Sección: Outras axudas e subvencións

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS Á RECONVERSIÓN DA VIÑA EN GALICIA

    Consellería do Medio Rural
    ORDE do 24 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan
    para o ano 2021 (código de procedemento MR446A).

    Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas viticultoras e futuros viticultores cuxos viñedos se destinen á produción de uva para vinificación.
    Os requisitos a cumprir polas persoas beneficiarias son:
    1. Só poderán figurar nunha única solicitude, agás que a reestruturación e/ou reconversión se leve a cabo en distintas provincias.
    2. Deberán ter presentada a declaración de colleita de uva da campaña anterior, agás que non tivesen a obriga de presentala.
    3. Cumprir cos requisitos establecidos nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    4. As comunidades de bens ou sociedades civís deberán cumprir as exixencias previstas para estas agrupacións no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que deberán facer constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe da subvención que se vai aplicar por cada un deles (anexo I), que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Tamén deberán nomear un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiario correspondan á agrupación. Así mesmo,
    deberán acreditar a existencia dun pacto de indivisión da comunidade por un período mínimo de, polo menos, dez campañas contadas desde a campaña seguinte á que solicite o pagamento final.

    Poderá subvencionarse unha ou varias das seguintes actuacións:
    a) Reimplantación de viñas.
    b) Reconversión varietal.
    c) Mellora das técnicas de xestión de viñas.

    Importe
    Estas axudas finánciaas a Unión Europea, na súa totalidade, a través do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga 100 %): 3.000.000 €.
    As axudas poderán ser de:
    a) Compensación pola perda de ingresos (2.226 euros/ha e campaña, de ser o caso).
    b) Custos de reestruturación e reconversión da viña (50 % dos custos subvencionables).

    O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210330/AnuncioG0426-250321-2_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA OS PREMIOS TALENTO MOZO EN GALICIA

    Consellería de Política Social
    ORDE do 16 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases que rexen os premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2021
    (código de procedemento BS327A).

    Esta orde ten por obxecto a regulación do procedemento de concesión dos premios ao talento mozo na Comunidade Autónoma de Galicia para o recoñecemento de traxectorias excelentes e proxectos impulsados e postos en marcha por mozos e mozas galegos, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2021.

    Cos premios Talento Mozo Galicia tratarase de recoñecer e visibilizar o talento e as capacidades da xuventude galega, nas modalidades de ciencia, rural, deporte, empresa e cultura e creación.

    Os premios Talento Mozo Galicia que se convocan terán as seguintes modalidades:
    a) Ciencia.
    b) Rural.
    c) Deporte.
    d) Empresa.
    e) Cultura e creación.

    Premios
    1. Outorgarase un premio en cada unha das modalidades establecidas no artigo 2, cuxa dotación económica será de 5.000 euros por modalidade.
    As contías dos premios obxecto desta convocatoria serán únicos e estarán suxeitos ás retencións correspondentes conforme a lexislación tributaria.

    2. As persoas premiadas recibirán, ademais da dotación económica do premio, unha distinción honorífica e un diploma acreditativo.

    Poderán optar aos premios Talento Mozo Galicia as persoas mozas que reúnan os seguintes requisitos:
    1. Ter entre 18 e 35 anos na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
    2. Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
    3. Contar cunha traxectoria relevante na modalidade do premio a que concorra. Para estes efectos, os méritos que motivan a candidatura deben estar referidos a circunstancias acreditadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.
    4. Cumprir coas obrigas previstas no artigo 18 para as persoas premiadas.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210330/AnuncioG0425-180321-0003_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA SUBVENCIÓNS DE CREACIÓN AUDIOVISUAL PARA O DESENVOLVEMENTO E A PROMOCIÓN DO TALENTO AUDIOVISUAL GALEGO

    Axencia Galega das Industrias Culturais
    RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e a promoción do talento audiovisual galego, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT207E).

    Poderán ser obxecto de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais as seguintes modalidades de proxectos:
    Modalidade A: axudas á escrita individual de guión en galego. Subvencións para proxectos de guión de obras orixinais ou adaptación de obras literarias para longametraxes cinematográficas. A contía adxudicada por proxecto será de 5.000 euros.

