01 Explotacións. Titular de explotación agraria vinculada á solicitude simultánea da axuda de establecemento de persoas agricultoras mozas.

    En función do tipo de axuda que se vai solicitar, as contías das axudas son as seguintes:

    a) MR404A Establecemento de persoas agricultoras mozas.

    Subintervención 68611_01 Incorporación agraria.

    O importe da axuda será de 30.000 euros, que poderá incrementarse ata os 70.000 euros en función da aplicación dos criterios muller, explotación localizada en zonas con limitacións naturais de montaña ou en Rede Natura 2000, explotación ecolóxica e titularidade compartida.

    b) MR405F Axudas a investimentos en modernización e/o mellora de explotacións.

    Explotacións agrarias. Subintervención 68412_01 Explotacións.

    O importe da axuda será do 30 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 65 %, cun máximo de 75.000 euros/UTA e un límite de 250.000 euros/beneficiario.

    O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250625/AnuncioG0426-110625-0003_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA OS PREMIOS ARTESANIA DE GALICIA 2025

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 17 de xuño de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia, se convocan para o ano 2025 e se autoriza a Fundación Pública Artesanía de Galicia para a súa concesión (código de procedemento IN200A).

    Os premios de Artesanía de Galicia constan das seguintes modalidades:

    1. Premio Artesanía de Galicia 2025. Premiarase a obra que represente as liñas desexadas para unha artesanía competitiva no mercado actual como son o deseño, a adaptación ou conservación das técnicas e valores tradicionais máis característicos da nosa artesanía, a incorporación ás tendencias actuais, a innovación, a boa presentación e a calidade da obra tanto nos seus materiais como no desenvolvemento desta.

    2. Premio Traxectoria 2025. Premio honorífico en recoñecemento á traxectoria profesional consolidada dunha persoa artesá galega. O premio será concedido tendo en conta as propostas dos obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, as asociacións profesionais de artesáns e artesás de Galicia, entidades locais e outras entidades públicas ou privadas encargadas de facer a presentación das candidaturas. Valorarase a traxectoria recoñecida da persoa candidata, a súa contribución, posta en valor e promoción da artesanía galega, a calidade dos seus traballos realizados e o compromiso coa divulgación e transmisión pedagóxica dos principais valores positivos no eido da nosa artesanía.

    3. Premio Bolsas Eloy Gesto 2025. Esta modalidade ten a finalidade de potenciar a remuda xeracional na artesanía, o acceso de novos talentos ao sector e a súa profesionalización. Premiaranse ata tres candidaturas que presenten unha proposta para a súa formación nun centro formativo ou nun obradoiro artesanal de referencia no eido da artesanía e do deseño. Valorarase o carácter innovador do proxecto, a transferencia de coñecemento que se pretende acadar con esa formación, a incorporación das novas tecnoloxías, o currículo da persoa candidata e a potencialidade de incorporación desta formación para a elaboración dun produto artesanal innovador. Tamén se terá en conta o grao de madurez, calidade na presentación da proposta, así como a colaboración entre as distintas actividades artesanais.

    Participantes

    1. Premio Artesanía de Galicia 2025. Obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia cuxo titular sexa unha persoa artesá de acordo coa Lei 8/2023, do 14 de decembro, de artesanía de Galicia.

    2. Premio Traxectoria 2025. Artesáns/ás en activo ou retirados/as que están ou estiveron inscritos como tales no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia e cunha actividade mínima e demostrable no sector de 20 anos. Os encargados de facer a presentación das candidaturas desta categoría serán os obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, as asociacións profesionais de artesáns e artesás de Galicia, entidades locais ou outras entidades públicas ou privadas. Estas propostas serán sempre realizadas por terceiros, é dicir, ningún obradoiro poderá realizar a proposta do titular ou dunha persoa traballadora do propio obradoiro.

    3. Premio Bolsas Eloy Gesto 2025. Obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia cuxo titular sexa unha persoa artesá que acadara unha idade máxima de 45 anos no 2025

    O prazo de presentación para as tres candidaturas iniciarase a partir das 8.00 horas do 15 de setembro de 2025 e rematará ás 14.30 horas do 26 de setembro de 2025.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250624/AnuncioG0767-040625-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DA ARTESANÍA GALEGA

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 30 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a promoción da artesanía galega e o fomento da súa comercialización, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento IN201G).

    Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas e que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

    1. Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o mesmo día en que presenten a solicitude de subvención.

    2. Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas. Primaranse aqueles concellos que coordinen as súas solicitudes e compartan ou mancomunen obras ou servizos, dando cumprimento así ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013, polo que se aproban os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.

    3. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 80 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos como obradoiros artesáns no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

    A intensidade da axuda será do 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído) co límite máximo de 8.000,00 € de axuda para o conxunto das actuacións definidas no punto 2 deste artigo. 2.

    Considéranse actuacións subvencionables a participación como expositora/or en feiras ou eventos de interese artesanal, nacionais ou internacionais:

    a) Feiras ou eventos profesionais de interese comercial para o sector artesanal. A axuda concederase unicamente para a participación en feiras/eventos cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 500,00 €. Cada titular de obradoiro poderá solicitar ata 6 feiras ou eventos cun importe máximo de 3.000,00 € de axuda por feira/evento.

    b) Feiras ou outros eventos non profesionais de venda directa de produtos artesanais. A axuda concederase unicamente para a asistencia a feiras/eventos cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 400,00 €. Cada titular de obradoiro poderá solicitar ata 6 feiras ou eventos cun importe máximo 850,00 € de axuda por feira/evento.

    c) Feiras ou eventos profesionais e non profesionais do período do Nadal 2024/25. A axuda concederase unicamente para a asistencia a feiras ou eventos cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior a 400,00 €. Cada titular de obradoiro poderá solicitar ata 3 feiras/eventos cun importe máximo de 1.500,00 € de axuda por feira/evento.

    O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250617/AnuncioG0767-020625-0002_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA ES-TRANSFORMA EN COOPERATIVAS OU SOCIEDADES LABORAIS

    CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

    ORDE do 16 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2025 (código de procedemento TR802R).

    Entidades beneficiarias

    As cooperativas e sociedades laborais creadas nos tres anos anteriores á data da presentación da solicitude, que xurdan dalgún dos procesos regulados no punto 1 do artigo 5 da orde e, ademais, cumpran os requisitos regulados nos puntos 2 e 3 do mesmo artigo.

    O prazo de presentación das solicitudes comezará o oitavo día hábil posterior ao día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de setembro de 2025, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250610/AnuncioG0767-270525-0001_gl.pdf