XUNTA DE GALICIA CONVOCA 200 BOLSAS DE EXCELENCIA PARA A MOCIDADE DO EXTERIOR CO FIN DE CURSAR ESTUDOS DE MASTER QUE SE INICIEN NO CURSO 2021/2022 NUNHA UNIVERSIDADE GALEGA
AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAL CULTURAIS CONVOCA AXUDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE PROGRAMACIÓN MUSICAL EN SALAS PRIVADAS HABILITADAS LEGALMENTE PARA ORGANIZAR ESPECTÁCULOS MUSICAIS CON PÚBLICO
IGAPE APROBA AS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE XESTORES/AS DE INTERNACIONALIZACIÓN
XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DE APOIO Á ETAPA PREDOUTORAL NAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA PÚBLICO GALEGO
Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ORDE do 31 de decembro de 2020, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos
de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2021 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210127/AnuncioG0598-110121-0003_gl.pdf
XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS DE APOIO Á ETAPA DE FORMACIÓN POSTDOUTORAL NAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA
Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ORDE do 31 de decembro de 2020, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento ED481B e IN606B).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210127/AnuncioG0598-110121-0005_gl.pdf
XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA A INTERNACIONALIZACIÓN DIXITAL DAS EMPRESAS GALEGAS
Instituto Galego de Promoción Económica
RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a internacionalización dixital das empresas galegas (Galicia Exporta Dixital 2021), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG401D).
Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto apoiar as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital conscientes de que o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais supón un enorme potencial para a mellora da competitividade nos mercados internacionais, considerando que o desenvolvemento de plans empresariais de internacionalización dixital repercuten nas posibilidades de negocio, posibilitando a presenza en mercados, facilitando o acceso a clientes, reducindo os custos de transacción e publicidade, e permiten abrir canles comerciais novas, achegando así medios máis eficaces para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións. O obxecto último destas bases é o desenvolvemento e a implementación dun plan de internacionalización dixital de empresa, e as necesidades específicas en materia de márketing dixital internacional do comercio retallista.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.
d)Tamén poderán ser beneficiarias aquelas pemes dedicadas ao comercio retallista, que non precisan estar dadas de alta en programas do punto anterior.
e) Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de xuño de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210126/AnuncioO92-070121-0003_gl.pdf
CONSELLERIA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADES CONVOCA AXUDAS PARA A ETAPA DE FORMACIÓN POSTDOUTOURAL
Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ORDE do 31 de decembro de 2020, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento ED481D e IN606C).
O obxecto desta convocatoria é outorgar axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e da IEO
(Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para completar a etapa de formación posdoutoral.
Convócanse 24 axudas (20 para as universidades do SUG e 4 para o resto de entidades beneficiarias). O importe total máximo de cada axuda é de 49.000 € anuais, que inclúe tres conceptos:
1. O financiamento dun contrato posdoutoral dun máximo de 38.000 € brutos anuais.
2. Unha axuda complementaria, por cada persoa contratada para o establecemento dunha liña propia de investigación, de 10.000 € para o ano 2021 e para o ano 2022 e de 5.000 € para o ano 2023.
3. Un complemento anual por axuda de 1.000 €, destinado ás entidades beneficiarias para cubriren os gastos asociados á contratación.
O prazo de presentación será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210121/AnuncioG0598-110121-0001_gl.pdf
XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS AO ALUGUEIRO (*PARA COLECTIVOS ESPECÍFICOS)
Instituto Galego da Vivenda e Solo
RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2020 pola que se convocan para o ano 2021, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social (códigos de procedemento VI482A e VI482B).
As subvencións do Programa do bono de alugamento social están destinadas a atender con carácter urxente as seguintes unidades de convivencia:
a) Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estaren inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron que a persoa arrendadora interpuxese unha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
b) As das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultade para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude estean residindo nun recurso de acollida dos integrados na Rede galega de acollemento para este colectivo e adscrito a unha Administración pública.