    Modalidade B: subvencións a curtametraxes, coas seguintes submodalidades:
    B1. Axudas a curtametraxes sobre proxecto en versión orixinal galega cunha duración inferior a 60 minutos. As subvencións terán unha contía de 6.000 euros.
    B2. Axudas a curtametraxes en construción, que estean gravadas en versión orixinal galega, teñan unha duración inferior a 60 minutos e realicen os traballos de posprodución en Galicia. As subvencións terán unha contía de 4.000 euros.

    Modalidade C: subvencións a proxectos de longametraxes cinematográficas en versión orixinal galega cunha duración igual ou superior aos 60 minutos, que se correspondan con propostas de especial valor artístico e creativo e que conten cun realizador que non dirixise ou codirixise máis de dúas longametraxes cualificadas para a súa explotación comercial en salas de exhibición cinematográfica. As subvencións terán unha contía de 30.000 euros.

    Modalidade D: subvencións a proxectos de webserie en versión orixinal galega, cun mínimo de 3 capítulos e unha duración mínima total de 30 minutos, que teñan unha unidade argumental e continuidade entre os episodios.

    Persoas beneficiarias
    1. Poderán optar a estas subvencións referidas nas modalidades A e B1 todas as persoas físicas residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, sempre que non realicen o proxecto para o cal solicitan a subvención de xeito profesional.

    2. Poderán optar ás subvencións referidas nas modalidades B2, C e D os/as directores/as residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que estean constituídos como produtora individual no momento de presentar a solicitude. Así mesmo, poderán optar aquelas persoas xurídicas constituídas como produtoras e dadas de alta na actividade no momento de presentar a solicitude e establecidas na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.

    O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210324/AnuncioG1097-110321-0001_gl.pdf

  • DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA SUBVENCIÓNS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES DE CARÁCTER TURÍSTICO DURANTE O ANO 2021

    Constitúe o obxecto destas bases a regulación da concesión de subvencións públicas destinadas a promover actividades de carácter turístico durante o ano 2021 coa finalidade de colaborar no fomento do turismo e na profesionalización do sector da provincia de Pontevedra, segundo os principios de concorrencia competitiva, obxectividade e publicidade.

    Poderán ser obxecto de subvención as actividades de fomento do turismo que teñan como fins, entre outros, os seguintes:

    — Promoción e estímulo dun sector turístico competitivo, de calidade, accesible e sustentable

    — Promoción dos seguintes recursos turísticos da provincia: a natureza, o medio ambiente e a paisaxe; as festas e tradicións populares; o patrimonio cultural e lingüístico; a gastronomía e a enogastronomía; a saúde, o benestar e o termalismo.

    Poderán solicitar estas subvencións as persoas xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:

    — Non ter a condición de Administración Pública.

    — Carecer de fins de lucro.

    — Ter o domicilio social na provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra desta cando a actividade para a que se solicita a subvención teña interese para a provincia.

    — Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e coa facenda autonómica da Xunta de Galicia (ATRIGA).

    — Non ter débedas coa Deputación de Pontevedra.

    — Estar ao corrente do pagamento da Seguridade Social.

    — Non estar incursa en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

    — Non ter pendente de xustificación subvencións anteriores pagadas anticipadamente pola Deputación de Pontevedra.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

    https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/03/22/2021012266

  • INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO CONVOCA AXUDAS FINANCEIRAS DO PROGRAMA DE PRÉSTAMOS CUALIFICADOS PARA A REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS

    Instituto Galego da Vivenda e Solo
    RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2021 pola que se convocan, para a anualidade 2021, as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a
    rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual (código de procedemento VI406B).

    Esta resolución ten por obxecto convocar para a anualidade 2021 as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas (código de procedemento VI406B), que poderán consistir en:
    a) Préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas concedidos polas entidades de crédito, no ámbito dos convenios asinados para estes efectos co Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS).

    b) Axudas económicas directas, consistentes na subsidiación dos xuros do préstamo cualificado outorgado pola entidade financeira.

