Sección: Outras axudas e subvencións

  • CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O SECTOR EDITORIAL GALEGO, RELATIVAS A GASTOS DE EDICIÓN, DISTRIBUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DAS PUBLICACIÓNS EDITORIAIS NO ANO 2021

    Consellería de Cultura, Educación e Universidade
    ORDE do 22 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT238A).

    As axudas van dirixidas a apoiar o sector editorial galego, no que se refire aos gastos derivados da edición (produción), distribución e comercialización das súas publicacións, nos idiomas cooficiais en Galicia ou noutros idiomas, editadas e distribuídas entre o 1.9.2020 e o 30.9.2021.

    Para os efectos da presente orde considéranse gastos de edición os de autoría, corrección, revisión, maquetación, custos de preimpresión e de impresión, dixitalización, ou calquera outro gasto de similar natureza.

    Distribución: transporte e calquera actuación que permita a chegada da obra ás canles de difusión, sexan físicas ou dixitais.

    Comercialización: campañas de márketing e/ou publicidade en diferentes medios ou canles.

    Ao menos a maquetación, impresión e distribución deberá estar realizada no período indicado no parágrafo segundo deste artigo.

    Entidades beneficiarias
    a) Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde aquelas persoas físicas ou xurídicas a que se refire o artigo 1 da presente orde.
    b) Non poden beneficiarse das axudas recollidas nesta orde aqueles solicitantes que se atopen nos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Os libros obxecto de subvención deberán reunir as seguintes características:
    a) Estaren editados en Galicia e cuxa produción sexa comercializada a través de librarías ou doutras plataformas de distribución, física ou dixital.
    b) A edición, distribución e comercialización das obras deberase realizar entre o 1.9.2020 e o 30.9.2021, ambos incluídos.
    c) Teren unha tiraxe mínima de 500 exemplares, agás as obras de poesía, teatro e ensaio, que poderán ter un mínimo de 250 exemplares por tiraxe.
    d) Teren un plan de distribución e comercialización en España e/ou fóra de España.
    e) Seren unha primeira edición dunha obra inédita, ou ben dunha obra cuxa última edición, na lingua que se propón publicar, teña unha antigüidade de máis de 15 anos.
    f) Posuíren un mínimo de 60 páxinas por exemplar, excepto os libros infantís, de teatro e de poesía.
    g) Calquera outro tipo de publicación en que concorran as características establecidas na convocatoria de subvencións regulada por estas bases.

    O importe final adxudicado a cada entidade determinarase en función do investimento presentado e de acordo coas seguintes porcentaxes:
    – Ata 6.500 € de investimento por obra: En galego: ata un máximo do 80 %.
    Noutra lingua: ata un máximo do 60 %.
    – De 6.501 € en diante de investimento por obra: En galego: ata un máximo do 90 %.
    Noutra lingua: ata un máximo do 70 %.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210701/AnuncioG0598-230621-0002_gl.pdf

  • CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA A PARTICIPACIÓN DE PERSOAS ESCRITORAS, ILUSTRADORAS E TRADUTORAS NAS ACTIVIDADES QUE SE REALICEN NO SECTOR DO LIBRO

    Consellería de Cultura, Educación e Universidade
    ORDE do 10 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras,
    ilustradoras e tradutoras nas actividades que se realicen no sector do libro no 2021, e se procede á súa convocatoria para este ano (código de procedemento CT221A).

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que establecen o procedemento de concesión de subvencións a persoas físicas escritoras, ilustradoras e tradutoras que desenvolvan o seu traballo no sector do libro e no ámbito da Comunidade Autónoma galega facilitando a súa participación en actividades de tal sector que se realicen no ano 2021. Código do procedemento CT221A.

    Serán obxecto de subvención os gastos de viaxe referidos ao aloxamento e transporte que permitan a asistencia fóra de Galicia ás seguintes actividades realizadas no sector do libro: feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros e estadías creativas.

    Fináncianse os gastos realizados que respondan de xeito directo e indubidable á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para a súa realización.

    O financiamento dos gastos da viaxe é o referido ao aloxamento e transporte e terá o seguinte importe por ámbito xeográfico de destino, sempre que se xustifique:
    – España, agás a Comunidade Autónoma galega: 250 €.
    – Resto da Unión Europea: 600 €.
    – Fóra da Unión Europea: 1.500 €.

    O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación de esta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de outubro de 2021 (incluído).

