Sección: Outras axudas e subvencións

  • AEXENCIA GALEGA DA INDUSTRIAL FORESTAL CONVOCA AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS E OBRAS QUE EMPREGUEN PRODUTOS DE MADEIRA COMO ELEMENTOS ESTRUCTURAIS (FONDOS REACT- EU)

    AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL

    RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014- 2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G).

    Poderán ser beneficiarias destas axudas:

    Para as liñas 1.1 (código de procedemento MR502B) e 2.1 (código de procedemento MR502F): as pequenas e medianas empresas, incluídas as persoas autónomas, que conten con domicilio social ou cun centro de traballo radicado en Galicia e as asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro, públicas ou privadas, que desenvolvan a súa actividade en Galicia. Para os efectos das axudas de minimis conforme a normativa aplicable, enténdese por empresa calquera entidade que exerza unha actividade económica, con independencia da súa natureza xurídica e da súa forma de financiamento.

    En todo caso, a persoa solicitante das axudas deberá acreditar que exerce actividade económica, para os efectos do previsto no parágrafo anterior. Tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014 (inclúe persoas autónomas que cumpran a condición de empresa). A Axencia Galega da Industria Forestal fará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme.

    – Para as liñas 1.2 (código de procedemento MR502D) e 2.2 (código de procedemento MR502G): as persoas físicas, sexa de xeito individual ou unha pluralidade delas, que residan en Galicia. No caso de solicitudes presentadas por unha agrupación de persoas físicas, todas as persoas solicitantes quedan obrigadas solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención e ao cumprimento do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Ademais, no caso de agrupacións de persoas físicas, deberán facer constar os compromisos de execución asumidos por cada unha das persoas solicitantes, que determinarán proporcionalmente o importe da subvención que se aplicará a cada unha delas, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias.

    En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante da agrupación, con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiaria corresponden á agrupación, e coa cal a Administración efectuará as actuacións no marco do procedemento administrativo

    As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír a fomentar o uso da madeira como elemento estrutural mediante as seguintes liñas de apoio:

    – Liña 1.1 (código de procedemento MR502B): axudas á redacción de proxectos de construción nova, rehabilitación ou reforma de naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

    – Liña 1.2 (código de procedemento MR502D): axudas á redacción de proxectos de construción nova, rehabilitación ou reforma de vivendas unifamiliares que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

    Liña 2.1 (código de procedemento MR502F): axudas á utilización de produtos de madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma de naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

    – Liña 2.2 (código de procedemento MR502G): axudas á utilización de produtos de madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma de vivendas unifamiliares que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

    Importe das axudas

    1. As axudas que se outorguen ao abeiro destas bases concederanse en forma de subvención, como unha porcentaxe do custo subvencionable, dentro dos límites de intensidade previstos para cada liña que se indican a seguir:

    a) Liñas 1.1 e 1.2. O importe máximo da subvención será do 70 % do gasto subvencionable; porén, esta porcentaxe poderá verse incrementada: • Nun 10 %, se o solicitante asume o compromiso de que o proxecto inclúa a utilización dalgún produto de madeira ou derivado da madeira procedente de montes galegos xestionados de forma sustentable (PEFC ou FSC) e de que, igualmente, na execución da obra se empregarán materiais que reúnan estas características. Para demostrar a dita orixe e calidade deberá aplicar a súa rastrexabilidade mediante o uso da plataforma pública e gratuíta da Xunta de Galicia (denominada FORTRA). • Nun 10 %, se o solicitante asume o compromiso de que o proxecto inclúa a utilización dalgún produto de madeira ou derivado da madeira que dispoña da marca de garantía Pino de Galicia e de que, igualmente, na execución da obra se empregarán materiais que reúnan estas características. Estas porcentaxes poderán ser acumulativas até un 90 % do gasto subvencionable.