    Serán actuacións susceptibles de acollerse ao programa de préstamos cualificados as previstas no anexo II das bases reguladoras deste programa.
    No caso de obras consistentes no remate en edificios ou vivendas cuxos paramentos de fachada e/ou cubertas non estivesen rematadas, deberanse cumprir as seguintes condicións para acceder ao programa:
    a) Incluír o remate de todas as fachadas e/ou cubertas da edificación.
    b) Xustificar que a edificación ten unha antigüidade mínima de dez anos e que foi habitada durante un mínimo de cinco anos.

    Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas que promovan as actuacións de rehabilitación, xa sexan propietarias ou teñan calquera outro título que acredite a posesión do inmoble, así como as persoas membros de comunidades de propietarios/as partícipes nas actuacións promovidas pola correspondente comunidade en función da súa porcentaxe de participación.

    Así mesmo, as comunidades de propietarios/as poderán ser beneficiarias dos préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios, ben que non poderán obter axudas de subsidiación dos xuros dos citados préstamos.

    Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas propietarias de locais, agás os casos en que se pretenda a súa conversión en vivenda.

    O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o 1 de setembro de 2021 e, respecto das axudas económicas directas de subsidiación, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210318/AnuncioC3Q2-090321-0001_gl.pdf

  • MINISTERIO DE TRANSPORTES, MOBILIDADE E AXENDA URBANA CONVOCA AXUDAS Á TRANSPORTISTAS AUTÓNOMOS/AS QUE ABANDONEN A SÚA ACTIVIDADE

     

    O goebrno destinará case 10 millóns de euros para axudas a transportistas #autónomos por estrada que abandonen a actividade en 2021.

    Prazo de solicitude: 12 de abril

    https://sede.mitma.gob.es/SEDE_ELECTRONICA/LANG_CASTELLANO/OFICINAS_SECTORIALES/TTE_CTRA/AYUDAS/AYUDAS_ABANDONO/

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA DO BONO ALUGUEIRO SOCIAL DESTINADO AO ALUGAMENTO DE VIVENDAS PARA AS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

    Instituto Galego da Vivenda e Solo
    RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2021 pola que se convocan, para o ano 2021, con financiamento plurianual, as subvencións do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero con financiamento do pacto de Estado contra a violencia de xénero (códigos de procedemento VI482C e VI482D).

    Poderán ser beneficiarias da concesión inicial deste programa as seguintes unidades de convivencia:
    a) As das mulleres vítimas de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor ou, no caso de mulleres vítimas de trata con fins de explotación sexual, de dependencia da persoa que mantivese sobre ela unha relación de dominación.
    Terán tamén esa consideración as mulleres que padecesen violencia vicaria ou violencia por interpósita persoa, con resultado de morte.
    b) As das fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, calquera que sexa a natureza da súa filiación, que se encontrasen nunha situación de dependencia económica da nai ou do agresor no momento do falecemento da vítima.

    O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e terminará o día 10 de decembro de 2021 e, en todo caso, co esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210316/AnuncioC3Q2-040321-0001_gl.pdf

     

  • DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA CONCURSO REACCIÓN POLO CLIMA, ANO 2021

    Aprobar as bases reguladoras da segunda edición do concurso Reacción polo Clima, que ten como finalidade promover a loita contra o cambio climático a través de manifestacións artísticas visuais nas que se denuncie a situación do planeta e se propoñan actuacións para combater a contaminación, entre outros aspectos, e, deste xeito, potenciar o talento da mocidade e mostrar as súas reivindicacións neste ámbito.

    Poderán optar a estes premios as persoas físicas e xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

    Persoas físicas

    — Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos na data de presentación da solicitude

    — Estar empadroadas en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra

    Persoas xurídicas

    — Ser entidades que teñan a súa sede fiscal na provincia de Pontevedra

    — Que polo menos o 50 % das persoas administradoras ou membros da xunta directiva sexan persoas físicas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos

    Premios e formato

    3.1 Os premios convocados están dotados cun importe de catro mil (4.000,00) euros:

    • Primeiro premio: 2.400,00 euros

    • Segundo premio: 1.000,00 euros

    • Terceiro premio: 600,00 euros

    3.2 Os traballos serán en formato audiovisual e admitirase calquera tipoloxía empregada pola mocidade nas redes sociais ou nos medios de difusión de natureza similar (por exemplo, Instagram, TikTok, YouTube etc.)

