Sección: Outras axudas e subvencións

  • CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES CONVOCA OS PREMIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSOAL

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

    ORDE do 29 de xuño de 2022 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311E).

    O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal (código de procedemento ED311E) correspondentes ao curso 2021/22 para o alumnado que finalizase os estudos de educación secundaria obrigatoria neste curso nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

    Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios.

    Poderá optar aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

    a) Ter cursado durante o ano académico 2021/22 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

    b) Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.

    c) Merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrado ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas e/ou da contorna familiar e sociocultural.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 24 de agosto de 2022 e rematará o día 23 de setembro de 2022.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220711/AnuncioG0655-300622-0001_gl.pdf

  • CONCELLO DA ESTRADA CONVOCA AXUDAS DE APOIO Á ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2022-2023

    O obxecto da convocatoria é regular o procedemento para a concesión de subvencións a familias residentes no concello da Estrada, para o financiamento dos gastos derivados da escolarización dos membros da unidade familiar para o curso 2022/2023 en centros educativos sostidos con fondos públicos, relativos a:

    — Adquisición de libros de texto e material escolar curricular dos/as nenos/a matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil.

    — Servizo de comedor das/os alumnas/os matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria.

     TIPOS DE AXUDAS.

    — Axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para a 2ª etapa de Educación Infantil. No concepto de material escolar inclúese todo o material preciso para o desenvolvemento do curso académico en función das obrigas de cada centro educativo e as súas técnicas de aprendizaxe.

    — Axudas para o pago do comedor escolar (de setembro do 2022 a xuño do 2023, ambos incluídos) para alumnas/os matriculadas/os nos niveis de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria obrigatoria.

    O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao dia seguinte da publicación da Bases da Convocatoria no Boletín Oficial de Provincia de Pontevedra e permanecerá aberto ata 20 días hábiles seguintes.

    https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/07/11/2022046011

  • AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL CONVOCA AXUDAS Á VALORIZACIÓN E Á SEGUNDA TRANSFORMACIÓN DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA E DO CONTRACT

    Axencia Galega da Industria Forestal

    RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas á valorización e á segunda transformación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contract (código de procedemento IN500B).

    Poderán ser persoas beneficiarias as pequenas e medianas empresas, incluídas as persoas autónomas, da industria forestal e do contract radicadas en Galicia que utilicen a madeira e os seus derivados, a resina, a cortiza ou outros produtos de orixe forestal, exceptuando os produtos alimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos.

    Para estes efectos, tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.

    As persoas solicitantes da axuda, para acadaren a condición de beneficiarias, deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:

    1º. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do seu importe, ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.

    2º. Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida na conta por importe do investimento

    3º. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado na data de publicación da convocatoria –modelo 390 ou modelo 303– do último mes do ano, segundo proceda).

    b) Deberán ter vixente, na data de publicación da convocatoria, un seguro de responsabilidade civil para as actividades propias da industria forestal e do contract e, no suposto de ser exixible, un contrato de prevención de riscos laborais.

    c) Deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, ou ben, deberán estar dadas de alta nalgún código da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE) ou dispor de calquera outro medio válido en dereito que acredite a realización de actividades obxecto de subvención na data de publicación da convocatoria.

    Así mesmo, as persoas solicitantes con persoal contratado por conta allea en número igual ou superior a tres persoas traballadoras deberán ter, na data de publicación da convocatoria, polo menos o 40 % do cadro de persoal da empresa con contratos por conta allea e tempo indefinido. Para as empresas de nova creación, entendendo como tales as creadas dentro dos dezaoito (18) meses anteriores á data de publicación da convocatoria, bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 40 % de estabilidade laboral ao remate do prazo concedido para xustificar o investimento.

    O persoal en réxime de autónomos non computará para os efectos do cálculo das porcentaxes de estabilidade de emprego recollidas nesta resolución.