    O importe máximo da subvención non superará en ningún caso os 35.000,00 euros para a liña 1.1 e os 20.000,00 euros para a liña 1.2.

    b) Liñas 2.1 e 2.2. O importe máximo da subvención será do 70 %; porén, esta porcentaxe poderá verse incrementada: • Nun 10 %, se se emprega algún produto de madeira ou derivado da madeira que proceda de montes galegos xestionados de forma sustentable (PEFC ou FSC). Para demostrar dita orixe e calidade deberá verificar a súa rastrexabilidade mediante o uso da plataforma pública e gratuíta da Xunta de Galicia (denominada FORTRA). • Nun 10 %, se se emprega algún produto de madeira ou derivado da madeira que dispoña da marca de garantía Pino de Galicia. Estas porcentaxes poderán ser acumulativas até un 90 % do gasto subvencionable. O importe máximo da subvención non superará en ningún caso as seguintes contías: • 20.000,00 euros cando os custos correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira con finalidade estrutural e a súa colocación previstos no proxecto supoñan, cando menos, o 20 % do orzamento de execución material da edificación. • 30.000,00 euros cando os custos correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira con finalidade estrutural e a súa colocación previstos no proxecto supoñan, cando menos, o 30 % do orzamento de execución material da edificación. • 40.00,00 euros cando os custos correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira con finalidade estrutural e a súa colocación previstos no proxecto supoñan, cando menos, o 40 % do orzamento de execución material da edificación.

    O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 15 de novembro de 2022 ou ata o esgotamento dos fondos asignados, no caso de que se produza con anterioridade a esa data.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221013/AnuncioG0520-290922-0002_gl.pdf

  • CONSELLERIA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS AO ABEIRO DOS FONDOS FEDER DESTINADAS Á PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE ASESORAMENTO A PERSOAS FÍSICAS OU XURÍDICAS TITULARES DE EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS OU GANDEIRAS

    CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

    ORDE do 3 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR616B).

    Unicamente poderán ser beneficiarias as entidades privadas recoñecidas ou autorizadas como entidades prestadoras de servizos de asesoramento inscritas no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia e que presten servizos a titulares de explotacións agrarias que estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

    O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221013/AnuncioG0426-031022-0002_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN VINCULADA AOS PROGRAMAS DE EMPREGO DIRIXIDOS A PERSOAS MOZAS INSCRITAS EN GARANTÍA XUVENIL (FONDOS EUROPEOS)

    Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

    ORDE do 3 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación vinculada aos programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo FSE, programa operativo de emprego xuvenil, e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento TR349L).

    Poderán ser persoas e entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nos artigos 5, 6 e 7 desta orde. Tamén poden ser beneficiarios os centros especiais de emprego, e as empresas de inserción laboral excepto para realizar contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social respectivamente.

    Poderán ser persoas destinatarias finais destas axudas aquelas persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos no momento da selección e da contratación:

    a) Que teñan feitos os 18 anos e non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil, de conformidade co artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.

    b) Que remataran a fase de formación e aprendizaxe co resultado de aptas nos programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 polas que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do SNGX (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

    c) Que estean desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.

    d) Que estean inscritas en situación de beneficiarias no ficheiro do SNGX no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 90.1.a) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia. 

    Gastos subvencionables

    1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións por conta allea de persoas mozas participantes dos programas de emprego das convocatorias dos anos 2020 e 2021, que obtivesen a cualificación de aptas na fase de formación, en ocupacións do ámbito das materias impartidas nos programas de emprego detalladas no anexo II.

    2. Os contratos terán unha duración mímima de 6 meses e deberán ser a xornada completa. Se a modalidade contractual pola que se opta é de carácter temporal, e por tratarse de contratos de duración determinada que resultan necesarios para a execución de programas de carácter temporal cuxa financiación provén de fondos da Unión Europea, segundo o disposto na disposición adicional quinta do Real decreto lei 32/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, utilizarase a modalidade denominada «contrato de duración determinada vinculado a programas financiados con fondos europeos».

    3. O período para realizar as contratacións será desde o día seguinte ao da publicación desta orde ata o 15 de novembro de 2022. 4. As contratacións deberán estar realizadas no momento de presentación da solicitude.

