Sección: Outras axudas e subvencións

  • INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO CONVOCA AXUDAS COMPLEMTARIAS AO DO PROGRAMA ALUGUEIRO DO BONO SOCIAL A PERSOAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

    Instituto Galego da Vivenda e Solo
    RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2021 de concesión directa da axudas complementaria á do Programa do bono de alugueiro social destinado ao
    alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero.

    Contía da axuda e duración
    1. A contía da axuda será polo importe non subvencionado da renda mensual do contrato de alugamento da persoa beneficiaria no marco do programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero. Porén, no caso de que tivesen recoñecida esta axuda no ano 2020, o importe mensual da axuda complementaria para o ano 2021 será a mesma que viñesen percibindo no ano 2020.

    2. En ningún caso o importe desta axuda complementaria, conxuntamente coa axuda do Programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero, poderá superar o límite máximo da renda do contrato de alugamento que figure no respectivo expediente, nin a axuda complementaria poderá exceder o importe máximo de axuda mensual previsto no artigo 5 da Orde do 11 de abril de 2019.

    3. A axuda terá unha duración máxima de doce meses, desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2021.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210303/AnuncioC3Q2-260221-0001_gl.pdf

  • AXENCIA GALEGA DE CALIDADE ALIMENTARIA CONVOCA AXUDAS NO ÁMBITO AGROFORESTAL

    Axencia Galega da Calidade Alimentaria
    RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas
    para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR331A).

    Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións obxecto da presente resolución:
    a) Persoas físicas ou xurídicas e organizacións ou entidades directamente vinculadas á produción primaria en agricultura, gandaría e/ou silvicultura.
    b) Persoas físicas ou xurídicas primeiras transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.

    O prazo para a presentación de solicitudes remata no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210218/AnuncioG0528-030221-0001_gl.pdf

  • AXENCIA TURISMO DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA ENTIDADES ORGANIZADORAS DE CONGRESOS, SEMINARIOS, CONVENCIÓNS, INCENTIVOS OU CALQUERA OUTRO EVENTO AO TURISMO DE REUNIÓNS EN GALICIA

    Axencia Turismo de Galicia
    RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de
    subvencións a entidades organizadoras de congresos, seminarios, convencións, incentivos ou calquera outro evento relativo ao turismo de reunións en Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022, que serán susceptibles de financiamento no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento TU403A).

    Gastos subvencionables
    1. Considéranse gastos subvencionables os derivados daqueles programas ou actividades que promovan o intercambio e a difusión de saberes mediante a organización de congresos, seminarios, convencións ou calquera outro evento relativo a calquera área de coñecemento que se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

    2. En calquera caso, para os efectos previstos nestas bases, son gastos subvencionables os que respondan á natureza e obxecto da actividade subvencionada e se realicen desde o 1 de abril de 2021 ata o 31 de outubro de 2022, en concreto terán a consideración de gastos subvencionables:
    – Gastos de secretaría técnica do evento: coordinación do evento, convocatoria e rexistro de asistentes, protocolo.
    – Gastos directos dos conferenciantes, tales como viaxes, axudas de custo, manutención, aloxamento e transporte interno.
    – Gastos de sede e equipamento como: alugamentos de locais, salóns, carpas e similares; sede de congresistas e relatores; iluminación, megafonía e servizos audiovisuais; rotulación exterior e interior do evento, paneis e carteis indicativos.
    – Gastos de persoal ao servizo do evento como: servizo de azafatas, tradución simultánea, presentadores/condutores para o evento, contratacións artísticas, guías turísticos ou similares.
    – Gastos de produción e comunicación como: imaxe e creatividade do evento e as súas adaptacións, web do evento, plataformas dixitais ou virtuais para a súa difusión e/ou emisión, apps específicas para o evento, material promocional en calquera soporte, publicidade, memorias e similares.
    – Servizos operativos propios do evento: traslados asistentes, almorzos de traballo…
    Calquera outro gasto relativo ás actividades e servizos incluídos no programa do evento: as actividades complementarias, así como os servizos de protocolo e atención aos participantes (programa social, cóctel benvida, cea de gala ou similares) non poderá supoñer un gasto maior do 15 % do total do orzamento subvencionable. Porén, non resultarán subvencionables os agasallos ou obsequios aos participantes nin aos conferenciantes.