    Poderán ser subvencionables os proxectos de investimento realizados polas persoas beneficiarias descritas no artigo 2 desta resolución nos seus procesos de produción vinculados á transformación da madeira e os seus derivados, resina, cortiza, así como doutros produtos de orixe forestal, exceptuando os alimentarios, e que teñan como obxectivo aumentar a súa produtividade ou a implantación de técnicas que permitan obter novos produtos ou produtos valorizados ou procesos que favorezan a minoración do impacto ambiental. 2. Considéranse subvencionables os seguintes investimentos:

    a) Compra de maquinaria nova vinculada aos procesos de transformación de produtos de orixe forestal non alimentarios, así como para os procesos de secado e doutros tratamentos e acabamentos da madeira.

    b) Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación e funcionamento dos investimentos obxecto de subvención.

    c) Outros bens de equipamento novos que formen parte do activo da empresa e interveñan no proceso produtivo obxecto do proxecto.

    d) Implantación e certificación da cadea de custodia de produtos forestais, de normativas de calidade e de xestión ambiental, e implantación de plans de mellora da xestión empresarial.

    e) Servizos, bens, equipamentos, tecnoloxías e obras de acondicionamento necesarios para a obtención de certificados ou selos de calidade e ambientais, marcas de garantía rexistradas, marcas colectivas rexistradas ou implantación da marcación CE de produtos de orixe forestal e condicionados á súa obtención dentro do prazo de xustificación da axuda.

    f) Ensaios de caracterización de produto realizados conforme a normativa oficial por un laboratorio acreditado para a realización do ensaio.

    Os investimentos subvencionaranse cunha axuda do 50 % dos gastos elixibles. A axuda máxima por solicitante limitarase a 200.000,00 euros.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220708/AnuncioG0520-230622-0002_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA XUVENTIDE CREA

    CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

    ORDE do 17 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS310Q).

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases que rexen a concesión dos premios do programa Xuventude Crea e proceder á súa convocatoria para o ano 2022.

    Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

    Os premios do programa Xuventude Crea que se convocan inclúen as seguintes especialidades:

    a) Artes plásticas.

    b) Arte urbana.

    c) Banda deseñada.

    d) Cociña.

    e) Creación de videoxogos.

    f) Danza moderna.

    g) Deseño de xoias.

    h) Fotografía.

    i) Moda.

    j) Música.

    k) Novela curta.

    l) Poesía.

    m) Teatro.

    n) Videocreación.

    Establécense os seguintes premios por cada unha das especialidades:

    Un primeiro premio de 3.000 €.

    Un segundo premio de 1.500 €.

    Un terceiro premio de 1.000 €.

    Un premio especial de 1.000 € para a modalidade de música clásica da especialidade de música.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220705/AnuncioG0657-200622-0001_gl.pdf

  • AXENCIA TURISMO DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA INVESTIMENTOS EN EQUIPAMENTOS POSCOVID DOS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS FINANCIADOS AO 100% CON FONDOS EUROPEOS

    AXENCIA TURISMO DE GALICIA

    RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para investimentos en equipamentos poscovid dos establecementos hostaleiros financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TU503E).

    As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hostaleiros inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en adiante, REAT) mediante a realización de investimentos en equipamentos poscovid.

    Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2022. En ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pagamento anteriores ao 1 de xaneiro de 2022.

    Considéranse gastos subvencionables aqueles nos que incorrese a entidade solicitante ata o 31 de outubro de 2022 con respecto aos conceptos seguintes:

    • Sistemas domóticos, control de distancias, optimización de procesos, portas e consignas automáticas, controis de acceso, renovación de aire, sistemas de climatización e softwares de control asociados.

    • Sistemas de check-in automáticos.

    • Carteleira, rotulación, sinalización e actuacións vinculadas con ela.

    • Equipamento, directo ou indirecto, que poida servir de apoio ou difusión no control da pandemia (medidores de CO2 , ionizadores, dispensadores, etc.).

    • Reformas orientadas á creación de espazos que suxiran maior amplitude (cores claras, incorporación de espellos, etc.).

    • Envoltorios e material dun só uso.

    O total de gastos destinados a este concepto non poderá superar o 10 % dos gastos totais subvencionables.

    • Procesos de desinfección e desinfección recorrente realizados por empresas externas con motivo da COVID, que non teñan a consideración de gastos de limpeza ordinaria.

    • Novo equipamento de hixienizado e lavado.

