Sección: Outras axudas e subvencións

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA DE APOIO Á RECUPERACIÓN DE NEGOCIOS EN CRISE OU SEN REMUDA XENERACIONAL MEDIANTE FÓRMULAS DE ECONOMÍA SOCIAL

    Consellería de Emprego e Igualdade

    ORDE do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de apoio á recuperación de negocios en crise ou sen remuda xeracional mediante fórmulas de economía social e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento TR802R).

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do Programa de apoio á recuperación de negocios en crise ou sen remuda xeracional, mediante formulas de economía social, destinadas a remediar a grave perturbación que na economía galega provocou o gromo de COVID-19 e a impulsar a actividade económica, e proceder á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento TR802R).

    As axudas previstas nesta orde financiase con fondos finalistas do Estado recibidos do Servizo Público de Emprego Estatal.

    Entidades beneficiarias

    1. Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos, as sociedades laborais ou cooperativas previstas no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, xurdidas de sociedades de capital, sociedades civís, asociacións que estivesen desenvolvendo unha actividade económica ou persoas autónomas preexistentes, a través dun proceso de transformación encadrable nalgún dos procesos que se detallan a continuación:

    a) Procesos de adquisicións de activos de sociedades mercantís de capital nun proceso regulado de disolución e liquidación societario (artigos 371 e seguintes do Real decreto lexislativo 1/2010), coa finalidade de fomento da actividade económica polas persoas traballadoras da sociedade mercantil disolta en liquidación, mediante a constitución dunha nova entidade de economía social.

    b) Procesos de adquisición de activos (bens e dereitos da masa activa) da titularidade dunha persoa ou entidade concursada, ou dunha ou varias unidades produtivas desta, durante a fase común ou a fase de liquidación dun procedemento concursal (Real decreto lexislativo 1/2020) coa finalidade de fomento da actividade económica polas persoas traballadoras da concursada con contrato laboral extinguido a través dunha entidade de nova constitución (sociedades laborais, cooperativas).

    c) No caso de ausencia de remuda xeracional:

    i. Procesos de adquisición da totalidade do capital integrante dunha sociedade civil ou de capital,mediante compravenda das súas participacións ou accións por parte das súas persoas traballadoras, coa finalidade de levar a termo a continuación total ou parcial do seu obxecto social logo de adopción, elevación a público e inscrición dos acordos de modificación estatutaria precisos para a súa transformación en sociedade laboral; ou logo de adopción, elevación a público e inscrición dos acordos de reestruturación societaria e modificación estatutaria precisos para a súa transformación en cooperativa.

    ii. Procesos de adquisición do negocio dunha persoa autónoma por parte das súas persoas traballadoras, coa finalidade de levar a termo a continuación total ou parcial deste logo de adopción, elevación a público e inscrición dos acordos estatutarios precisos para a súa transformación en sociedade laboral ou cooperativa.

    d) Constitución ex novo de sociedades de carácter laboral ou nunha cooperativa integradas total ou parcialmente polas persoas traballadoras cuxos contratos resultasen extinguidos por causa de crise ou xubilación do seu empregador (entendéndose como tales as sociedades de capital, sociedades civís, persoas autónomas e asociacións que estivesen desenvolvendo unha actividade económica).

    Con carácter xeral, as entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

    a) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

    b) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

    c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

    d) Non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de beneficiaria sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e reunir os restantes requisitos previstos nela.

    e) As cooperativas e sociedades laborais deberán estar ao día no cumprimento das súas obrigas legais referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos sociais nos rexistros competentes desde o momento de presentación da solicitude.

    f) Acreditación da formalización da transformación segundo a documentación complementaria requirida no artigo 10.2.

    Establécense catro categorías de conceptos subvencionables:

    a) Categoría 1. Adquisición de activos.

    b) Categoría 2. Asesoramento.

    c) Categoría 3. Profesionalización e desenvolvemento estratéxico.

    d) Categoría 4. Gastos correntes.

    A subvención ascenderá a un máximo de 50.000,00 euros con carácter xeral por entidade transformada.