    O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 15 de novembro de 2022.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221014/AnuncioG0656-031022-0001_gl.pdf

  • INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO CONVOCA AXUDAS DO PROGRAMA DE MELLORA DA ACCESIBILIDADE NAS VIVENDAS DO PLAN ESTATAL PARA O ACCESO Á VIVENDA

    Instituto Galego da Vivenda e Solo

    RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do Programa de mellora da accesibilidade en e ás vivendas do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI435B)

    Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, sempre que se trate de persoas físicas ou xurídicas de natureza privada:

    a) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila.

    b) As persoas propietarias ou usufrutuarias de edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva.

    c) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas incluídas nun edificio de tipoloxía residencial de vivenda colectiva.

    d) As comunidades de persoas propietarias ou as súas agrupacións, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

    e) As sociedades cooperativas de vivendas integradas por socios cooperativistas que precisen aloxamento para si ou os seus familiares, as sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil, así como, polas persoas propietarias que conforman comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo.

    f) As persoas propietarias que, de forma agrupada sexan propietarias de edificios, que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non tivesen outorgado o título constitutivo de propiedade horizontal.

    g) As empresas construtoras, arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas, que acrediten a dita condición mediante contrato vixente a suficiente prazo coa propiedade, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa.

    h) As persoas arrendatarias de vivendas, no suposto de que as obras ou actuacións non sexan de obrigada execución pola persoa propietaria e ambas as partes acorden que a arrendataria costee ao seu cargo as actuacións de mellora da accesibilidade, con cargo a parte ou á totalidade da renda arrendaticia.

    Requisitos

    1. As vivendas unifamiliares, illadas ou agrupadas en fila, para as que se solicite a axuda deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Estar rematadas antes de 2006. Esta circunstancia acreditarase mediante escritura pública, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais. Non se exixirá este requisito no suposto de que na vivenda habiten persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    b) Que constitúan o domicilio habitual e permanente das súas persoas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias no momento de solicitar as axudas. A dita circunstancia acreditarase mediante certificación ou volante de empadroamento.

    2. Os edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva que se acollan ás axudas deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Estar rematados antes de 2006. Esta circunstancia acreditarase mediante escritura pública, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais. Non obstante, non se exixirá este requisito no suposto de que no edificio habiten persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    b) Que, polo menos, o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda. Esta circunstancia poderá acreditarse mediante escritura pública, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais.

    c) Que, polo menos, el 30 % das vivendas constitúan o domicilio habitual dos seus propietarios, usufrutuarios ou arrendatarios no momento de solicitar as axudas deste programa.

    A dita circunstancia acreditarase mediante certificación ou volante de empadroamento. Este requisito non se terá en conta nos seguintes casos: – Cando se trate de propietario/a único/a que tivere que proceder ao realoxo das persoas inquilinas para realizar as obras de mellora da accesibilidade, caso en que deberá xustificar esta circunstancia e o compromiso de destinar as vivendas obxecto de mellora na súa accesibilidade a domicilio habitual das persoas arrendatarias na referida porcentaxe. – Cando se trate dun inmoble onde se encontre o domicilio habitual dunha persoa con discapacidade física que, debido á falta de accesibilidade nas zonas comúns, se encontre confinada na súa vivenda. d) Que, de ser o caso, as actuacións conten co acordo da comunidade ou comunidades de persoas propietarias debidamente agrupadas e coa autorización ou autorizacións administrativas correspondentes.

    3. As vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva para as que se solicite de forma independente a axuda deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Estar rematadas antes de 2006. Esta circunstancia acreditarase mediante escritura pública, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais. Non obstante, non se exixirá este requisito no suposto de que na vivenda habiten persoas cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    b) Que constitúan o domicilio habitual e permanente dos seus propietarios, usufrutuarios ou arrendatarios no momento de solicitar acollerse ás axudas. A dita circunstancia acreditarase mediante certificación ou volante de empadroamento.