    • Novo equipamento para novos produtos, presentacións ou métodos de conservación.

    • Equipamento multiservizo.

    O importe máximo de subvención será do 90 % do investimento, cun máximo de 50.000 euros por beneficiario.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220701/AnuncioG0256-270622-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA O SECTOR EDITORIAL GALEGO, RELATIVAS A GASTOS DE EDICIÓN, DISTRIBUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DAS PUBLICACIÓNS EDITORIAIS

    CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

    ORDE do 16 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2022, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT238A)

    Entidades beneficiarias

    1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde aquelas persoas físicas ou xurídicas a que se refire o artigo 1 da presente orde.

    2. Non poden beneficiarse das axudas recollidas nesta orde aqueles solicitantes que se atopen nos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Libros obxecto de subvención e contía das axudas

    1. A dotación total da subvención distribuirase entre os libros que cumpran os requisitos que establece esta orde. 2. Os libros obxecto de subvención deberán reunir as seguintes características:

    a) Estaren editados en Galicia e cuxa produción sexa comercializada a través de librarías ou doutras plataformas de distribución, física ou dixital.

    b) A edición, a distribución e a comercialización das obras deberase realizar entre o 1.9.2021 e o 30.9.2022, ambos incluídos.

    c) Teren unha tiraxe mínima de 500 exemplares, agás as obras de poesía, teatro e ensaio, que poderán ter un mínimo de 250 exemplares por tiraxe.

    d) Teren un plan de distribución e comercialización en España e/ou fóra de España.

    e) Seren unha primeira edición dunha obra inédita ou ben dunha obra cuxa última edición, na lingua que se propón publicar, teña unha antigüidade de máis de 15 anos.

    f) Posuíren un mínimo de 60 páxinas por exemplar, excepto os libros infantís, de teatro e de poesía.

    g) Calquera outro tipo de publicación en que concorran as características establecidas na convocatoria de subvencións regulada por estas bases. Unha obra que estea editada en varias encadernacións (rústica, cartoné, etc.) só poderá presentarse nunha delas. 3. O importe máximo adxudicado a cada editorial non pode superar os 30.000,00 €.

    O importe final adxudicado a cada entidade determinarase en función do investimento presentado e de acordo coas seguintes porcentaxes:

    – Ata 6.500,00 € de investimento por obra: En galego: ata un máximo do 80 %. Noutra lingua: ata un máximo do 60 %.

    – De 6.501,00 € en diante de investimento por obra: En galego: ata un máximo do 90 %. Noutra lingua: ata un máximo do 70 %. 5. Cada editorial poderá solicitar axuda para un máximo de 20 libros.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220701/AnuncioG0655-170622-0001_gl.pdf

  • CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA A PARTICIPACIÓN DE PERSOAS ESCRITORAS, ILUSTRADORAS E TRADUTORAS NAS ACTIVIDADES QUE SE CELEBREN NO SECTOR DO LIBRO

    Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

    ORDE do 9 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras e tradutoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT221A).

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que establecen o procedemento de concesión de subvencións a persoas físicas escritoras, ilustradoras e tradutoras que desenvolvan o seu traballo no sector do libro e no ámbito da Comunidade Autónoma galega facilitando a súa participación en actividades do dito sector que se celebren no ano 2022. Código do procedemento CT221A.

    Serán obxecto de subvención os gastos de viaxe referidos ao aloxamento e transporte que permitan a asistencia fóra de Galicia ás seguintes actividades realizadas no sector do libro: feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros e estadías creativas.

    Fináncianse os gastos realizados que respondan de xeito directo e indubidable á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para a súa realización.

    Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as persoas físicas, sexan autónomos ou non, escritoras, ilustradoras e tradutoras que acrediten esta condición e desenvolvan o seu traballo no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega, que cumpran, ademais, todos os seguintes requisitos debidamente acreditados:

    a) Terse inscrito, asistido e participado nunha actividade subvencionable realizada no sector do libro e fóra de Galicia, no prazo establecido na presente convocatoria.

    b) Que acrediten o desenvolvemento do seu traballo no sector do libro no ámbito da Comunidade Autónoma galega.

    c) Ter publicado obra en Galicia como persoa escritora, ilustradora ou tradutora, para a cal se solicita a subvención, nos tres anos anteriores á publicación da presente orde.

