Sección: Outras axudas e subvencións

  • CONVOCAN AXUDAS A PEMES, AUTÓNOMOS/AS, ASOCIACIÓNS E FUNDACIÓNS DE GALICIA PARA O FINANCIAMENTO DE ACTUACIÓNS DESTINADAS Á PREPARACIÓN PARA A REUTLIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS TEXTILES RECOLLIDOS SEPARADAMENTE

    Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

    ORDE do 13 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a pemes, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas á preparación para a reutilización e reciclaxe de residuos téxtiles recollidos separadamente, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2022 (código de procedemento MT975L).

    Entidades beneficiarias

    Con carácter xeral poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE (Regulamento xeral de exención por categorías), calquera que for súa forma xurídica, que, cumprindo o establecido neste artigo, desenvolvan ou materialicen o proxecto ou actuación obxecto da subvención no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Ao abeiro desta orde de axudas serán subvencionables as actuacións que se citan de seguido para cada liña de axuda.

    a) Liña 1: Proxectos de construción de novas instalacións de preparación para a reutilización de residuos téxtiles así como de ampliación das existentes para incluír liñas de preparación para reutilización de residuos téxtiles recollidos separadamente. Estas axudas teñen como fin mellorar a cantidade de residuos preparados para a súa reutilización procedentes de residuos téxtiles (roupa, calzado, accesorios de vestimenta, roupa da casa e similares) recollidos separadamente. Con este obxecto financiaranse tanto construción de novas instalacións dentro do territorio da Comunidade Autónoma como a ampliación das xa existentes para incluír preparación para a reutilización.

    b) Liña 2: Proxectos de construción de instalacións de reciclaxe de residuos téxtiles recollidos separadamente. Estas axudas estarán destinadas á construción dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de instalacións que permitan un tratamento diferenciado dos residuos téxtiles (roupa, calzado, accesorios de vestimenta, roupa da casa e similares) recollidos separadamente, de maneira que este fluxo de residuos poida contribuír á consecución dos obxectivos comunitarios de reciclaxe.

    No tocante á contía das axudas:

    • Para a liña 1 será do 60 % do custo total subvencionable do proxecto, cun importe máximo de 80.000,00 €.

    • Para a liña 2 será do 45 % do custo total subvencionable do proxecto.

    O prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 31 de xaneiro de 2022, ambos incluídos.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211214/AnuncioG0532-021221-0001_gl.pdf

  • DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O ESTUDO DIRIXIDAS AO ALUMNADO DA ESCOLA DE CANTERÍA

    As clases e as respectivas contías das bolsas da Escola de Cantería para o curso 2021/2022 son as seguintes:

    a) Bolsa básica: 800,00 €

    b) Complemento segundo a renda: 200 €

    c) Complemento segundo a residencia: 110 €

    A dotación económica para cada persoa beneficiaria está suxeita ao cumprimento dos requisitos da bolsa básica e de cada un dos complementos, cun máximo determinado pola suma das tres

    O prazo para presentar as solicitudes será de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

    https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/11/17/2021057245

  • DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA AXUDAS PARA IMPULSAR A FORMACIÓN DE MULLERES EN POSTOS DE TÉCNICAS/ADESTRADORAS NO ÁMBITO DEPORTIVO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

    Poderán beneficiarse desta convocatoria as mulleres que cumpran os seguintes requisitos:

    — Estar empadroada na provincia de Pontevedra polo menos desde o 1 de xaneiro de 2021.

    Considerarase gasto subvencionable aquel que, de maneira indubidable, responda á natureza da finalidade subvencionada; terán esta consideración:

    — Os gastos de matrícula dos títulos oficiais de adestradora ou adestrador ou e técnica ou técnico das diferentes federacións ou dos estudos oficiais de réxime especial dos ensinos deportivos iniciados en 2021 (o período lectivo poderá ser en 2021 ou en 2021/2022).

    O prazo de presentación de solicitudes empezará a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base Nacional de Subvencións (BNS), e finalizará o 1 de decembro de 2021.

    https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/11/08/2021055561

  • INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO PUBLICITA A CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN ENERXÉTICA EN EDIFICIOS EXISTENTES EN MUNICIPIOS DE RETO DEMOGRÁFICO

    INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

    RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2021 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU (programa PREE 5000), para a anualidade 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406D).

    As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o día 3 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2022, salvo que con anterioridade se esgotase o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

    Actuacións subvencionables e prazo de execución

    a) Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica (tipoloxía 1).

    b) Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria (tipoloxía 2).

    c) Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación (tipoloxía 3). 

    As actuacións subvencionables deberán realizarse en edificacións existentes construídas con anterioridade ao ano 2007, nas seguintes opcións:

    – En vivendas unifamiliares ou edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda. Para estes efectos, considéranse edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda aqueles en que polo menos un 70 % da superficie construída sobre rasante do edificio estea destinada a uso residencial (opción A).

