Sección: Outras axudas e subvencións

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA DE AXUDAS ÁS ACTUACIÓNS DE MELLORA DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS (PLAN DE RECUPERACIÓN FONDOS NEXTGENERATION)

    Instituto Galego da Vivenda e Solo

    RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406E).

    Actuacións subvencionables

    1. De conformidade co establecido no artigo 43 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, son actuacións subvencionables aquelas que se realicen en vivendas, xa sexan unifamiliares ou pertencentes a edificios plurifamiliares, que constitúan o domicilio habitual e permanente das persoas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias no momento de solicitar a axuda, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

    a) Conseguir unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de, polo menos, o 7 %; ou unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable de, polo menos, un 30 %; ou, no caso de actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica, adecuar as súas características aos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda, establecidos nas táboas 3.1.1.a-HE1 e 3.1.3.a-HE1, do documento básico DB HE de aforro de enerxía do Código técnico da edificación.

    b) Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación e contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que estas as requiran.

    2. Non serán subvencionables as actuacións de investimento en xeradores térmicos que utilicen combustible de orixe fósil.

    3. As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020, nin estar finalizadas no momento da presentación da correspondente solicitude.

    O prazo para executar as obras para a mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade nas vivendas que se acollan ás axudas deste programa non poderá exceder de doce meses, contados desde a data de notificación da resolución de concesión da axuda.

    O importe da subvención será do 40 % do custo da actuación, cun límite de 3.000 euros.

    O custo mínimo da actuación terá que ser igual ou superior a 1.000 euros por vivenda.

    As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 14 de outubro de 2022.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220303/AnuncioC3Q2-180222-0002_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA DE ADQUISICIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS EN MATERIA DE INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL

    Instituto Galego de Promoción Económica

    RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2022 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG414A).

    O obxecto destas bases é a convocatoria de 37 prazas, 25 para estranxeiro e 12 para Galicia, para a capacitación de profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.

    O importe máximo de subvención por bolseiro/a é de 46.500 € por un período de 11 meses ou a súa parte proporcional en función do período da bolsa. As dotacións variarán segundo o destino e o número de meses de estancia en Galicia e no estranxeiro. Desta subvención detraeranse a correspondente retención fiscal e a cota por cotización á Seguridade Social aplicables segundo a lexislación vixente.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220610/AnuncioO92-310522-0001_gl.pdf

  • MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN CONVOCA AXUDAS PARA COMPENSAR AS DIFICULTADES ECONÓMICAS DERIVADAS DO CONFLICTO BÉLICO EN UCRANIA EN DETERMINADOS SECTORES AGRARIOS

    MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN

    Real Decreto 428/2022, do 7 de xuño, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión directa dunha axuda excepcional de adaptación para compensar as dificultades económicas derivadas do conflito bélico en Ucraína en determinados sectores agrarios.

    A contía máxima a conceder nesta axuda será de 193.470.759 euros, conforme ao artigo 11, e articularase nas seguintes liñas de axuda por sector produtor:

  • CONSELLERIA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS PARA O PAGAMENTO DA COMISIÓN DE APERTURA DESTINADAS ÁS PERSOAS BENEFICIARIAS DOS PRÉSTAMOS PARA O ADIANTO DAS AXUDAS DIRECTAS DA PAC ASÍ COMO AS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL

    Consellería do Medio Rural

    ORDE do 25 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para o pagamento da comisión de apertura destinadas ás persoas beneficiarias dos préstamos para o adianto das axudas directas da política agrícola común, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control da campaña 2022 (código de procedemento MR242A).

    Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, que cumpran todos os requisitos que se indican a seguir:

    a) As persoas agricultoras e gandeiras solicitantes das axudas correspondentes á política agrícola común (PAC), que presenten ou presentasen a súa solicitude consonte o previsto na Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

    b) Que subscriban ou subscribisen un préstamo persoal do anticipo da PAC 2022 con algunha das entidades financeiras que se relacionan no anexo IV, asinantes do convenio entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, e diversas entidades financeiras para formalizar préstamos preferentes para o anticipo das axudas directas, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control correspondentes á PAC, relativas á Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control

    A contía da axuda será do 2 % do importe do préstamo concertado entre a persoa solicitante da PAC e as entidades financeiras para o adianto de ata o 100 % dos importes das axudas directas, así como das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control. Esta contía calcularase tomando como referencia o importe pagado a cada persoa solicitante na campaña anterior. No caso daqueles préstamos xa asignados previamente á sinatura do convenio, a axuda cubrirá todos os gastos financeiros desde a sinatura do préstamo ata o 15 de setembro. Esta axuda estará limitada a un máximo do 2 % do importe do préstamo.

    As entidades colaboradoras deberán comunicar, antes do 15 de setembro de 2022, a acreditación da formalización do préstamo do adianto da PAC 2022, segundo o modelo que figura no anexo I da orde, xunto coa documentación complementaria indicada no artigo 6.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220608/AnuncioG0426-250522-0002_gl.pdf

  • O GOBERNO CONVOCA AXUDAS PARA IMPULSAR A TRANSFORMACIÓN DIXITAL DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS DO SECTOR AGROALIMENTARIO E DO MEDIO RURAL (FONDOS EUROPEOS DE RECUPERACIÓN)

    AGROINNPULSO

    Esta liña está orientada a apoiar proxectos empresariais de base tecnolóxica, a través do financiamento, co obxectivo de estimular e impulsar a transformación dixital das pequenas e medianas empresas do sector agroalimentario e do medio rural.

    Beneficiarios/as

  • MINISTERIO DE INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO CONVOCA AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN DAS EMPRESAS DO SECTOR TURÍSTICO

    As empresas do sector turístico poderán concorrer en modalidade de agrupación e con polo menos un socio tecnolóxico ás subvencións, que oscilarán entre os 300.000 e os 5.000.000 euros.

  • CONVOCAN AXUDAS ÁS SALAS PRIVADAS DE MÚSICA EN VIVO E ESPECTÁCULOS MUSICAIS (FONDOS FEDER 100%)

    Axencia Galega das Industrias Culturais

    RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical na Rede galega de música ao vivo en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 21- 22, ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT302D).

    Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas ou agrupacións de entidades privadas con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao espazo económico europeo, propietarios, ou posuidores de calquera título válido en dereito, de espazos de exhibición musical privados, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente, coa correspondente licenza ou permiso municipal, para organizar espectáculos musicais en directo con público, sempre que cumpran os requisitos establecidos nas bases reguladoras.

    O prazo para a presentación das solicitudes será de tres meses desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220603/AnuncioG1097-200522-0002_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA PON EN MARCHA O PROGRAMA TALENTO 30: PARA PROMOVER A PRÁCTICA PROFESIONAL E A FORMACIÓN EN COMPETENCIAS BRANDAS DAS PERSOAS MOZAS MENORES DE 30 ANOS MEDIANTE CONTRATOS FORMATIVOS

    Consellería de Emprego e Igualdade

    ORDE do 1 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para promover a práctica profesional e a formación en competencias brandas das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos, programa Talento 30 (código de procedemento TR353C).

    Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se rexerá, en réxime de concorrencia non competitiva e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade para facilitar un período de práctica profesional acompañada dun proceso de formación para o emprego ás persoas menores de 30 anos (código de procedemento TR353C), facilitando así a inserción laboral das persoas mozas en Galicia, e dotándoas de competencias para o emprego que as acompañen durante a súa vida laboral, coa finalidade última de promover a súa empregabilidade e a retención do talento mozo na nosa Comunidade Autónoma.

