MINISTERIO DE INDUSTRIA, COMERCIO E TURISMO
Orde ICT/1090/2021, do 1 de outubro, pola que se establecen as bases reguladoras e efectúase a convocatoria correspondente a 2021 de concesión de subvencións correspondentes ao «Plan de modernización da máquina ferramenta» das pequenas e medianas empresas.
AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN ABRE PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZAS EN ESTANCIAS FORMATIVAS DO PLAN CULTIVA 2021
En total ofértanse 192 prazas e o catálogo coas estancias formativas atópase publicado na páxina web do MAPA, no que os mozos interesados poderán consultar toda a información sobre as mesmas.
O prazo para enviar a solicitude, a través da Sede electrónica do Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación, permanecerá aberto entre o 6 e o 20 de outubro, inclusive.
MINISTERIO DE DEREITOS SOCIAIS E AXENDA 2023 CONVOCA AXUDAS DESTINADAS A ENTIDADES DE PROTECCIÓN ANIMAL
MINISTERIO DE DEREITOS SOCIAIS E AXENDA 2030
Orde DSA/1045/2021, do 28 de setembro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a entidades de protección animal.
Poderán obter a condición de beneficiarias as entidades de protección animal sen ánimo de lucro legalmente constituídas, non pertencentes ao sector público, de nacionalidade española e con residencia fiscal en España, cuxos estatutos establezan como fin principal, a protección e defensa dos animais, e que cumpran os requisitos establecidos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, así como no seu Regulamento de desenvolvemento..
https://www.boe.es/boe/dias/2021/10/01/pdfs/BOE-A-2021-16021.pdf
IGAPE CONVOCA AXUDAS A SERVIZOS MODULARES DE ASESORAMENTO ESPECIALIZADO A EMPRESAS GALEGAS PRESTADOS POR ENTINDADES COLABORADORAS, SUSCEPTIBLE DE SER FINANCIADA NO MARCO DO EIXE REACT-UE
Instituto Galego de Promoción Económica
RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (programa Re-acciona COVID-19), susceptible de ser financiada no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2021 (código de procedemento IG402A).
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de novembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Os servizos para os que se poderá conceder axuda son os seguintes:
a) Reestruturación financeira e adecuación de estados financeiros tras o impacto da COVID-19 e os novos modelos de negocio.
b) Preparación para a transmisión ou adquisición de unidades produtivas.
c) Elaboración, adaptación e implementación de plans estratéxicos de internacionalización da empresa ou sector ao novo escenario internacional.
d) Análise de mercados internacionais concretos en relación á nova situación motivada pola emerxencia sanitaria COVID-19 e as necesidades específicas do solicitante de cara á apertura ou permanencia no dito mercado.
e) Consultaría relacionada coa implementación de metodoloxías de traballo e procesos acordes aos principios da economía circular.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.
Ademais, deberán cumprir as seguintes condicións:
a) Que desenvolvan a súa actividade en Galicia, cando menos nun centro de traballo.
b) Que, tendo a condición de peme segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, conten cun número total de empregados ou socios traballadores non inferior a 3.
c) Que a súa facturación no exercicio 2020 sexa inferior á facturación do exercicio anterior 2019, polo menos, nun 10 %.
Contía da axuda: Os servizos prestaranse por parte das entidades colaboradoras seleccionadas a prezo fixo, por importe de 8.264,46 € + 1.735,54 € de IVE (total 10.000 €). O custo neto do servizo para o beneficiario será de 600 €, segundo se explica a continuación.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte á publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de novembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210930/AnuncioO92-210921-0001_gl.pdf
MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN CONVOCA AXUDAS ÁS EXPLOTACIÓN AGRARIAS DE TITULARIDADE COMPARTIDA
MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN
Real Decreto 819/2021, do 28 de setembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión directa de subvencións ás explotacións agrarias de titularidade compartida, e apróbase a convocatoria para o exercicio 2021.
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA: CONVOCATORIA DA VI EDICIÓN DOS PREMIOS SOFÍA NOVOA ORTIZ Á INCLUSIÓN DA PERSPECTIVA DE XÉNERO NOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO E FIN DE MÁSTER
Persoas beneficiarias
Alumnado da Universidade de Vigo pertencente aos campus de Pontevedra e de Vigo.
Obxecto
Concesión da VI Edición dos Premios Sofía Novoa Ortiz, dirixidos a fomentar, consolidar e dar a coñecer a inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de máster e fin de grao realizados na Universidade de Vigo, nos campus de Pontevedra e de Vigo.