    Poderán ser beneficiarias das subvencións as seguintes entidades:
    a) As universidades ou organismos públicos de investigación, a través dos seus centros,
    institutos, departamentos, seccións u outras unidades de investigación.
    b) As sociedades científicas legalmente constituídas, colexios profesionais e outras entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro, dotadas de personalidade xurídica propia, agás as entidades locais.
    c) As empresas ou sociedades privadas que organicen especificamente congresos, reunións, xornadas técnicas, eventos, presentacións, incentivos, etc.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210217/AnuncioG0256-040221-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS EXTRAORDINARIAS E DE REFORZO COVID AS PERSOAS GALEGAS EMIGRANTES RETORNADAS

    Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo
    RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias e as de reforzo COVID-19 a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR905A)

    Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de dúas liñas de axudas non periódicas, dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas á Comunidade Autónoma de Galicia que carezan dos recursos suficientes:
    Liña 1 «Axudas extraordinarias»: teñen por finalidade axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do retorno.
    Liña 2 «Axudas reforzo COVID-19»: teñen por finalidade apoiar a unidade familiar polas dificultades de inserción sociolaboral no contexto actual de pandemia.

    Poderán ser beneficiarias destas axudas as seguintes persoas que, residindo fóra de España con nacionalidade española, establezan a súa residencia na Comunidade Autónoma galega:
    a) As persoas galegas e nacicidas en Galicia.
    b) Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal das persoas galegas e nadas en Galicia.
    c) Os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

    Quedan excluídas da liña de axudas extraordinarias desta convocatoria tanto as persoas que solicitasen a axuda e resultasen beneficiarias dela nas dúas convocatorias anteriores como o resto das persoas que formasen parte da súa unidade familiar cando solicitou a axuda, en virtude das seguintes resolucións:
    – Resolución do 27 de decembro de 2018 (DOG núm. 32, do 14 de febreiro de 2019).
    – Resolución do 24 de febreiro de 2020 (DOG núm. 52, do 16 de marzo de 2020).
    As persoas referenciadas no punto anterior poderán solicitar e ser beneficiarias da liña de axudas reforzo COVID-19 desta convocatoria.

    Requisitos comúns para as dúas liñas de axudas que deberán cumprirse e acreditarse na data da presentación de solicitudes:
    a) Estar en posesión da nacionalidade española antes de retornar.
    b) Estar empadroada e ter residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
    c) Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos inmediatamente anteriores á data do retorno a España.
    d) Carecer de recursos económicos suficientes na unidade familiar.

    Requisitos específicos que deberán cumprirse en función da liña de axuda que lle corresponda:
    a) Liña 1 Axudas extraordinarias:
    – Que a data de retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2019 incluído e non fose beneficiaria desta axuda extraordinaria en convocatorias anteriores.
    b) Liña 2 Axudas reforzo COVID-19:
    Poderán ser beneficiarias as persoas que se atopen nalgunha destas dúas situacións:
    b.1) Que a data do retorno a España estea comprendida entre o 1 de xaneiro de 2018 e
    o 31 de decembro de 2018, ambos os dous incluídos.
    b.2) Que a data do retorno a España sexa a partir do 1 de xaneiro de 2019 incluído e que non poida acceder á axuda extraordinaria porque a persoa solicitante ou algún membro da súa unidade familiar xa fose beneficiaria da axuda extraordinaria nas convocatorias dos anos 2019 ou 2020.