    O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda comezará a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2021, salvo que se produza o suposto de esgotamento do crédito orzamentario.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210818/AnuncioG0599-050821-0004_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIÓN CLASE B E C Á MOCIDADE GALEGA, DIRIXIDA ÁS PERSOAS INSCRITAS NO SISTEMA DE GARANTÍA XUVENIL

    Consellería de Política Social

    ORDE do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS321A).

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán as axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

    O código de procedemento administrativo é BS321A.

    Gasto subvencionable e contía da axuda

    O gasto subvencionable é a suma a tanto global de obtención dos permisos de condución obxecto da presente orde, baseado no prezo medio de mercado na Comunidade Autónoma de Galicia para cada tipo de carné. O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 euros para o permiso de clase C. O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos os permisos obxecto da orde.

    Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

    a) Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C e que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitivida‑ de e a eficiencia.

    b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

    c) Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

    d) Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

    As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede/

    MOI IMPORTANTE ISTO: SE NON DISPÓS DE CERTIFICADO DIXITAL, CARNÉ ELECTRÓNICO OU CHAVE 365 RECOMENDÁMOSCHE QUE SAQUES ESTA ÚLTIMA (podes solicitala no departamento de administración do teu centro de saúde)

    Podes inscribirte en GARANTÍA XUVENIL A TRAVÉS DA SEGUINTE LIGAZÓN: http://garantiaxuvenil.fondoseuropeos.gal/gaxuve/area-mocidade

    O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, contado a partir do día se‑ guinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210813/AnuncioG0425-040821-0001_gl.pdf

    Desde o departamento de emprego do Concello da Estrada prestámosche todo o apoio que precises para a súa solicitude, podes chamarnos en horario de 9.00 a 14.00 horas ao teléfono 986 677 740 ou pasarte directamente pola nosa oficina sen necesidade de cita previa no horario indicado. 

  • CONSELLERIA DO MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS ÁS ORGANIZACIÓNS PROFESIONAIS AGRARIAS E ASOCIACIÓNS AGRARIAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE INTERESE AGRARIO

    Consellería do Medio Rural

    ORDE do 28 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para realizar actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR321A).

    A finalidade das axudas concedidas ao abeiro destas bases reguladoras é realizar actividades de representación e de formación dos/as asociados/as das organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias legalmente constituídas e con implantación en Galicia e dos/as agricultores/as galegos/as en xeral.

    Poderán ser beneficiarias das axudas que se regulan nesta orde, as seguintes entidades:

    1. As organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas en Galicia que concorreron ás eleccións ás cámaras agrarias que tiveron lugar o 26 de maio de 2002 segundo o recollido na disposición transitoria única da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego.

    2. As asociacións agrarias, con ámbito de actuación provincial ou autonómico, legalmente constituídas de acordo coa Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, con código de actividade «811 Agricultura, gandaría, silvicultura, caza, pesca» consonte o Real decreto 949/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións.

    Serán subvencionables os custos derivados das seguintes actividades realizadas entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 30 de xuño de 2021:

    a) Funcións e actuacións que lles son propias conforme a normativa legal.

    b) Funcións ordinarias de xestión interna.

    c) Representación perante as institucións.

    d) Participación nos órganos colexiados constituídos pola Administración galega para a defensa dos intereses dos seus representados (mesas, comisións, etc.).

    e) Formación dos asociados e dos seus familiares en actividades agrarias ou no sector agroalimentario.

    f) Fomento do asociacionismo agrario.

    A contía das axudas será do 100 % dos primeiros 40.000 euros dos custos subvencionables.

    Ao resto dos custos subvencionables aplicarase o rateo ata esgotar o orzamento.

    Cada unha das partidas do punto 1 deste artigo terá un rateo independente.

    O importe das axudas non poderá ser superior ao custo das actividades subvencionables.