O importe total dos premios é de 5.200 €, outorgados da seguinte maneira:
• Premios aos traballos de fin de grao:
– Dous premios, dotados con mil (1.000) euros cada un
– Un accésit, dotado con seiscentos (600) euros
• Premios aos traballos de fin de máster:
– Dous premios, dotados con mil (1.000) euros cada un
– Un accésit, dotado con seiscentos (600) euros
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 15 de outubro de 2021 e a data límite para entregar os traballos por vía telemática é o 22 de outubro de 2021
As bases estarán á disposición das persoas interesadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e en www.depo.gal.
https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/09/29/2021047812
CONSELLERIA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDA PARA O FOMENTO DE UTILIZACIÓN DE MAQUINARIA AGRÍCOLA EN RÉXIME ASOCIATIVO EN GALICIA
Consellería do Medio Rural
ORDE do 3 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR351A).
Poderán ser beneficiarias destas axudas as cooperativas agrarias, as cooperativas de utilización de maquinaria agrícola (CUMA), as cooperativas de explotación comunitaria da terra ou as sociedades agrarias de transformación.
Serán subvencionables os seguintes investimentos:
a) Maquinaria agrícola.
b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.
Non se subvencionarán:
a) A mera reposición ou adquisición de maquinaria de segunda man ou usada.
b) O IVE e outros impostos.
c) Os investimentos en maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, nin as máquinas de pequena significación para os efectos do conxunto dos socios da agrupación.
d) A maquinaria e os equipamentos de carácter forestal.
e) Colleitadoras de forraxes cun uso previsto menor de 500 horas anuais.
f) A maquinaria de aplicación de xurro mediante sistemas de prato, abano ou canóns
O importe da axuda que se concederá a cada beneficiario será do 35 % dos custos elixibles, que se poderán incrementar ata un máximo do 50 % en función da aplicación dos seguintes criterios: 5 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas; e 10 % por investimentos colectivos cando o beneficiario procede dunha fusión de cooperativas.
O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (20 DE OUTUBRO)
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210921/AnuncioG0426-080921-0001_gl.pdf
XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS EXTRAORDINARIAS PARA PERSOAS AFECTADAS POR UN ERTE COMO CONSECUENCIA DA CRISE DERIVADA DA COVID-19
Consellería de Emprego e Igualdade
ORDE do 8 de setembro de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da axuda extraordinaria para as persoas traballadoras afectadas por un expediente de regulación temporal de emprego como consecuencia da crise derivada da COVID-19 (código de procedemento TR820G).
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar as axudas para compensar a perda de poder adquisitivo das persoas traballadoras que se encontren afectadas por un ERTE derivado da COVID-19, con suspensión total ou parcial do seu contrato (código de procedemento TR820G).
Poderán ser beneficiarias destas axudas, nos termos recollidos na presente orde, as persoas que reúnan os seguinte requisitos:
a) Persoas traballadoras por conta allea, incluídas as persoas traballadoras fixas descontinuas, ou socias traballadoras de sociedades laborais e de cooperativas de traballo asociado en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia que se viron afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego a consecuencia da COVID-19.
b) Que se encontren incluídas nun ERTE no período temporal do 14 de marzo de 2020 ao 31 de xullo de 2021, ambos inclusive, polo menos 12 meses, aínda que sexa de maneira interrompida.
c) Que o importe da totalidade dos rendementos declarados durante o período impositivo 2020 no imposto sobre a renda das persoas físicas non excedese 14.000 euros.
A contía da subvención consistirá nunha axuda de 500 euros por persoa beneficiaria, ata esgotar os fondos habilitados no orzamento previsto para este fin.
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente orde.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210923/AnuncioG0599-140921-0004_gl.pdf
AXENCIA TURISMO DE GALICIA CONVOCA AXUDAS AO SECTOR DA HOSTALERÍA PARA A PROMOCIÓN DA DIXITALIZACIÓN E MARKETING DIXITAL
Axencia Turismo de Galicia
RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ao sector da hostalaría para a promoción da dixitalización e o márketing dixital, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU503C).
Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2021. En ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pagamento emitidos en datas non incluídas no dito período.
Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a entidade solicitante entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2021 con respecto aos conceptos seguintes:
1.1. Instalación de novos PMS (Property Management System).
1.2. Integración de PMS actuais.
1.3. Instalación de novos CRM (Customer Relationship Management) integrados con PMS.
1.4. Instalación de novos CRM non integrados con PMS.
1.5. CMR integrado con PMS e ferramentas de Big Data e Chatbots intelixentes.
1.6. Produtos/servizos de márketing orientados a captar e fidelizar novos mercados e clientes:
– Estudos de mercado (internacionalización, análise de competencia, benchmarking…).
– Estudos de comportamento e satisfacción de clientes (enquisas, mistery shopper, focus group…).
– Sistemas de marketing automation.
– Xestión profesionalizada de RR.SS. (redes sociais).
– Publicidade en liña.
– Campañas publicitarias con prescritores.
– Reportaxes fotográficas e de vídeo.
– Revisión das APPCC (análises de perigos e puntos control crítico).
1.7. Web corporativa con motor de reservas.
1.8. Adquisición de hardware informático.
1.9. Gastos de persoal: – Sistemas de control do teletraballo.
1.10. Equipamento tecnolóxico: – Equipamento tecnolóxico, directo ou indirecto, que poida servir de apoio ou difusión no control da pandemia. – Equipamento tecnolóxico tanto básico (equipamentos informáticos, software, comunicacións, etc.) como específico.