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210624/AnuncioG0598-110621-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA PROFESIONAIS AUTÓNOMOS/AS E EMPRESAS QUE SUFRAN PERDAS DE INGRESOS DERIVADAS DA CRISE DERIVADA POLA COVID, PARA DESENVOLVER ESPECTÁCULOS MUSICAIS CON PÚBLICO

    Axencia Galega das Industrias Culturais
    RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para profesionais autónomos e empresas que sufran perdas de ingresos derivados da crise provocada pola COVID-19, para desenvolver espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 21-22, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT302E).

    Os proxectos financiados deberán:
    a) Consistir no desenvolvemento de espectáculos musicais con público de carácter lucrativo, entendéndose por estes as actuacións que se representen ao aire libre ou en grandes recintos, fóra do seu establecemento permanente, cuxo elemento principal sexa a representación de concertos de música en todas as súas modalidades, como clásica, pop e rock; presumirase o carácter lucrativo dos espectáculos cando teñan unha contraprestación económica acorde co mercado.
    b) Ser desenvolvidos por profesionais ou empresas de espectáculos musicais e que estean dados de alta con máis dun ano de antigüidade no IAE nalgunha das epígrafes 965.2,965.3 e 965.4 e que sufrisen durante o ano 2000 perdas na facturación orixinadas pola COVID-19.
    c) Desenvolverse en poboacións galegas de máis de quince mil habitantes ou naquelas con poboación inferior que estean declaradas como municipios turísticos ao abeiro do Decreto 32/2015, do 19 de febreiro, nas datas comprendidas entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 10 de decembro de 2021, salvo Santiago de Compostela, que non os poderá realizar entre o 1 de xullo e o 15 de agosto.
    d) Os espectáculos que realicen terán que ser de pagamento e con público, dentro da programación do Xacobeo 21-22, e poderán comprender un só concerto ou varios e na mesma ou en diferentes poboacións.

    Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas con domicilio ou sucursal permanente de polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dadas de alta no IAE cun ano mínimo de antigüidade nas epígrafes 965.2, 965.3 e 965.4 e que desenvolvan espectáculos musicais con público de xeito habitual e profesional en Galicia.

    Así mesmo, poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións as agrupacións de entidades que cumpran cada un dos requisitos anteriormente sinalados de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para os supostos de agrupacións, os membros non poderán presentar proxectos de forma individualizada.

    Para acceder a esta convocatoria deberanse cumprir os seguintes requisitos:
    a) Ter, social ou estatutariamente, como obxecto social a organización de espectáculos musicais, no suposto de persoas xurídicas
    b) Estar dados de alta no imposto de actividades económicas nas epígrafes 965.2 Espectáculos ao aire libre, 965.3 Espectáculos fóra do establecemento permanente e 965.4 Empresas de espectáculos, cunha antigüidade mínima e ininterrompida dun ano.
    c) Ter unha facturación no ano 2019 superior a 200.000 euros; a dita cantidade, no caso das agrupacións previstas no artigo 8.3 da Lei de subvencións, considérase de xeito conxunto.
    d) Sufrir unha diferenza de facturación superior ao 30 % entre os anos 2019 e 2020, orixinada pola crise da COVID-19.
    e) Os espectáculos deberanos realizar en poboacións galegas de máis de quince mil habitantes ou naquelas que estean declaradas como municipios turísticos ao abeiro do Decreto 32/2015, do 19 de febreiro, nas datas comprendidas entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 10 de decembro de 2021, salvo Santiago de Compostela, que non os poderá realizar entre o 1 de xullo e o 15 de agosto.
    g) Os espectáculos terán carácter lucrativo, entendéndose por estes cando teñan unha contraprestación económica acorde co mercado.
    f) Só se poderá presentar un único proxecto por solicitante ou unión, e o proxecto poderá estar constituído por un concerto ou varios e nunha mesma localidade ou en varias.

    A porcentaxe máxima de concesión da subvención non poderá exceder o 80 % do orzamento subvencionable e, en todo caso, nunca superior será a 60.000 euros por beneficiario ou agrupación beneficiaria.

    O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210623/AnuncioG1097-170621-0001_gl.pdf

  • CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DE ESTADÍAS E SERVIZOS NAS RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE NO ANO 2021

    Consellería de Política Social
    ORDE do 18 de xuño de 2021 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre no ano 2021
    (código de procedemento BS419A).

    Esta orde ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de estadías e servizos para o ano 2021 das residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño, sitas nas localidades de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), respectivamente, e adscritas á Consellería de Política Social.

