Sección: Outras axudas e subvencións

  • AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE AFORRO ENERXÉTICO NAS EMPRESAS DE SECTORES INDUSTRIAIS E SERVIZOS

    Axencia Instituto Enerxético de Galicia
    RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN417Y).

    Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:
    a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector servizos ou na industria. Para os efectos destas bases defínese empresa conforme o recollido no artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014. Só serán subvencionables as actuacións realizadas en centros de traballo ubicados en Galicia.

    Considerarase sector servizos as actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Dentro do sector industria serán subvencionables as empresas cuxo CNAE 2009 comece pola división da 07 a 39, excluídas as que comecen pola división 10.2 e 12.

    Tamén serán subvencionables as actividades previstas no IAE que se correspondan con estas seccións do CNAE 2009.
    b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia, corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas na alínea a) deste artigo e amparadas polo Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior.

    Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma e o prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará no prazo previsto no artigo 26.

    Proxectos de aforro e eficiencia enerxética

    A contía da subvención será do 35 % do custo elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará 20 de xaneiro de 2021 e concluirá o 15 de outubro de 2021.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210118/AnuncioG0474-291220-0001_gl.pdf

  • AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES DE USO TÉRMICO PARA PARTICULARES

    Axencia Instituto Enerxético de Galicia
    RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, para o ano 2021 (código de procedemento IN421P).

    Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 4 se realice en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as agrupación de persoas físicas, privadas sen personalidade e non poderán estas disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación, agás os proxectos de aerotermia cuxa axuda será do 30 %, tendo en conta o seu orzamento e os valores máximos por potencia definidos no artigo 5 destas bases reguladoras. A contía máxima por proxecto será de 60.000 euros.

    Serán subvencionables:

    a) O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares térmicos, bomba de calor, caldeira, …).
    No caso da biomasa o custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción cinzas).
    b) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.
    c) O custo do sistema de almacenamento do combustible.
    d) O custo do sistema de alimentación do combustible.
    e) O custo de montaxe e conexionado.
    f) No caso da enerxía xeotérmica o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondeos, intercambiadores, acumuladores, tubaxes, etc.

    En concreto, os proxectos de biomasa que se subvencionarán son os do grupo: A1 estufas de aire, cociñas calefactoras, A2 cambio de queimadores existentes que non sexade biomasa, B1 equipamentos térmicos que utilicen leña, hidroestufas ou Insert/cheminea de auga, B2 (caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible inferior a 1.000 l) e B3 (caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible maior o
    igual a 1.000 l).

    As solicitudes de axudas presentaranse polas entidades colaboradoras segundo o modelo do anexo II desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.

    O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará segundo a tipoloxía do proxecto nas seguintes datas:
    − Biomasa: o 1 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
    − Aerotermia: o 2 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
    − Xeotermia: o 5 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
    − Solar térmica: o 5 de marzo de 2021 ás 9.00 horas.
    O prazo de presentación de solicitudes de axuda finalizara o 1 de xullo de 2021 para todas as tipoloxías de proxectos.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210118/AnuncioG0474-281220-0008_gl.pdf

  • AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTÁICA DIRIXIDA Á PARTICULARES

    Axencia Instituto Enerxético de Galicia
    RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxía solar fotovoltaica dirixidas a particulares para o ano 2021 (código de procedemento IN421O).

    Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de calquera dereito sobre un inmoble de dereito residencial ou as comunidades e mancomunidades de veciños, sempre que as actuacións subvencionables descritas no artigo 4 se realicen en vivendas ou edificios do sector residencial sitas na Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, as
    agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade, que non se poderán disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    As solicitudes de axudas presentaranas as entidades colaboradoras segundo o modelo do anexo II desta resolución, xunto coa documentación que se indica nas bases reguladoras.

    Serán subvencionables:
    a) Os paneis solares fotovoltaicos.
    b) O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cableado, equipamentos de medidas, etc), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc.)
    e sistema de acumulación con baterías.
    c) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
    d) O custo da montaxe e o conexionado, a dirección de obra.
    e) IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE.

    A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación, tendo en conta o seu orzamento e os requisitos específicos recollidos no artigo 5 destas bases reguladoras.

    A contía máxima por proxecto será de 25.000 €. Na procura de instalacións de potencia racionais, establécese unha axuda máxima por vivenda de 4.000 €. No caso de que o proxecto solicitado inclúa baterías de litio de potencia igual ou superior a 4 kWh, incrementarase en 1.500 €.

    O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 3 de marzo, ás 9.00 horas, e finalizará o 1 de xullo de 2021.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210118/AnuncioG0474-281220-0006_gl.pdf

  • CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA O FOMENTO DA CONTRATACIÓN DE SEGUROS AGRARIOS EN GALICIA

    Consellería do Medio Rural
    ORDE do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR443A).

    As liñas de actuación estarán orientadas á consecución dos obxectivos seguintes:
    1. Avanzar no desenvolvemento do sistema de seguros agrarios para proporcionar aos produtores agrarios unha ferramenta de xestión de riscos a un custo axeitado.
    2. Establecer os criterios de asignación de subvencións, optimizando os recursos e facilitando a súa aplicación, xestión e control.
    3. Fomentar o deseño de liñas de seguro renovables para mellorar a implantación do seguro e a súa universalización.

    Para o ano 2021 a subvención da Consellería do Medio Rural para todas as liñas de contratación establecidas nos anexos I e II que se xuntan a esta orde, incluídas as modalidades de renovables, unha porcentaxe sobre a prima comercial base, incluídas bonificacións e recargas, segundo se indica nos ditos anexos.
    Para as pólizas contratadas por entidades asociativas de agricultores e gandeiros, coas características admitidas pola Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións, establécese unha subvención adicional do 4 % nas liñas agrícolas e gandeiras (anexo I).