    Por medio desta convocatoria, as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación de menores de 30 anos a través das seguintes liñas:

    a) Liña 1: programa Talento 30 en prácticas, mediante contratos para a obtención de práctica profesional, subscritos con persoas traballadoras menores de 30 anos que esteanen posesión de título universitario (grao, máster ou doutoramento), ou título de grao medio ou superior, especialista, máster profesional ou certificado do sistema de formación profesional, consonte o establecido na Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional; así como daquelas persoas que posúan un título equivalente de ensinanzas artísticas ou deportivas do sistema educativo, que habiliten ou capaciten para o exercicio da actividade laboral, segundo o establecido no artigo 11 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, para esta tipoloxía de contratos.

    b) Liña 2: programa Talento 30 formación en alternancia, mediante contratos de formación en alternancia que se realicen con persoas traballadoras menores de 30 anos, e que poderán celebrarse con persoas que carezan da cualificación profesional recoñecida polas titulacións ou certificados requiridos para concertar un contrato formativo para a obtención de práctica profesional regulada no punto 2.a). Sen prexuízo do anterior, poderanse realizar contratos vinculados a estudos de formación profesional con persoas que posúan outra titulación sempre que non tivese outro contrato formativo previo nunha formación do mesmo nivel formativo e do mesmo sector produtivo, segundo o establecido no artigo 11 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, para esta tipoloxía de contratos.

    Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

    Establécense as seguintes liñas de axuda:

    – Liña 1. Programa Talento 30 en prácticas. Programa de incentivos á contratación para a obtención da práctica profesional axeitada ao nivel de estudos das persoas menores de 30 anos.

    – Liña 2. Programa Talento 30 formación en alternancia. Programa de incentivos para contratos de formación en alternancia de persoas menores de 30 anos sen cualificación profesional.

    A contía máxima da subvención que se concederá con carácter xeral será de:

    – 20.225 € para as persoas mozas contratadas nos grupos de cotización 1 e 2: 16.625 € en concepto de incentivo á contratación e 3.600 € que se destinarán á impartición dun programa de formación en competencias brandas cunha duración de 80 horas.

    – 16.900 € para as persoas mozas contratadas nos grupos de cotización 3 a 7: 13.300 € en concepto de incentivo á contratación e 3.600 € que se destinarán á impartición dun programa de formación en competencias brandas cunha duración de 80 horas.

    – 13.575 € para as persoas mozas contratadas no grupos de cotización 8 a 11: 9.975 € en concepto de incentivo á contratación e 3.600 € que se destinarán á impartición dun programa de formación en competencias brandas cunha duración de 80 horas.

    As persoas mozas serán contratadas a tempo completo durante un período mínimo de 12 meses. A contía da subvención toma como referencia os custos de contratación totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social.

    O salario que percibirán as persoas mozas contratadas será aquel que corresponda legal ou convencionalmente e será acorde coa súa categoría profesional e titulación requirida para o posto subvencionado.

    O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria estará aberto a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde ata o día 30 de setembro de 2022, ou ata esgotamento do crédito.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220420/AnuncioG0599-060422-0004_gl.pdf

  • INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO CONVOCA A PROGRAMA DE AXUDAS Á ELABORACIÓN DO LIBRO DE EDIFICIO EXISTENTE PARA A REHABILITACIÓN E A REDACCIÓN DE PROXECTOS DE REHABILITACIÓN DO PLAN DE RECUPERACIÓN (FONDOS EUROPEOS)

    Instituto Galego da Vivenda e Solo

    RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G)

    Constitúen actuacións subvencionables as seguintes:

    a) A emisión do libro do edificio existente para a rehabilitación (liña A).

    b) A redacción de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios (liña B)

    As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020.

    Os edificios obxecto das actuacións subvencionables a través deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Estar rematados antes do ano 2000.

    b) Que polo menos o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.

    Os dous requisitos antes citados poderanse acreditar mediante escritura, nota simple rexistral ou consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais.