    Actuacións subvencionables

    1. Consideraranse subvencionables as actuacións para a mellora da accesibilidade.

    En particular, as seguintes:

    a) A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas, automatismos para a apertura de portas incorporando mecanismos motorizados ou outros dispositivos de accesibilidade, así como calquera medida de accesibilidade que facilite a autonomía e a vida independente de persoas con mobilidade reducida, tanto en edificios como en vivendas unifamiliares, incluíndo os dispositivos adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial ou intelectual, así como a súa adaptación, unha vez instalados, á normativa sectorial correspondente. Inclúese a integración mediante un único mecanismo de identificación (teléfono intelixente, cámaras, pantallas ou outros dispositivos tecnolóxicos equivalentes en canto á súa funcionalidade) dos sistemas de apertura e control de accesos e doutros sistemas que necesiten control persoal e a adaptación, cando existan, a altura non superior a 1,40 m dos dispositivos xa instalados.

    b) A instalación ou dotación de produtos de apoio tales como guindastres ou artefactos análogos, así como sistemas tecnolóxicos de guiado que permitan a localización, que permitan o acceso e uso por parte das persoas con discapacidade a elementos comúns do edificio, se é o caso, tales como xardíns, zonas deportivas, piscinas e outros similares.

    c) A instalación de elementos de información, de comunicación ou de aviso tales como sinais luminosos e visuais, vibrotáctiles ou sonoros que permitan a orientación no uso de escaleiras, ascensores e do interior das vivendas. En particular, a instalación de elementos que melloren a accesibilidade e seguridade no uso dos ascensores, como a comunicación bidireccional en cabina.

    d) A instalación de produtos de apoio á audición para a accesibilidade no contorno, como os bucles magnéticos.

    e) A instalación de elementos ou dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior, tales como videoporteiros que proporcionan información visual e auditiva e análogos.

    f) A instalación de dispositivos de alarma no ascensor que garantan un sistema de comunicación visual, auditiva e bidireccional co exterior para os casos de emerxencia ou atrapamento. Así como a instalación de bucle magnético nos devanditos dispositivos.

    g) A instalación domótica e doutros avances tecnolóxicos para favorecer a autonomía persoal de persoas maiores ou con discapacidade.

    h) Calquera intervención que facilite a accesibilidade universal nos espazos do interior das vivendas (unifamiliares, agrupadas en fila ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva) ou nos propios edificios de tipoloxía residencial colectiva obxecto deste programa, así como nas súas vías de evacuación. Inclúense obras dirixidas á ampliación de espazos de circulación dentro da vivenda que cumpran coas condicións do Código técnico da edificación no referido a vivenda accesible, así como para mellorar as condicións de accesibilidade en baños e cociñas, así como as modificacións e adaptacións necesarias e adecuadas ás necesidades específicas das persoas con discapacidade que habitan as vivendas. Inclúense, así mesmo, as obras necesarias e complementarias sobre elementos directamente relacionados coa actuación de mellora de accesibilidade universal e cuxo mal estado de conservación aconselle a intervención.

    i) Calquera intervención que mellore o cumprimento dos parámetros establecidos no documento básico do Código técnico da edificación DB-SUA, seguridade de utilización e accesibilidade. En particular, a instalación de elementos que melloren a accesibilidade e seguridade de utilización nos ascensores, como a mellora da nivelación da cabina

    A contía máxima das axudas non poderá superar os seguintes límites:

    a) 12.500 euros por vivenda cando se solicite para actuacións correspondentes a vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila. Esta axuda poderá incrementarse ata 15.000 euros por vivenda se reside unha persoa con discapacidade e ata 18.000 euros por vivenda se esta acredita un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    b) 9.000 euros por vivenda e 90 euros por metro cadrado de superficie construída de local comercial ou outros usos compatibles cando se solicite para actuacións correspondentes a edificios de vivendas de tipoloxía residencial colectiva. Para poder computar a contía establecida por cada metro cadrado de superficie construída de uso comercial ou outros usos será necesario que os predios correspondentes participen nos custos de execución da actuación. Esta axuda poderá incrementarse ata 15.000 euros por vivenda se reside no edificio unha persoa con discapacidade e ata 18.000 euros por vivenda se esta acredita un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    c) 6.000 euros por vivenda cando se solicita para actuacións correspondentes a vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva.