    3.3 A duración máxima do vídeo será de dous minutos e medio

    3.4 A institución provincial queda eximida de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera outra transgresión da lexislación vixente relacionada coa propiedade intelectual na que poidan incorrer as persoas participantes

    O prazo de presentación das solicitudes e proxectos será de 2 meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

    https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/03/15/2021011573

  • DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA V EDICIÓN DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE PARA O ANO 2021

    A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, pon en marcha a cuarta edición dos Premios Provinciais á Xuventude, coa finalidade de promover o talento e o potencial da mocidade da nosa provincia, deste xeito, preténdese estimular e recoñecer a traxectoria, o esforzo e o compromiso daquelas persoas moxas que desenrolaran unha labor relevante nos distintos eidos obxecto desta convocatoria.

    Os premios que se convocan están dotados cun importe de trinta e dous mil (32.000,00) euros nas seguintes categorías:

    1.Iniciativa social: 4.000,00 euros

    • Primeiro premio: 2.000,00 euros

    • Segundo premio: 1.250,00 euros

    • Terceiro premio: 750,00 euros

    2.Iniciativa empresarial: 4.000,00 euros

    • Primeiro premio: 2.000,00 euros

    • Segundo premio: 1.250,00 euros

    • Terceiro premio: 750,00 euros

    3.Educación en valores: 4.000,00 euros

    • Primeiro premio: 2.000,00 euros

    • Segundo premio: 1.250,00 euros

    • Terceiro premio: 750,00 euros

    O importe do premio deberase destinar na súa totalidade á adquisición de material, saídas educativas, proxectos escolares, bolsas para o alumnado ou calquera outra actividade que teña relación directa coa programación do centro.

    4. Contido dixital: 4.000,00 euros

    4.1 Contido audiovisual: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    4.2 Web-Blog: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    5.Traballo musical: 4.000,00 euros

    5.1 Música clásica: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    5.2 Outros xéneros: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    6.Traballo literario breve: 6.000,00 euros

    6.1 Narrativa: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    6.2 Poesía: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    7. Banda deseñada: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    8.Fotografía orixinal: 4.000,00 euros

    8.1 Serie fotográfica: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    8.2 Fotografía: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    9. Deseño e moda: 2.000,00 euros

    • Primeiro premio: 1.000,00 euros

    • Segundo premio: 600,00 euros

    • Terceiro premio: 400,00 euros

    Esta convocatoria está dirixida a xóvenes de idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos, en todas as categorías recollidas na base segunda, a excepción da modalidade de educación en valores, que está dirixida aos centros de educación secundaria da provincia de Pontevedra en cuxos proxectos participen alumnas e alumnos de idades comprendidas entre os 12 e los 18 anos.

    O prazo de inscrición será de tres (3) meses e comezará a partir do día seguinte ao de a sá publicación.

    https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2021/03/15/2021011572

  • CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS NIÑO

    Consellería de Política Social
    ORDE do 26 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para os anos 2021, 2022, 2023 e 2024 (código de procedemento BS403C).

    Poderán ser beneficiarias destas axudas para pór en marcha unha casa niño as persoas físicas que se establezan como empresarias autónomas e as cooperativas de traballo asociado que reúnan os seguintes requisitos:
    a) Estar en posesión, ou contar, cando menos, cunha persoa socia que o estea no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera das titulacións que se recollen a continuación, ou equivalentes, ou da formación ou experiencia seguintes:
    1º. Técnico/a superior en Educación Infantil.
    2º. Grao en mestre/a de Educación Infantil/Educación Primaria.
    3º. Grao en Pedagoxía, Psicoloxía ou Educación Social.
    4º. Diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou o curso de formación complementaria para futuros/as profesionais das casas niño impartidos pola Xunta de Galicia.
    5º. Formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís ou experiencia profesional acreditada neste ámbito.
    b) Residir nun núcleo rural en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou facelo con anterioridade á posta en marcha do proxecto piloto.
    c) Contar cun inmoble nun núcleo rural en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou dispor del con anterioridade á posta en marcha do proxecto piloto.

    O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210311/AnuncioG0425-010321-0001_gl.pdf