    Contía e compatibilidade de axudas
    1. Liña 1 Axudas extraordinarias:
    1.1. As axudas extraordinarias de carácter xenérico para facer fronte á situación derivada do retorno da unidade familiar previstas nesta resolución aboaranse por unha soa vez e o seu importe establécese en función do número de puntos que se obteña segundo os criterios recollidos no artigo 5. Fíxase para os efectos un valor de 300 euros por unidade de puntuación, o que determinará a contía da axuda.
    1.2. Coa finalidade de reforzar o apoio ás persoas beneficiarias con cargas familiares, establécense tamén unhas axudas específicas de pagamento único, sempre que a persoa beneficiaria tivese algún fillo/a menor de 18 anos convivindo no seu domicilio. En calquera caso, esta axuda só a poderá percibir un dos proxenitores para o cal se terá en conta a solicitude presentada en primeiro lugar.
    a) As contías destas axudas outorgaranse por cada fillo menor e terán os seguintes importes:
    – 1.000 euros polo primeiro e segundo fillo/a menor de 18 anos.
    – 1.500 euros a partir do terceiro fillo/a menor de 18 anos.
    b) No caso de que no momento de solicitar a axuda, a unidade familiar conste empadroada e residindo nun concello rural, as anteriores contías establecidas por cada fillo/a menor incrementaranse nun 25 %.
    1.3. No caso de que a persoa beneficiaria fose menor de idade aplicarase tamén o previsto no punto anterior deste artigo, incrementando neste caso a contía da axuda en 1.000 euros e un 25 % máis no caso de residir nun concello rural.
    1.4. As axudas específicas de pagamento único establecidas para os supostos recollidos nos puntos 1.2 e 1.3 deste artigo poderanse conceder no caso de que a persoa solicitante non poida ser beneficiaria das axudas xenéricas por non cumprir os requisitos establecidos no artigo 4.1.d) ou e) desta resolución, sempre que a renda per cápita anual dos membros da unidade familiar do ano anterior ao da convocatoria non supere os 13.500 euros.
    1.5. A contía límite da axuda extraordinaria concedida será ata un máximo de 6.000 euros.
    2. Liña 2 Axudas reforzo COVID-19:
    2.1. As axudas destinadas ao reforzo COVID-19 terán un importe de 1.000 euros por persoa solicitante e 400 euros por cada un dos restantes membros da unidade familiar.
    2.2. A contía límite da axuda reforzo COVID-19 concedida será ata un máximo de 3.000 euros.
    3. Soamente se poderá presentar unha única solicitude de axuda nesta convocatoria e por un único membro da unidade familiar. No caso de que a persoa solicitante ou outro membro da unidade familiar presentase outra solicitude de axuda, entenderase como válida a presentada no primeiro lugar segundo o asento de rexistro correspondente.
    En todo caso, as axudas da liña 1 e 2 son incompatibles entre si.
    4. As axudas previstas nesta resolución serán compatibles con calquera outra que poida percibir a persoa solicitante para o mesmo fin concedidas por calquera Administración pública.

    O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2021, inclusive.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210217/AnuncioG0595-030221-0001_gl.pdf

  • COMO SOLICITAR A AXUDA POR FILLO/A A CARGO (AXUDA POR PUNTOS) DESPOIS DOS CAMBIOS INTRODUCIDOS PARA O ANO 2021

    • Que é a axuda dos puntos? Esta axuda consiste nunha asignación económica que se concede por cada fillo/a menor de 18 anos a cargo da persoa que o solicita, ou maior se ten unha discapacidade igual ou superior ao 65% así como os menores acollidos en acollemento familiar, xa sexa permanente ou pre adoptivo, sempre que non se superen uns ingresos establecidos.

    A axuda desaparece como tal e intégrase no Ingreso Mínimo Vital.
    Coa chegada do Ingreso Mínimo Vital, o goberno busca unificar as axudas da Seguridade Social para axilizar os trámites na administración, polo que moitas destas pasarán a formar parte do IMV.
    É o caso desta axuda non contributiva, que non será eliminada, será integrada nesta nova prestación da Seguridade Social, algo que xa se anunciou antes da súa posta en marcha no mes de xuño.

    Por tanto a partir do 1 de xaneiro de 2021 xa non poderá solicitarse como axuda, quen cumpra os requisitos a partir desa data deberán solicitar o Ingreso Mínimo Vital, con todo que pasará con aquelas persoas que xa son beneficiaría anteriormente. A Seguridade Social xa aprobou de oficio o Ingreso Mínimo Vital a máis de 75.000 familias que cobraban esta axuda por puntos.