    O financiamento dos gastos da viaxe son os referidos ao aloxamento e transporte e terán o seguinte importe por ámbito xeográfico de destino, sempre que se xustifique:

    – España, agás a Comunidade Autónoma galega: 400 €.

    – Resto da Unión Europea: 700 €.

    – Fóra da Unión Europea: 1.500 €.

    Son subvencionables os gastos realizados que respondan de xeito directo e indubidable á natureza da actividade subvencionable, resulten estritamente necesarios, se realicen no prazo establecido na presente orde e estean facturados e pagados entre o 1 de xaneiro e o 12 de decembro de 2022 (incluído), sempre que exista crédito suficiente para o seu financiamento.

    Serán obxecto de subvención os gastos de viaxe referidos ao aloxamento e transporte que permitan a asistencia a unha única actividade das celebradas no sector do libro establecidas no artigo 1 desta orde. Para o establecemento da contía que se pode percibir en concepto de gasto de viaxe valorarase, exclusivamente, a xustificación documental dos gastos de aloxamento e transporte.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220630/AnuncioG0655-160622-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA O APOIO Á CONSOLIDACIÓN DAS ENTIDADES DE ECONOMÍA SOCIAL DE GALICIA, BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL

    Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

    ORDE do 13 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o apoio á consolidación das entidades da economía social de Galicia Bono consolida economía social, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2022 (código de procedemento TR802L).

    Este programa ten como finalidade apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética, contribuíndo ao impulso da súa actividade económica, incrementando a súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade.

    Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde as seguintes entidades, de entre as previstas no artigo 6 Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia: sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego.

    Estas entidades deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Figurar inscritas como tales nos correspondentes rexistros administrativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

    b) Ter presentado as contas anuais do último ano no Rexistro Mercantil, no Rexistro de Cooperativas ou no Rexistro de Fundacións, segundo corresponda á súa forma xurídica. No caso de centros especiais de emprego que teñan forma xurídica de asociación, deberán ter aprobado o balance e a conta de resultados pola súa asemblea xeral.

    c) Acreditar unha antigüidade de 42 meses na data de solicitude.

    d) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

    e) Estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social para obter subvencións.

    f) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

    Conceptos subvencionables

    1. Equipamento informático.

    2. Adquisición e desenvolvemento de software e páxinas web.

    3. Márketing, comunicación ou relanzamento comercial.

    4. Mellora na eficiencia enerxética.

    5. Adquisición de equipamento.

    6. Reforma do local de negocio.

    7. Mobiliario.

    8. Obtención de certificacións de calidade.

    9. Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa da entidade.

    10. Plan de protección de datos

    A contía da axuda será equivalente ao 80 % do custo total dos gastos subvencionables, cos límites seguintes: 3.000 € para cada un dos gastos incluídos nos conceptos 3, 8, 9 e 10 do artigo 6. O límite máximo das axudas establécese en 20.000 € por cada entidade solicitante.

    No caso de que se solicite unha contía superior, concederase de acordo coa orde de prelación establecida no artigo 6 desta orde.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2022, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220629/AnuncioG0656-150622-0003_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE AXUDAS A ENTIDADES PRIVADAS PARA O FOMENTO DA GRATUIDADE DA ATENCIÓN EDUCATIVA DOS/AS NENOS/AS EN ESCOLAS INFANTÍS DE 0-3 ANOS

    Consellería de Política Social e Xuventude

    ORDE do 20 de xuño de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa dos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en escolas infantís 0-3 para o curso 2022/23 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS420C).

    Esta orde ten por obxecto convocar, en réxime de concorrencia non competitiva, o procedemento de concesión de axudas económicas a entidades privadas para promover a aplicación nas escolas infantís 0-3 anos da súa titularidade dunha bonificación do 100 % do prezo correspondente á atención educativa prestada aos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023 (código de procedemento BS420C).