Para os efectos deste programa, consideraranse vítimas de violencia de xénero as mulleres, os seus fillos e fillas menores orfos, vítimas tamén desta violencia, así como as mulleres e nenas vítimas de trata con fins de explotación sexual. Terán tamén esa consideración as mulleres que padecesen violencia vicaria ou violencia por interpósita persoa.
c) Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual, que posúen en calidade de propietarias ou usufrutuarias, por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.
d) Aquelas que, tendo sido beneficiarias do programa Aluga, regulado polo Decreto 84/2010, do 27 de maio, para o fomento do alugamento de vivendas na Comunidade Autónoma de Galicia, desfrutasen na súa totalidade da subvención do dito programa e lles rematase o período máximo de desfrute desa axuda dentro dos seis meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono alugamento social.
e) Aquelas ás cales, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, finalizase a vixencia do seu contrato, a partir da entrada en vigor desta orde.
f) Aquelas ás cales, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar olímite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco do citado programa.
g) Aquelas que sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sociedade de Xestión de Activos procedentes de Reestruturación Bancaria (Sareb), en virtude dos convenios de colaboración subscritos entre o IGVS e as citadas entidades, rematasen a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención do Programa do bono alugamento social.
O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e terminará o día 10 de decembro de 2021 e, en todo caso, ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria.
Convocatoria 2021: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210120/AnuncioC3Q2-120121-0001_gl.pdf
Orde que regula a convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190107/AnuncioG0532-181218-0001_gl.pdf
XUNTA DE GALICIA ABRE PRAZO PARA A SOLICITUDE DA TARXETA BENVIDA PARA AS FAMILIAS CON FILLAS E FILLOS NADOS , ADOPTADOS/AS OU DECLARADOS/AS EN SITUACIÓN DE GARDA CON FINS ADOPTIVOS PARA O ANO 2021
Consellería de Política Social
ORDE do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declaradas/os en situación de garda con fins adoptivos no ano 2021, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B).
Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2021 teñan un/unha fillo/a, adopten ou sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos e para aquelas outras que, tendo obtido a axuda ou non accedendo a ela por superar os ingresos previstos nas respectivas convocatorias no ano 2019 e 2020, experimentasen unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito ás contías reguladas no artigo 4.2 e proceder á súa convocatoria (código de procedemento BS403B).
A axuda farase efectiva a través da tarxeta Benvida, a cal só poderá ser utilizada en oficinas de farmacia, parafarmacias, ópticas, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.
Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nun dos seguintes supostos:
a) Ter fillas ou fillos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.
b) Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021.
Así mesmo, poderán beneficiarse da axuda as galegas e galegos e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2021.
Igualmente poderán beneficiarse das contías previstas no artigo 4.2 aquelas familias que obtivesen a axuda de carácter xeral de 1.200 € ou non accedesen a ela por superar os ingresos previstos, nas respectivas convocatorias do ano 2019 e 2020 e experimentasen unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito a elas. O importe da axuda nestes casos establecerase en función dos meses que resten desde o 1
de xaneiro de 2021 ata que o neno ou nena que dá dereito á axuda cumpra tres anos ou ata que se cumpran tres anos do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos.
Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla durante un ano a razón de 100 €/mes. No suposto de que o fillo ou filla que dá dereito á axuda sexa o terceiro/a ou sucesivo/a da unidade familiar a contía da axuda será de 2.400 € a razón de 200 €/mes.
Serán requisitos necesarios para a concesión desta axuda:
a) Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia.
Para estes efectos considerarase cumprido o requisito de residencia habitual co empadroamento efectivo nun concello de Galicia.
b) Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 €. No suposto de que esta contía fose superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €.
c) Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 €, para ter dereito á contía da axuda prevista no artigo 4.2.
d) Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual nun concello cunha poboación inferior a 5.000 habitantes, para ter dereito ao incremento da axuda prevista no artigo 4.3.
Ademais, as persoas galegas emigrantes deberán ter retornado a Galicia no ano 2021 e deberán estar en posesión da nacionalidade española antes do dito retorno.
Para ter dereito á axuda prevista no artigo 4.4. a unidade familiar debe estar en situación de especial vulnerabilidade tecnicamente valorada polo sistema público de servizos sociais e ter un recurso do sistema público de protección social pendente de resolución.
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día do nacemento ou do día no que se ditou a resolución de adopción ou de garda con fins adoptivos.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210119/AnuncioG0425-281220-0002_gl.pdf