    Poderán ser destinatarias todas as persoas maiores de idade ou persoas menores, sempre que vaian en compañía das súas persoas proxenitoras, persoas titoras legais, e que teñan a súa residencia en territorio español. Igualmente, poderán acollerse a esta orde os galegos e as galegas residentes no exterior que cumpran os requisitos da orde.

    Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgunha das dúas convocatorias anteriores.

    A residencia de tempo libre de Panxón (Pontevedra) dispón, na presente convocatoria, dun total de 90 prazas e a residencia de tempo libre do Carballiño (Ourense) dispón de 75 prazas.

    Os servizos que se prestan nestas residencias comprenderán o aloxamento e o mantemento en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias:
    a) Servizo de aloxamento: inclúe a limpeza diaria.
    b) Servizo de comedor: réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea).

    O servizo de comedor ofrece un menú único, sen prexuízo da atención de solicitudes de dietas individualizadas derivadas de prescrición médica, alerxias ou intolerancias alimentarias.

    O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210623/AnuncioG0425-150621-0001_gl.pdf

  • CONVOCATORIA DAS AXUDAS DO PROGRAMA ESTATAL PARA A REALIZACIÓN DE ACTUACIÓNS DE EFICIENCIA ENERXÉTICA EN EXPLOTACIÓNS AGROPECUARIAS

    AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
    RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de axudas para a realización de actuacións de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias (código de procedemento IN418D).

    Serán beneficiarios/as os suxeitos que se enumeran no artigo 11.1 das bases reguladoras, sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. En concreto, os seguintes:
    a) Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada ou pública titulares dunha explotación agropecuaria.
    b) Comunidades de regadores e outras organizacións cuxo fin consista na xestión común de auga para a rega agrícola ou a xestión común doutros combustibles e fontes de enerxía para fin agropecuario.
    c) Titulares de explotacións agrícolas de regadío que utilicen redes de rega para cuxo funcionamento sexa necesario actualmente o consumo de enerxía eléctrica.
    d) Calquera organización ou asociación de produtores agrícolas recoñecida pola autoridade competente.
    e) As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía, segundo a definición da Directiva 2018/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018.
    f) As empresas de servizos enerxéticos (ESE) ou provedores de servizos enerxéticos definidas no Real decreto 56/2016.

    Para os efectos desta convocatoria, considéranse explotacións agropecuarias aquelas cuxas actividades están incluídas no CNAE 2009 entre as clases 01.11 e 01.64

    Poderán obter dereito a subvención aquelas actuacións que cumpran o establecido no artigo 13 do Real decreto 149/2021 polo que se regula o presente programa e se desenvolvan no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. En concreto as seguintes:
    Actuación 1: mellora da eficiencia enerxética das explotacións de regadío.
    – Actuación 2: mellora da eficiencia enerxética e utilización de enerxías renovables en explotacións agropecuarias.

    A contía da subvención será a mínima entre as tres seguintes cantidades:
    a) O 30 % do custo elixible definido no artigo 14 do Real decreto 149/2021.
    b) O 35 % do custo subvencionable da actuación. Esta intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas. O custo subvencionable resulta de restar ao custo elixible o investimento de referencia segundo o indicado no artigo anterior. Esta alínea b) será aplicable só cando o solicitante sexa unha empresa ou desenvolva unha actividade comercial ou mercantil.
    c) Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima por proxecto de 1.000.000,00 de euros.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do 22 de xuño de 2021 e rematará o 31 de decembro de 2021, data de finalización da vixencia do programa establecida no artigo 4 do Real decreto 149/2021.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210615/AnuncioG0474-020621-0002_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA PON EN MARCHA O III PLAN DE RESCATE DAS PERSOAS TRABALLDORAS AUTÓNOMAS, PROFESIONAIS E EMPRESAS AFECTADAS POLA CRISE DO COVID-19

    Consellería de Emprego e Igualdade
    ORDE do 9 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do III Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da COVID-19 mediante axudas directas para o apoio á solvencia e redución do endebedamento do sector privado, a través do Programa I de persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva (TR600A), do Programa II de apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 millóns de euros (TR600B), e do Programa III de apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

    Os recursos que se destinarán aos programas contidos nesta orde, atendendo á distribución do tecido produtivo de Galicia, son os seguintes:
    – Programa I. De apoio ás persoas traballadoras autónomas en estimación obxectiva: axudas ás persoas traballadoras autónomas e profesionais que tributen polo sistema de estimación obxectiva. Este programa está financiado con 150.000.000,00 €.