    • Que pasa coas persoas que non se lles aprobou de oficio? Aínda que a Seguridade Social aprobará de oficio a moitas persoas beneficiarias da axuda por puntos para que pasasen a cobrar o IMV, algo que lles comunicou vía SMS, moitas outras beneficiarias non foron aprobados de oficio, isto non quere dicir que non sexan beneficiarias do IMV, senón que a Seguridade Social non ten a suficiente información para tramitala de oficio, datos esenciais como os ingresos dos membros da súa unidade de convivencia son os que adoitan faltar para que o proceso sexa tramitado de oficio.
    • Teño que solicitar a axuda por fillos a cargo ou o Ingreso Mínimo Vital?
      Segundo a normativa do Ingreso Mínimo Vital, débese solicitar esta, se se cumpren os requisitos concederase e cobrarase esta, pero pode darse o caso que un beneficiario/a da Axuda por puntos non cumpra os requisitos do IMV e sí os desta axuda, entón este beneficiario/a seguirá percibindo a axuda por fillo/a ata que este sexa maior de idade, iso sí, sempre que se sigan mantendo os requisitos desta prestación non contributiva.

    Canto se cobra nesta axuda?

    A contía será de 341 euros por cada fillo/a ou ben 588 para Farías en situacións de pobreza severa.

    – Cobrarase 341 euros anuais por cada fillo/a menor de 18 anos e sen discapacidade sempre que non se superen o límite de ingresos anuais establecido en 12.313 euros (máis un 15% por cada fillo).
    – No caso de familias numerosas, para tres fillos/as a cargo a contía para percibir será de 1.023 euros que ira aumentando progresivamente en función do número de fillos.
    – Se se teñen fillos/as menores de idade cunha discapacidade igual ou superior ao 33% o importe para recibir será de 1.000 euros anuais.
    – Para fillos/as maiores de idade cunha discapacidade maior do 65% recibirá 4.704 euros ao ano.
    – Para fillos/as maiores de idade cunha discapacidade maior do 75% recibirá 7.056 euros ao ano.

    Os fogares que non superen os ingresos que aparecen as táboas das páxinas 16 e 17 do Real Decreto percibirán 588 euros ao ano.

    • Durante canto tempo se cobra esta axuda?
      A axuda económica seguirase cobrando mentres se sigan cumprindo os requisitos mencionados anteriormente.

    No momento que os menores alcanzan a maioría de idade, deixaríase de cumprir os requisitos (fóra de que o menor teña unha discapacidade), tamén se deixará de percibir cando as rendas superen o tope marcado.

    A axuda cóbrase en dúas pagas semestrais por semestre vencido e sen pagas extras.

    • Cales son os requisitos? Os pais e nais que queiran solicitar esta axuda deberán cumprir unha serie de requisitos que serán os seguintes.

    – Residir legalmente en territorio español, polo que poden solicitalo os residentes estranxeiros que se atopen en situación legal.
    – Ter fillos/as a cargo ou menos acollidos, menores de 18 anos ou ben maiores afectados por unha discapacidade en grao igual ou superior ao 65%.
    – Cando se fala » a cargo», quere dicir que os menores deben convivir e depender economicamente da persoa que solicita a axuda.

    – Non ter dereito a prestacións similares ou a calquera outro tipo de protección social.
    – Ademais dos proxenitores, tamén poden solicitala, se cumpren os requisitos, os adoptantes ou acolledores do menor, os orfos de ambos os proxenitores, ou os fillos abandonados
    – Ter carencia de rendas, é dicir, non percibir ingresos anuais, de calquera natureza, superiores aos límites establecidos (en fillos/as con discapacidade ou menores acollidos, non se esixe este requisito).
    Os límites de ingresos para ter dereito á asignación económica por fillo/a ou menor a cargo, quedan fixados en 12.313,00 euros anuais e, se se trata de familias numerosas, en 18.532,00 euros, incrementándose en 3.002 euros por cada fillo/a a cargo a partir do/a cuarto/a, este/a incluído/a.

    • Como se solicita? Como mencionamos ao principio, partir do 1 de xuño de 2020 está prestación só poderá solicitarse por fillos/as a cargo acollidos menores de 18 anos, afectados dunha discapacidade de polo menos un 33% ou maiores afectados dunha discapacidade do 65%.

    Se non cumpres ese requisito deberás solicitar o Ingreso Mínimo Vital.

    Para solicitar a axuda polos puntos podes facelo solicitando cita previa no INSS e presentar o formulario de solicitude.

