Sección: Outras axudas e subvencións

  • DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PON EN MARCHA A I CONVOCATORIA DE RESIDENCIAS ARTÍSTICAS DEPOCREA

    O obxecto desta convocatoria é aprobar as bases que regulan a I Convocatoria de selección de artistas que se beneficiarán de seis axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a creación artística contemporánea en vivo nun programa de residencias artísticas que se levarán a cabo no Náutico de San Vicente entre o 28 de outubro e o 11 de novembro de 2022.

    Finalidade

    A finalidade desta convocatoria é conceder seis axudas, destinadas a promover a creación artística contemporánea en vivo nun programa de residencias artísticas promovido pola institución provincial, que se levará a cabo no Náutico de San Vicente.

    Ámbito subxectivo

    Poderán participar nesta convocatoria as persoas físicas artistas profesionais, dadas de alta no réxime de autónomos correspondente, das modalidades de pintura, escultura, fotografía, ilustración, instalación, arte sonora, audiovisual, moda ou deseño que teñan 18 anos na data de presentación da solicitude.

    Características dos proxectos

    As persoas solicitantes deberán presentar un proxecto de creación específico, orixinal e inédito que se desenvolverá no Náutico de San Vicente, situado no concello do Grove, o cal se utilizará como estudio artístico aberto á visita do público entre o 28 de outubro e o 11 de novembro de 2022.

    O proxecto a desenvolver deberá encadrarse nalgunha das seguintes modalidades artísticas: pintura, escultura, fotografía, ilustración, instalación, arte sonora, audiovisual, moda ou deseño.

    Só se aceptará un proxecto por artista e deberá executarse dentro do prazo previsto, entre o 28 de outubro e o 11 de novembro de 2022, cuxo resultado se amosará nun acto público o día 12 de novembro como peche do proxecto. De non cumprir con algún dos requisitos ou non poder executarse dentro do prazo determinado pola convocatoria, o proxecto quedará automaticamente excluído.

    O prazo de presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria de residencias artísticas empezará a partir do día seguinte ao da publicación desta disposición no BOPPO e na BDNS, e rematará o 23 de setembro de 2022.

    https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/09/02/2022056795

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AS AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS PARA A CONCILIACIÓN EN SITUACIÓNS PUNTUAIS E PERÍODOS DE VACACIÓNS ESCOLARES

    Consellería de Política Social e Xuventude

    ORDE do 22 de xuño de 2022 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares a través do programa Bono Coidado e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento BS412A).

    Para os efectos desta orde, entenderanse como períodos de vacacións escolares os seguintes:

    – Do 1 ao 7 de xaneiro.

    – Os días 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo.

    – Do 11 ao 18 de abril.

    – Do 23 de xuño ao 14 de setembro.

    Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono Coidado os pais/nais e as persoas titoras de nenos e nenas de ata doce anos de idade, estes incluídos, ou as persoas que os/as teñan en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e se atopen nos supostos seguintes:

    a) Que o neno ou a nena sexa menor de trece anos no momento no que se produce o suposto para o que se solicita a axuda.

    b) Que os ambos os pais/nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, familias monoparentais ou pais/nais con custodia non compartida, estean efectivamente traballando, no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente do neno ou nena e/ou por asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.

    Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo no que esta se exerza efectivamente, debendo presentar, nestes casos, cada pai/nai unha solicitude individual.

    Accións e gastos subvencionables

    1. Para ter dereito ás axudas previstas nesta orde as familias deberán acreditar atoparse nun dos seguintes supostos:

    a) Supostos de necesidades puntuais que a continuación se relacionan:

    1º. Enfermidade ou accidente do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual. 2

    º. Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación que impidan a atención do neno ou nena.

    3º. Situacións puntuais de carácter laboral da persoa coidadora habitual que impidan a atención do neno ou nena.

    4º. Situacións puntuais de coidado de familiares, do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual, ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade sempre que impidan a atención do neno ou nena.

    b) Necesidades en períodos de vacacións escolares que se producen cando os centros educativos están pechados por vacacións sempre que ambos pais/nais, persoas titoras acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, familias monoparentais ou pais/nais con custodia non compartida acrediten que por motivos laborais non poden facerse cargo da atención do neno ou nena.