    – Programa II. De apoio ás persoas traballadoras autónomas individuais e persoas traballadoras autónomas ou empresas con ata 10 persoas traballadoras, ou de ata 25 persoas traballadoras cun volume de facturación de ata 2 mill de € (TR600B). Este programa está financiado con 50.000.000,00 €.

    – Programa III. De apoio ás persoas traballadoras autónomas ou empresas con máis de 10 persoas traballadoras, e cun volume de facturación de máis de 2 millóns de euros, ou empresas de máis de 25 persoas traballadoras (TR600C). Este programa está financiado con 34.470.880 euros.

    Estas axudas directas terán carácter finalista e deberán aplicarse a satisfacer a débeda e realizar pagamentos a provedores e outros acredores, financeiros e non financeiros, así como os custos fixos en que se incorrese, sempre e cando estes fosen devindicados entre o 1 de marzo de 2020 e 31 de maio de 2021 e procedan de contratos anteriores á entrada en vigor do Real decreto lei 5/2021 do 12 de marzo. En primeiro lugar, satisfaranse os pagamentos a provedores, por orde de antigüidade e, se procede, reducirase o nominal da débeda bancaria, primando a redución da débeda con aval público.

    Poderán ser beneficiarios/as das axudas directas previstas nesta orde:
    a) As persoas traballadoras autónomas, empresarias ou profesionais que apliquen o réxime de estimación obxectiva no imposto sobre a renda das persoas físicas que exerzan unha actividade económica das incluídas no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo.

    b) As persoas traballadoras autónomas, empresarias ou profesionais que apliquen o réxime de estimación obxectiva no imposto sobre a renda das persoas físicas que exerzan unha actividade económica que non estean incluídas no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, e teñan unha caída do volume de operacións anual, declarado ou comprobado, dun 40 %, ou máis, no ano 2020 respecto do ano 2019.

    c) Todas aquelas persoas traballadoras autónomas, profesionais, empresas e entidades que exerzan unha actividade económica das incluídas no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, que teñan unha caída do volume de operacións anual declarado ou comprobado pola Administración, no imposto sobre o valor engadido ou tributo indirecto equivalente de máis dun 30 % no ano 2020 respecto do ano 2019.

    d) Todas aquelas persoas traballadoras autónomas, profesionais, empresas e entidades que exerzan unha actividade económica que non estea incluídas no anexo I do Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, cuxa caída do volume de operacións anual declarado ou comprobado pola Administración, no IVE ou tributo indirecto equivalente sexa dun 40 % ou máis comparando o ano 2020 co ano 2019.

    e) Así mesmo, poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que acrediten que continúan coa súa actividade, aínda que non estean de alta no momento de presentación da solicitude e estean de alta un mínimo de 4 meses e un máximo de 9 meses nalgún dos anos 2019 ou 2020.

    Para os efectos desta orde, ás persoas traballadoras autónomas que estean de alta durante un período superior a 9 meses aplicaráselle o réxime xeral e non o de tempada.

    f) Poderán seren beneficiarias as persoas traballadoras autónomas e empresas dadas de alta ou creadas entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de marzo de 2020 e empresas que teñan realizado unha modificación estrutural da sociedade mercantil entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2020.

    O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 14 de xuño ata o 14 de xullo de 2021, ambos inclusive.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210611/AnuncioG0599-090621-0003_gl.pdf

  • CONVOCATORIA DE AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS CON PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA OU CON DISCAPACIDADE A TRAVÉS DO PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR PARA PERSOAS COIDADORAS

    Consellería de Política Social
    ORDE do 26 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de
    dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS614B).

    Para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas coidadoras, defínense as actuacións subvencionables a través das seguintes modalidades
    do citado programa:
    a) Modalidade de Respiro no fogar, nas condicións detalladas no artigo 5.1, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade.

    b) Modalidade de Respiro en residencia, nas condicións detalladas no artigo 5.2, para financiar estadías temporais en centros residenciais da Comunidade Autónoma de Galicia.

    O período subvencionable comprenderá desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 30 de novembro de 2021.