    Se tes certificado dixital, podes facelo telemáticamente desde a propia sede electrónica da Seguridade Social.

  • CONSELLERIA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS DE COMPESACIÓN PARA A REPOSICIÓN DE ANIMAIS EN EXPLOTACIÓNS DE GANDO BOVINO, OVINO E CABRÚN COMO CONSECUENCIA DO SACRIFICIO OBRIGATORIO DE GANDO EN EXECUCIÓN DE PROGRAMAS OFICIAIS DE ERRADICACIÓN DE ENFERMIDADES

    Consellería do Medio Rural
    ORDE do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades, e se convocan para o ano 2021 (códigos de procedemento MR553A, MR553B e MR550A).

    O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2021:
    1. As axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nas explotacións de gando bovino, e gando ovino e cabrún, rexistradas en Galicia, con motivo da vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades destas especies, levados a cabo no marco de programas ou actuacións sanitarias oficiais.

    Esta orde regulará, dentro destas axudas do parágrafo 1, dous procedementos que se atopan na sede electrónica da Xunta de Galicia, e que se corresponden cos dous períodos de tempo nas axudas:
    a) Axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún: período de baleiro. Código de procedemento MR553A.
    b) Axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún: período de postautorización á reintrodución. Código de procedemento MR553B

    2. As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morresen neses marcos sanitarios oficiais citados, e os casos de morte/sacrificio deses animais como consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

    Poderán ser persoas beneficiarias das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante, as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se sacrificase ou destruíse de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación.

    Poderán ser persoas beneficiarias das axudas para a compra de animais de reposición, as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas, en que se ordenase o sacrificio obrigatorio de animais existentes nelas, e como consecuencia do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; así como as persoas ou entidades titulares daquelas explotacións onde morresen ou se practicase a eutanasia de animais das ditas especies, por mor dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación, ou por mor dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

    O prazo para a presentación de solicitudes e, se é o caso, da correspondente documentación complementaria, será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 30 de novembro de 2021.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210216/AnuncioG0426-020221-0001_gl.pdf

  • XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS ÁS EMPRESAS PRIVADAS PARA A LOITA CONTRA AS ENFERMIDADES PROFESIONAIS

    Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación
    ORDE do 27 de xaneiro do 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento IN317A).

    Persoas beneficiarias
    Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as empresas privadas que, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, realicen actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e conten co título de carácter administrativo que resulte preceptivo para o desenvolvemento das ditas actividades ou, cando proceda, coa conformidade do órgano administrativo correspondente, todo o cal poderá ser comprobado de oficio pola Administración.

    Serán subvencionables dúas liñas de actuación:

    • Liña A: investimentos destinados a mellorar a calidade do ambiente atmosférico da zona afectada pola actividade mineira, en especial mediante a redución das emisións de po e ruído.
      Liña B: investimentos destinados a mellorar as condicións laborais, en especial a redución da exposición ao po e ao ruído dos traballadores nos seus postos de traballo.

    Destinarase o 50 % do crédito consignado para estas subvencións para as axudas da liña A e o 50 % para as axudas da liña B.
    Unha vez finalizado o prazo de presentación e atendidas todas as solicitudes presentadas para unha das liñas de axudas (A ou B), o crédito sobrante destinarase a atender solicitudes que reúnan os requisitos da outra liña de axuda.

    A intensidade máxima da axuda para actuacións da liña A nesta convocatoria non excederá o 60 % do investimento total subvencionable no caso de pequenas empresas, o 50 % do investimento total subvencionable no caso de medianas empresas e o 40 % do investimento total subvencionable no caso de grandes empresas, cun máximo de subvención de 300.000 euros.

    A intensidade máxima da axuda para actuacións da liña B nesta convocatoria non excederá o 70 % do investimento total subvencionable no caso de pequenas empresas, o 60 % do investimento total subvencionable no caso de medianas empresas e o 50 % do investimento total subvencionable no caso de grandes empresas, cun máximo de subvención de 200.000 euros.

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, comezará o décimo quinto día hábil posterior a aquel en que se publique esta orde no DOG e concluirá no mes de vencemento o día ordinal anterior ao día no que comezou o prazo.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210215/AnuncioG0596-290121-0003_gl.pdf