    Así mesmo, serán destinatarias da concesión de axudas económicas as entidades privadas xestoras destes recursos que acrediten a aplicación dunha bonificación do 100 % do prezo correspondente á atención educativa prestada desde o inicio do dito curso.

    Para os efectos desta orde, entenderase por atención educativa o conxunto de atencións e coidados profesionais de carácter integral, prestados baixo unha perspectiva educativa, aos nenos e ás nenas durante a súa estancia nunha escola infantil, segundo a modalidade de xornada pola que opten. A opción elixida implica a asistencia regular e continuada á escola infantil durante un máximo de 8 e un mínimo de 3 horas diarias, respectivamente.

    Exceptúanse da actuación subvencionable o custo do servizo de comedor e as actividades extra á atención educativa que supoñan un custo adicional cuantificable para a escola infantil.

    Poderán optar a estas axudas as entidades privadas que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, non accedan á bonificación a través doutras liñas de axuda da Consellería de Política Social e Xuventude, apliquen a gratuidade da atención educativa nas escolas infantís 0-3 e cumpran os seguintes requisitos:

    a) Estaren debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social e Xuventude, de acordo co disposto no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

    b) Que a escola infantil 0-3 pola que solicita as axudas dispoña do permiso de inicio de actividades para a prestación do servizo de escola infantil outorgado pola Consellería de Política Social e Xuventude.

    c) Que a escola infantil 0-3 pola que solicita as axudas dispoña da documentación que acredita que os nenos e nenas que asisten a ela seguen o calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación.

    d) Que a escola infantil 0-3 pola que solicita as axudas teña as súas tarifas desagregadas por tipo de gasto e actualizadas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social e Xuventude.

    Tipos de axuda e contía

    1. A convocatoria comprende unha liña de axudas destinada a compensar a aplicación da bonificación do 100 % do prezo da atención educativa na contía do prezo mensual que lle corresponda aboar á familia, segundo as tarifas establecidas polas horas de asistencia do neno ou nena, ata un máximo de 306 euros/mes por praza a xornada completa, excluído o mes de vacacións do neno ou nena.

    2. As axudas calcularanse en función das tarifas da escola infantil no curso 2022/23, as cales poderán incrementarse, respecto das do curso anterior, ata un 10 % sen superar o tope de 306 euros por atención educativa no cal está incluída a parte proporcional da matrícula. O cálculo deste importe obterase multiplicando 11 mensualidades, como máximo, polo nº de prazas que se fagan constar na solicitude sen que, en ningún caso, estas poidan superar as prazas que consten autorizadas no permiso de inicio de actividades da escola infantil 0-3 e polas tarifas correspondentes.

    3. Para os efectos do previsto nos números anteriores, durante todo o período subvencionable a entidade entregará ás familias os xustificantes mensuais de pagamento en que consten o número de horas ao día de asistencia e o importe que lles correspondería aboar coa lenda prezo bonificado 100 % pola Xunta de Galicia. Nos supostos en que as axudas non acaden o 100 % do custo da atención educativa, será por conta das entidades beneficiarias a contía da bonificación no que exceda a contía da subvención outorgada pola Administración autonómica.

    4. As entidades beneficiarias destas axudas poderán cobrar ás familias ata 100 € en concepto de reserva de praza. Unha vez realizada a inscrición e constatada a asistencia á escola infantil, o pagamento efectuado será compensado con outros servizos distintos da atención educativa que preste o centro.

    5. A inasistencia á escola infantil 0-3 durante un período de 15 días sen xustificar dará lugar á baixa do alumno/a no programa da gratuidade.

    O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. No caso de escolas infantís que obteñan o permiso de inicio de actividades con posterioridade á publicación desta convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir da data de notificación do dito permiso e, en todo caso, finalizará o 30 de novembro de 2022.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220622/AnuncioG0657-170622-0001_gl.pdf

  • CONVOCADO O CERTAME NACIONAL DE XÓVENES EMPRENDEDORES 2022

    O Injuve convoca o Certame Nacional de Mozos Emprendedores 2022 para apoiar a mozos/as que lideran proxectos innovadores, para empresas xa constituídas, cunha antigüidade máxima de tres anos e mínima dun, con independencia do sector no que se promovan.