    A contía máxima da subvención para o libro do edificio existente para a rehabilitación será a obtida da seguinte forma:

    a) No caso de vivendas unifamiliares e edificios plurifamiliares de ata 20 vivendas: 700 euros, máis unha cantidade de 60 euros por vivenda.

    b) No caso de edificios plurifamiliares de máis de 20 vivendas: 1.100 euros, máis unha cantidade de 40 euros por vivenda, cunha contía máxima de subvención de 3.500 euros.

    Se non se dispón do informe de avaliación do edificio ou documento análogo, a axuda poderá incrementarse ata nun 50 %.

    No suposto de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios a contía máxima da subvención será a obtida da seguinte forma:

    a) No caso de vivendas unifamiliares e edificios plurifamiliares de ata 20 vivendas: 4.000 euros, máis unha cantidade de 700 euros por vivenda.

    b) No caso de edificios plurifamiliares de máis de 20 vivendas: 12.000 euros, máis unha cantidade de 300 euros por vivenda, cunha contía máxima de subvención de 30.000 euros. 

    O custo destas actuacións correspóndese co campo de intervención 025bis «Renovación da eficiencia enerxética dos inmobles existentes, proxectos de demostración e medidas de apoio» do anexo VI do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello do 12 de febreiro de 2021.

    A contía da axuda non poderá superar en ningún caso o custo total, excluídos os impostos. Non obstante, o imposto sobre o valor engadido poderá ser considerado elixible, sempre e cando non poida ser susceptible de recuperación ou compensación total ou parcial.

    Ao abeiro do artigo 51 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, poderán ser beneficiarias destas axudas:

    a) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, ben sexan persoas físicas ou ben teñan personalidade xurídica de natureza privada.

    b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

    c) As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.

    d) As sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil, así como polas persoas propietarias que conforman comunidades de propietarios ou agrupacións de comunidades de propietarios constituídos conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

    Axente ou xestor da rehabilitación

    1. As persoas ou entidades beneficiarias das axudas poderán facultar e autorizar, mediante o correspondente acordo, que un axente ou xestor da rehabilitación actúe por conta daquelas.

    2. O axente ou xestor da rehabilitación é aquela persoa física ou xurídica, ou entidade pública ou privada que poida realizar actuacións de impulso, seguimento, xestión e percepción de axudas públicas, mediante mecanismos de cesión do dereito de cobramento ou similares, acceso ao financiamento, elaboración de documentación ou proxectos técnicos ou outras actuacións necesarias para o desenvolvemento das actuacións subvencionables, ao abeiro do artigo 8 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro.

    3. A participación do axente ou xestor da rehabilitación non exime a persoa beneficiaria de cumprir as obrigas que lle incumben, sen prexuízo da responsabilidade que, ademais, poida exixirse ao dito axente ou xestor.

    As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 30 de novembro de 2022, agás que, con anterioridade, se tivese esgotado o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220516/AnuncioC3Q2-060522-0001_gl.pdf

    O CONCELLO DA ESTRADA DESPOIS DE REALIZAR UN ANUNCIO DIRIXIDO AOS DIFERENTES DESPACHOS DE ARQUITECTURA E APARELLORES/AS DA ESTRADA, ELABORAMOS UNHA LISTAXE COAS DIFERENTES EMPRESAS SUSCEPTIBLES DE REALIZAR TODOS OS TRÁMITES TÉCNICOS PARA A XESTIÓN DESTAS AXUDAS

    Podes consultalo na seguinte ligazón: LISTAXE PERSOAL TÉCNICO PARA ELABORACIÓN DE DOCUMENTACIÓN REHABILITACIÓN VIVENDAS

    *Nota importante: o Concello da Estrada facilita esta listaxe con efectos meramente informativos, non tendo ningún tipo de vinculación coas empresas que se inscribiron para ofertar este servizo. 