    Poderán ser beneficiarias da subvención aquelas persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

    Para que a persoa coidadora sexa beneficiaria da subvención é necesario que concorran os seguintes requisitos:
    a) Que ben a persoa coidadora solicitante da subvención ou ben a persoa ou persoas que ela atenda sexan residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
    b) Que a persoa que se atende presente calquera das seguintes situacións:
    1º. Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %.
    2º. Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente no grao II ou III.
    3º. Que a persoa que se atende, a pesar de non cumprir coas epígrafes anteriores, presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.
    2. Ademais, as persoas coidadoras para seren beneficiarias da subvención teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    O prazo para a presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2021.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210610/AnuncioG0425-270521-0001_gl.pdf

  • CONVOCATORIA E AXUDAS AO ALUMNADO QUE REALIZA FORMACIÓN PRÁCTICA EN CENTROS DE TRABALLO OU FP DUAL

    Consellería de Cultura, Educación e Universidade
    ORDE do 25 de maio de 2021 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual
    (código de procedemento ED202A).

    Nas seguintes modalidades:
    1. Modalidade A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio e grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas formativos que realice a FCT
    ou a FP dual dentro do territorio español.

    2. Modalidade B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao profesional básico, grao medio ou grao superior de formación profesional inicial, cursos de especialización, de artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas que realice a FCT ou a FP dual fóra do territorio español co fin de mellorar as competencias lingüísticas e profesionais.

    Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
    1. O primeiro prazo, trinta e un (31) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2020-marzo 2021 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2021.
    Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual.
    O alumnado a que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2021 e que anticipase o período de FCT non se acollerá a este primeiro prazo.

    2. O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2021, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2021. Este alumnado deberá rematar obrigatoriamente o período de formación en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2021. O alumnado que teña horario flexible con autorización da secretaría xeral e remate despois do 31 de decembro de 2021 acollerase á seguinte convocatoria de axudas.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210602/AnuncioG0598-250521-0002_gl.pdf

  • CONVOCATORIA DAS BASES REGULADORAS DOS OBRADOIROS E DAS AXUDAS Á DIXITALIZACIÓN INDUSTRIA 4.0

    Instituto Galego de Promoción Económica
    RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros e
    das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2021 susceptibles de ser financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia
    2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de
    procedemento IG300C)

    Beneficiarios/as
    As pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), calquera que for a súa forma xurídica, e que teñan un centro de traballo en Galicia no cal se vaia realizar o proxecto.

    As pemes poderán solicitar axudas á tipoloxía de proxectos individuais descritos no artigo 5.1.b) das bases.

    Para poder solicitar as axudas á tipoloxía de proxectos colectivos descritos no artigo 5.1.a) das bases, os interesados deberán previamente constituír unha agrupación das previstas no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que terá que estar constituída polo menos por dúas pemes con centro de traballo en Galicia.

    As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha de proxectos cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas ou máis pemes galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación ou procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

    Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:
    a) Proxectos colectivos, en que un grupo de empresas (opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador) aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:
    1º. Propoñen utilizar e implantar un determinado sistema nas súas interaccións dixitais.
    2º. Propoñen a implantación dun sistema de dixitalización, dalgún proceso ou de xestión
    integral, especificamente deseñado ou desenvolvido para o seu ámbito de actividade.
    b) Proxectos individuais en que unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:
    1º. Desenvolvemento dunha interface dixital para as súas interaccións de negocio, ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.
    2º. Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomas, interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, big data e similares) e ciberseguridade.
    3º. Implementación de sistemas encamiñados á dixitalización de procesos concretos ou de xestión integral (ERP, CRM e similares).
    Os proxectos da modalidade a) terán preferencia sobre os da modalidade b).

    O gasto subvencionable mínimo dos proxectos deberá ser de 12.000 €.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210601/AnuncioO92-180521-0001_gl.pdf

  • CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A CONCESIÓN DAS ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MLLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS

    Consellería de Emprego e Igualdade
    RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca para o ano 2021 o programa de axudas para a concesión das estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas (código de procedemento SI447A).

    O obxecto desta resolución é establecer as bases que rexerán a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de estadías de tempo libre para mulleres soas, preferentemente vítimas de violencia de xénero, con responsabilidades familiares non compartidas.

    A súa finalidade é facilitarlles ás mulleres, preferentemente vítimas de violencia de xénero, que teñan fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer, reforzando o seu vínculo maternofilial nun ambiente de seguridade, respecto e bo trato, como modelo de convivencia.

    Convócanse ata un máximo de 90 prazas para mulleres con fillas/os menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

    As estadías terán unha duración de entre 7 e 9 días, en réxime de pensión completa, e desenvolveranse preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro.

    Os gastos de aloxamento, en réxime de pensión completa, traslado de ida e volta desde o seu concello de residencia, equipo de monitoras/es e actividades complementarias serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade

    O prazo para a presentación de solicitudes será de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210531/AnuncioG0599-180521-0004_gl.pdf