    Poderán ser obxecto de subvención os seguintes gastos derivados dos medios empregados para a atención de nenos e nenas de ata doce anos de idade, estes incluídos, nos supostos previstos no número anterior e realizadas dentro do período indicado no artigo 1.1:

    1º. Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar de forma temporal para o coidado do neno ou nena. Consideraranse tamén as ampliacións horarias de contratos laborais preexistentes que se realicen con esta finalidade no que se refire á dita ampliación.

    2º. Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio.

    3º. Asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Xuventude, en concreto, atención en ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia previstos na sección quinta do capítulo III do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.

    4º. Asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados por calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.

    A axuda consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións previstas no artigo anterior.

    A contía máxima da axuda será:

    a) De 500 euros por unidade familiar no caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio.

    b) De 200 euros por cada neno ou nena, no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Xuventude ou a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220708/AnuncioG0657-280622-0002_gl.pdf

  • AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL CONVOCA AXUDAS PARA INVESTIMENTOS EN ECOINNOVACIÓN E DIXITALIZACIÓN DA INDUSTRIA FORESTAL- MADEIRA E OUTRAS INDUSTRIAS QUE DESENVOLVAN SOLUCIÓNS ECOINNIVATIVAS BASEADAS NA MADEIRA (FONDOS EUROPEOS DE RECUPERACIÓN)

    Axencia Galega da Industria Forestal

    RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para investimentos en ecoinnovación e dixitalización da industria forestal-madeira e outras industrias que desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas na madeira, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento IN500C e IN500D).

    As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír a fomentar a modernización e a dixitalización do sector forestal-madeira e impulsar o ecodiseño e a economía circular.

    Poderán ser beneficiarias destas axudas:

    1.1. Para a liña 1-ecoinnovación (código de procedemento IN500C):

    a) Pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) da industria forestal-madeira radicadas en Galicia que realicen aproveitamentos forestais ou que utilicen a madeira, a resina, a cortiza e os seus derivados ou outros produtos de orixe forestal, exceptuando os produtos alimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos.

    b) Pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) radicadas en Galicia que implementen ou desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas en madeira.

    c) Organismos intermedios: organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia que, de forma habitual, presten servizos de apoio á innovación e modernización ás pemes e que dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos, e que desenvolvan a súa actividade principal en Galicia.

    1.1.2. As empresas poderán presentarse de forma individual ou agrupadas.

    1.1.3. Os proxectos de agrupacións (presentados por organismos intermedios ou por unha agrupación de empresas) deberán contar cun mínimo de 3 pemes.

    1.1.4. No caso de solicitudes presentadas por organismos intermedios ou por unha agrupación de empresas, todas as persoas solicitantes quedan obrigadas solidariamente ao cumprimento dos deberes que deriven da concesión da subvención e ao cumprimento do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    1.1.5. Ademais, no caso de proxectos de agrupacións, deberán facer constar os compromisos de execución asumidos por cada unha das persoas solicitantes, así como o importe da subvención que se aplicará por cada unha delas, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poder suficiente para cumprir os deberes que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación, e co que a Administración efectuará as actuacións no marco do procedemento administrativo.

    1.2. Para a liña 2-dixitalización (código de procedemento IN500D):

    a) Pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) da industria forestal-madeira radicadas en Galicia que realicen aproveitamentos forestais ou que utilicen a madeira, a resina, a cortiza e os seus derivados ou outros produtos de orixe forestal, exceptuando os produtos alimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos. Para alcanzar a condición de beneficiarias, deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia, e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, ou dadas de alta nalgún código CNAE ou dispor de calquera outro medio válido en dereito que acredite a realización de actividades obxecto de subvención antes da presentación da solicitude.

    b) Asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro, públicas ou privadas, que teñan base asociativa e sexan representativas ou estean relacionadas coa cadea de valor da industria forestal-madeira e que desenvolvan a súa actividade en Galicia.