    – En vivendas dun edificio de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, consideradas individualmente (opción B).

    Estas actuacións deberán acadar as dúas seguintes condicións:

    – Unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 % respecto á situación actual do edificio.

    – A mellora da cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2 /m2 ano). Este último criterio non será de aplicación cando o edificio acredite ter unha cualificación enerxética A.

    O prazo máximo para a conclusión das actuacións obxecto da axuda será o que se fixe na resolución de concesión, sen que poida superar os 18 meses contados desde a data da notificación da resolución de concesión da axuda.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211104/AnuncioC3Q2-261021-0001_gl.pdf

    https://www.boe.es/boe/dias/2021/08/04/pdfs/BOE-A-2021-13268.pdf

     

  • MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN CONVOCA AXUDAS ESTATAIS DESTINADAS Á EXECUCIÓN DE PROXECTOS DE INVERSIÓN DENTRO DO PLAN DE IMPULSO DA SUSTENTABILIDADE E COMPETITIVIDADE DA AGRICULTURA E A GANDERIA

    MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN

    Real Decreto 948/2021, do 2 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas estatais destinadas á execución de proxectos de investimento dentro do Plan de impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e a gandería (III) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

    Para alcanzar este obxectivo, os investimentos e reformas deste compoñente céntranse nos elementos seguintes:

  • MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN CONVOCA AXUDAS POR 2 MILLÓNS DE EUROS DESTINADAS Á OBTENCIÓN DE AVAIS DA SAECA

    O obxectivo é poñer en marcha un instrumento que facilite o acceso ao financiamento de explotacións agrarias, operadores do sector pesqueiro e pemes agroalimentarias.

    O prazo de presentación de solicitudes comeza o 29 de outubro e terá unha duración de 4 meses.

    Toda a información: https://www.lamoncloa.gob.es/serviciosdeprensa/notasprensa/agricultura/Paginas/2021/281021-ayudasavales.aspx

  • CONSELLERIA DE POLÍTICA SOCIAL CONVOCA PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS PARA ESTADÍAS DE FIN DE SEMANA A FAMILIAS DE ESPECIAL CONSIDERACIÓN DENTRO DO PROGRAMA MONTAÑA EN FAMILIA NA ESTACIÓN DE MONTAÑA DE MANZANEDA

    Consellería de Política Social

    ORDE do 27 de outubro de 2021 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para estadías de fin de semana a familias de especial consideración dentro do programa Montaña en familia na estación de montaña de Manzaneda para o ano 2021 (código de procedemento BS423F).

    Convócanse para este ano 600 prazas para participar en estadías de fin de semana dentro do programa Montaña en familia durante as fins de semana do mes de novembro e as dúas primeiras do mes de decembro.

    Poderán ser beneficiarias do programa Montaña en familia, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, as seguintes familias de especial consideración residentes na Comunidade Autónoma de Galicia:

    a) As familias numerosas.

    b) As familias monoparentais.

    c) As familias acolledoras.

    d) As familias vítimas de violencia de xénero

    A estadía inclúe os seguintes servizos e prestacións:

    a) Aloxamento en apartamentos desde 4 prazas con supletoria, ata 7 prazas.

    b) Servizo de comedor en réxime de pensión completa desde a noite do venres ata o xantar do domingo, incluída merenda do sábado para os/as menores.

    c) Programa de actividades da estación dirixidas aos/ás menores e/ou adultos como xogos de habilidades, tiro con arco, multiaventura, tirolina, piscina, spa e vivacs.

    O prezo total da praza pola estadía de fin de semana é de 116 euros por persoa beneficiaria. No caso dos menores de 12 anos este importe é de 86,50 € por beneficiario. Os menores de 2 anos non pagan.

    A Consellería de Política Social contribuirá ao financiamento do prezo da estadía coa achega de 50 euros por praza, polo que o importe que pagarán as persoas beneficiarias será de 66 euros no caso de maiores de 12 anos e de 36,50 euros no caso de menores de 12 anos.

    O prazo de presentación de solicitudes será 10 días hábiles.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211029/AnuncioG0425-271021-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A CONCESIÓN DIRECTA DE BOLSAS E AXUDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPEN EN ACCIÓNS FORMATIVAS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

    Consellería de Emprego e Igualdade

    ORDE do 21 de outubro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2021 e 2022 (código de procedemento TR301V).

    Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas obxecto da presente convocatoria as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nesta orde, así como os particulares establecidos nos artigos que se refiren a cada tipo de bolsa ou axuda, nos termos do disposto no capítulo IV e no anexo II da Orde TMS/368/2019, do 28 de marzo. 