    Máis información no teléfono: 881 045 897

    http://www.emprego.aestrada.gal/index.php/categorias/4327-a-xunta-de-galicia-pon-en-marcha-a-oficina-de-rehabilitacion-da-vivenda-punto-informativo-para-dar-a-conecer-todas-as-axudas-con-fondos-europeos-en-materia-residencial

  • INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO CONVOCA AS AXUDAS Á REHABILITACIÓN DE VIVENDAS (FONDOS EUROPEOS DE RECUPERACIÓN)

    Instituto Galego da Vivenda e Solo

    RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G).

    No Boletín Oficial del Estado núm. 239, do 6 de outubro de 2021, publicouse o Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

    Esta resolución ten por obxecto convocar o Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio, previsto no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (Boletín Oficial del Estado núm. 239, do 6 de outubro) coa finalidade de financiar obras ou actuacións en que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética, con especial atención á envolvente edificatoria nos edificios de tipoloxía residencial colectiva, incluíndo as súas vivendas, e nas vivendas unifamiliares, para a anualidade 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406F).

    Actuacións subvencionables

    De conformidade co establecido no artigo 33 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, son actuacións subvencionables as de mellora ou rehabilitación que se realicen en vivendas unifamiliares ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva, incluíndo as súas vivendas. Neste último caso exixirase que, polo menos, o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.

    As ditas actuacións deben cumprir os seguintes requisitos:

    a) Conseguir unha redución de, polo menos, un 30 % no indicador de consumo de enerxía primaria non renovable, referida á certificación enerxética, e, ademais, unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración da vivenda unifamiliar ou do edificio de, polo menos, un 35 % se están situados en zonas climáticas D e E ou dun 25 % se están situados en zona climática C.

    b) Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que estas as requiran

    As actuacións para as que se solicite financiamento deste programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Dispoñer de proxecto das actuacións que se van realizar. Para o caso de que as actuacións non exixan proxecto, será necesario xustificar nunha memoria subscrita por técnico/a competente a adecuación da actuación ao Código técnico da edificación e demais normativa de aplicación. En ambos os casos, deberá incluírse o libro do edificio existente para a rehabilitación ou, na súa falta, un estudo sobre o potencial de mellora do edificio en relación cos requisitos básicos definidos na Lei da ordenación da edificación e un Plan de actuacións no que se identifique a actuación proposta. O proxecto incluirá un estudo de xestión de residuos de construción e demolición que se desenvolverá posteriormente no correspondente plan de xestión de residuos de construción e demolición, consonte o establecido no Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición, onde se cumprirán as seguintes condicións: 1º. Polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos (excluíndo o material natural mencionado na categoría 17 05 04 na Lista europea de residuos establecida pola Decisión 2000/532/EC) xerados no sitio de construción prepararase para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación doutros materiais, incluídas as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais, de acordo coa xerarquía de residuos e o Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE. 2º. Os operadores deberán limitar a xeración de residuos nos procesos relacionados coa construción e demolición, de conformidade co Protocolo de xestión de residuos de construción e demolición da UE e tendo en conta as melloras técnicas dispoñibles e utilizando a demolición selectiva para permitir a eliminación e manipulación segura de substancias perigosas e facilitar a reutilización e reciclaxe de alta calidade mediante a eliminación selectiva de materiais, utilizando os sistemas de clasificación dispoñibles para residuos de construción e demolición. Así mesmo, establecerase que a demolición se leve a cabo preferiblemente de forma selectiva e a clasificación realizarase de forma preferente no lugar de xeración dos residuos.

    b) Os deseños dos edificios e as técnicas de construción apoiarán a circularidade e, en particular, demostrarán, con referencia á ISO 20887 ou outras normas para avaliar a capacidade de desmontaxe ou adaptabilidade dos edificios, como están deseñados para ser máis eficientes no uso de recursos, adaptables, flexibles e desmontables para permitir a reutilización e reciclaxe. c) Retirar do edificio ou ámbito de actuación aqueles produtos de construción que conteñan amianto. A retirada deberá realizarse conforme o establecido no Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto, por unha empresa legalmente autorizada. A xestión dos residuos orixinados no proceso deberá realizarse conforme o establecido no Real decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición.