    Actuacións obxecto de apoio e gasto mínimo subvencionable:

    1. Ao abeiro destas bases reguladoras, as convocatorias anuais recollerán as seguintes liñas de apoio:

    1.1. Liña 1-ecoinnovación (código de procedemento IN500C): dirixida a apoiar proxectos vinculados ao ámbito de traballo das empresas beneficiarias especificadas no artigo 2.1.1 que comprendan, polo menos, algunha das seguintes actuacións:

    a) Ecodeseñar produtos ou materiais que utilicen a madeira como materia prima, para conseguir desenvolvementos técnicos ou prototipos que melloren a pegada ambiental ao longo do ciclo de vida, respecto a outras alternativas ou modelos anteriores.

    As actuacións de ecodeseño previstas poderán referirse a unha ou varias das seguintes áreas: i. Deseño máis eficiente do produto, que permita reducir o uso de materiais. ii. Incorporación de materiais con menor impacto ambiental. iii. Aumento da vida útil do produto desde o punto de vista técnico. iv. Aplicación de novos tratamentos industriais da madeira libres de substancias contaminantes (utilización de vernices con baixo contido en COV, utilización de colas alternativas PVAc, etc.). v. Optimización do deseño para facilitar o desmonte ao final da vida útil do produto, facilitando a identificación e separación dos distintos materiais que o compoñen. vi. Procesos de certificación da integración da variable ambiental no deseño, exclusivamente para os produtos ecodeseñados no contexto desta convocatoria. Por exemplo: • Impacto ambiental na produción dos produtos feitos con madeira, de acordo coa norma ISO 14006 «Xestión ambiental-Directrices para a incorporación do ecodeseño».

    • Etiquetaxe ecolóxica (ecoetiquetas), de acordo coa norma UNE-EN ISO 14020 «Etiquetas ecolóxicas e declaracións ambientais. Principios xerais». • Certificación da cadea de custodia (FSC-Forest Stewardship Council, PEFC-Certificación Forestal Paneuropea).

    b) Implantar solucións de economía circular, encamiñadas a previr o malgasto e recuperar o máximo valor dos materiais nos procesos propios das persoas beneficiarias definidas no artigo 2. As actuacións previstas poderán referirse a unha ou varias das seguintes áreas: i. Creación de novos modelos de negocio orientados á servitización dos produtos feitos en madeira ou produtos derivados. ii. Optimización do consumo de recursos, a través da aplicación de mellores técnicas de produción ou a redución das etapas do proceso de fabricación dos produtos feitos en madeira. iii. Desenvolvemento e implementación de procesos de posvenda, orientados a ofrecer servizos de mantemento, reparación e recambios por un período de tempo prolongado. iv. Incorporación de procesos de recuperación e revalorización de produtos e subprodutos de madeira (produción de biomasa, compostaxe, novos produtos, etc.). v. Mellora da eficiencia nos procesos de distribución, a través da redución do volume e peso das embalaxes, uso de transportes máis eficientes ou o uso de envases e embalaxes reutilizables.

    O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte á publicación desta resolución ata o 31 de outubro de 2022 ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso en que se produza con anterioridade a esa data

  • CONSELLERIA DO MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS PARA O FOMENTO DA UTILIZACIÓN DE MAQUINARIA AGRÍCOLA EN RÉXIME ASOCIATIVO (FONDOS EUROPEOS)

    Consellería do Medio Rural

    ORDE do 12 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR351A).

    Poderán ser beneficiarias destas axudas:

    • Cooperativas agrarias con sección/servizo de maquinaria.

    • Cooperativas de utilización de maquinaria en común (CUMA).

    • Cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade.

    • SAT procedente de fusión de polo menos dúas explotacións, nos últimos 5 anos naturais.

    Serán subvencionables os seguintes investimentos:

    a) Maquinaria agrícola.

    b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.

    O importe da axuda que se concederá a cada beneficiario será do 35 % dos custos elixibles, que se poderán incrementar ata un máximo do 50 % en función da aplicación dos seguintes criterios:

    • 5 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) nº 1305/2013.

    • 10 % no caso de investimentos colectivos, cando o beneficiario procede dunha fusión de cooperativas. 