    Esta axuda poderá incrementarse ata 15.000 euros por vivenda se reside unha persoa con discapacidade e ata 18.000 euros por vivenda se esta acredita un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    d) O 60 % do custo da actuación. Esta porcentaxe poderá incrementarse ata o 80 % se na vivenda ou unha das persoas que resida no edificio sexa unha persoa con discapacidade ou maior de 65 anos.

    2. O límite unitario das axudas establecido nas letras a), b) e c) poderá ser incrementado en 3.000 euros máis por vivenda en edificios ou vivendas declaradas ben de interese cultural, catalogados ou que conten con algún nivel de protección no instrumento de ordenación urbanística correspondente.

    3. O custo das actuacións subvencionables poderá incluír os honorarios dos profesionais intervenientes, o custo da redacción dos proxectos de ser o caso, informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e tributos, sempre que todos eles estean debidamente xustificados.

    4. Para a determinación da contía da axuda cada vivenda debe contar coa súa referencia catastral propia. Noutro caso, computarase, para os efectos da axuda, un edificio como unha única vivenda

    O prazo de presentación de solicitudes destas axudas estará aberto desde o primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG) e rematará o día 7 de novembro do presente ano e, en todo caso, no momento de esgotamento do crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS

    ANEXO I: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23756348

    ANEXO II: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23771792

    ANEXO III (COMUNIDADES): https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23771797

    ANEXO IV (COMUNIDADES): https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23771798

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221004/AnuncioC3Q2-230922-0002_gl.pdf

  • CONSELLERIA DO MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS DESTINADAS AO FOMENTO DA UTILIZACIÓN DE INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTOS EN COMÚN EN RÉXIME ASOCIATIVO (FONDOS FEDER)

    Consellería do Medio Rural

    ORDE do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR323C).

    Entidades beneficiarias

    a) Cooperativas agrarias titulares de explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Ex‑ plotacións Agrarias de Galicia.

    b) Cooperativas agrarias con socios titulares de explotacións agrarias inscritos no Rexis‑ tro de Explotacións Agrarias de Galicia.

    O importe da axuda será do 40 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 60 % en función da aplicación dos seguintes criterios:

    a. 10 % no caso dos investimentos relacionados con operacións en agricultura ecolóxica;

    b. 15 % en investimentos colectivos, cando o beneficiario procede de fusión de coope‑ rativas finalizada nos últimos 5 anos;

    c. 10 % para investimentos en zonas con limitacións naturais u outras limitacións espe‑ cíficas, recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013;

    d. 10 % no caso das operacións subvencionadas no marco das asociacións europeas de innovación (AEI) en materia de produtividade e sustentabilidade agrícola

    Establécese un investimento mínimo subvencionable de 100.000 € e un máximo de 5.000.000 €.

    O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día se‑ guinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220927/AnuncioG0426-150922-0001_gl.pdf

  • MINISTERIO DE TRANSPORTE CONVOCA A 1ª CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA ECO- INCENTIVO MARÍTIMO

    As axudas están dirixidas a transportistas, cargadores ou operadores loxísticos que que opten por embarcar os camións nun  buque ro-ro, con-ro ou ro-pax, en lugar de utilizar exclusivamente a estrada.

    Os custos externos do transporte contemplados para definir estas axudas son o cambio climático (gases de efecto invernadoiro), a contaminación atmosférica, a conxestión, a accidentalidade e o ruído. Para calcular o aforro xerado por utilizar o modo marítimo fronte á estrada, o Ministerio tomou como referencia o Manual de custos externos do transporte da Comisión Europea (UE,2019) que, por exemplo, sinala que o transporte de mercadorías en buque xera na Unión Europea uns custos externos asociados aos accidentes (accidentalidade) de 63,3 millóns de euros, mentres que o transporte por estrada, incluíndo pesado e lixeiro, lanza unha factura total de 42.800 millóns de euros na Europa dos 28 no mesmo período

    Persoas destinatarias: empresas ou autónomos/as que aboen o flete como: transportistas; cargadores/as ou operadores/as de transporte

    Prazo de solicitude: 1 de abril- 30 de xuño 2022

    Toda a información: https://www.mitma.gob.es/ministerio/proyectos-singulares/prtr/transporte/programa-de-apoyo-para-un-transporte-sostenible-y-digital-bases-reguladoras-del-eco-incentivo-maritimo-y-convocatoria-para-seleccionar-entidades-colaboradoras#seq-2

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AS AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL PARA EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA ÁS PERSOAS CONSUMIDORAS SEVERAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL PARA O ANO 2022

    Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

    ORDE do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IN414D).