    Non serán subvencionables as actuacións de investimento en xeradores térmicos que utilicen combustible de orixe fósil. 

    As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020, nin estar finalizadas no momento da presentación da solicitude.

    O prazo para executar as obras para a mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade nos edificios que se acollan ás axudas deste programa non poderá exceder os vinte e seis meses, contados desde a data de concesión da axuda. O dito prazo poderase ampliar, excepcionalmente, ata vinte e oito meses cando se trate de edificios ou actuacións que afecten 40 ou máis vivendas.

    Persoas e entidades beneficiarias

     Ao abeiro do artigo 31 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, poderán ser beneficiarias das axudas:

    a) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, así como das súas vivendas, ben sexan persoas físicas ou ben persoas xurídica de natureza privada.

    b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal.

    c) As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non tivesen outorgado o título constitutivo de propiedade horizontal, así como as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actuacións que motiva a concesión da subvención.

    d) As sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil, así como polas persoas propietarias que conforman comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal, e por cooperativas en réxime de cesión de uso das súas vivendas.

    e) As empresas arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas que acrediten a dita condición, mediante contrato vixente, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa.

    Axente ou xestor da rehabilitación

    De conformidade co disposto no artigo 8 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, entenderase por axente ou xestor da rehabilitación a persoa física ou xurídica, ou entidade pública ou privada que poida realizar as actuacións de impulso, seguimento, xestión e percepción de axudas públicas, mediante mecanismos de cesión do dereito de cobramento ou similares, acceso ao financiamento, elaboración de documentación ou proxectos técnicos ou outras actuacións necesarias para o desenvolvemento das actuacións de rehabilitación que poidan ser obxecto do financiamento a través do programa recollido nesta resolución. 

    A actuación dos axentes ou xestores da rehabilitación exixirá que acheguen un documento que acredite o acordo coa propiedade, comunidade de persoas propietarias ou agrupación de comunidade de persoas propietarias, que os faculte e autorice a actuar como tales. 

    A participación do axente ou xestor da rehabilitación non exime a persoa ou entidade beneficiaria de cumprir todas as obrigas que lle incumben, sen prexuízo da responsabilidade que, ademais, poida exixirse ao dito axente ou xestor.

    O CONCELLO DA ESTRADA DESPOIS DE REALIZAR UN ANUNCIO DIRIXIDO AOS DIFERENTES DESPACHOS DE ARQUITECTURA E APARELLORES/AS DA ESTRADA, ELABORAMOS UNHA LISTAXE COAS DIFERENTES EMPRESAS SUSCEPTIBLES DE REALIZAR TODOS OS TRÁMITES TÉCNICOS PARA A XESTIÓN DESTAS AXUDAS: 

    LISTAXE PERSOAL TÉCNICO PARA ELABORACIÓN DE DOCUMENTACIÓN REHABILITACIÓN VIVENDAS

    Podes consultalo na seguinte ligazón:

    *Nota importante: o Concello da Estrada facilita esta listaxe con efectos meramente informativos, non tendo ningún tipo de vinculación coas empresas que se inscribiron para ofertar este servizo. 

    As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 30 de novembro de 2022, agás que, con anterioridade, se tivese esgotado o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220516/AnuncioC3Q2-060522-0003_gl.pdf

    Máis información no teléfono: 881 045 897

    http://www.emprego.aestrada.gal/index.php/categorias/4327-a-xunta-de-galicia-pon-en-marcha-a-oficina-de-rehabilitacion-da-vivenda-punto-informativo-para-dar-a-conecer-todas-as-axudas-con-fondos-europeos-en-materia-residencial