    O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220830/AnuncioG0426-120822-0003_gl.pdf

  • MINISTERIO DE INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO CONVOCA AXUDAS DIRIXIDAS A IMPULSAR O CREMENTO DAS PEMES A TRAVÉS DOS PROGRAMAS ACTIVA INDUSTRIA 4.0, ACTIVA CRECEMENTO E ACTIVA SEGURIDADE

    MINISTERIO DE INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO

    Orde ICT/819/2022, do 12 de agosto, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas dirixidas a impulsar o crecemento das pemes a través dos programas «Activa Industria 4.0», «Activa Crecemento» e «Activa Ciberseguridade», no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

    A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e o procedemento de xestión da concesión de axudas en especie, dirixidas a favorecer o crecemento das pemes, impulsar a súa transformación dixital e mellorar os seus niveis de ciberseguridade, conforme ás actuacións que se describen no artigo 13.3 desta orde. O réxime destas axudas é o de concorrencia non competitiva, #de acordo con o establecido no artigo 62 da Real Decreto-lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración Pública e para a execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

  • AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS CONVOCA AXUDAS Á DOTACIÓN DE EQUIPAMENTOS E ACTIVOS QUE FOMENTEN A INNOVACIÓN E COMPETITIVIDADE DA INDUSTRIA CULTURAL E CREATIVA GALEGA (FONDOS EUROPEOS DE RECUPERACIÓN)

    Axencia Galega das Industrias Culturais

    RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e a competitividade da industria cultural e creativa galega ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT207N).

    Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste programa as persoas físicas (autónomos) e as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, con sucursal, ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea. Estas entidades deberán desenvolver a súa actividade principal de xeito habitual en Galicia e nalgunha das epígrafes da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE 2009) que se establecen nas bases, e o investimento realizado obxecto da subvención ten que estar localizado nun centro de traballo en Galicia así como cumprir as condicións e os requisitos que estas determinan.

    Os proxectos de investimento obxecto de subvención deberán ter importe total mínimo de 25.000 euros (sen IVE).

    1. O importe máximo da axuda será de 100.000 euros, impostos recuperables excluídos.

    2. A intensidade máxima da axuda que perciban as persoas beneficiarias é do 80 % do gasto subvencionable.

     

    Serán obxecto de subvención aqueles proxectos de investimento en activos fixos vinculados á actividade produtiva das empresas da industria cultural e creativa, con especial atención á dixitalización, innovación, xeración de novos públicos e incremento da eficiencia enerxética e sustentabilidade ambiental. 

    As accións elixibles que se financiarán a través desta liña de axudas son:

    • Adquisición de equipamentos e doutros activos fixos materiais.

    • Adquisición de activos fixos inmateriais, incluíndo licenzas de programas informáticos destinados ao proceso produtivo da empresa pero non á súa renovación.

    • Adquisición de servizos Software as a Service (SaaS).

    • Adecuación do espazo físico para a colocación dos equipamentos obxecto da subvención.

    Os proxectos poderán incluír unha ou varias tipoloxías de accións elixibles. Só se poderá presentar unha solicitude por empresa.

    O prazo para a presentación das solicitudes será de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220825/AnuncioG1097-080822-0001_gl.pdf

  • DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA: CONVOCATORIA DE PARTICIPACIÓN NAS ACCIÓNS DO PROGRAMA DE APOIO AO EMPREDEMENTO, CRECEMENTO EMPRESARIAL E INNOVACIÓN E A I EDICIÓN DOS PREMIOS AO EMPRENDEMENTO SMARTPEME, ACTUACIÓNS REALIZADAS EN COA FUNDACIÓN ROBERTO RIVAS

    Poderán solicitar as accións do Programa de apoio ao emprendemento, crecemento empresarial e innovación as persoas físicas maiores de dezaseis (16) anos, residentes na provincia de Pontevedra, que conten coa preparación técnica e dispoñibilidade para desenvolver as actividades previstas, así como as pequenas e medianas empresas da provincia de Pontevedra, que poderán participar a través dun máximo de catro persoas por acción.