    As entidades beneficiarias con relacións de dependencia ou vínculo empresarial entre elas non poderán superar en conxunto os 250.000 euros de subvención.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Esta limitación aplicarase ás entidades beneficiarias da partida 2.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210812/AnuncioG0426-300721-0001_gl.pdf

  • CONVOCATORIA DE AXUDAS A PROXECTOS DE I+D+i NO ÁMBITO DA INDUSTRIA CONECTADA 4.0. (ACTIVA_FINANCIAMENTO)

    Ministerio  de Industria, Comercio e Turismo ven de publicar a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para proxectos de investigación e desenvolvemento, así coma proxectos de innovación en materia de organización e procesos que contribúan á transformación dixital das empresas industriais e á mellora de sua sostibilidade ambiental como consecuencia da súa dixitalización.
     
    Os apoios poden ser en forma de préstamos, de subvencións ou dunha combinación de ambos e contemplan dúas líñas de actuación:
     
    1. Activa-Pemes: proxectos desenvolvidos por pequenas e medianas empresas
    2. Activa-Grandes implementacións: proxectos desenvolvidos por calquera tipo de sociedade
     
    prazo de presentación estará aberto ata o vindeiro 17 de agosto.

    Bases: https://www.boe.es/boe/dias/2021/07/06/pdfs/BOE-A-2021-11212.pdf

    Convocatoria: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2021-34982

     

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS ÁS GALERIAS DE ARTE PARA A PARTICIPACIÓN EN FEIRAS E MERCADOS DE ARTE FÓRA DE GALICIA

    Consellería de Cultura, Educación e Universidade

    ORDE do 21 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT215C).

    Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen, poderán ser beneficiarias das axudas convocadas pola presente orde as persoas físicas ou xurídicas, dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais de carácter privado, titulares de galerías de arte, que desenvolvan as súas actividades no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpran cos seguintes requisitos:

    a) Ter asistido e participado nunha feira ou mercado de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2021.

    b) Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicitan a subvención.

    c) Inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado. d) Acreditar a relación dos asistentes coa empresa, mediante contrato ou declaración do titular da empresa beneficiaria.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210803/AnuncioG0598-220721-0001_gl.pdf

  • CONVOCATORIA DAS AXUDAS ESTATAIS DO PROGRAMA DE INCENTIVOS Á MOBILIDADE ELÉCTRICA (PROGRAMA MOVES III)

    Axencia Instituto Enerxético de Galicia

    RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III) (códigos de procedemento IN421Q e IN421R).

    Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:

    Programa de Incentivos 1. Adquisición de vehículos eléctricos «enchufables» e de pila de combustible (en diante, Adquisición de vehículos eléctricos).

    Programa de incentivos 2. Implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.

    Serán beneficiarios/as os/as suxeitos/as que se enumeran no artigo 11.1 das bases reguladoras sempre que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da comunidade autónoma de Galicia (para o Programa de incentivos 2 considerase que se cumpre este requisito se a actuación subvencionada se desenvolve no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia). En concreto, os seguintes:

    1º. As persoas físicas que desenvolvan actividades económicas, polas que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, en cuxo caso haberán de estar dados de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

    2º. As persoas físicas maiores de idade, a excepción dos casos de discapacidade, que poderán ser menores de idade, con residencia fiscal en España e non incluídas no anterior punto.

    3º. As comunidades de propietarios, reguladas pola Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, que deberán cumprir co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, e en particular, co establecido no seu artigo 11.3.

    4º. As persoas xurídicas, validamente constituídas en España no momento de presentar a solicitude, e outras entidades, con ou sen personalidade xurídica, cuxo número de identificación fiscal (NIF) comece polas letras A, B, C, D, E, F, G, J, R ou W. Tamén serán elixibles as entidades de conservación de polígonos ou sociedades agrarias de transformación cuxo NIF comece por V.

    5º. As entidades locais, conforme o artigo 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o sector público institucional de calquera administración públicas que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, sempre que non exerzan actividades económicas polas que ofrezan bens e servizos no mercado en cuxo caso se considerarán incluídas no anterior ordinal 4º.

    O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 9.00 horas do día 13 de setembro de 2021 e rematará o 31 de decembro de 2023.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210805/AnuncioG0474-230721-0002_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA A CONCILIACIÓN EN SITUACIÓNS PUNTUAIS E PERÍODOS DE VACACIÓNS ESCOLARES A TRAVÉS DO PROGRAMA BONO COIDADO

    Consellería de Política Social

    ORDE do 27 de xullo de 2021 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares a través do programa Bono Coidado e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS412A).

    Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para atención de necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2021, de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares (código de procedemento BS412A), así como proceder á súa convocatoria.

    Para os efectos desta orde, entenderanse como períodos de vacacións escolares os seguintes:

    – Do 1 ao 7 de xaneiro.

    – Do 15 ao 17 de febreiro.

    – Do 29 de marzo ao 5 de abril.

    – Do 23 de xuño ao 14 de setembro.

    Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono Coidado os/as pais/nais e titores/as de nenos/as de ata doce anos de idade, estes incluídos, ou as persoas que os/as teñan en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e se atopen nos supostos seguintes:

    a) Que o neno ou nena sexa menor de trece anos no momento no que se produce o suposto para o que se solicita a axuda.

    b) Que ambos proxenitores, titores/as, acolledores/as, gardadores/as con fins adoptivos, familias monoparentais ou proxenitores con custodia non compartida, estean efectivamente traballando, no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente do neno ou nena e/ou por asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.

    Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo no que esta se exerza efectivamente, debendo presentar, nestes casos, cada proxenitor unha solicitude individual.

    Accións e gastos subvencionables 

    Para ter dereito ás axudas previstas nesta orde as familias deberán acreditar atoparse nun dos seguintes supostos:

    a) Necesidades puntuais:

    1º. Enfermidade ou accidente do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual.

    2º. Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación que impidan a atención do neno ou nena.

    3º. Situacións puntuais de carácter laboral da persoa coidadora habitual que impidan a atención do neno ou nena.

    4º. Situacións puntuais de coidado de familiares, do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual, ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade sempre que impidan a atención do neno ou nena.

    b) Necesidades en períodos de vacacións escolares que se producen cando os centros educativos están pechados por vacacións sempre que ambos os proxenitores, titores/as acolledores/as, gardadores/as con fins adoptivos acrediten que por motivos laborais non poden facerse cargo da atención do neno ou nena. 

    Poderán ser obxecto de subvención os seguintes gastos derivados dos medios empregados para a atención de nenos e nenas de ata doce anos de idade, estes incluídos, nos supostos previstos no número anterior e realizadas dentro do período indicado no artigo 1.1:

    1º. Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar de forma temporal para o coidado do neno ou nena. Consideraranse tamén as ampliacións horarias de contratos laborais preexistentes que se realicen con esta finalidade no que se refire á dita ampliación.

    2º. Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio.

    3º. Asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social, en concreto, atención en ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia previstos na sección quinta do capítulo III do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.

    4º. Asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.

    Tipo de axuda e contía

    1. A axuda consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións previstas no artigo anterior.

    A contía máxima da axuda será:

    – De 500 euros por unidade familiar no caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio.

    – De 200 euros por cada neno ou nena no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social ou a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 30 de setembro de 2021. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210809/AnuncioG0425-280721-0001_gl.pdf

  • AXENCIA TURISMO DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A MELLORA DA COMPETITIVIDADE DOS ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS E DE RESTAURACIÓN

    Axencia Turismo de Galicia

    RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e de restauración que serán susceptibles de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU503B).

    As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e as empresas de restauración de 25 ou máis persoas traballadoras para o ano 2021.

    En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

    a) Os establecementos hoteleiros recollidos no artigo 55.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

    b) As empresas de restauración que se enmarquen dentro dos grupos I, II e III do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

    Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a entidade solicitante durante o ano 2021 con respecto aos conceptos seguintes: • Gastos derivados da transformación dixital. Consideraranse os conceptos de: a) Gastos pola adquisición de equipamento informático, software e comunicacións. b) Gastos derivados de asistencias en programación, desenvolvemento e mantemento de sistemas de información. c) Gastos derivados de asistencias para actividades de dixitalización (gastos de márketing dixital, publicidade en redes sociais, publicidade display, posicionamento en buscadores de email márketing, márketing dixital, plataformas de comercialización ou landing pages).