    Os gastos subvencionables serán o 50 % do importe das facturas de electricidade (calculado segundo o establecido no artigo 12 do Real decreto 897/2017), correspondentes á vivenda habitual do solicitante acollido ao prezo voluntario ao pequeno consumidor (PVPC) para consumidor vulnerable severo (bono social do 40 %), que estean pendentes de pagamento e emitidas entre os dous meses anteriores á data da solicitude e o 30 de novembro de 2022 por unha comercializadora de referencia (COR) que teña asinado un protocolo de colaboración coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación para evitar os cortes de subministración.

    A contía da subvención será unha cantidade fixa máxima por solicitante de 300 €/ano, ou de 450 €/ano no caso de familias numerosas, que se irá pagando segundo a comercializadora remita as correspondentes facturas á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

    Persoas Beneficiarias:

    1. Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social.

    2. Terán esta consideración aquelas persoas que reúnan os requisitos para ser consumidor vulnerable severo establecidos no artigo 3 do Real decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica, cos límites de renda establecidos no punto 4 do citado artigo, e ademais estean en risco de exclusión social, debendo estar esta situación acreditada mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais correspondentes.

    3. Os requisitos que deben cumprir os/as beneficiarios/as da axuda son:

    a) Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

    b) Ser o/a titular do contrato de subministración eléctrica.

    c) Ter contratado o prezo voluntario ao pequeno consumidor (PVPC) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40 %), para o que deberán cumprir os límites de renda establecidos. d) Estar en risco de exclusión social, o que será acreditado mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais.

    e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2022.

    INFORMACIÓN COMPLETA: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220112/AnuncioG0596-201221-0003_gl.pdf

    ESTA AXUDA SERÁ TRAMITADA POLO DEPARTAMENTO DE EMPREGO DO CONCELLO DA ESTRADA. PODES PASARTE POLAS NOSAS OFICINAS SEN NECESIDADE DE CITA PREVIA EN HORARIO DE 9.00 A 14.00 HORAS. TAMÉN NOS PODES CHAMAR PARA MÁIS INFORMACIÓN AO TELÉFONO: 986 677 740

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA NOVA OPORTUNIDADE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

    Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

    ORDE do 8 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR790A).

    Establécense dous tipos de apoio ás persoas traballadoras autónomas:

    1ª. Para as que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma. A súa finalidade é facilitarlle a volta á actividade económica á persoa emprendedora a quen lle foi mal no seu anterior negocio pero que ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver emprender, no mesmo ou en diferente sector.

    2ª. Para as que estean de alta como persoas traballadoras autónomas e queren volver emprender noutro sector. A finalidade é facilitarlle o cambio de actividade económica á persoa emprendedora que desexa cambiar a súa actividade, ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver emprender e quere facelo noutros sectores económicos como os considerados emerxentes ou vinculados á economía circular, entre outros.

    Os apoios do programa estrutúranse en dous bonos:

    – Bono alta nova oportunidade para axudar á posta en marcha do novo negocio.

    – Bono formación e/ou mentoring para acompañar e axudar na posta en marcha do negocio.

    Serán beneficiarias destas axudas tanto as persoas autónomas que queren volver emprender de novo como as persoas autónomas que queren cambiar de sector de actividade:

    1. Persoas autónomas ou que teñan sido autónomas con anterioridade, e que queren volver emprender: Serán beneficiarias das axudas as persoas que se dean de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 1 de xaneiro de 2022 ao 30 de outubro de 2022, e que cumpran os seguintes requisitos:

    a) Ter cotizado anteriormente a esta nova alta polo menos durante 3 meses ininterrompidos na súa vida laboral no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

    b) Estar inscrita como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo a nova alta e carecer de ocupación efectiva, non ter contrato laboral en vigor e atoparse en tal situación na data inmediatamente anterior á de inicio da actividade laboral.

    c) Transcorrer un período mínimo de dous meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.

    d) Ter o domicilio fiscal en algún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.