    Para os efectos do indicado no punto 1 deste artigo, terán a consideración de persoas traballadoras desempregadas aquelas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e con situación laboral como non ocupadas, na data de inicio da acción formativa ou no momento da súa incorporación á acción formativa. Tamén poderán obter a condición de beneficiarias as persoas traballadoras que, tendo a condición laboral de ocupadas no momento da súa incorporación á acción formativa, nos supostos en que estea permitida a participación de persoas traballadoras ocupadas, adquiran a condición de persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia durante o período de desenvolvemento da acción formativa.

    Neste caso, só terán dereito a percibir as axudas que lles poidan corresponder desde o primeiro día do mes seguinte a aquel en que adquiran a condición de persoa desempregada. No suposto de que desapareza o feito causante, perderase o dereito a percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte a aquel en que teña lugar esta situación. A persoa beneficiaria debe comprometerse a manter os requisitos que lle permiten o acceso á subvención durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito, de tal maneira que, se deixase de cumprilos, estará obrigada a comunicalo por escrito ao órgano competente para resolver, no prazo de cinco días hábiles desde que se produza tal circunstancia.

    A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211029/AnuncioG0599-221021-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA E DE SUBVENCIÓNS COVID-19 PARA MANTEMENTO DO AUTOEMPREGO DAS PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS

    Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

    RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego, na Comunidade Autónoma galega, das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á segunda convocatoria no ano 2021 (código de procedemento PR937A).

    Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das dúas liñas de subvencións dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que exerzan a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma galega (código do procedemento PR937A):

    – Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora: teñen por finalidade fomentar o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

    – Liña 2 subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego: destinadas a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica das persoas traballadoras autónomas ou por conta propia no contexto actual de pandemia.

    Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España se establezan na Comunidade Autónoma galega:

    1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.

    2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

    Requisitos específicos:

    a) Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora:

    – Que a data de retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2019, incluído, e que a persoa solicitante non fose beneficiaria desta subvención en convocatorias anteriores.

    b) Liña 2 subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego: Poderán ser beneficiarias as persoas que se atopen nalgunha destas dúas situacións:

    b.1) Que a data do retorno a España estea comprendida entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2018.b.2) Que a data de retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2019, incluído, e que a persoa solicitante fose beneficiaria desta subvención en convocatorias anteriores.

    1. Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora:Para promover a creación e o desenvolvemento do autoemprego das persoas galegas retornadas e da súa descendencia que se establezan na Comunidade autónoma galega, establécese unha contía da subvención de 5.000 euros.

    Liña 2 subvención COVID-19 para mantemento do autoemprego: As subvencións destinadas a esta liña COVID-19 terán un importe de 3.000 euros.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211021/AnuncioG0595-111021-0005_gl.pdf

  • CONSELLERIA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS ÁS ORGANIZACIÓNS PROFESIONAIS E ASOCIACIÓNS AGRARIAS PARA A ADQUISICIÓN E MANTEMENTO DOS BENS INFORMÁTICOS E MEDIOS TÉCNICOS NECESARIOS PARA O DESENVOLVEMENTO DA SÚA ACTIVIDADE

    Consellería do Medio Rural

    ORDE do 30 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a adquisición e mantemento dos bens informáticos e os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR321B).

    Poderán ser beneficiarias das axudas que se regulan nesta orde as seguintes entidades:

    1. As organizacións profesionais agrarias legalmente constituídas en Galicia que concorreron ás eleccións ás cámaras agrarias que tiveron lugar o 26 de maio de 2002 segundo o recollido na disposición transitoria única da Lei 1/2006, do 5 de xuño, do Consello Agrario Galego.

    2. As asociacións agrarias, con ámbito de actuación provincial ou autonómico, legalmente constituídas, de acordo coa Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, con código de actividade 811 Agricultura, gandaría, silvicultura, caza, pesca, consonte o Real decreto 949/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Nacional de Asociacións.

    As axudas destinaranse a financiar a adquisición de hardware e software informático, tal como:

    a) Equipamento do posto de traballo fixo.

    b) Equipamento para postos de traballo móbil.

    c) Equipamentos de impresión e dixitalización de documentos.

    d) Equipamentos e instalación de redes.

    e) Equipamentos de captura de imaxes, vídeos, así como dispositivos de proxección.

    f) Software e dispositivos de seguridade.

    Os fondos dispoñibles para pagar as subvencións asignaranse en dúas partidas:

    a) Partida 1, para subvencionar as organizacións profesionais agrarias (artigo 3.1), dotado co 40 % do crédito.

    b) Partida 2, para subvencionar as asociacións agrarias (artigo 3.2), dotado co 60 % restante do crédito.

    Porén, os fondos asignados poderán transvasarse parcialmente dunha partida á outra, se é que nunha delas non se consomen completamente.

    A contía das axudas será do 50 % dos custos subvencionables e de ata un límite máximo de 30.000 euros para un beneficiario da partida 1 e de 15.000 euros para un beneficiario da partida 2.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211013/AnuncioG0426-041021-0001_gl.pdf