O importe da subvención será do 100 % para un gasto subvencionable de ata 15.000,00 euros por persoa beneficiaria.
Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias as persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e as pemes do sector de hostalaría que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210924/AnuncioG0256-230921-0001_gl.pdf
XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN POR MATERNIDADE OU PATERNIDADE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS
Consellería de Emprego e Igualdade
ORDE do 10 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TR341R).
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública das axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade, contraten unha persoa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento TR341R).
Tamén será subvencionable a contratación de persoas traballadoras destinadas a apoiar o coidado de menores e/ou maiores e dependentes.
Acción subvencionable e importe da subvención
1. Bono autónomo concilia I.
a) Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma durante un período máximo dun ano unha vez rematada a súa baixa por maternidade ou paternidade, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos nesta orde.
b) Serán subvencionables as contratacións que se realicen cunha duración mínima de seis meses que, cumprindo cos requisitos enumerados no parágrafo anterior, se inicien entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021.
c) O importe da subvención para compensar a dita contratación será de 500 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, cun máximo de doce meses de contratación. Nos casos de duración incerta, a subvención será polos meses indicados no anexo I, que serán os que se comprometa a persoa autónoma a ter a contratación vixente. Polo tanto, o importe máximo que se pode percibir será de 6.000 €.
d) Canto se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada máxima legal.
2. Bono autónomo concilia II.
a) Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma durante un período máximo dun ano, durante o período subvencionable, para o coidado de menores, maiores ou dependentes, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos nesta orde.
b) Serán subvencionables as contratacións que se realicen cunha duración mínima de seis meses que, cumprindo cos requisitos enumerados no parágrafo anterior, se inicien entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021.
c) O importe da subvención para compensar a dita contratación será de 500 € por mes completo, segundo a duración indicada na comunicación da contratación, cun máximo de doce meses de contratación. Nos casos de duración incerta, a subvención será polos meses indicados no anexo I, que serán os que se comprometa a persoa autónoma a ter a contratación vixente. Polo tanto, o importe máximo que se pode percibir será de 6.000 €.
d) Canto se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial, a contía será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, na xornada máxima legal.
3. Bono autónomo coidado de menores.
a) Co obxecto de favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas emprendedoras, concederase unha subvención do 75 % do custo do centro ou do servizo de coidado de menores, ata un máximo de 3.000 €, para aquelas persoas autónomas que obteñan a subvención polo bono autónomo concilia I ou II nesta convocatoria.
b) No caso de que o beneficiario do bono autónomo concilia for unha sociedade ou comunidade de bens, a solicitude deste bono debe realizala a persoa autónoma societaria pola cal tivo dereito á axuda, quen indicará no anexo da solicitude a sociedade ou comunidade de bens que foi beneficiaria.
c) Serán subvencionables os gastos dos servizos de coidado do fillo ou filla polos cales obtivo o bono autónomo concilia I ou II, realizados no período subvencionable, que comprende do 1 de outubro de 2020 ao 30 de setembro de 2021. A contía máxima será a indicada no anexo I pola persoa solicitante.
4. Bono autónomo coidado de persoas maiores ou dependentes.
a) Co mesmo obxecto de favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas emprendedoras, concederase unha subvención do 75 % do custo do centro ou do servizo de coidado de persoas maiores e/ou dependentes das cales acredite a súa relación de parentesco ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade ou, de ser o caso, a acreditación da convivencia no mesmo domicilio, ata un máximo de 3.000 €, para aquelas persoas autónomas que obteñan a subvención polo bono autónomo concilia I ou II nesta convocatoria.
b) No caso de que o beneficiario do bono autónomo concilia for unha sociedade ou comunidade de bens, a solicitude deste bono debe realizala a persoa autónoma societaria pola cal tivo dereito á axuda, quen indicará no anexo da solicitude a sociedade ou comunidade de bens que foi beneficiaria. c) Serán subvencionables os gastos dos servizos de coidado de persoas maiores ou dependentes polos cales obtivo o bono autónomo concilia I ou II, realizados no período subvencionable, que comprende do 1 de outubro de 2020 ao 30 de setembro de 2021. A contía máxima será a indicada no anexo I pola persoa solicitante.
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, segundo o anexo I, teñan o seu centro de traballo (ou domicilio social, no caso de careceren deste) na Comunidade Autónoma de Galicia, que gozasen dunha baixa por maternidade ou paternidade e que no prazo dos quince días seguintes ao da súa finalización contraten unha persoa traballadora por conta allea.
Tamén serán beneficiarias as sociedades e comunidades de bens que realicen unha contratación nas mesmas condicións que no parágrafo anterior con respecto ás persoas autónomas societarias.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210924/AnuncioG0599-140921-0001_gl.pdf