    2. Persoas autónomas que queren cambiar de sector de actividade: Tamén serán beneficiarias das axudas deste programa as persoas que estean de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, e iniciaran unha nova actividade nun sector distinto ao anterior, no período do 1 de xaneiro de 2022 ao 30 de outubro de 2022, e que cumpran os seguintes requisitos:

    a) Ter cotizado, anteriormente a esta nova alta polo menos durante 6 meses ininterrompidos na súa vida laboral, no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

    b) Ter un alta como persoa traballadora autónoma nun sector diferente o anterior, para o que se terá en conta o CNAE e o IAE (modelos 036 ou 037).

    c) Ter o domicilio fiscal en algún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia. En ambos casos os requisitos deberán cumprise ben na data da solicitude ou ben na data do inicio da actividade, segundo o caso.

    As axudas consistirán en dous tipos de bonos:

    a) Bono alta nova oportunidade: concederáselles unha axuda de 9.000 € ás persoas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 4. As axudas do Bono alta nova oportunidade estarán cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

    b) Bono formación e/ou Bono mentoring: a persoa beneficiaria do Bono alta nova oportunidade poderá recibir unha axuda de ata 1.600 € para realizar un mínimo de 40 horas de formación nas seguintes materias: formación xerencial, xestión comercial ou financeira, márketing dixital ou calquera outra que teña relación directa co negocio que se vai emprender e que así se xustifique.

    O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de outubro de 2022.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220810/AnuncioG0656-030822-0001_gl.pdf

  • CONVOCATORIA DA AXUDA ESTATAL DE 200 EUROS DIRIXIDA A PERSOAS FÍSICAS CON BAIXO NIVEL DE INGRESOS E PATRIMONIO

    Desde hoxe, venres 7 de xullo podes solicitar a AXUDA DE 200 EUROS ANUNCIADA POLO GOBERNO, explicámosche cómo:

    Que é a axuda?

    É unha axuda que consiste nun pago único de 200 euros, para as persoas físicas de baixo nivel de ingresos e patrimonio, que sexan asalariadas, autónomas ou desempregadas.

    Quen a pode pedir?

    Poden pedir esta axuda aquelas persoas que, ao 27 de xuño de 2022:

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA FACILITAR A MOBILIDADE XEOGRÁFICA DAS MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO (PACTO DE ESTADO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO)

    Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

    RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento SI451B).

    O obxecto desta resolución é establecer as bases que rexerán a concesión de subvencións destinadas a facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero cando, a causa desa situación de violencia, se viran obrigas a cambiar a súa residencia habitual como consecuencia da súa contratación por conta allea ou establecemento por conta propia.

    A finalidade das axudas é proporcionarlle apoio económico ás mulleres que sufriron violencia machista e apoialas no comezo dunha nova vida ou situación libre de violencia.

    Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta resolución as mulleres vítimas de violencia de xénero que cumpran os seguintes requisitos:

    a) Que acrediten a súa situación por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

    En todo caso, a documentación acreditativa da situación de violencia de xénero debe estar emitida no prazo dos 24 meses anteriores ao cambio de residencia. Para os efectos desta resolución tamén terán a condición de vítima de violencia de xénero as mulleres que padeceran violencia vicaria ou violencia por interpósita persoa.

    b) Que teñan cesado a relación de convivencia co seu agresor.

    c) Que a media dos ingresos brutos mensuais da solicitante non supere o límite do importe de 3,5 veces o IPREM vixente nos 6 meses anteriores á data de presentación da solicitude. Unicamente se terán en conta as rendas ou ingresos de que dispoña ou poida dispoñer a solicitante da axuda, sen que se computen para estes efectos as rendas ou ingresos doutros membros da unidade familiar que convivan coa vítima. Artigo

    O prazo para a presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2022.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220902/AnuncioG0656-190822-0001_gl.pdf