    • Gastos derivados de mellora da imaxe da empresa e vinculación coa imaxe de Galicia e do Xacobeo.

    a) Gastos e investimentos relacionados co deseño e elaboración de soportes de comunicación, xa sexan gráficos ou audiovisuais.

    b) Gastos e investimentos relacionados coa promoción en liña (xestión de contidos, xestión de redes sociais, social media, blogs, márketing dixital).

    • Actuacións de mellora da accesibilidade nos establecementos: actuacións que permitan mellorar a accesibilidade e configurar unha oferta inclusiva para calquera colectivo.

    a) Obras de reforma, acondicionamento, mellora das instalacións e actuacións dirixidas especificamente a mellorar a accesibilidade de persoas con mobilidade reducida ou con calquera outra limitación física, psíquica ou sensorial, así como as destinadas á supresión de barreiras arquitectónicas e sensoriais do establecemento turístico.

    b) Gastos e investimentos relacionados coa creación de produtos para a promoción de ofertas inclusivas.

    • Desenvolvemento de actuacións que permitan melloras na sustentabilidade das actividades turísticas: estudo e definición de proxectos de investimento que melloren a sustentabilidade da empresa, creación de produtos sustentables, oferta baseada en km 0 ou posta en valor de recursos naturais e vinculados co territorio.

    a) Gastos e investimentos relacionados cos investimentos que contribúan a favorecer o ambiente.

    b) Gastos e investimentos relacionados coa promoción e a implementación de enerxías renovables.

    c) Impulso da mobilidade eléctrica (puntos de recarga e renovación da flota).

    • Gastos derivados da creación de produto e/ou comercialización do destino Galicia.

    a) Gastos relacionados co deseño e elaboración de soportes de comunicación, xa sexan gráficos ou audiovisuais, tales como folletos, cartelería, flyers, bancos fotográficos, vídeos, spots… así como de elementos de promoción (merchandising).

    b) Desenvolvemento das TIC na xestión, promoción e comercialización da oferta turística.

    c) Gastos relacionados coa promoción en liña, tales como actualizacións de páxinas web, landing pages, accións para a mellora do posicionamento en buscadores SEO, email marketing, marketing dixital, plataformas de comercialización, social media, blogs e redes sociais.

    O importe máximo de subvención será do 100 % do gasto subvencionable cos límites que a continuación se expresan:

    – Para empresas de 25 a 50 traballadores: máximo de 40.000 €.

    – Para empresas de 51 a 75 traballadores: máximo 55.000 €.

    – Para empresas de 76 ou máis traballadores: máximo 75.000 €.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210726/AnuncioG0256-160721-0001_gl.pdf

  • INSTITUTO GALEGA DE VIVENDA E SOLO CONVOCA AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDAS PROTEXIDAS

    Instituto Galego da Vivenda e Solo

    RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivendas protexidas e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento VI420C).

    Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que reúnan os seguintes requisitos:

    a) Posuír a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, ter a residencia legal en España.

    b) Ser adquirente ou adxudicataria, en primeira transmisión, dunha vivenda protexida, nos termos que determine a correspondente convocatoria.

    c) Ter subscrito no período sinalado na correspondente convocatoria un contrato privado de compravenda visado pola área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou, de ser o caso, unha escritura pública de compravenda que conteña as cláusulas obrigatorias derivadas da cualificación definitiva da vivenda.

    d) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

    e) Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

    A contía da axuda para a adquisición de vivenda será a seguinte:

    a) No caso de vivendas situadas en municipios de prezo máximo superior, ata 20.000 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 35 anos, e ata 16.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas maiores de 35 anos.

    b) No caso de vivendas situadas nos restantes municipios de Galicia, ata 16.000 euros, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 35 anos, e ata 12.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas maiores de 35 anos. En todo caso, as axudas terán o límite do 20 % do prezo de compra da vivenda, sen que, para estes efectos, se inclúan os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.

    2. No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, o importe da axuda que pode recibir cada un deles determinarase aplicando á contía da axuda que lle correspondería no suposto de ter adquirido o 100 % da vivenda, a súa porcentaxe de cota adquirida.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG) e rematará o 30 de setembro de 2021 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210723/AnuncioC3Q2-140721-0002_gl.pdf