    Porcentaxes de subvención. Bases aplicables
    1. Seguros de producións agrícolas.
    Establécese unha subvención do 22 % sobre a prima comercial base, incluídas bonificacións e recargas, para todas as producións agrícolas.
    2. Seguros de producións gandeiras: seguros de explotación.
    Establécese unha subvención do 16 % sobre a prima comercial base, incluídas bonificacións e recargas.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210114/AnuncioG0426-281220-0003_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS A CENTROS PRIVADOS CONCERTADOS PARA A CONTRATACIÓN DE AUXILIARES DE CONVERSA

    Consellería de Cultura, Educación e Universidade
    ORDE do 15 de decembro de 2020 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (código de procedemento ED504E).

    As axudas reguladas nesta orde poderán utilizarse para:
    1. A contratación de auxiliares de conversa que realizarán funcións de apoio á docencia da lingua estranxeira no centro docente.
    2. A adquisición de material específico que sexa necesario para o desenvolvemento das clases de conversa, de carácter ordinario e non inventariable. Para a adquisición de material non poderá superarse o 10 % da axuda concedida.

    Segundo a puntuación acadada polo proxecto, concederanse as seguintes subvencións:

    a) Proxectos cunha valoración de 14 ou máis puntos: 6.000 €.
    b) Proxectos cunha valoración de 13 puntos: 5.500 €.
    c) Proxectos cunha valoración de 12 puntos: 5.000 €.
    d) Proxectos cunha valoración de 11 puntos: 4.500 €.
    e) Proxectos cunha valoración de 10 puntos: 4.000 €.
    f) Proxectos cunha valoración de 9 puntos: 3.500 €.
    g) Proxectos cunha valoración de 8 puntos: 3.000 €.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210114/AnuncioG0598-281220-0003_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS COMPLEMENTARIAS AS ACHEGADAS POLA UE NO MARCO DO PROGRAMA COMUNITARIO ERASMUS+

    Consellería de Cultura, Educación e Universidade
    ORDE do 22 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario Erasmus+, para o alumnado do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2020/21 (código de procedemento ED417A).

    Poderá solicitar estas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
    a) Estar matriculado/a no curso 2020/21 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha
    titulación de grao.
    b) Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario da axuda do Programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación.
    c) Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

    Duración e contía das axudas
    1. O programa de mobilidade para o que se solicita a bolsa será realizado durante o curso académico 2020/21.
    2. As axudas concederanse para estadías dun máximo de nove meses e dun mínimo de tres meses.
    3. As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no Programa Erasmus+:
    a) De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1.
    b) De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2.
    c) De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210113/AnuncioG0598-281220-0001_gl.pdf

  • CONSELLERIA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS PARA A COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS VITIVINÍCOLAS PARA O PERÍODO 2019-2023

    Consellería do Medio Rural
    ORDE do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas para o período 2019-2023, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2021 (código de procedemento MR361A).

    Poderán ser beneficiarios/as destas axudas:
    a) As empresas vitivinícolas que no momento da solicitude produzan ou comercialicen os produtos comprendidos no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, producidos en territorio español ou que, como consecuencia da execución da operación obxecto da solicitude de axuda, comencen esa produción ou comercialización. Para estes efectos entenderase
    como empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan actividades a título individual, as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular. As comunidades de bens quedan incluídas na definición de empresa. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á
    data de presentación da solicitude.

    b) As organizacións de produtores vitivinícolas, recoñecidas consonte o artigo 152 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

    c) As asociacións de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) 1308/2013 do Parlamento Euro peo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. As asociacións deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

    d) As organizacións interprofesionais.

    Serán subvencionables os custos das seguintes accións:

    a) Construción, adquisición ou mellora de bens inmobles.
    b) Compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado do produto.
    c) Custos xerais vinculados aos gastos mencionados nas letras a) e b), tales como honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, así como estudos de viabilidade, co límite do 8 % do orzamento aprobado para a operación de investimento.
    d) A adquisición ou o desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador e a adquisición de patentes, licenzas, dereitos de autor e o rexistro de marcas colectivas.

    O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria comenza o día seguinte ao de publicación desta orde e remata o 29 de xaneiro de 2021.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210112/AnuncioG0426-231220-0003_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DESTINADAS AO ALUMNADO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA QUE POR CAUSAS SOBREVIDAS E IMPREVISTAS OCORRIDAS AO LONGO DO CURSO ACADÉMICO 2020-2021 OU POR UNHA SITUACIÓN DERIVADA DA COVID-19 TEÑA DIFICULTADES ECONÓMICAS

    Consellería de Cultura, Educación e Universidade
    ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2020/21 ou por unha situación derivada da COVID-19, teña dificultades económicas para continuar estudos (código de procedemento ED433A).

    1. Causas sobrevidas no curso académico 2020/21.

    a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso académico: orfandade absoluta; situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; condición de emigrante retornado; vítimas de violencia de xénero; vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).

    b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2020/21. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de xullo de 2020 e o 30 de xuño de 2021.

    2. Causas xurdidas como consecuencia da COVID-19.
    Que algún dos sustentadores principais da unidade familiar estean en situación de desemprego, en Expediente Temporal de Regulación de Emprego (ERTE) ou en calquera outra situación que supoña unha merma económica ou laboral como consecuencia directa da COVID-19.

    Prazo de presentación das solicitudes:
    – Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
    – Se a causa xurde como consecuencia da COVID-19 e é anterior á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

    – Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2021, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).
    – Se a causa xurde como consecuencia da COVID-19 con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2021, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b).

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210112/AnuncioG0598-211220-0002_gl.pdf