    Constitúe o obxecto destas bases aprobar e regular a convocatoria pola que se rexen as solicitudes de participación no Programa de apoio ao empredemento, crecemento empresarial e innovación, na I Edición dos premios ao Emprendemento Smartpeme, que se outorgan en colaboración coa Fundación Roberto Rivas.

    A participación nas distintas accións do Programa e a concesión dos premios efectuarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como os de eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e de eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

    O prazo para a presentación de solicitudes de participación ás acción do Programa comezará o día seguinte ao da publicación da convocatoria e do seu extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) remando:

    • o 2 de setembro de 2022 para a acción 1–I Aceleradora de empresas SmartPeme

    • o 20 de setembro de 2022 para a acción 2–I Programa de crecemento empresarial

    • 20 de outubro de 2022 para a acción 3–V Aceleradora de empresas do sector turístico

    O prazo para a presentación de solicitudes aos premios comezará o 15 de setembro de 2022 para todos os premios, remando:

    • 31 de outubro de 2022 para os premios da I Aceleradora de empresas SmartPeme

    • 25 de novembro de 2022 para os premios do Programa de crecemento empresarial

    • 9 de decembro de 2022 para os premios da V Aceleradora de empresas do sector turístico

    • 18 de novembro de 2022 para os premios do II Concurso de desenvolvemento de solucións innovadoras

    https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/08/24/2022055492

  • CONVOCATORIA DAS AXUDAS DO PLAN ESTATAL PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDAS EN GALICIA DIRIXIDA A PERSOAS MENORES DE 35 ANOS

    Instituto Galego da Vivenda e Solo

    RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025 e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento VI435A).

    Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que reúnan os seguintes requisitos:

    a) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso de persoas estranxeiras non comunitarias, deberán contar con autorización de estadía ou residencia en España.

    b) Ter menos de 35 anos, incluída a idade de 35 anos, no momento de solicitar a axuda ou no momento da subscrición do contrato privado ou da escritura pública de compravenda, cando esta se realice antes da publicación da correspondente convocatoria.

    c) Ter subscrito a partir da data sinalada na correspondente convocatoria un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda que reúna os seguintes requisitos:

    Que a vivenda estea localizada nun municipio pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística na data de entrada en vigor do Real decreto 42/2022, do 18 de xaneiro.

    – Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a 120.000,00 €.

    – Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.

    d) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de dispoñer de escritura pública de compravenda formalizada con anterioridade á referida data.

    e) Que as rendas anuais das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM. Este límite será de 4 veces o IPREM se na unidade de convivencia existen persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a seguir. O referido límite será de 5 veces o IPREM cando na composición da unidade de convivencia existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:

    – Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental, persoas con discapacidade intelectual ou persoas con discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    – Persoas con discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

    f) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atopen ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

    g) Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como que non se lles revogase nin fosen obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda prevista neste ou no anterior plan estatal de vivenda, por incumprimento ou causa imputable a aquelas.

    h) Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento.

    Exceptuaranse deste requisito aquelas persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten non ter a súa dispoñibilidade por causa de separación ou divorcio, non poidan habitala por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou de calquera membro da súa unidade de convivencia.

    A contía da axuda para a adquisición será de ata 10.800,00 € por vivenda, co límite do 20 % do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o 30 de setembro de 2022 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220812/AnuncioC3Q2-010822-0001_gl.pdf

  • AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS CONVOCA AXUDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS INDIVIDUAIS QUE FAVOREZAN A RECUPERACIÓN ECONÓMICA DO SECTOR (FONDOS EUROPEOS)

    Axencia Galega das Industrias Culturais

    RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais individuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2022 (código de procedemento CT207B).

    Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (traballadoras autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes, dadas de alta cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun ano na epígrafe IAE 961.1, e con sucursal ou oficina permanente de polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia e cumpran os requisitos establecidos nestas bases.

    Por produtora audiovisual independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física (autónoma) ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canal televisivo privado nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).

     A intensidade da axuda é do 100 % do gasto subvencionable.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220817/AnuncioG1097-010822-0001_gl.pdf